You are on page 1of 12

UNIDADE 1: LINGUA E COMUNICACIÓN. O GALEGO COMO LINGUA ROMÁNICA.

I. LINGUA E COMUNICACIÓN
1. SOCIEDADE E COMUNICACIÓN HUMANA
A comunicación é o fundamento da vida social. Uns individuos establecen con outros
para transmitírense información.
A manifestación da comunicación humana é a linguaxe. Instrumento imprescindíbel
para transmitir información. A carón da dimensión social, destaca a dimensión
psicolóxica, xa que o vehículo de transmisión do pensamento.
Temos os sistemas substitutivos, representan a través de distintos medios a linguaxe
verbal. A escrita, representación visual da lingua oral; O sistema Braille para
invidentes; o alfabeto telegráfico.
Os seres humanos empregamos sistemas de comunicación non lingüísticos. Outras
formas de comunicación humana non constitúen sistemas. Distinguimos: as visuais,
táctiles, sonoras e olfactivas.
2. ELEMENTOS QUE INTERVEÑEN NO ACTO DE COMUNICACIÓN
 Emisor: transmite a información, dirixindo unha mensaxe a un ou varios
receptores.
 Receptor: é unha persoa que recibe e interpreta e interpreta a mensaxe.
 Mensaxe: é a información que se transmite. O significante é o son que se
produce e chega ao cerebro do receptor, é a parte material da mensaxe. O
significado é a parte conceptual da mensaxe, sensacións, sentimentos…
 Código: é o conxunto de signos e de regras que se empregan para contruír e
interpretar a mensaxe. Nunha lingua eses signos son os fonemas.
 Canle: a vía a través da cal se transmite a mensaxe.
 Referente: é a realidade extralingüística á que se refire a mensaxe.

O acto de comunicación prodúcese nunhas circunstancias concretas:

 Situación: circunstancias en que se produce a comunicación, lugar, momento,


ambiente social...
 Contexto: elementos lingüísticos que antedecen e proseguen á mensaxe e
aclaran o sentido da mesma.

3. FUNCIÓNS DA LINGUAXE

A función xeral da linguaxe é a comunicación.


• Función representativa ou referencial. A comunicación céntrase no referente da
mensaxe. Ex. Ramón Cabanillas naceu en Cambados.
• Función expresiva. Adquire maior importancia o emisor. Os senti-mentos, estados
emocionais, matices afectivos do falante dominan a comunicación.Puagh!, buf!, Que
cansa estou!
• Función apelativa ou conativa. A comunicación ten como obxectivo chamar a
atención a través da mensaxe. Como exemplo servirían a maioría das mensaxes
publicitarias.
• Función poética. Destaca a forma da mensaxe. A literatura, e dentro dela a poesía.
Ex. Cheguei a ti/ con media adolescencia de retraso.
•Función fática. Ten a finalidade de verificar que a canle funciona e que nada impide a
comunicación. Oes?, Entendiches? ou Atende, bo.
•Función metalingüística. A información ou referente da mensaxe é o propio código.
Predomina nos textos relacionados cos estudos lingüísticos.
Ex: O seseo é unha característica dialectal propia das áreas máis occidentais ou
Harmonía escribese con h-.
4.SIGNO LINGÜÍSITICO: SIGNIFICANTE E SIGNIFICADO
A lingüística é a ciencia que se ocupa de estudar o código da linguaxe humana. Este
está formado por unha serie de unidades que se denominan signos lingüísticos.
O signo lingüístico é a unidade básica da lingua, consiste na asociación dun significante
cun significado.
O significante esta constituído por unha sucesión de fonemas.
O significado, o concepto que comprendemos ao percibir o significante.
Os signos mínimos ou monemas son unidades lingúisticas máis pequeñas dotadas de
significante e significado.
Dicimos que o signo lingúistico está articulado. Significa que esta composto por
unidades que se combinan entre si.
Primeira articulación: os signos pódense descomponer en unidades mínimas, en
monemas.
Segunda articulación: a expresión dun signo mínimo, pódese dividir en unidades
desprovistas de significado, que son os fonemas.
5. A LINGUA COMO SISTEMA
Sistema: a lingua é un sistema de signos organizados, que se combinan para daren
lugar a mensaxes.
Norma: constituída polas posibilidades do sistema que unha sociedade acepta como
correctas e considera normativas.
Fala: realidade física e individual que contén a creatividade expresiva do falante.
Nivel fónico: presentan as relación que existen entre as unidades fónicas. Se encarga
de estudar a fonética, o que chamamos fonemas, que son unidades que presentan
trazos pertinentes para diferenciar significados e que se encarga de estudar fonoloxía.
Nivel morfosintáctico: onde se presentan as relación que existen entre as unidades
gramaticais.
 Morfoloxía: ocúpase da forma das palabras.
 Sintaxe: estuda a relación das palabras.
Nivel léxico semántico: neste atopamos a organización das palabras en campos
semánticos, familias léxicas, etc. Analizamos as relación de sinonimia, hiperonimia,
hiponimia…
Nivel textual: entre as unidades lingúisticas superiores establécense relación de
coherencia, adecuación e eficacia para construír textos.
Nivel pragmático: a pragmática é a disciplina que analiza os enunciados en situación de
comunicación.
Outras disciplinas da linguaxe:
Sociolingüística: estuda o uso das linguas e a relación co medio social.
Psicolingüistica: estuda os procesos psicolóxicos, para comprender a linguaxe.
Neurolingüística: investiga sobre o funcionamento do cerebro das dificultades de falar
e comprender a linguaxe.
Linguaxe antropolóxica: estuda a visión da realidade que expresan os distintos pobos a
través das súas linguas.
Lingüística computacional: conecta a informática e a lingua co obxectivo de facilitar o
tratamento informatizado.
Lingüística aplicada: procesos de ensino aprendizaxe.

