You are on page 1of 1

VARIACIÓN LINGÜÍSTICA

As linguas son sistemas de signos cohesionados en diferentes niveis: fonolóxico,


morfolóxico, sintáctico e léxico, mais tamén son sistemas flexibles, porque se adaptan ás
impresevibles necesidades dos falantes da lingua, e os falantes dunha lingua tamén somos
abertos a recibir a influencia doutras linguas e así, crear termos para designar novas
realidades. Por mor desta flexibidade, nas linguas rexistranse emprésitos, analoxías ou
neoloxismos.

Estas mutacións sempre se producen ao redor dun modelo de lingua que chamamos
estándar, pautado por unhas normas que todos coñecemos en maoir ou menor medida.

Hai catro eixes ao redor dos cales se transforman as linguas:


Tempo: Existen cambios lingüísticos dunha xeración a outra e estas variación chámanse
diacrónicas.
o espazo: estas son as variacións diatópicas e débense á distancia xeográfica que separa
os falantes dunha mesma lingua.
contexto: as persoas non falamos da mesma maneira sempre senón que coidamos ou
descoidamos mais as formas dependendo da situación na que nos encontremos. Estas
variacións son as diafásicas.
e por ultimo, o nivel sociocutural tamén inflúe moito nesto. Estas son as variacións
diastráticas que dividense en 4: culto, estándar, coloquial e vulgar.

You might also like