You are on page 1of 7

SOCIOLINGÜÍSTICA.

1. ESTEREOTIPOS E PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS: A SÚA REPERCUSIÓN


NOS USOS.

A función esencial dunha lingua é a de servir como medio de comunicación entre os


membros dunha comunidade, e pode cumprir unha función de identidade, familiar,
laboral, local, cultural e internacional, dependendo do ámbito de uso.

Se nunha comunidade coexisten dúas linguas, xerará certa desigualdade e a aparación


do conflito lingüístico entre elas.
O termo bilingüismo refírese aos individuos capaces de comunicarse en dúas linguas.
Sempre haberá unha lingua dominante, que vai ocupando progresivamente os ámbitos da
outra, e unha lingua dominada ou minorizada reservada para usos informais.
Neste contexto prodúcese a diglosia, que consiste nun reparto desigual entre
linguas diferentes, cada unha delas cumpre unha función dentro da sociedade.

O concepto de lingua minoritaria fai referencia a aquelas linguas que posúen un


número escaso de falantes, independentemente da súa consideración social.

As linguas hexemónicas son as que gozan de gran prestixio social por un


poder político-social que as potencia.

Entre o galego e o castelán prodúcese o xa mencionado conflito lingüístico, entre elas


fóronse establecendo diferenzas de prestixio social, sendo o castelán considerado o
idioma das clases superiores, e o galego o das clases populares.
Esta situación xera sentimentos de inferioridade e desprezo cara a propia lingua, así
como estereotipos e prexuízos lingüísticos:
- o galego é propio do mundo rural e non serve fóra do territorio
- o galego non serve para as matemáticas ou a informática.
- o galego normativo é “inventado”.
- o galego non ten sentido no mundo actual globalizado e con Internet.

Estas son falsas verdades aplicadas tamén noutros casos de linguas minorizadas: o galego
é unha lingua tan válida na cidade coma na aldea e serve para calquera ámbito.

Se non existisen estes prexuízos poderiamos falar dun bilingüismo harmónico entre dúas
linguas, unha convivencia pacífica onde cada un fale a que queira. Isto pode darse nalgúns
falantes, pero aínda semella utopica no conxunto da sociedade cargada de prexuízos
lingüísticos, polo que é necesaria unha política lingüística canalizadora do proceso de
normalización.
2. HISTORIA DA NORMATIVIZACIÓN: A CONSTRUCIÓN DA VARIEDADE ESTÁNDAR.
INTERFERENCIAS E DESVIACIÓNS DA NORMA.

A variedade estándar ten como principal finalidade permitir a intercomunicación entre todos
os falantes da comunidade, e ten que ser coñecido e aceptado por todos os falantes.

Debe distinguirse entre normativa e estándar: a normativa é o resultado da fixación dun


código da lingua ortográficos, gramaticais e léxicos; o estándar é a variedade que resulta
de poñer en prática esta normativa .

Na variedade estándar inflúen varios factores, como o criterio cuantitativo, o prestixio


social, o prestixio literario e o criterio político-ideolóxico. Co manexo destes criterios, o
galego optou por un modelo composto.

1. PROCESO DE ESTANDARIZACIÓN DO GALEGO.


Etapas:
1) Galego popular: empregan a lingua que falan, cunha influencia do castelán, e
con variabilidade ortográfica, morfolóxica e léxica.
2) Galego enxebrista: coas Irmandades da Fala aparece unha intención
normativizadora. Búscase un galego supradialectal, un modelo diferencialista
do castelán, recorrendo a hiperenxebrismos, arcaísmos, vulgarismos, etc.
3) Galego protestándar: buscan a simplificación ortográfica e gramatical, e corrixir os
excesos diferencialistas da etapa anterior.
4) Galego estándar (actualidade): unha vez oficializadas as normas, o estandar coñece
un intenso proceso de socialización.
Neste proceso orixinouse un debate entre dúas correntes: a reintegracionista que
pretendía achegarse ao portugués, e a isolacionista, que propón o modelo
ortográfico castelán.