6. A COMUNICACIÓN ESCRITA
A humanidade desenvolve a súa vida social baseada na comunicación que permite a
linguaxe articulada. O primeiro sistema de transcrición lingüística naceu no Oriente
Medio. Para levar un control de mercadorías, propiedades e xentes naceu a escrita.
A aparición do primeiro alfabeto estendeuse rápido e foi empregado para representar
diversas lenguas. Na época do imperio romano acadou unha gran difusión.
Características que singularizan a comunicación escrita fronte á oral:
 Emisor e receptor non están presentes. Trátase dunha comunicación mediada.
 É perdurábel, xa que permanece no tempo.
 Planifícase. A persoa emisora elabora reflexivamente a mensaxe, seleccionando a
estrutura, o vocabulario, etc.
 Teñen pouca relevancia o contexto extralingüístico e os códigos non verbais.
II. O GALEGO COMO LINGUA ROMÁNICA. DO LATÍN AO GALEGO.
O idioma galego procede do latín, polas rexións que viñeron conquistar este territorio.
Por iso dicimos que é unha lingua romance ou románica.

Cando os romanos comezaron a conquista do territorio, existían nel multitude de


pobos con idiomas propios. Son as linguas de substrato ou prerromanas. Eses pobos
sufriron un proceso de conquista, denominado romanización, que significou un
proceso de substitución lingüística.

Durante séculos, o latín e os idiomas prerromanos coexistiron nunha situación de


desequilibrio. O latín gañaba usos e falantes e os demais perdíanos. O proceso de
asimilación producíuse así mesmo no resto da Península Ibérica, cunha excepción, o
eúscaro.

Durante séculos o latín esperimentou influencias e mudanzas importantes que


provocaron que se fose transformando nun idioma novo. Actuaron dúas forzas:

 A propia evolución interna do latín: produciuse un distanciamento entre a


variedade que denominamos latín culto e o chamado latín vulgar. Mentres o latín
culto se decía equus, domus… A maior parte do vocabulario patrimonial do galego
proceda desa variedade “vulgar” do latín: cabalo, casa…
 A influencia dos idiomas de substrato e superestrato sobre o latín. Os idiomas
prerromanos (substrato) exerceron unha importante influencia sobre a pronuncia.
Máis tarde, a caída do Imperio romano, os idiomas xermánicos e o árabe
(superestrato) farían moitas achegas léxicas ao latín popular falado na Gallaecia.

