You are on page 1of 18

TEMA 2: TEORÍAS E INVESTIGACIÓNS ACTUAIS NA ADQUISICIÓN E O

ENSINO-APRENDIZAXE DA LINGUA ORAL

1. AS DIFERENTES TEORÍAS SOBRE A ADQUISICIÓN LINGÜÍSTICA

● Se temos en conta a natureza individual da linguaxe, conectamos directamente coa


súa dimensión neuropsicolóxica e en concreto, coa biolóxica. Neste sentido cómpre
aclarar algún conceptos:
○ Filoxénese da linguaxe: desenvolvemento da linguaxe no ser humano coma
especie.
○ Ontoxénese da linguaxe: desenvolvemento da linguaxe nos individuos.
○ Adquisición: emerxencia da lingua. Trátase dun desenvolvemento
esperado, previsible. A lingua de signos tamén é unha primeira lingua, pero
non oral. Aínda que se aprende, emerxe coma primeira lingua, o que implica
que a linguaxe non é só oral, senón que se transmite tamén pola canle
visual.
○ Aprendizaxe: froito da instrución, o que se observa especialmente en
segundas e terceiras linguas.
○ Capacidade: innata.
○ Habilidade: non necesita un proceso instrutivo.
○ Destreza: precisa dun proceso instrutivo, polo que vai ligada á alfabetización.

Cómpre ter en conta que pode haber casos de adquisición dunha lingua durante a etapa
adulta: trátase de situacións nas que unha persoa emigra ou se traslada a outro país ou
rexión xeográfica de adulta e faise coa lingua desa zona mediante un proceso de inmersión
natural interaccionando cos falantes do lugar e sen recibir instrución formal. Pensemos, por
exemplo, no caso de migrantes que se atopan nunha situación complicada no país receptor
e non teñen cartos /tempo para ir a clase de lingua ou linguas oficiais do devandito país,
polo que van adquirindo o idioma a través da súa propia experiencia comunicándose cos
falantes nativos.
L1: adquirida na infancia, nun ambiente natural, escoitando ás persoas próximas e nunha
comunidade monolingüe ou multilingüe, ata un máximo nivel de competencia.

L2: supón a existencia previa dunha L1, xeralmente nun contexto formal (aula) e de xeito
parcial, con diferenzas de dominio respecto á L1.

As teorías sobre o desenvolvemento verbal poden clasificarse do seguinte xeito segundo a


súa relación coa natureza complexa da linguaxe:

- A linguaxe como capacidade predeterminada→ INNATISMO


- A linguaxe como habilidade que se desenvolve→ CONSTRUTIVISMO COGNITIVO
E CONSTRUTIVISMO SOCIAL
- A linguaxe como unha conduta no caso das destrezas nunha L2→ CONDUTISMO
(hoxe neocondutismo)

Na actualidade téndese a buscar respostas á adquisición que sexan compatibles, xa que


non se poden considerar estas teorías desde prismas absolutos. As formulacións máis
clásicas xa foron superadas mais aínda persisten moitos mitos fóra do ámbito da
especialidade.

No presente hai unha tendencia clara á converxencia, pero cada paradigma teórico posúe o
seu propio sistema de análise e os seus principios teóricos de maneira independente.
Ademais, a investigación na adquisición da lingua é un terreo interdisciplinario e existen
diferentes enfoques segundo falemos de psicoloxía, lingüística, didáctica…

O innatismo resulta importante para diferenzar desde un punto de vista filoxenético a


especie humana dos primates non homínidos. Sen dúbida, ten que haber unha
característica predeterminada que nos permita, coma especie diferenciada, contar coa
linguaxe articulada.

Se se desexa indagar no desenvolvemento da linguaxe dentro da especie, a ontoxenia


lingüística, entón cobran relevancia as teses condutistas e construtivistas, que permiten o
estudo das características da habilidade verbal e das destrezas comunicativas (tamén en
segundas linguas e en linguas estranxeiras).
CONDUTISMO

O mental non existe, o único obxetivable son as condutas. A linguaxe é unha conduta, un
hábito establecido de maneira irregular coma resposta a distintos estímulos.

Máximo representante: Skinner.

Todo coñecemento se adquire en interacción co ambiente (variable e cambiante). A


adquisición da lingua é, por tanto, un proceso variable e cambiante.

