You are on page 1of 32

Xavier Frías Conde

CUESTIÓNS DE SOCIOLINGÜÍSTICA GALEGA

Área de Filoloxía Galego-Portuguesa


© Xavier Frías Conde
Área de filoloxía galego-portuguesa. UNED

Este material é para uso exclusivo dos estudantes el Lingua Galega II do Grao de
Estudos de Lingua e Literatura Española da UNED.
All rights reserved worldwide.
Introdución

A seguir presentamos unha serie de textos tomados da rede. Neles trátase de


cuestións diveras relativas á realidade do idioma galego e que están de actualidade. Os
textos serven para iniciar a reflexión do estudante a partir dos cuestionarios que se
atopan na seguda parte e que tentan motivar a reflexión escrita.

Por tanto, a metodoloxía de traballo é simple.

1. Léanse os textos

2. Léanse os cuestionarios

3. Procédease á súa resolución a través da escrita de breves ensaios para cada


pregunta. Sería bo documentarse con outros textos atopados na rede que
sosteñan o dito polo estudante.

4. Envíense os pequenos ensaios ao titor da materia. Sería desexábel que


escribisen os miniensaios en galego, mais se non se senten seguros, poden
facelo en castelán.

Un par dos textos están escritos en portugués. Porén, non consideramos que ao
estudante de galego lle supoñan unha dificultade especial. Con todo, se houber algo
que non entenden, contacten co profesor da materia:

xfrias@flog.uned.es
TEXTOS
O IGEA aposta polo bilingüismo "do que
se apropiaron certos sectores"
O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos achega un novo
enfoque para implicar aos castelanfalantes na promoción do galego a partir da
premisa de que é inviable unha sociedade monolingüe en galego.

“O bilingüismo non pode ser concibido como a suma de dous monolingüismos, que a metade
da poboación fale unha lingua e a outra metade outra, senón que toda a poboación coñeza e
use as dúas linguas aínda que estea instalada nunha delas”. Así explica o lingüísta Henrique
Monteagudo a aposta polo denominado “bilingüismo restitutivo” que fai o Instituto Galego de
Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA), presentada hoxe en Santiago a través dun
documento de “reflexión estratéxica” baixo o título “Por un proxecto de futuro para o idioma
galego”.

O documento elaborado polo IGEA comeza analizando as causas do desencontro encol do


idioma para logo propor un novo enfoque que potencie o galego a partir da “recuperación” do
termo “bilingüismo”, que segundo se salientou hoxe “foi apropiado polos que queren calquera
cousa menos a promoción do galego”. Así, o documento distingue entre o “bilingüismo
substitutivo ou desgaleguizador” e o “bilingüismo restitutivo ou regaleguizador”, indicando que o
primeiro foi apropiado por “determinados sectores sociais privilexiados” que “unicamente
aspiran a vivir en Galiza ignorando o galego”. Fronte a esta situación, “o sector galegofalante
da poboación xa é necesariamente bilingüe”.

O documento parte da premisa de que para a normalización do galego entre a sociedade é


“imprescindible a vontade individual dos cidadáns galegos”, o que se conseguiría a través
dunha “nova estratexia” baseada en dúas premisas. Por un lado, o IGEA di que “o conflito
lingüístico non é inherente a toda situación de bilingüismo social, senón que aparece cando se
produce a mobilización dun grupo ou sector discriminado que aspira á igualdade, e esta
mobilización desata unha reacción á contra por parte do grupo privilexiado”. Esta situación de
conflito, segundo o informe do IGEA, “non necesariamente desemboca na imposición dunha
lingua e a liquidación da outra, senón que pode irse resolvendo mediante sucesivos
acomodos”.

Por outro lado, o informe pide que non se idealice “unha inviable sociedade monolingüe” en
galego xa que ese “é un modelo inspirado no ideal do estado uninacional e a nación
monolingüe”, pero “este ideal non pode considerarse universal”. Fronte a ese ideal, o IGEA
indica que “no caso español, e particularmente no galego, a aplicabilidade dese modelo
revélase moi problemática, porque o Estado español é constitutivamente plurinacional e
plurilingüe, mentres que Galiza é unha nación sen estado e bilingüe”. Igualmente, o informe,
pese a recoñecer que o galego é “a lingua propia de Galiza”, tamén deixa claro que “a estas
alturas do século XXI resulta simplista considerar o castelán unha lingua estranxeira”. Así,
Monteagudo defendía hoxe que o discurso a favor do monolingüismo en galego só consegue
“asustar” aos monolingües en castelán e entorpecer o seu achegamento.

A partir destas dúas premisas, a do pacto social e a do abandono da idealización dunha


sociedade monolingüe, o IGEA fai unha “aposta pola diversidade” na que deixa claro que “a
idea de que o bilingüismo ou é insustentable ou é necesariamente desigual carece de
fundamento racional ou empírico”. “O tipo de bilingüismo que propugnamos deberá tender a un
tratamento equitativo (non un falsamente equilibrado) dos dous idiomas, o cal significa que
aplicará políticas de acción afirmativa (discriminación positiva) a favor do que se atopa en
situación máis desfavorable, o galego”, explica o informe, diferenciando así o denominado
“bilingüismo substitutivo”, o que se estaría aplicando de facto a través das políticas públicas e
que a longo prazo só prexudica ao galego, e o “bilingüismo restitutivo” que opta por ofrecer
motivos para que a sociedade castelanfalante elixa empregar tamén o galego.

