You are on page 1of 2

ARGUMENTACIÓN A FAVOR DOS INTERESES COLECTIVOS: O DESENVOLVEMENTO

DA LINGUAXE

A necesidade de fomentar e contribuír á defensa dos intereses colectivos resulta


evidente, especialmente se tomamos en consideración certos factores, de diferente tipo,
que unicamente poden ter lugar no seo dun entorno que favoreza o seu desenvolvemento.

Existen algunhas facultades, definitorias do ser humano como especie, que dependen
da existencia dunha colectividade. Referímonos con isto a capacidades tan esenciais como
a linguaxe, entendida como a habilidade que posúen os seres humanos de comunicarse
mediante o emprego de sistemas de signos. Xa nos comezos do século XX, O lingüista
francés Ferdinand de Saussure, no seu Curso de lingüística xeral, define signo lingüístico
como a asociación arbitraria entre unha realidade física, denominada significante, e unha
idea ou concepto mental (coñecido como significado), considerándose como tal
elementos que forman parte da lingua galega, por exemplo, a palabra “toxo”. Neste caso,
a realidade física serían os sons /t/, /o/, /x/, /o/; mentres que o concepto asociado a eses
fonemas sería “planta autóctona de Galicia caracterizada por estar cuberta de espiñas
duras e flores amarelas”.

Sabendo isto, poderemos comprender porque o colectivismo é clave no


desenvolvemento da linguaxe humana, pois esa falta de relación causal entre significante
e significado implica que non sexa posible desenvolver a linguaxe seguindo a lóxica
natural, posto que as asociacións significante – significado non seguen ningún tipo de
patrón recurrente. En consecuencia, contar cun entorno que utilice a lingua de forma
correcta e natural permite que os individuos se vaian familiarizando cun uso real da
linguaxe. Ao contar con modelos lingüísticos producidos por individuos, que xa dominan
ampla e comodamente unha lingua, pódese afirmar que dispoñen de estruturas lingüísticas
que poden tomar como referentes nos que basear con posterioridades as súas propias
producións individuais. Desta forma, o contexto que rodea aos distintos falantes vai
axudándoos a constituír a súa competencia lingüística e comunicativa, coa fin de
conseguir alcanzar un nivel de dominio lingüístico cada vez máis alto.

Numerosas teorías lingüísticas, algunhas delas moi influínte no panorama dos estudos
lingüísticos contemporáneos, reforzan este posicionamento. Convén facer referencia aos
postulados interaccionistas, dende o punto de vista social, defendido por Vygotsky. Este
lingüista resalta o valor do entorno social en que vai crecendo o neno, dado que considera
que son os usos dos falantes xa competentes nun idioma permiten que os principiantes
sexan conscientes das normas de uso da lingua, e comecen a interiorizalas. En definitiva,
este autor sostén que o desenvolvemento da fala consiste na asimilación progresiva dun
fenómeno social, contextual, así como cultural; e non ao revés, cousa que sucede tamén
á hora desenvolver o pensamento.

You might also like