No latín da Gallaecia penetraron moitas palabras prerromanas, por iso pluviam pasou a
pronunciarse chuvia-choiva.

A ruptura da unidade política do imperio romano, a partir do século IV, favorecerá o


nacemento de diversas linguas romances. Ao non existir un modelo uniforme da
lingua, o latín foise disgregando e adquirindo características diferentes nos distintos
territorios. Hai que engadir a influencia das linguas que se superpuxeron ao latín, sen
eliminalo.

Como consecuencia de todas estas influencias e mudanzas, a distancia entre latín culto
e a fala común fíxose tan grande que non se podían considerar o mesmo idioma.

1. O SUBSTRATO

As linguas que forman o substrato do galego son as linguas prelatinas ou prerromanas.


Estas non tiñan cultivo escrito.
Podemos distinguir dúas grandes capas no substrato:
 Substrato preindoeuropeo: linguas que remontan aos finais do Paleolítico.
 Substrato indoeuropeo ou celta: as linguas dos pobos que os romanos
denominaron saefes, que se instalaron no noso territorio.
Sabemos que determinados celtismos foron incorporados a través da roma-nización,
pois celtas e romanos tiveron contacto durante séculos noutras zonas de Europa: son
palabras como camiño, camisa, cántiga ou cervexa.
A influencia celta máis decisiva produciuse na evolución fonética que sufriu o latín. O
proceso de aprendizaxe dun idioma novo realízase a partir da fonética e do modo de
entoación da primeira lingua. Os hábitos articulatorios das linguas prelatinas influíron
con toda certeza no latín. As evolucións máis relevantes que o substrato celta
determinou no latín da Gallaecia foron estas catro:

2.A GALLAECIA ROMANA, BERCE DO IDIOMA


O latin é un idioma do tronco lingüístico indoeuropeo que tivo o seu berce no centro
da Península Itálica. Documentado por primeira vez no século VI. A expansión política e
militar de Roma, comezou a implantarse en cada vez mais territorio.
A conquista militar da Gallaecia durou aproximadamente século e medio. Os primeiros
contactos dos romanos co noroeste ibérico, comezo da campaña emprendida desde
Lusitania, que cruzou coas tropasmo río Limia. O territorio que foi sometido estaba
situado entro os ríos Douro e Miño. Nun segundo instante, Caio xulio césar realizou
unha segunda campaña, por vía marítima que afectou a zona cantábrica. Aínda que a
Gallaecia é unha realidade creada polos romanos, estes deberon percibir unha certa
unidade dentro da diversidade de pobos que habitaban o territorio, de xeito que as
fronteiras establecidas non deberon de resultar demasiado artificiais.
2.2 PRINCIPAIS FACTORES DE ROMANIZACIÓN
 O establecemento dunha estrutura administrativa.
 O asentamento de colonos romanos
 A convivencia dentro do exército romano
 A construcción e perfeccionamento dun completo sistema de vías de comunicación
e portos marítimos.
 As explotacións mineiras
 O monopolio do cultivo escrito
 A paulatina cristianización

3. O SUPERESTRATO:
Coa fin do imperio romano (século V), provocada polas grandes invasións xermánicas
(dos bárbaros = os que non falaban latín), fóronse poñendo as bases da sociedade
medieval galega.
A principios do século V unha pequena xerarquía militar sueva instaurou na antiga
Gallaecia e unha parte da Lusitania o primeiro reino da Europa medieval, con capital en
Braga.
As linguas deses dous pobos xermánicos, suevos e visigodos, forman parte do
superestrato do galego.
A influencia exercida sobre o latín afectou ao léxico común e á onomástica (nomes,
apelidos e topónimos)
4. O NACEMENTO DAS LINGUAS ROMANCES
Ainda que o latín implantado na Gallaecia comezou a experimentar desde moi cedo as
influencias fonéticas, morfolóxicas e léxicas dos idiomas prerromanos (substrato), a
súa relativa unidade permaneceu practicamente inalterada durante todo o período
imperial. Foi a partir do século IV en diante, ao se producir a fragmentación política e
territorial do espazo peninsular e ao convivir coas diversas linguas de superestrato.

