You are on page 1of 9

Propostas para a preparación dos temas 3 e 6 de sociolingüística

Na parte de sociolingüística, poderán entrarvos imaxes ou gráficas das que recollo neste documento.
Preparade as respostas: 250 palabras a partir da teoría dos temas e dos conceptos teóricos básicos
do anexo (estes, non en profundidade, só como posibilidade de referencia se os precisásedes). Para
facelo, fixádevos no documento “Preguntas modelo ABAU”. Como vedes, nas respostas incorpora a
teoría dos dous temas, o tema 3 e o 6, e conceptos básicos de sociolingüística como lingua
minorizada, funcións ou usos lingüísticos, normalización, etc.

Documento 1: sobre o informe do IGE de 2019 en Praza.gal

Documentos 2. Gráficas sobre a lingua inicial.

a. Datos do IGE 2019 sobre a enquisa do 2018. Fonte, Sofía Rama.

Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES de Porto do Son 1


b. Datos do INE publicados en 2022 sobre o censo do 2021. Fonte, La Voz de Galicia “O
número de mozos que fala castelán multiplica por catro os falantes de galego”

c. Ámbitos de uso: fonte Praza.gal

Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES de Porto do Son 2


Documento 3. Monteagudo, Henrique; Loredo, Xaquín; Gómez, Lidia e Vázquez-Grandío, Gabino
(2021). Mapa sociolingüístico escolar de Ames. A Coruña: Real Academia Galega.
https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/380

a. Lingua habitual das familias e do alumnado de Educación Primaria no Concello de Ames.

b. Perfil sociolingüístico do alumnado de Secundaria do concello de Ames:

d. Competencia lingüística: castelán, galego e inglés no alumnado de Ames en Secundaria.

Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES de Porto do Son 3


Documento 4. Imaxes sobre as campañas de presenza do galego no audiovisual.

a. Praza.gal

Documento 5. Chío en Twitter sobre o galego no ámbito das novas tecnoloxías

Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES de Porto do Son 4


Documento 7. O galego na empresa. Fonte, a Mesa pola Normalización Lingüística

Documento 8. Viñetas de Luís Davila sobre o uso do galego / titulares de prensa

Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES de Porto do Son 5


Documento 9: desenvolvemento legal e da normativa

Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES de Porto do Son 6


Normas de 1982 Normas de 2003 2004

Visión crítica

Documento 10: textos

Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES de Porto do Son 7


a. Comunicado de Prolingua sobre o 5º infrome do Consello de Europa (19-12-2019)

En días pasados deuse a coñecer o 5º Informe do Comité de Expertos do Consello de Europa sobre a
aplicación en España da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM).

Despois de analizar o documento, ProLingua insta os gobernos español e galego a que deixen de
incumprir a Carta –tratado internacional que forma parte do bloque constitucional de leis
españolas-, atendan inmediatamente as recomendacións do Comité de Expertos do Consello de
Europa e cesen nas súas políticas radicais de exclusión e discriminación do galego.

Por mor do Informe elaborado polo Comité de Expertos, o Consello de Ministros da UE emitiu un
comunicado no que exhorta as autoridades competentes a que, entre outras, tomen as seguintes
accións inmediatas:

a) Reformar a Lei orgánica do Poder Xudicial para garantir o uso das linguas cooficiais nos
procedementos xudicias se o solicita algunha das partes.

b) Incrementar o uso das linguas cooficiais na administración do Estado.

c) Eliminar as limitacións ao ensino do galego que existen na actualidade desde a aplicación do


Decreto do plurilingüismo do goberno Feixóo.

b. “Mudar de lingua doe” (6-03-20233), artigo de Elsa Quintas Alborés en Malalingua


Nósdiario.gal
Dedicado as alumnas e alumnos de Marga do Val, estímulo do blogue, no desexo
de que un día sintan a necesidade de abrazar a nosa lingua.

“Vaite afacendo á idea de que a túa filla mudará de lingua”. Con esta resignación comezan todos os
relatos de nais e pais de crianzas xa grandiñas que sufriron na escola a presión do castellano na
escola. Quen criou en galego a súa filla e o seu fillo sabe que ao chegar á escola imponse o castellano
e regresan a casa falándollo mesmo á familia.

