You are on page 1of 3

Sociolingüística: FINAIS DO SÉCULO XX E COMEZOS DO XXI

C AR AC TE RÍST IC AS LINGÜÍST IC AS
A partir de 1975, pouco a pouco vanse promulgando leis que lle outorgaron recoñecemento legal ao galego: Constitución española
(1978), Estatuto de Autonomía (1981) e Lei de Normalización Lingüística (1983). Nas dúas últimas recoñécese o galego como
lingua propia e cooficial xunto co castelán. Isto supón o seu emprego na administración, nos medios de comunicación, no esnsino,
etc. Esta ampliación de usos fixos máis urxente a necesidade de estandarización, que se fará efectivs coa publicación das
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1982) da RAG / ILG, reformadas logo en 2003. A partir da Lei de
Normalización Lingüística a RAG queda recoñecida como autoridade en materia lingüística. O ILG publicará o Vocabulario
ortográfico da lingua galega (VOLGa). A variedade estándar cada día é máis amplamente aceptada e coñecida. Ademais do
galego estándar, podemos falar doutros dous modelos de lingua:
- O galego espontáneo: galegofalantes que recibiron a lingua por transmisión xeracional.
* Enxebreza fónica (7 vogais), riqueza dialectal, vulgarismos e castelanismos léxicos específicos.
- O neogalego: neofalantes.
* Falta de vulgarismos, vitalidade de formas recuperadas polo estándar, perda da enxebreza fónica, interferencias
morfolóxicas do castelán, incorrecta colocación dos pronomes, uso de hiperenxebrismos.

SITU AC IÓ N SO C IO LINGÜ ÍSTIC A


Fundaméntase na lingua inicial (na que as persoas aprenden a falar), a lingua habitual (na que as persoas falan normalmente),
as competencias lingüísticas (capacidade que teñen os falantes para entender, falar, ler e escribir) e as actitudes lingüísticas
(ideas e opinións que teñen os falantes sobre as linguas).

Competencias lingüísticas e lingua inicial


A xeneralidade da poboación entende o galego e sabe falalo (95,83% e 86,93%), pero a nivel escrito pouco máis da metade se
declara capaz de usalo (59,17%). No referente á lingua inicial en galego constátase unha perda constante e acelerada de
monolingüísmo inicial en galego, mentres que tende a aumentar o grupo dos bilingües iniciais e mantense o de
castelanfalantes iniciais. O proceso de substitución lingüística avanzou considerablemente na última década.

Usos
A lingua habitual de Galicia continúa sendo o galego. Ademais e a pesar dun leve aumento nos últimos anos, o galego xa
non é a lingua habitual da mocidade, depositaria do futuro do idioma. Constátase un elevado índice de castelanización nos
ámbitos urbanos. Onde máis se emprega o galego é en Santiago de Compostela e onde menos en Ferrol e Vigo. Uso por
ámbitos:
- Ámbito institucional: o funcionamento administrativo adoita desenvolverse en galego a nivel escrito, pero a nivel oral o
seu emprego depende de vontades particulares e descende considerablemente.
- O ensino: nel fórxanse as pautas de comportamento lingüístico da mocidade, permite que se perfeccione a normativa e
dálle prestixio á lingua; é un ámbito fundamental na substitución das linguas. A presenza do galego no ensino medrou
considerablemente. Así e todo, o castelán continúa a ser a lingua predominante nos centros de ensino.
- Ámbito cultural: a maior parte das manifestacións culturais teñen o galego como lingua vehicular, a pesar de que os
produtos de consumo masivo están en español ou en inglés.
- A igrexa: segue a vivir, no terreo do idioma, de costas á comunidade á que se dirixe. A igrexa emprega case de xeito
exclusivo o castelán.
- Ámbito laboral: o galego era o idioma máis empregado ata hai unha década. Deixou de selos polos prexuízos que o ven
como un impedimento para promocionarse.
- Medios de comunicación: vehículos fundamentais para o desenvolvemento das linguas. Os “mass media” galegos
continúan actuando como axentes caselanizadores. Xa non existen xornais en papel integramente en galego (en dixital
existen 3). Na televisión e a radio os usuarios decántanse polo castelán. Nas TIC o uso do galego é desigual: na rede existe
unha porcentaxe bastante elevada de recursos en galego, pero a maioría navegan en castelán. A poboación expresa que
desearía máis presenza do galego nos medios de comunicación.

Actitudes
Aínda que en aparencia a actitude xeral é positiva, perviven moitos prexuízos negativos. Destacan os relacionados coa
suposta imposición do galego, a súa asociación coa falta de éxito, a súa restrición ao mundo rural e á xente máis vella, o seu
carácter de marca de nacionalismo ou a súa consideración como sinal de descortesía. Non se considera indispensable na
nosa identidade: para ser / sentirse galegos / as non hai que falar galego.

ESTE REO TIPO S E PRE X UÍZO S L INGÜÍST IC O S


Os prexuízos son preferencias ou rexeitamentos que sentimos por cousas, ideas ou persoas antes de coñecelas a fondo; adoitan
basearse en estereotipos, ideas preconcebidas que non teñen fundamento racional e que supoñen visións simplificadoras da
realidade. Os prexuízos lingüísticos son, daquela, as preferencias ou rexeitamentos que sentimos por trazos dunha lingua ou
pola lingua no seu conxunto mentres que os estereotipos fan referencia a simplificacións sobre os dialectos, os acentos, etc.
As situacións de bilingüismo diglósico están directamente relacionadas cos estereotipos e os prexuízos. A chegada a Galicia do
castelán, nos séculos escuros, xerou unha repartición dos funcións das linguas na sociedade, o que se denomina diglosia. Esta
situación ten que ver con medidas políticas e determinadas ideoloxías. Estes estereotipos créanos as clases dominantes e
transmítense a través da escola e dos medios de comunicación. Os prexuízos clasificámolos en vellos (socioeconómicos,
socioculturais e estéticos) e novos (normalización e sociais). Os prexuízos relativos ao galego xiran arredor de seis núcleos
temáticos:
- Non é unha lingua útil.
- Está asociada á pobreza e á ignorancia.
- É unha sinal de descortesía ou mala educación ante xente castelanfalante ou descoñecida.
- É unha lingua imposta.
- Ninguén a fala ben, nin os seus propios falantes.
- É unha marca ideolóxica de nacionalismo.