5. PALABRAS POPULARES, CULTISMOS E SEMICULTISMOS


As palabras populares ou patrimoniais son as que, procedendo do substrato e do latin,
pasaron a formar parte do léxico do galego desde o primeiro momento e
experimentaron numerosas transformacións. Exemplos:
* perda do -N- intervocálico: LUNA > lúa, CENA > cea...
* palatalización dos grupos consonánticos FL-, PI- e CL-: FLAMMA > chama, PLENU >
cheo, CLAVE > chave...
*perda do -I- intervocálico: MOLA > moa, CAELU > ceo...
« vocalización do grupo CT en IT: NOCTE > noite...
As palabras semicultas ,do latín PLACAM, ademais da popular chaga, derivou o
semicultismo praia; do latín ARTICULUM, ademais da popular artello, derivou o
semicultismo artigo etc.
Son palabras cultas as que se introduciron no idioma de forma serodia, por vía erudita,
para crear novos vocábulos.
Comparemos as formas populares anteriores con estas cultas que les corresponden:
lunático, molar, celestial, rotación, flamixero, plenario, nocturno etc.
As palabras cultas son moi semellantes en todas as linguas románicas, como podemos
comprobar se comparamos as anteriores coas suas correspondentes castelás.
I. O GALEGO NA IDADE MEDIA
1.1 O REINO DE GALIZA NA ÉPOCA MEDIEVAL
Idade Media é un concepto historiográfico que designa un período comprendido entre
a caída do Imperio romano de Occidente ( sec.V) e a caída de Bizancio (sec.XV). Ao
falarmos da historia da lingua galega temos que tomar como punto de partida os
séculos VIII ou IX.
Podemos caracterizar a dinámica de Galiza medieval polos seguintes trazos, moitos
deles común á demais sociedades europeas do momento:
A) Unha economía agrícola e mariñeira que se complementa cunha próspera
actividade artesanal e comercial centrada nos burgos.
B) Unha ríxida e desigualitaria estrutura social, en que a nobreza e o clero detentan
todo o poder fronte ás masas campesiñas e mariñeiras. As relación sociais e de poder
articúlanse piramidalmente arredor do concepto de vasalaxe.
C) Un proceso paulatino de acumulación do poder en mans dos monarcas. As
monarquías pasan a ser electivas a comezos da Idade Media a converterse en
hereditarias.
D) Unha importante recomposición política e territorial, a partir do s.XIII, do priminexio
reino de Galiza.
E) Un dominio cultural e ideolóxico moi forte por parte da Igrexa católica que
monopoliza o saber.
F) A discriminación da muller, que estaba establecida polas propias leis. Sometida
sempre á tutela dun home, tiña vetado o dereito a falar en público, non podía declarar
como testemuña nos xuizos e carecía de potestade sobre os bens materiais.
G) Unha actitude de manifesta xenofobia contra os xudeus, moi presentes en vilas do
sur do país como Tui, Ribadavia, Verín e Ourense.
H) A persecución contra determinados colectivos por causa das crenzas relixiosas, da
orientación sexual… Herexes, enfermos, prostitutas e homosexuais.
Así pois, toda a sociedade feudal está atravesada por serios enfrontamentos e conflitos
que se resolven a miúdo coa violencia, o que axuda a entender o porqué da hexemonía
nela dos “señores da guerra”.
1.2 ERA COMPOSTELÁ
A sociedade galega medieval vive a súa etapa de máximo esplendor entre os séculos
XII e XIII, no que se ven denominado Era Compostelá. Algúns dos fenómenos e
circunstancias que explican este período de espendor son:
A) O carácter de Galiza como terra de retaguarda nas loitas contra os árabes e mais o
cesamento dos ataques por vía marítima dos normandos. Esta paz permitía o aumento
da poboación, a mellora xeral das condicións da subsistencia…
B) Melloras na agricultura.
C) O crecemento das urbes e da súa clase social emblemática, a burguesía, que xerará
fortes tensións.
D) O ascenso á dignidade metropolitana da cidade de Santiago, conseguido polo
arcebispo Xelmírez, no século XII. Polo Camiño de Santiago entrou riqueza material,
mais tamén foi importantísimo o intercambio cultural e artístico que se xerou nel.
E) O papel destacado e o poderío da nobrexa de orixe galega nas cortes de Castela.
Grazas a este esplendor político e económico que experimenta Galiza durante séculos
XII e XIII nacerán dúas manifestacións artísticas que figuran entre o máis valioso que o
noso país ten achegado á cultura universal: a arte románica, e a lírica trovadoresca
galaico-portuguesa.