Esta fin de semana en Allariz analizamos esta situación cun pedagogo, un mestre e con nais e pais
que quixeron contarnos as súas experiencias. (...) Un relator que non nos deixou indiferentes foi
Miguel Rodríguez Carnota, autor de Lingua, poder e adolescencia, que puxo o foco no acoso que
sofren as raparigas e rapaces galegofalantes ao seu paso polo ensino secundario, acoso que non está
contemplado como tal nos plans de convivencia nin está espertando as alarmas entre os
orientadores escolares. E sentenciou “Doe ter que mudar de lingua” para visibilizar o trauma que
supón para quen renuncia a expresarse en galego de forma habitual e normalizada no instituto.

(...) Escoitamos nais e pais falar de acompañamento e comprensión, de socialización e da defensa da


legalidade nas aulas.

Aí vou eu, á defensa da legalidade nas aulas. O Decretazo serviu para desterrar das aulas
definitivamente o galego en beneficio do castellano. Serviu para prohibir impartir en galego as
matemáticas e outras materias de ciencias. Serviu para afortalar os prexuízos contra o galego. E
sobre todo serve para recubrir de impunidade aqueles docentes que, debendo impartir a súa

Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES de Porto do Son 8


materia en galego, non o fan. As crianzas rematan o ensino obrigatorio sen competencias orais e
escritas en lingua galega, sen saber expresarse en galego. A inspección educativa non se alarma. A
escola converteuse nun factor de desgaleguización daqueles pequenos que entran falando galego. O
sistema educativo está fallando nos seus obxectivos: contribuír a superar o desequilibrio histórico no
que está o galego para crear unha sociedade máis igualitaria e libre.

Como nais e pais, como avós e avoas, como sociedade preocupada polo seu futuro non podemos
ficar resignadas a que as nosas crianzas perdan a nosa lingua, a lingua en que os agarimamos.
Teñámolo presente: tras un incumprimento en cada aula agóchase unha inxustiza, un furtarlle a
oportunidade ás nosas crianzas de valorizar a nosa lingua, de aprender nela.

Por iso dende A Mesa recollemos a luva que nos lanzaron nestas xornadas: servir de canle para a
organización de nais e pais que desexan que as súas fillas e fillos vivan na nosa lingua con
normalidade, poñer o foco nos incumprimentos da impartición de materias en galego. A sociedade
non pode seguir mirando para outro lado mentres baixa a porcentaxe de galegofalantes, mentres
desce o número de adolescentes que teñen o galego como lingua habitual.

E hai esperanza porque cada vez somos máis familias que educamos en galego de forma consciente
e preocúpanos que as nosas crianzas perdan a lingua. Dende A Mesa facemos un chamamento: nais
e pais, unídevos a Familias polo Galego, un colectivo –vinculado á Mesa pola Normalización
Lingüística– constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa
en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Isto implica a imposibilidade de
escolarizar e socializar as nenas e nenos galegos na súa lingua.

c. Fragmento de A normalización lingüística na Romania: A normalización da lingua e a


normalización dos falantes (o caso dos neofalantes) de Xavier Frías-Conde.

Os falantes tradicionais adoitan ver os neofalantes como entremetidos, neófitos que pretenden
ocupar un espazo social que non lles corresponde. Nada máis lonxe da realidade, pois en
determinadas circunstancias, en determinadas linguas, como xa veño sinalando, eles, os neofalantes,
son o único futuro da lingua.

Daquela, por que son importantes os neofalantes? Como xa indiquei, nas linguas en que a
transmisión xeracional xa rompeu, o neofalante é o único que recupera a lingua rexional. Na teoría,
unha capa social de neofalantes, perfectamente formados desde o punto de vista lingüístico e con
consciencia sociolingüíscitca, poden transmitir o idioma á seguinte xeración. E loxicamente
transmitirán a lingua que eles aprenderon. Para moitos falantes tradicionais isto é unha aberración,
mais nas máis das ocasións, a opción é moi clara: ou fica o idioma neutor dos neofalantes, ou a
lingua estatal dáse imposto sen máis complicacións ao cabo dunha xeración. Con todo, pode
entenderse, até un certo punto, que os paleofantes teñan reticencias. E estas veñen do dominio do
idioma que os neofalantes poidan ter”.

Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES de Porto do Son 9

You might also like