Aprendizaxe por imitación a través de mecanismos de reforzo e castigo, grazas aos


estímulos externos (input).

Na actualidade falamos de neocondutismo, que asimilou engadidos construtivistas: a idea


de imitación ampliouse e o suxeito vai máis aló do imitado.

CONDUTISMO: MODELOS IMITATIVOS

Puntos débiles:

- Non pode explicar a complexidade do proceso de adquisición.


- Non dá cabida a etapas ou procesos.

Puntos fortes:

- Foi unha das primeiras reivindicacións da importancia do contexto.


- Destacou a importancia da imitación e identificou os mecanismos de reforzo
(positivos e negativos).

INNATISMO: MODELOS DE PROXECCIÓN UNIVERSAL

A linguaxe é innata, o ser humano posúe unha capacidade innata para a linguaxe, non é
unha conduta.

Máximo representante: Chomsky.

Nacemos cunha GU, cunha Gramática Universal e contamos cun LAD (Language
Acquisition Device). Grazas ao LAD, un neno é quen de derivar as regras gramaticais a
partir do input lingüístico que lle achega o seu ambiente guiado polas súas disposicións
innatas.
A linguaxe non é un artefacto histórico e cultural que se aprende socialmente, senón que
forma parte da nosa configuración biolóxica: é un órgano mental.

Concepción universalista: o desenvolvemento lingüístico é inconsciente, espontáneo e


segue a lóxica da maduración biolóxica: mesmas etapas e fases en todos os seres
humanos.

Concepción modular: estas etapas e mecanismos son específicos da linguaxe, que é


independente doutras funcións cognitivas. Isto implica que a linguaxe conta cun módulo
específico depositado no cerebro. Non é posible explicar como aprendemos a falar
proxectando na linguaxe teorías xerais sobre a cognición humana.

Algúns argumentos a favor do innatismo da linguaxe:

1. A ubicuidade da linguaxe: en todos os ambientes sociais onde hai humanos


atopouse que estes se comunican mediante a linguaxe.
2. O paradoxo da aprendizaxe: os nenos adquiren a lingua dun xeito rápido, ata o
punto de que con tres anos poden falar con facilidade pero non dominan outras
actividades para as que precisan un maior desenvolvemento cognitivo.
3. A creatividade: os nenos poden xerar secuencias inéditas xa que a partir duns
principios e regras finitos o ser humano pode crear mensaxes infinitas, ademais de
distinguir que palabras poden pertencer á nosa lingua e cales non.
4. A pobreza do estímulo ou a opacidade da información: o input que reciben as
crianzas é demasiado pobre (moitos erros, desorde, variación de rexistros,
acentos…),polo que a competencia lingüística non pode proceder do exterior, ten
que ser algo interno.
5. As linguas pidgin e crioulas como sistemas de experimentación: como
aprenden as novas xeracións trazos das linguas crioulas recén creadas que non
estaban presentes nas linguas pidgin orixinais das que se derivan?

Puntos débiles:

- Céntrase na explicación e non na descrición.


- Convirte a adquisición da linguaxe nun problema racional e non empírico (método
introspectivo).
- Acentúa as similitudes, o uniforme, o universal e deixa de lado a diversidade
individual, lingüística, social, cultural, etc.

Puntos fortes:

- Rematou co empirismo radical postulado polos condutistas.


- Identificou a innegable base psicolóxica da linguaxe.
- Manifestou a importancia de formular unha teoría da linguaxe de base lingüística e
non só psicolóxica.
CONSTRUTIVISMO

Defende que existen unha serie de mecanismos de aprendizaxe universais, tanto cognitivos
coma sociais, os cales permiten o desenvolvemento lingüístico.

A linguaxe é unha habilidade máis da especie humana, unha función cognitiva emerxente
do cerebro que se desenvolve de maneira paralela a outras funcións cognitivas superiores.

Aínda que temos a capacidade da linguaxe como seres humanos, a habilidade lingüística
constrúese a través da interacción de distintos factores contextuais, cognitivos, sociais e
culturais.

Existen dúas tendencias principais, segundo o peso outorgado ou ben ao compoñente


cognitivo ou ben ao compoñente social: o interaccionismo cognitivista representado por
Piaget e o interaccionismo social iniciado por Vygotsky. Malia as diferenzas, ambas as dúas
correntes teñen en común o interese polos procesos de comprensión e de produción da fala
e recorreron a datos empíricos que apoiaron os seus principios.