Segundo salientaban hoxe tanto Antón Reixa, condutor do acto de presentación en sociedade
do documento, como Monteagudo, proposta do IGEA prodúcese precisamente “agora que a
lingua xa non está tanto nos titulares, porque esta reflexión non pode ser de conxuntura, para
debullar aspectos técnicos dun decreto”. Polo contrario, desde o IGEA “queremos a lingua siga
nos titulares pero non por decisións conxunturais” senón a partir desta “reflexión estratéxica”,
documento que xa conta co apoio expreso dunha vintena de destacados intelectuais, políticos e
empresarios galegos e que, nunha segunda redacción a xeito de manifesto, estará aberto ás
adhesións de toda a sociedade.

http://www.xornal.com/artigo/2010/11/25/politica/igea-aposta-recuperar-bilinguismo-do-
apropiaron-certos-sectores/2010112516361500243.html
CRÓNICA: Luces NOTAS A RODAPÉ

AXENDAS EN GALEGO, GALEGO NA


AXENDA
HENRIQUE MONTEAGUDO 14/01/2011

Este pasado Nadal ocorréuseme facer un agasallo típico: unha axenda para o novo ano. A
axenda tiña que cumprir dúas condicións: que fose bonita e estivese en galego. Percorrín canta
papelaría de Santiago e Vigo, e non houbo maneira. Só atopei un modelo en galego, xeitoso
para o profesional, pero pouco feituco para un galano. Por que non existe oferta de axendas en
galego? Saltará o ultraliberal: porque non hai mercado. Non é verdade. Polo ton de moitas
respostas ("non, en galego non temos") decateime de que en varias das tendas outra xente
fixera a mesma pregunta ca min.

O caso das axendas serve para ilustrar canto camiño temos aínda de percorrer ata chegarmos
a un mínimo limiar de normalidade do galego, incluso en terreos que non teñen que ser
especialmente conflitivos. Porque, como tamén mostra o exemplo, contra o que se afirma
adoito, para que o galego avance non é imperativo que o castelán recúe. Este falso argumento
resulta sumamente contraproducente para o noso idioma. No canto das dinámicas excluíntes
do tipo "unha lingua ou outra", temos que aplicarnos a exercitar as lóxicas inclusivas, entre
outras razóns porque estas serán beneficiosas para o galego, pois este resultou ser a vítima
preferente da exclusión social. Non cómpre dicir non ao castelán para dicir si ao galego,
sempre que sexamos conscientes de que o primeiro xa está (im)posto en moitos ámbitos da
nosa vida, mentres que o segundo precisa ser (re)posto neles, e precisamente por iso reclama
un esforzo e un apoio especiais, que para o primeiro serían demasía.

- Optar polo galego en liberdade. Vista así, a promoción do galego aparecerá como unha
aposta orientada a incrementar as opcións de escolla da cidadanía, por tanto, a súa liberdade
de elección. Sen igualdade real entre os dous idiomas, non existirá verdadeira liberdade. É moi
doado de entender: se un non dispón de axendas en galego no mercado, un non ten a
posibilidade de elixir o idioma da súa axenda. Os defensores dos privilexios do castelán non se
fan idea da severidade das restricións que padecemos as persoas falantes de linguas
minorizadas á hora de ler xornais ou libros, ver produtos audiovisuais, ser atendidos nos
comercios e servizos públicos... Dirase: é o noso problema, por empeñarnos en falar un idioma
minorizado. Replicaremos: pero a exclusión do galego non é resultado dunha opción libre da
cidadanía galega; pola contra, veunos imposta desde arriba.

Así e todo, en moitos eidos podemos avanzar sen necesidade nin de intervención do Goberno,
nin de confrontarnos con ninguén, simplemente botando man da nosa creatividade e
capacidade de emprendemento. Ás veces a intelixencia consiste en saber atopar en cada
momento as iniciativas máis oportunas, e non facer da promoción da lingua unha lideira
fatigosa e interminable. Propoño que cara ao 2012, lancemos unha campaña de axendas en
galego, e así teremos a posibilidade de facer un presente agasalleiro para os nosos amigos.

- O galego na axenda. Outra cousa que temos que conseguir este ano, aínda máis importante
ca a anterior, é colocar o galego en positivo na axenda pública. Pasar dunha posición
puramente reactiva, defensiva, de repregamento na trincheira, a unha actitude proactiva,
sabendo tomar a iniciativa, abrindo xogo para conseguir máis complicidades e ampliar o
consenso social ao seu favor. Isto vai requirir moita reflexión (tamén autocrítica) e moito
debate. Ese, e non outro, era e é o obxectivo do informe Por un proxecto de futuro para o
idioma galego. Unha reflexión estratéxica, que, apadriñado por unha nómina ben representativa
de plurais sensibilidades galeguistas, publicou a finais de novembro o Instituto Galego de
Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA), presidido por Anxo Quintana (o texto pode
consultarse na rede: www.igea.eu.com/).