2. DESVIACIÓNS DA NORMA.
- Vulgarismos: deformacións fonéticas que se producen no rexistro informal da
lingua.
- Arcaísmos: aparecen como consecuencia da difusión dos textos
galego-portugueses medievais.
- Hipergaleguismos ou hiperenxebrismos: consiste en modificar as palabras que
coinciden co catselán para que soen máis galegas.
- Préstamos e interferencias: os préstamos son termos que se incorporan á lingua para
designaren conceptos novos.
As interferencias son préstamos innecesarios que desprazan o uso dunha palabra
existente na lingua.
No caso do galego a maior parte das interferencias veñen do castelán e poden ser:
ortográficos, léxicos, morfosintácticos ou castelanismos fonéticos.
3. O GALEGO, LINGUA EN VÍAS DE NORMALIZACIÓN.

Falamos de proceso de normalización lingüística cando estamos ante a recuperación


dunha lingua que sendo propia dunha comunidade, foi desprazada por outra foránea e os
seus usos foron restrinxidos. Este proceso está formado por todas aquelas medidas que
teñen como obxectivo o uso normal dunha lingua minorizada. A imposición do castelán fixo
que o galego se desenvólvese nunha situación de minorización.

A finais da ditadura comeza un proceso de recuperación institucional, e nos 80, o proceso


de normalización lingüística prodúcese dentro dun marco legal que contempla institucións
públicas para a normalización do idioma.

A nivel gobernativo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística encárgase da acción


normalizadora, focalizado no ámbito educativo.
Na administración local, destaca o Servicio de Normalización Lingüística. As Universidades
galegas, a Real Academia Galega e o Consello de Cultura Galega tamén desenvolveron
iniciativas para promover o galego.
Xurdiron colectivos como Prolingua, e outros con campos máis específicos como a
Fundación Galicia-Empresa.

No 2004, o Parlamento de Galicia aproba o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega


para potenciar a nosa lingua nos distintos ámbitos sociais, promover unha imaxe que
rompese cos prexuízos. Pero as iniciativas do goberno galego foron escasas.

As institucións públicas abandonaron o papel legal de impulsoras da


normalización, quedando entón en mans da cidadanía. Isto provoca que as
xeracións máis novas teñan un nivel de emprego do galego preocupante para o
futuro.

A potencialidade das xeracións máis novas para a regaleguización e a culminación do


proceso de normalización son enormes.
É necesario crear modelos socioculturais e contextos de socialización para permitir á
xente nova desenvolverse no idioma.
Así, o futuro galego estará garantido.
4. O GALEGO NO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX: CARACTERÍSTICAS
LINGÜÍSTICAS FUNDAMENTAIS. CONTEXTO HISTÓRICO E SITUACIÓN
SOCIOLINGÜÍSTICA.

No comezo do século XX, o galego atópase nunha situación de dependencia do castelán.


Emprégase nos usos formais da literatura. Diversos grupos culturais e políticos liotarán pola
recuperación do galego como lingua culta. Destacan:

- Irmandades da Fala: (1916). Teñen como obxectivo ampliar os usos da lingua


galega. As súas principais demandas, como a concepción de Galicia como unha
entidade autónoma, serán seguidas polo Partido Galeguista. A nivel cultural, realizan
importantes actividades como a fundación de editoriais e revistas. Fan as primeiras
propostas dunha normativización unificadora.

- Grupo Nós: esfórzase por sacar a cultura do influxo da castelá, modernizandoa e


universalizandoa poñenadoa en contacto cos movementos culturais de Europa.

- Seminario de Estudos Galegos: organismo universitario dedicado a ampliar o uso do


galego na prosa científica e técnica nas distintas áreas do saber. Investigan Galicia
en diversos campos.

- Partido Galeguista: centra os seus esforzos en conseguir un estatuto de autonomía


para Galiza que recoñeza a oficialidade do galego.