O GALE GO E N VÍ AS DE NO RMALIZ AC IÓ N
O bilingüismo diglósico desencadeou un proceso de substitución lingüística, xa que os galegofalantes deixaban de usalo e de
transmitirllo ás seguintes xeracións. Para tratar de modificar esta situación vaise iniciar un proceso de reivindicación e defensa
do galego, que pretendía a normalización lingüística. Coa chegada da democracia, a Constitución e o Estatuto de Autonomía, as
iniciativas normalizadoras pasaron a ser parte das políticas institucionais dos distintos gobernos autonómicos. Comezou así o
que se denomina planificación do status, un conxunto de medidas de política lingüística destinadas á promoción social do galego.
Os pasos máis importantes foron:
- A cooficialización do galego e o seu emprego nas institucións políticas.
- A súa introdución no ensino como materia de estudo e como lingua vehicular.
- A creación da Cadea de Radiotelevisión Galega (CRTVG).
- A fixación dunha variedade estándar que permita o uso da lingua nos medios e no ensino.
- A promoción da vida cultural en galego, con políticas que fomentan a súa presenza.
- A produción de campañas institucionais de fomento do uso do galego.
Aínda que hoxe hai menos galegofalantes gozan de máis respecto e liberdade e boa parte dos seu dereitos lingüísticos están
recoñecidas. O galego accedeu a ámbitos nos que nunca tivera presenza, pero en conxunto continúa perdendo falantes, por iso
podemos dicir que é unha lingua aínda en vías de normalización. Se esta se chega a completar suporá a finalización do
bilingüismo diglósico.

A HISTO R IA DA NO RMATI VIZ AC IÓ N : A C O NSTRUC IÓ N DA VARIE DADE ESTÁNDAR


O estándar
É a variedade dunha lingua que se escolle como modelo de lingua común e que é identificada e aceptada polos falantes como
a de uso correcto e normativo. O proceso de elaboración dun estándar para unha lingua denomínase normativización. O
proceso de normativización do galego. Podemos dividilo en catro fases:
- Galego popularizante (ata fins do XIX): baséase no galego oral e, incorpora castelanismos, vulgarismos e dialectalismos.
- Galego enxebrizante (ata 1936): séntese a necesidade dunha lingua escrita culta.
- Galego protoestándar (ata fins dos 70): simplificación ortográfica e o purismo. Medra a preocupación por un estándar
único.
- Galego estándar (ata hoxe): normativa baseada nos seguintes principios teóricos:
* Finalidade á lingua falada, formas máis características sen castelanismos.
* Procura dun galego supradialectal co que se poida identificar a maioría dos falantes.
* Continuidade coa tradición literaria galega.
* Harmonía coas linguas románicas.
O estándar do galego actual é froito do acordo do ILG e a RAG, Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1982);
reformadas en 2003. Manifestaronse dúas tendencias contrapostas:
- A independentista: partidaria dun camiño propio para o galego, considerado unha lingua independente.
- A reintegracionista: partidaria de achegar o galego ao portugués.

As interferencias
Son os elementos dunha lingua allea que se introducen na lingua autóctona debido á presión que a primeira exerce sobre a
segunda. No caso do galego e o castelán favorécenas diversos factores:
- A proximidade estrutural entre o galego e o castelán, dada a súa orixe común.
- O proceso de aprendizaxe lingüística en Galicia: ausencia do galego no ensino e do uso escrito.
- Os distintos roles sociais que se lle atribuíron a cada unha das linguas.
- A prolongada situación de contacto.
Existen varios tipos de interferencias:
- Fonéticas: entoación non galega; non distinción do grao de abertura das vogais; pronuncia da conxunción e como i,
pronuncia do fonema nasal velar como nasal alveolar .
.- Morfolóxicas: alteracións do xénero dos substantivos, u so confuso de te/che, emprego das formas de CI lle/lles no canto
das de CD, emprego de estos/esos por estes/eses, emprego dun inexistente plural quenes para o relativo., emprego da
forma calquer, uso de algún, algunha en enunciados negativos, conxugación de verbos regulares como irregulares, tempos
compostos, substitución das formas compostas do castelán por ter + participio, redución do sistema perifrástico.
- Sintácticas: ausencia de artigo co posesivo, incorrecta colocación do pronome átono, emprego pronominal de verbos con
CD.
- Léxicas: especialización nos usos: a galega emprégase para os elementos máis tradicionais e a española para os
modernos, maior extensión dos sinónimos que coinciden co castelán, introdución de formas castelás con aparencia de
galegas polas adaptacións fonéticas, ntrodución do castelanismo pleno.
- Semánticas: úsanse con significados propios do castelán palabras coincidentes na forma nas dúas linguas .

Desviacións da norma
A convivencia entre dúas linguas dá lugar a interferencias e a desvíos léxicos, entendidos como vocábulos que non se
axustan á normativa estándar do galego, nin tampouco considerados correctos. Os máis comúns son: arcaísmos,
dialectalismos, vulgarismos, hipergaleguismos, lusismos e castelanismos.

You might also like