1.3 A DECADENCIA SOCIOECONÓMICA E POLÍTICA DE GALIZA NA BAIXA IDADE


MEDIA
A mediados do séc. XIII, Galiza comezará un longo período de decadencia política,
económica e social motivada por estes factores:
A) A independencia de Portugal. Esta separación verificada xa no séc. XII, contribuíu ao
paulatino debilitamento do peso político do reino de Galiza.
B) A unificación das coroas noroccidentais, de Galiza, León, Castela e Teledo a partir de
1230.
C) O estancamento económico a mediados do séc. XIII deu paso a unha verdadeira
crise social.
D) O resultado das Guerras da sucesión polo trono castelán.

1.4 AS REVOLUCIÓNS IRMANDIÑAS


No século XV Terán unha importancia histórica decisiva as chamadas Revoltas
Irmandiñas.
En 1431 prodúcese a primeira, a Fusquenlla, un levantamento burgués e labrego que
tivo epicentro na zona de Pontedeume e Betanzos.
Arredor de 1465, xorde a segunda revolta. En moitas cidades, baixo o lema “Deus
Fratesque Galleciae”, fórmanse “Irmandades” que se rebelan contra os abusos e
inxustizas da nobreza. En 1467 nace a Irmandade Xeral do Reino de Galiza, lexitimada
polo rei Henrique IV, que lle outorgou poderes para restablecer a xustiza e botar
abaixo moitos dos privilexios nobiliarios. Máis de 130 castelos e fortalezas, símbolo do
poder señorial, foron entón derrumbados polos irmandiños.

2. A LINGUA GALEGA NA IDADE MEDIA


2.1 A TRANSFORMACIÓN EN LINGUA ESCRITA
Da existencia do galego-portugués como idioma plenamente configurado desde, cando
menos, o século VIII.
Antes de construirse en lingua escrita, o galego ou galego-portugués levaba x acentos
de anos sendo unha lingua oral, usada por individuos de todos os estamentos.
A separación política do condado de Portucale e a súa conversación en reino
independente, no séc. XII. A lingua continuou sendo a mesma, o galego, mais desde
entón as falas transmiñotas, en proceso de expansión cara o sur peninsular,
comenzaron a recibir a denominación de “portugués”.
As mostras máis antigas de textos escritos en galego-portugués chegadas a nós datan
de finais do séc, XII-comezos do séc.XIII.
A) Documentos de carácter privado, como testamentos.
B) Documentos públicos institucionais, como actas.
C) Documentos xudiciais, como denuncias.
D) Documentos eclesiásticos, dos conventos, igrexas…
E) Documentos científico-didácticos, como o Livro de alveiraría.
F) Documentos historiográficos, como a Crónica Geral.
G) Documentos literarios, como as cantigas profanas.

