You are on page 1of 6

1.

Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos


usos
A función dunha lingua é servir como medio de comunicación entre os membros dunha
comunidade. Se dentro desta hai dúas linguas en contacto sucederá que unha das linguas,
a dominante, vai ocupando progresivamente os ámbitos da outra, a dominada ou
minorizada, e provocando a súa substitución; esta é empregada unicamente nos ámbitos
socioculturais máis baixos e desprezada nos máis elevados.

Un dos obstáculos no camiño da normalización é a existencia de estereotipos e prexuízos


lingüísticos que pretenden transmitir a idea de que a lingua minorizada (aquí o galego) non
é tan válida para o desenvolvemento como a hexemónica, polo que non ten futuro xa que: o
galego é propio do mundo rural; non serve para as matemáticas ou a informática; non serve
para nada fóra do territorio; só o falan os nacionalistas; o que hai que aprender é inglés e
non galego; o galego normativo é “inventado”. Pero podemos ver que estas son falsas
verdades: o galego é unha lingua tan válida na cidade coma na aldea; serve para calquera
ámbito: a Facultade de Matemáticas foi moito tempo das máis galeguizadas; ponnos en
contacto con toda a comunidade de fala galego-portuguesa; os falantes bilingües aprenden
mellor unha terceira lingua; hai xente non nacionalista que fala galego; o galego estándar
está baseado na historia e nos idiomas latinos irmáns.

Se non existisen estes prexuízos poderiamos falar dun bilingüismo harmónico, no que cada
quen que fale o que lle apeteza e domine os dous idiomas.

En Europa, case todos os Estados son plurilingües e dase o fenómeno da diglosia. É dentro
do actual Estado español onde as linguas minorizadas (galego, catalán e éuscaro) gozan de
maior status e son usadas en ámbitos impensables para outras europeas como o gaélico,
lingua oficial de Irlanda, que sobrevive como lingua “ritual”.
2. Historia da normativización: a construción da variedade
estándar. Interferencias e desviación da norma
Entendemos como ​variedade estándar dun idioma aquela empregada en ambientes máis
serios e formais e que vén descrita pola norma oficial da correspondente lingua. O obxectivo
que se busca acadar coa súa creación é evitar a dispersión da lingua e establecer uns
trazos comúns para regular o seu uso. No caso do galego, a ​normativización lingüística​,
necesaria para a fixación da variedade estándar, chegou tardíamente.

Foi no século XIX, co Rexurdimento, cando o galego comezou a ter unha ortografía,
gramática e dicionario determinados. Porén ata finais deste século o galego era empregado
oralmente no rexistro popular e estaba cheo de dialectalismos, castelanismos e
vulgarismos. Pasada esta época, os autores ata 1936 optaron por un modelo que afastase
ao galego do castelán, destacando o emprego de hiperenxebrismos. A continuación, ata a
década de 1980, tivo lugar unha simplificación ortográfica na que se suprimiron os
apóstrofos, guións, acentos graves e circunflexos. Isto desencadeou na aproximación da
ortografía galega á do castelán. A normativa actual do galego (a excepción de por unha
reforma en 2003) é a creada en 1982 pola RAG e polo ILG, quen aprobaron as ​Normas
Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego​, que estableceron a variedade estándar do
galego que nós estudamos e coñecemos.

Cando falamos da normativización da lingua galega é preciso mencionar o movemento


reitegracionista, que ten como principal representante a Ricardo Carvalho Calero (Letras
Galegas 2020). Os seguidores desta corrente defenden que o galego debe aproximarse o
máximo posible ao portugués por teren ambos unha raíz común.

Chamamos desviacións a aquelas voces que non se rexen pola normativa. Dentro delas
incluímos vulgarismos e dialectalismos (non pertencen ao nivel culto da lingua), os
arcaísmos (palabras que non se utilizan na actualidade) e os hipergaleguismos (novas
palabras creadas pola influencia do castelán). Por outra banda, as interferencias son
fenómenos producidos polo influxo dunha lingua sobre outra. Son frecuentes en situación
de diglosia, que adoitan afectar á lingua máis débil. Os principais son os castelanismos no
galego, de tipo léxico a maioría
3. O galego, lingua en vías de normalización
O marco legal actual (Constitución de 1978, Estatuto de Autonomía, Lei de Normalización
Lingüística e Plan Xeral de Normalización Lingüística) permite o camiño cara á recuperación
e á normalización da lingua, pero tamén cómpre que interveñan os diferentes sectores
sociais:

- Acción institucional do poder político: ​Exercida polas Administracións públicas de


Galicia (Xunta, Concellos e Deputacións).
- Acción colectiva non institucional: ​Exercida por asociacións e colectivos (Nova
Escola Galega, Pro Lingua, Queremos Galego ...).
- Acción individual: ​Supón un esforzo persoal para romper hábitos e condutas e
axudar a mellorar a situación actual do idioma.

Para conseguir o éxito destas accións, é necesario favorecer comportamentos positivos


cara ao idioma, a través de medidas que promovan o uso da lingua e conciencien e
sensibilicen, producindo un cambio de actitude na sociedade.

Nunca, desde a Idade Media, o galego dispuxo de tantas armas: oficialidade, presenza no
ensino e na cultura. Pero tamén, nunca o perigo de substitución foi tan claro: ausencia
importante de transmisión xeracional, presenza mínima nos medios de comunicación de
masas...

A cultura agraria e mariñeira, que foi a que mantivo a lingua, está a desaparecer; aínda que
está a medrar unha nova adhesión noutros ámbitos. Só a lealdade lingüística, poderá evitar
que o galego se convirta nunha lingua “ritual”.