CONSTRUTIVISMO COGNITIVO

Defende que o desenvolvemento da lingua é consecuencia do desenvolvemento cognitivo


previo.

Máximo representante: Piaget.

A ontoxenia lingüística debe entenderse no marco do desenvolvemento da intelixencia, polo


que se define como un dos mecanismos adaptativos que lles permite aos seres humanos
interactuar co ambiente e adaptarse a el. Este proceso de desenvolvemento da intelixencia
é construtivo (os logros de cada etapa evolutiva aséntanse sobre os anteriores).

Nacemos cunhas capacidades cognitivas (innatas): asimilación, acomodación e adaptación.

Piaget propuxo unha serie de estadios de desenvolvemento cognitivo vencellados de xeito


directo cos estadios de desenvolvemento lingüístico: estadio sensoriomotor (0-2anos),
estadio preoperatorio (2-7 anos), estadio das operacións concretas (7-11 anos) e estadio
das operacións formais (11-15 anos).
CONSTRUTIVISMO SOCIAL

A linguaxe desenvólvese pola interiorización por parte do bebé das regras presentes no seu
ambiente social, de forma que lle dá sentido ao mundo a partir das interaccións nas que
participa desde o seu nacemento.

Máximo representante:Vygotsky.

Idea fundamental: todo o individual e subxectivo orixínase fora de nós, xa que se constrúe
en relación dos demais.

O desenvolvemento cognitivo e o verbal non van á par.

Primeiro aparece a conciencia intersubxectiva, que máis tarde dá lugar á conciencia


intrasubxectiva.

Existen dous tipos de actividades mentais:

- Funcións naturais → Voluntad, atención, deseo…


- Funcións superiores ou culturais → Constrúense e requiren a mediación de
instrumentos psicolóxicos.

A linguaxe é, ao mesmo tiempo, o principal mediador e unha función superior.

No desenvolvemento da intelixencia, o ambiente socio-cultural e histórico desempeña un


papel fundamental.

CONSTRUTIVISMO

A diferenza principal entre as achegas piagetianas e as vygotskianas encóntrase no tipo de


relacións que se establecen entre linguaxe e pensamento.

Na piagetianas, a linguaxe está supeditada á cognición nunha fase inicial, posto que
primeiro debe desenvolverse certa capacidade cognitiva para que logo o neno socialice e
vaia progresando a habilidade lingüística.

Nas vygoyskianas, existe unha interdependencia, de xeito que ambas as dúas funcións
xorden, maduran e mudan coma consecuencia da súa interrelación e dos influxos
contextuais e culturais.

De feito, o mesmo Vygotsky criticou o excesivo peso do compoñente cognitivo e a escasa


atención dedicada aos aspectos culturais da teoría de Piaget.
O ENFOQUE PRAGMÁTICA OU COMUNICATIVO / INTERACCIONISMO

Na órbita do construtivismo, o enfoque pragmático ou comunicativo representado por Bruner


supuxo un intento de reconciliación entre as posturas de Piaget e Vygotsky.

Neste enfoque, ponse o aceno nas realidades comunicativas, no uso real da linguaxe por
parte dos cativos.

Así, o proceso de desenvolvemento da lingua comeza desde que un bebé nace, polo que a
comunicación preverbal (balbucidos, choros, xestos) senta as bases para o
desenvolvemento lingüístico.

O contexto resulta clave, xa que nas interaccións rutinarias os adultos executan estratexias
de aprendizaxe (achegan a andamiaxe necesaria para que o neno progrese na adquisición
da súa lingua).

CONSTRUTIVISMO

Historicamente, o construtivismo uniuse ás propostas dos modelos funcionalistas e


sociopragmáticos xurdidos nos anos setenta e oitenta nunha revalorización do papel do
contexto comunicativo, onde resultan fundamentais estudosos coma Brown ou Halliday,
ademais do xa nomeado Bruner.