3. O PROCESO DE MINORIZACIÓN

A mediados do século XIII, Fernando III foi o primeiro rei que utilizou o castelán na
documentación dirixida desde a corte de Galiza. O rei Alfonso X consolidou
definitivamente a lingua Castelá como lingua oficial de relación con Compostela. O
emprego da lingua propia, tanto oral como escrito, seguía sendo a norma.
A situación comeza a mudar a mediados do s.XIV. Producese unha primeira entrada na
Galiza dunha aristocracia castelá, que trae consigo o seu idioma e comeza a impoñelo,
tanto nos usos orais como nos escritos. A igrexa tamén experimenta esa substitución.
Un reforzamento moi intenso na segunda metade so x. XV, co resultado da guerra
castelá entre Isabel e Xoana, que traerá consigo unha segunda substitución nobiliaria.
Boa parte dos que apoiaron a Xoana, perden terras, títulos… O proceso impositivo dos
casteláns entre as clases altas e para os usos máis relevantes
Aínda que continúa sendo falado pola inmensa maioría da poboación, o galego
enmudece entón como idioma escrito e resulta expulsado dos ámbitos e usos máis
elevados.

4. A CONSOLIDACIÓN DE DÚAS VARIEDADES LINGÜÍSTICAS


A constitución dun reino portugués e a perda de peso político do Reino de Galiza no
espazo da Coroa de Castela, sobre todo a partir de mediados do séc. XIV, por outra
contribuíron decisivamente á paulatina separación da primitiva lingua medieval
galaico-portuguesa en dúas ramas: galego e portugués.
Esas diferenzas vanse agrandando, mentres que unha ficou prostrada políticamente e
sometida á hexemonia política e idiomática castelá, outra constituíuse en estado
moderno independente e creou ademáis un extenso imperio.
II. A LITERATURA GALEGO-PORTUGUESA MEDIEVAL. CUESTIÓNS XERAIS.
1. AS ORIXES DA POESÍA ROMANCE

Ata o século XII o latín foi o idioma literario por excelencia en todo o Occidente. Era a
lingua da todopoderosa Igrexa e constituía, o medio de expresión da cultura clásica.
As linguas romances non tiñan cultivo escrito, se ben viñan acumulando desde o séc.
VIII un amplo repertorio de cantos e narracións orais, de transmisión xograresca: os
cantares épicos ou cantares de xesta. Narrábanse as fazañas de héroes lendarios.
Circularon de boca en boca durante centurias, mais entre os séculos XII e XIII. Destacan
a Chanson de Roland e o Cantar do Mio Cid , composto en castelán e o único poema
épico peninsular que se conservou.
Mediado do séc. XII, os gustos literarios experimentaron unha mudanza notábel. Nas
cortes nobiliarias provenzais prodúcese unha relaxación dos hábitos guerreiros, un
refinamento dos costumes e unha revaloración do papel social da muller. Xorde unha
puxante poesía lírica en lingua romance, de temática fundamentalmente amorosa, que
axiña se espalla por toda Europa: é chamada poesía trobadoresca.

2. A CULTURA TROBADORESCA EN EUROPA


A cultura trovadoresca ten a súa orixe na ou Occitania, nun feixe de señoríos feudais
sen unidade política, pero que compartían unha mesma lingua: o provenzal. O foco
inicial sitúase na corte de Potiers, e remonta aos tempos do duque Guillerme IX foi o
primeiro poeta nunha lingua romance do que conservamos obra escrita.
Se converte en exemplo de refinamento e bo gusto en toda Europa.
A fins do século XII e comexos do XIII na maior parte dos reinos de Occidente
encontramos escolas autóctonas que componen á moda provenzal.
Neste contexto debemos situar a chegada da influencia provenzal ao noso ámbito e a
súa importante repercusión no labor dos autores da escola lírica galego-portuguesa.