A conciencia lingüística na actualidade en Galicia é moi diversa. Para uns a situación da


lingua é óptima, para outros o futuro é moi escuro. Hai moita xente que ama o galego e ten
preocupación pola súa desaparición pero opina que non se debe impoñer o seu uso. O
Instituto Galego de Estadística en 2019 ofrécenos datos preocupantes para a normalización
do galego.
4. O galego no primeiro terzo do século XX: características
lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación
sociolingüística
No primeiro terzo do século XX o galego comeza a usarse en ámbitos dos que
desaparecera ou nos que nunca estivera presente (narrativa, ensaio, discurso político...).
Destaca:

- A creación das ​Irmandades da Fala (1916) que teñen como finalidade a utilización
exclusiva do galego en todo tipo de actos e escritos así como impulsar a narrativa e
o teatro.
- O ​Grupo Nós estende o uso do galego a todos os xéneros literarios e será o
responsable da revista ​Nós,​ escrita integramente en galego.
- No ​Seminario de Estudos Galegos​ investigan Galiza desde diferentes campos.
- O ​Partido Galeguista no que militarán durante a II República personalidades como
Castelao ou Bóveda, liderará a redacción dun Estatuto de Galicia, no que se inclúe
o ensino ​do galego e ​en ​galego. Foi aprobado en xuño de 1936 pero non poderá
entrar en vigor debido ao comezo da guerra civil poucos días despois, pero
propiciará a consideración de Galicia como nacionalidade histórica (xunto con
Cataluña e Euskadi) ao instaurarse a democracia en 1978. Outras iniciativas dignas
de ser citadas son as editoriais Lar, Nós ou a publicación de diferentes estudos
lingüísticos.

Fronte a esta emerxente situación cultural e aínda que o galego continúa a ser moi
maioritario na Galiza (90%), acelérase o proceso de substitución polo castelán, que avanza
como lingua de relación habitual, mentres o número de falantes monolingües en galego
descende.

No que se refire á lingua utilizada na escrita, non existe aínda un modelo único, continúan
os intentos de crear unha norma (dicionarios e gramáticas).
5. ​O galego de 1936 a 1978: características lingüísticas
fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística
Cando comeza a guerra de 1936 iníciase unha forte represión ​xeneralizada. Todo o
esplendor do pasado queda reducido ao silencio, e durante os primeiros anos da ditadura
son os intelectuais no exilio americano os que manteñen viva a cultura galega creando
editoriais, revistas, programas de radio... A capital da cultura galega será agora Bos Aires,
con figuras como Castelao, Rafael Dieste, Blanco Amor...

O galego convértese nunha lingua inferior, que só se utiliza coa familia ou cos amigos, sen
uso público nin oficial. A recuperación cultural iníciase en 1950 cando se funda a editorial
Galaxia, que terá unha gran importancia para a recuperación da nosa cultura. Na década
dos 60 xorden os partidos nacionalistas e as asociacións culturais que loitan polo noso
idioma e cultura comezando así un certo recoñecemento ou tolerancia desde a esfera
oficial. Destaca durante esta etapa:

- Celebración do ​Día das Letras Galegas​ (1963).


- Aparición de outras editoriais e revistas monolingües en galego.

Non obstante, o fenómeno de desgaleguización social avanza a un ritmo moito máis


acelerado: a xente marcha ás cidades e deixa de falar en galego cos fillos; ensino, Igrexa e
medios de comunicación só usan o castelán. Malia todos os atrancos, o galego segue
sendo, no ano 1975, a lingua maioritaria na Galiza (75-80%).

No camiño de busca dunha norma culta aumenta a conciencia da súa necesidade, e


destaca o desexo de simplificación ortográfica (eliminación de guións e apóstrofos) e de
depuración léxica (rexeitamento de castelanismos, incorporación de neoloxismos e
cultismos...).
6. ​O galego a finais do século XX e comezos do XXI
No ano 1975 morre Franco e tres anos máis tarde as Cortes democráticas aproban a
Constitución: cooficialidade de galego e castelán en Galicia. No Estatuto de Autonomía
(1981), establécese que “a lingua propia de Galicia é o galego” e que “ninguén poderá ser
discriminado por causa da lingua”.

Do mesmo modo,a Lei de Normalización Lingüística(1983) regula o seu uso do galego nas
diversas administracións e servizos. Este feito determina que o galego sexa a lingua oficial
da administración autonómica: da Xunta de Galicia e todas as súas Delegacións e do
Parlamento. O seu ensino é obrigatorio nos niveis de ensino Primario e Secundario, onde se
establece tamén que polo menos dúas materias máis deberán ser impartidas nesta
lingua;mais no ensino universitario xa non rexen estas normas. En 2004 o Parlamento
galego aprobou por unanimidade o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega: 445
medidas destinadas a potenciar o galego, que non se chegaron a desenvolver.

Na actualidade o galego é moi utilizado nas actividades políticas, institucionais,


universitarias e culturais. Mesmo parece que o seu uso comercial comeza a ser
economicamente rendible e prestixia certos produtos. Hai moitas webs, foros, chats, blogs
nos que é frecuente o galego. Temos tradutores, correctores ortográficos en galego,
ademais de Android, Windows, Facebook, Twitter... As compañías de telefonía móbil ofertan
algúns terminais en galego.

Mais a perda do número de falantes segue acelerándose. Ata hai pouco tempo era a lingua
exclusiva no ámbito rural, pero xa non o é. Nas pequenas e grandes vilas, así como nas
cidades, cada vez é máis minoritaria (​Instituto Galego de Estatística en 2019). Na busca
dunha norma escrita, entramos na fase do galego estándar; vanse eliminando
dialectalismos, arcaísmos e hiperenxebrismos, ao tempo que se adapta á nova situación
social (máis ámbitos de uso) e académica (vehículo para outras materias).

You might also like