Xa a finais dos oitenta e durante a década dos noventa, desenvolveuse o conexionismo e


consolidouse a Lingüística Cognitiva. Froito de todas estas converxencias teóricas naceron
novas correntes coma o emerxentismo (MacWhinney, 1999) ou os modelos baseados no
uso (Tomasello, 2003), os cales comparten a premisa de que son os usos dos falantes os
que van configurando a emerxencia lingüística, que discorre da man da maduración
cognitiva.

CONSIDERACIÓNS SOBRE AS DIFERENTES TEORÍAS DA ADQUISICÓN


LINGÜÍSTICA

As investigacións levadas a cabo a finais do século XX e comezos do XXI, sustentadas nos


datos lingüísticos e en visións máis flexibles sobre o desenvolvemento da linguaxe,
corrobaron a complexidade do proceso asociada á participación de varios factores xa
adiantada polo construtivismo e obrigaron a matizar ou reformular elementos da teoría
innatista, así como a desbotar diversos aspectos do condutismo.

As posicións condutistas destacaron a importancia do contexto, da imitación e do reforzo


como mecanismos que interveñen na aprendizaxe. Pola súa parte, o innatismo acabou co
empirismo radical, identificou a base psicolóxica da linguaxe e resaltou o rol da teoría
lingüística na descrición dos fenómenos psicolingüísticos.
Doutra banda, o construtivismo destacou a importancia dos factores cognitivos e a
relevancia do compoñente social.

Nesta materia, para o estudo da linguaxe infantil, deféndese unha visión máis sustentada no
construtivismo interaccionista e en relación cos enfoques actuais, adóptase unha
perspectiva funcionalista.

Isto non quere dicir que non se recoñeza a relevancia do paradigma xenerativista e das
teorías formalistas, as cales constitúen unha gran proporción das investigacións actuais
sobre a linguaxe infantil. De feito, no presente hai unha maior integración teórica e
metodolóxica entre as correntes e o debate teórico, sen dúbida, enriquece as
interpretacións dos resultados dos estudos.

Coma puntos de encontro, desde todos os enfoques se recoñeceu a necesidade de traballar


con datos empíricos sobre linguaxe infantil e a complexidade do propio proceso de
adquisición. Na actualidade tamén se está a subliñar a relevancia da variación individual e
interlingüística.

FORMALISMO E FUNCIONALISMO

Desde os enfoques formalistas deféndese que a linguaxe consiste no coñecemento de


normas gramaticais abstractas que operan sobre categorías lingüísticas abstractas.

Desde os enfoques funcionalistas rexéitase a existencia dunha gramática formal interna e


sostense que a adquisición lingüística se produce grazas ás xeneralizacións sobre as
estruturas lingüísticas da lingua materna que os nenos extraen do input.

Por exemplo, para explicar a terminación en –ed que se engade á raíz verbal en inglés para
formar o pasado, cada paradigma teórico procede do seguinte xeito:

- FORMALISTAS: unha operación ou regra innata da GU pola que se engade –ed a


un verbo regular: verbo regular+ed= pasado.
- FUNCIONALISTAS: por analoxía con outras formas escoitadas polo neno no input, o
neno asocia e extrae que –ed se engade a certos verbos para expresar un
significado de pasado.

Desde os enfoques funcionalistas tamén se destaca que o proceso de adquisición se guía


polas intencións comunicativas do neno. Neste contexto tamén teñen importancia os
significados e as inferencias pragmáticas que o individuo fai respecto aos interlocutores.

Asemade, o contexto social e a lingua determinan diferentes padróns de adquisición que as


crianzas desenvolven como consecuencia de crecer nunha comunidade de fala dentro
dunha cultura determinada.
FUNCIONALISMO

Resulta difícil falar dun único modelo funcionalista, xa que aglutina unha serie de principios
cognitivos, emerxentistas, baseados no uso e conexionistas cuns límites pouco marcados.
Non obstante, todos coinciden na importancia concedida á interacción social e aos usos
comunicativos na construción da habilidade expresiva.

De feito, nas investigacións empréganse numerosas etiquetas de maneira indistinta para


facer referencia a enfoques funcionalistas; considéranse ‘construtivistas’, ‘baseados no uso’,
‘emerxentistas’ ou ‘cognitivos’, mesmo ‘pragmático-comunicativos’.

Desde posicións formalistas tamén se produciu unha evolución desde a visión da linguaxe
introducida por Chomsky, a cal sufriu numerosas modificacións e reformulacións no que
atinxe á conceptualización da Gramática Universal.