A nivel lingüístico, o afán diferencialista dos escritores fai que se rexeiten formas correctas
do galego. Así, entran na lingua hipergaleguismos, vulgarismos e arcaísmos. En canto a
ortografía, persiste unha gran inseguridade gráfica.

O número de falantes galegos disminúe mentres que o castelán avanza como lingua de
relación habitual.
5. O GALEGO ENTRE 1936 E 1975. CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS
FUNDAMENTAIS. CONTEXTO HISTÓRICO E SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA.

Características:

- Simplificación de normas ortográficas.


- Moderación da tendencia ao diferencialismo: a este proceso de depuración
(eliminación de hipergaleguismos, arcaísmos,...) súmase a elaboración dun modelo
de lingua estándar na década dos 70.

O golpe de estado militar (1936) significa unha ruptura con todos os logros da cultura galego
do primero terzo do século XX. A represión política levada a cabo, obriga a que cesen as
actividades das asociacións culturais, xornais, revistas,... comprometidas coa recuperación
da lingua e cultura galega.

A victoria franquista supuxo: a perda de liberdades, unha uniformización ideolóxica,


lingüística-cultural e relixiosa. A situación non mellorou ata a década dos 50. A ditadura
recoñecerá o castelán como lingua lexítima do Estado.

Neste período, a lingua galega, que antes estaba gañando espazo na vida pública, quedou
prohibida no ámbito público e a nivel oficial. A propaganda do réxime insiste nos
estereotipos de rusticidade e incultura asociados ao uso do galego.

Durante o franquismo acelérase a desgaleguización da sociedade galega, na que teñen


influencia:
- A escola: o galego estaba ausente nos plans eduactivos e era motivo de castigo.
- Os medios de comunicación de masas: (radio, tv, cine) difunden modelos de conduta
identificados co uso do castelán.
- A emigración: ( debido á situación económica) o cambio de hábitat supón o cambio
dos hábitos lingüísticos.

O galego pasa a ser obxecto de interese entre a oposición antifranquista e será a lingua
vehicular do sindicalismo, do feminismo e dos partidos clandestinos.
6. O GALEGO A FINAIS DO SÉCULO XX E COMEZOS DO XXI. CARACTERÍSTICAS
LINGÜÍSTICAS FUNDAMENTAIS. CONTEXTO HISTÓRICO E SITUACIÓN
SOCIOLINGÜÍSTICA.

En 1975 morre o ditador Franco polo que remata a ditadura e prodúcese a transición cara a
democracia. En 1978 aprobáse a Constitución vixente hoxe en día. Nela establécese a
cooficialidade do galego e o castelán en Galicia. O recoñecemento oficia da lingua
prodúcese en 1981, no Estatuto de Autonomía que establece o galego como lingua propia
de Galicia. En 1983 entrou en vigor a Lei de Normalización Lingüística que regula o uso do
galego en administraacións e servizos.

O galego convértese na lingua oficial da administración autonómica. O seu ensino é


obrigatorio en Primaria e Secundaria, en cambio non é na Universidade. En 2004 aprobouse
o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, medidas destinadas a potenciar o galego.
As medidas do galego na escola e as súas modificacións crearon protestas entre os
partidarios e os non partidarios.

O galego, a día de hoxe, é utilizado en diversas actividades. No mundo da cultura está


presente no teatro, cinema, publicacións,... Cada vez maior número de profesionais
utilízano. Cómpre ter en conta o seu uso no internet.

No plano cuantitativo, a realidade é negativa xa que se está a acelerar a perda de número


de falantes a pesar de que o seu uso, en xeral, é maioritario.

Na busca dunha norma escrita, entramos na fase do galego estándar; ao haber un estudo
da lingua pódese fixar con maior coñecemento unha norma culta da que se eliminan
dialectismos, arcaísmos e hiperenxebrismos.
Para que sexa recuperada como vehículo normal de comunicación débese adoptar un
compromiso coa lingua.

You might also like