3. AS VÍAS DE PENETRACIÓN DA CULTURA TROBADORESCA


Os modelos da poesía trovadoresca orixinaria da Provenza penetraron no ámbito
lingüístico galego-portugués a través de diversas vías, entre as que destacamos estas
tres:
 O camino de Santiago: ruta que unía Compostela con toda Europa. Tivo un papel
determinante na difusión da arte románica no norte e foi espazo de convivencia e
intercambio de saberes entre xograres, segreis e trovadores de procedencias moi
diverasas.
 Os montes de Cluny: establecen un gran número de conventos na Península.
Desempeñan unha función educativa.
 Os contactos nobiliarios: os nobres provenzais participaron nas campañas militares
contra os árabes e estableceron alianzas coa alta nobreza, o que axudou á
importación dos seus costumes e das suas fórmulas literarias. Un exemplo do pai
do rei portugués Don Dinís.
4. ÁMBITO XEOGRÁFICO DA POESÍA MEDIEVAL GALEGO-PORTUGUESA
A nosa lírica medieval, que tiña como lingua o galego ou galego-portugués,
movemento do que participan as cortes reais e señoriais de boa parte da península.
Múltiples causas:
A) A gran proximidade lingüística entre os romances occidentais da Península.
B) O papel preponderante da nobreza galega no conxunto dos reinos occidentais da
Península. Casas como as de Trava ou Castro alcanzaron nalgún momento un poder
similar ao dos reis. Ese poderío económico-político trae aparellado o prestixio cultural
e lingüístico e fai que trovadores, segreis e xograres de moi diversas procedencias
poeticen en galego-portugués.

5. ETAPAS NA EVOLUCIÓN DA POESÍA MEDIEVAL GALRGO-PORTUGUESA


O ciclo trovadoresco galego-portugués desenvólvese con pleno vigor ao longo de máis
de 150 anos, desde finais do séc. XII á segunda metade do séc. XIV.
O texto trovadoresco máis antigo que chegou a nós está datado arredor de 1200. “Oro
faz ost´o senhor de Navarra”. Por outra parte, a canco trovadoresca provenzal debeu
de chegar á Peninsula xa a mediados do sec. XII. Podemos suponer, pois, un período
pre-trobadoresco de aclimatización das modas provenzais durante boa parte do séc.
XII, en que predominarían as cantigas de amigo e os cantares de xesta.
Logo de ese período, do que non conservamos restos escritos, o ciclo trovadoresco
pode dividirse nas seguintes estapas:
 Etapa pre-afonsina ou de adaptación: o lirismo galego-portugués atinxe unha
rápida difusión en todo o occidente peninsular, contando co apoio da corte real e
tamén de nobres potentados.
 Etapa afonsina ou período áureo: abrangue os reinados de Afonso III en Portugal e
Afonso X en Galiza, León e Castela. O principal centro difusor do lirismo galego
sitúase na espléndida corte literaria do rei Sabio, en Toledo.
 Etapa dionisíaca ou período arxénteo: á morte de Afonso X, o centro difusor do
lirismo galego-portugués desprázase desde Castela a Portugal.
 Etapa pos-dionisíaca ou de recompilación: mediado o séc. XIV, os gustos literarios
cortesáns mudan a favor dos libros de liñaxes e da prosa histórica e de ficción.
 Etapa de decadencia ou escola galego-castelá: Portugal e Castela consolidan no
séc. XV as súas respectivas literaturas estatais, mentres Galiza entra nunha fonda
decadencia. A obra dos últimos trovadores, a chamada Escola galego-castelá.

6. O ESPECTÁCULO TROBADORESCO. AUTORES E INTÉRPRETES.


Nas cortes reais, o trovar era unha das poucas diversións posíbeis. Pouco a pouco foise
convertendo en algo galante. Na creación das cantigas foi un factor determinante a
asociación da poesía coa música. A cantiga foi concibida para o canto, con
acompañamento instrumental.
Os protagonistas da difusión e creación do fenómeno poético medieval foron:
Trobador: ocupaba o lugar máis alto na xerarquía social. O termo xorde para designar
o autor das cancións amorosas que seguían a moda do amor cortés. Era poeta e
compositor, o que implicaba uns coñecementos artísticos e literarios e unha mínima
formación musical. O grao de trovador resérvase para compositores de orixe.
Xograr: é o representante medieval dunha longa tradición de artistas ambulantes.
Inicialmente, eran os intérpretes das cantigas, cantándoas e tocándoas, mais logo
atrevéronse a ser compositores. Isto provocou censuras e burlas dos trovadores. Os
cancioneiros preservaron a obra de ata 36 xograres.
O segrel: comparte co xograr os trazos do artista profesional, que leva o seu
espectáculo de corte en corte cobrando pola súa interpretación.

You might also like