Neste senso, convén destacar os precepctos de Principios e Parámetros (Chomsky e


Lasnik, 1991) ou do Programa minimista (Chomsky, 1995).

Ademais, a cantidade de correntes de base formalista multiplicouse desde finais do século


XX e foron incorporando na súa análise un número cada vez maior de linguas, de forma que
a Gramática Universal:

Ha pasado de ser considerada como aquel conjunto de propiedades abstractas que todas
las lenguas poseen,es decir, una intersección de todas las gramáticas, a ser vista
recientemente como la unión de todas las gramáticas, o como el conjunto de todos los
principios posibles a partir de los cuales una gramática se concreta (Serra et al., 2000: 66)

FORMALISMO E FUNCIONALISMO
FORMALISMO E FUNCIONALISMO

Algo que pode resultar clave na distinción entre os dous tipos de correntes teóricas é a
seguinte pregunta: cal é a natureza das representacións mentais lingüísticas dos nenos/as?

● FUNCIONALISMO: os nenos aprenden esas representacións.


● FORMALISMO: os nenos xa nacen son esas representacións.

Por exemplo, nos traballos que tratan sobre fonoloxía, a diferenza de enfoques está
presente na interpretación e descrición dos fenómenos lingüísticos infantís:

● FUNCIONALISMO: o son individual coma realidade fonética e a categoría abstracta


á que pertence (fonema) están interrelacionados, non hai unha diferenza formal
entre fonética e fonoloxía, o desenvolvemento dos sons emerxe a partir do
desenvolvemento léxico.
● FORMALISMO: ten máis importancia a consideración dos fonemas coma categorías
abstractas que os sons individuais na súa realidade fónica, os bebés xa nacen con
categorías fónicas innatas e estas non se forman a partir do desenvolvemento
léxico, hai unha diferenza formal entre a fonética e a fonoloxía.

2. A METODOLOXÍA NA INVESTIGACIÓN SOBRE A LINGUAXE INFANTIL

O interese polo estudo da linguaxe infantil é moi antigo. Podemos establecer tres etapas:

● Etapa precientífica: os autores facían observacións sobre a linguaxe infantil desde


un punto de vista lingüísticofilosófico, co obxectivo de indagar na natureza da
linguaxe humana.
● Época dos diarios ou período clásico (finais do século XIX ata 1930
aproximadamente): diarios que redactaban os pais ou os familiares dun neno ou
nena. Xeralmente, o investigador era unha persoa cun interese específico na
linguaxe, ben porque era lingüista, filósofo, pedagogo ou un intelectual.
○ Algúns casos concretos: Darwin (1877), diario dos Stern (1907). Hai tres
casos moi famosos de investigadores que levaron a cabo estudos de caso a
través de diarios: os de Leopold da súa filla Hildegard nos anos 30 e 40 e a
monografía de Brown (1973), A First Language: The Early Stages, o cal
sentou as bases da metodoloxía da lingüística de corpus para a toma de
mostras na linguaxe infantil.

Época dos estudos baseados en mostras amplas (1930-1957): estudos de carácter


transversal, correlacionais e nos que xa se empregraban métodos estatísticos levados a
cabo en nenos en idade preescolar.As mostras eran moi amplas (polo menos 100 nenos por
estudo), as grabacións duraban arredor dunha hora e estudábanse os compoñentes
lingüísticos por separado.
Época dos estudos lingüísticos e psicolóxicos (1958-actualidade): multiplicáronse as
metodoloxías e as técnicas grazas á chegada das novas tecnoloxías, polo que a partir dos
anos 90 consolidáronse os corpus, bancos de datos onde se almacenan mostras de
linguaxe infantil, ben de carácter experimental ou observacional.

A técnica dos diarios supuña recompilar e describir manualmente unha gran parte das
interaccións do neno, o que permitía levar un rexistro do seu desenvolvemento e dos seus
progresos. Por exemplo, era común facer listas co número de palabras e coas palabras que
formaban parte do repertorio lingüístico en cada etapa. Coma se pode deducir, tratábase
fundamentalmente de estudos individuais sobre o desenvolvemento dun neno, o que
denominamos estudos de caso.

Coa chegada do xenerativismo innatista, e, polo tanto, da denominada revolución


chomskiana no eido das ciencias da linguaxe, as técnicas de compilación de datos tamén
melloraron e pasouse do lápis e do papel ao uso das grabadoras portátiles. Tamén, nesta
mesma época, houbo avances propiciados desde o campo da psicoloxía evolutiva.

Polo tanto, nos anos 60 o ámbito de estudo da adquisición da linguaxe infantil mudou nas
súas metodoloxías, o que supuxo un notable progreso na consideración dos fenómenos
infantís. Xa nos 90, cos avances informáticos, de novo mudou o panorama e comenzaron a
estar dispoñibles en liña grandes corpus de linguaxe infantil.

Na actualidade, existen dous grandes paradigmas metodolóxicos nos que se sustentan as


investigacións actuais sobre a linguaxe infantil:

● Experimental: inténtase provocar nos suxeitos estudados un comportamento verbal


concreto. É dicir, obtéñense datos moi específicos en circunstancias que se
controlan con precisión.

● Observacional ou naturalístico: pretende captar o comportamento que acontece


en situacións da vida cotiá a partir dun mínimo intrusismo por parte da persoa
encargada da recollida dos datos. O punto de vista maioritario asumido neste
enfoque denomínase observación participante.

O MÉTODO EXPERIMENTAL

Para a análise da produción empréganse técnicas como:

● Imitación: o neno debe imitar unha secuencia lingüística determinada (son, palabra,
frase, enunciado, cláusula…)
● Elicitación: utilización de estímulos para que o neno pronuncie ou escriba a
secuencia lingüística que se desexa estudar, sen que o neno imite directamente.

Para a análise da percepción lingüística empréganse técnicas como:

● Tarefas de comprensión
● Paradigma da mirada preferencial
● Señalización (o neno sinala a resposta que considera axeitada)
● Proba de succión
● Xiro da cabeza
● Potenciais evocados
● Realización de ordes

Para a análise da producción-percepción:

● Xuízos de gramaticalidade (en nenos maiores, a partir dos 3-4 como mínimo): o
neno debe contestar se considera que unha estrutura é correcta ou non, a través de
estímulos coma un monicreque que lle fai preguntas unha vez que se lle presenta
unha escena.

O MÉTODO OBSERVACIONAL

As técnicas dentro do método observacional son as seguintes:

● Conversa espontánea: desde os diarios pasouse ás mostras espontáneas de


linguaxe infantil grabadas en vídeo. Normalmente están dispoñibles de xeito aberto
os audios ou as transcricións, posto que os vídeos adoitan precisar da autorización
dos investigadores para poder acceder a eles.
● Entrevistas semiestruturadas: entrevistas cun guión previo onde se lle pregunta
ao cativo/a certas cuestións coa idea de elicitar o tipo de resposta lingüística ou o
tipo de enunciados que se desexan estudar (controlando dalguha maneira os temas
ou os tipos de preguntas, pero sen restrinxir a naturalidade das respostas para que o
neno/afale con certo grao de espontaneidade)

● Estudos baseados en narracións:


○ O neno debe narrar o que acontece nunha serie de viñetas que representan
unha historia.

VANTAXES DOS DOUS PARADIMAS METODOLÓXICOS


INCONVINTES DOS DOUS PARADIMAS METODOLÓXICOS

2. A METODOLOXÍA NA INVESTIGACIÓN SOBRE A LINGUAXE INFANTIL

Xeralmente, o método experimental adoita usarse máis nas correntes formalistas e o


observacional ou natural nas correntes funcionalistas, mais na práctica os investigadores
mesturan técnicas ou escollen unha segundo os seus intereses.

O método observacional é máis útil para realizar exploracións e investigacións máis amplas,
máis descritivas, dun compoñente, dun tipo de estrutura lingüística, dos repertorios dos
cativos… Non obstante, o método experimental resulta máis aplicable cando queremos
examinar fenómenos con moito detalle, xa que podemos controlar todos os contextos nos
que se dá unha estrutura lingüística manipulando as variables.

Por exemplo, se queremos investigar o desenvolvemento fónico dun neno, é útil dispoñer de
mostras de linguaxe espontánea para determinar o seu repertorio de sons/fonemas, mais se
desexamos analizar se é quen de pronunciar un determinado son en todas as posicións e
tipos de sílaba, débese recorrer a unha proba de imitación ou elicitación de carácter
experimental na que se lle proporcionen estímulos en forma de distintas palabras nas que
aparece o son obxecto de estudo en distintas posicións de sílaba (o r en final de sílaba
coma en carta, a comezo de sílaba como en rato,dentro dun grupo consonántico como en
broma…).

Outra decisión importante resulta o deseño e a cadencia do seguimento nas mostras.


Existen tres tipos fundamentais de deseño:

- TRANSVERSAL: Dous ou máis grupos numerosos (formados por idade ou por nivel
lingüístico) de suxeitos obsérvanse ao mesmo tempo e compáranse.

- LONXITUDINAL: Seguimento dun ou máis(poucos) suxeitos durante un tempo


(desde semanas ata anos). Son os estudos de caso.
- SECUENCIAL: Seguimento de dous ou máis grupos de suxeitos durante un tempo
determinado . Combina aspectos dos deseños transversal e lonxitudinal.

3. O PROCESO DE DESENVOLVEMENTO DA LINGUA MATERNA: ALGUNHAS


CARACTERÍSTICAS

Proceso de adquisición da(s) lingua(s) por parte do/a neno/a. Fases e estadios evolutivos:

1. Estadio prelingüístico ou preidiomático.


2. Estadio holofrástico.
3. Estadio sintáctico.
4. Estadio avanzado

Estadio prelingüístico ou preidiomático


● 0-6 meses
● 6-12 meses

Estadio holofrástico
● 1-2 anos

Estadio sintáctico
● 2-3 anos

Estadio avanzado
● 3-6 anos
ESTADIO PRELINGÜÍSTICO OU PREIDIOMÁTICO (0-1 ANO)

0-6 meses: COMPRENSIÓN

● Ao longo de todo o proceso a comprensión vai por diante da produción.


● Nesta etapa os bebés recoñecen os sons da fala e pouco a pouco van
desenvolvendo unha sensibilidade para recoñecer os sons e os padróns entoativos
da súa lingua materna ou linguas maternas, ainda que isto non se consolida ata os
10-12 meses de idade.

0-6 meses: PRODUCIÓN

● 0-2 meses
○ Vocalizacións reflexas, condicionadas polas características do tracto vocal
nesta idade: sons vexetativos e sons reflexos que expresan disconfort

2-4 meses

● Sons vocálicos (primeiros ensaios fonéticos), o bebé emite vocalizacións (universais)


como resposta ao sorriso ou á fala do adulto.

4-6 meses: balbucido universal

● Combinación de sons vocálicos e consonánticos cos que o bebé explora o seu rango
vocal e vai aprendendo a controlar a súa articulación
● Os primeiros sons son similares en todos os bebés e xa teñen algúns trazos
semellantes ás consoantes e vogais adultas
● Todos os nenos teñen balbucido universal: resultado da maduración do cerebro e da
maduración dos músculos orofaciais

6-12 meses: COMPRENSIÓN

● Os nenos entenden palabras e frases contextualizadas

6-12 meses: PRODUCIÓN

● Balbucido especializado (influencia dos padróns da lingua materna, tamén


diferenzas individuais)
● Xogo fónico
● Xogo social (base do diálogo)
○ Dicir adeus, bicar, movementos de cabeza, xestos…
● Protopalabras: formas foneticamente consistentes e contextualizadas (un conxunto
de sons cun significado mais ou menos estable e consistente):‘baba’ para
‘auga’,‘quero auga’,‘vaso de auga’...
6-8 meses

● Balbucido canónico ou reduplicativo (CV-CV): ten un padrón de sílaba simple


formada por consoantevogal e repite a mesma consoante na sílaba: ma-ma, pa-pa,
ta-ta-ta…

9-18 meses

● Balbucido non canónico ou reduplicativo (CV-CVC): cadeas de sons onde as


consoantes xa son distintas dunhas sílabas a outras. Moitos dos sons xa se parecen
aos da lingua materna no punto e no modo de articulación e xa se rexistran padróns
de entoación que se impoñen ao balbucido. Este balbucido solápase coas primeiras
palabras e adoita estenderse ata os 18 meses.

Nesta etapa a fala dirixida desempeña un papel fundamental, pois permite que o neno
entrene a súa comprensión do idioma grazas á exposición aos padróns entoativos e aos
sons emitidos polos adultos na súa lingua materna.

O balbucido, que vai da man coa emerxencia da sílaba como padrón temporal que divide a
fala, constitúe o punto de partida para a emerxencia do sistema fónico, xa que a medida que
se vai desenvolvendo van aparecendo as propiedades temporais e prosódicas da fala.

A comprensión favorecida pola fala dirixida, o balbucido e as primeiras vocalizacións e


protopalabras reflicten a progresiva ‘especialización’ da produción infantil cara a lingua
ambiental. Ademais desta variación interlingüística, tamén se dá variación individual na
evolución dos primeiros esquemas produtivos entre bebés falantes dunha mesma lingua. O
universalismo aquí atópase nos aspectos anatómicos de maduración do aparato fonador,
que si é común en todos os individuos.

ESTADIO HOLOFRÁSTICO (1-2 ANOS)

O neno recoñece o simbolismo da linguaxe e comeza a ser consciente de certos princípios


semióticos:“cada cousa ten un nome”
- Identifica moitas palabras: substantivos e verbos.

Aquí aparecen as primeiras palabras do cativo/a:


- Algunhas delas, que parecen palabras compostas creadas polo neno, debemos
chamalas holofrases.
- Cunha palabra intentan expresar toda unha oración ou un significado complexo. Son
amalgamas de varios significados e de relacións sintácticas complexas que irán
emerxendo en etapas posteriores.
Importancia do desenvolvemento dos xestos como elemento comunicativo e semiótico que
acompaña as primeiras palabras, que xa non teñen unha intención imitativa senón tamén
produtiva e expresiva.

Aparecen os primeiros vocabularios produtivos. Entre o 1;6 e os 2 anos o neno/a adoita


dominar entre 40 e 50 palabras e pode comprender entre 70 e 90 aproximadamente.

Abondan os casos de sobreextensión de palabras (aplicar unha mesma palabra a referentes


distintos que pertencen a contextos distintos, por exemplo, chamar ‘guauguau’ a todos os
animais e non só aos cans) e de infraextensión (aplicar unha palabra para un referente en
específico e non estendela para ese mesmo referente noutro contexto semellante, por
exemplo, empregar ‘miau’ só para o gato que se ten de mascota pero non para nomear
outros gatos).

ESTADIO SINTÁCTICO (2-3 ANOS)

FALA TELEGRÁFICA

- Cando o neno chega a dominar entre 50 e 100 palabras, empeza a combinalas.


- Inicialmente de dúas en dúas.
- Son sempre palabras léxicas: substantivos, verbos, adxectivos e algún adverbio.
- Entre esas dúas palabras establécense relacións semántico-gramaticais.
- Só poden interpretarse en contexto.
- Importante crecemento do repertorio fónico, onde se adquiren e emerxen unha gran
parte dos sons do sistema da lingua materna e teñen lugar os procesos (erros de
omisión, de sustitución ou de adición de sons ou sílabas que emiten os nenos, de
maneira que simplifican as palabras adultas): peota por pelota.
- Crecemento do vocabulario e das habilidades de comprensión

RELACIÓNS SEMÁNTICO-GRAMATICAIS

- Axente + acción:“papá canta”


- Acción + obxecto:“leo libro”
- Axente + obxecto:“papá pelota”
- Posuidor + posesión:“mamá abrigo”
- Entidade + atributo:“pelota azul”
- Entidade ou acción + negación:“papilla non”,“durmir non”
- Entidade ou acción + localización:“coche rúa”,“senta aquí”
- Introdutor + entidade ou acción:“mira, coche”
- Modificador de recurrencia + entidade ou acción:“máis pan
ESTADIO AVANZADO (3-6 ANOS)

Etapa de afianzamento das aprendizaxes máis complexas.

Compoñente fónico: a pronuncia dos fonemas da lingua cada vez é máis semellante á
fonoloxía adulta, consolidación dos sons articulatoriamente máis complexos.

Compoñente gramatical: oracións cada vez máis longas e consolidación de certos


mecanismos gramaticais característicos da linguaxe adulta.

Compoñente léxico: notable incremento do vocabulario.

Compoñente pragmático: paulatino recoñecemento da cortesía

You might also like