Dado que ese informe cuestiona algúns lugares comúns firmemente asentados na mentalidade
dun sector do nacionalismo, suscitou reaccións contraditorias. Pero, a pesar dalgunhas
tentativas de acalalo ou deturpalo, o informe abriu un debate moi pertinente, as augas fóronse
serenando e non tardaremos en concluír, por ampla maioría, que precisabamos un revulsivo
salutífero para osixenarnos un pouco. Temos todas as de gañar repensando unha serie de
tópicos revellidos e reformulando, tanto no fondo coma na forma, posicións tradicionais que se
revelaron inservibles ou contraproducentes. Elemento central daquel informe era a
reivindicación do bilingüismo como un argumento eficaz para a defensa do galego,
precisamente apoiado en lóxicas integradoras e inclusivas, lonxe das dialécticas da
confrontación e da exclusión. Por ese camiño podemos aspirar a gañar o asenso social -no que
debe asentar un consenso político verdadeiramente sólido- a favor das políticas públicas de
normalización lingüística.

Sen dúbida, manter o galego na axenda durante o ano 2012 vai ser difícil, a non ser que
contribúan a facelo, en negativo, determinadas candidaturas municipais. A crise económica vai
acaparar o protagonismo. Pero tamén á hora de procurar unha resposta á crise a dereita
centralista que goberna Galicia vai constatar a dificultade engadida que supón o discurso
público de división e enfrontamento que ela mesma fomentou nos últimos anos arredor da
cuestión lingüística. Nunha conxuntura tan difícil coma a que estamos vivindo, cando resulta
imprescindible unir esforzos arredor de obxectivos partillados, enxergaremos o prexuízo que se
nos deriva da estratexia posta en andamento por aquela dereita antigaleguista para conquistar
e manter o poder a base de sementar a división, aventando querelas daniñas e atacando
referentes comúns, como é o idioma de noso. Non se decataron aínda que unha lingua é moito
máis ca un xeito diferente de falar?

- Relembrando os fundamentos. Agora máis ca nunca, será procedente relembrar a razón


última das nosas reivindicacións. Expresouna acaidamente Ramón Piñeiro: "A lingua galega é
bandeira da nosa solidariedade moral". O galego non nos interesa nin nos pode interesar só
polo galego mesmo. Interésanos porque a súa exclusión é inseparable da marxinación que o
noso país padeceu, con grave prexuízo para todos. Interésanos porque a súa perda significa e
significaría unha derrota colectiva, que minaría de forma definitiva a nosa conciencia de
comunidade. Interésanos porque a súa recuperación só se acadará se conseguimos facer dela
un proxecto e unha tarefa comúns, que atinxe a todos, pois a todos beneficiará, e por tanto a
todos debe comprometer solidariamente. Porque os éxitos que vaiamos conseguindo nese
camiño serán outros tantos esteos da nosa confianza e da nosa autoestima, tan necesitadas de
reforzo. Porque esa confianza, esa autoestima e esa conciencia de comunidade que afronta
unida retos compartidos son valiosísimos recursos para afrontarmos os difíciles tempos que se
aveciñan, para axuntarmos forzas e para pelexar e gañar o porvir. Porque non nos resignamos
a que se acale a nosa voz. Porque arelamos ter unha axenda de futuro, como cidadáns e como
país. E porque, si, estamos con vontade de que esa axenda de futuro se diga e se escriba
tamén no noso idioma.

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Axendas/galego/galego/na/axenda/elpepiautgal/2011011
4elpgal_21/Tes
29/11/2010

DE QUE NOS SALVARÁ O BILINGÜISMO?


No artigo desta semana teño ben presentes xa as reflexións que realizaba o pasado
sábado sobre o documento do IGEA. Porque Galiza non é "bilingüe", nin de nada nos
serviría dicilo. Porque en galego Galiza ten futuro.

De que nos salvará o bilingüismo?


Reflexións críticas sobre o documento do IGEA

O pasado mes de maio presentei en Barcelona o meu libro En castellano no hay


problema. No acto acompañáronme Sabela Labraña, profesora de Filoloxía Galega na
Universitat de Barcelona, sempre animosa e dinámica, e Joaquim Arenas, un dos
nomes chave no proceso de catalanización do sistema educativo, desde a súa
responsabilidade como Xefe do Servizo de Ensino da Generalitat entre 1983 e 2003.

Arenas é, pois, un dos que levou a cabo o maior éxito da lingua catalá desde a
restauración da democracia: a implantación dun modelo de escola catalá en idioma e
contidos, a chamada inmersión lingüística. Este modelo é referencial para a
recuperación dun idioma minorizado. O seu exemplo, coas súas potencialidades e as
súas dificultades, estúdase internacionalmente.
Na presentación do libro, Joaquim Arenas fíxonos rir, desde a súa ironía, e pensar,
desde os diferentes exemplos que nos puña sobre como revitalizar unha lingua e sobre
algúns problemas polos que pasou e pasa o idioma de Cataluña. Nun momento
retranqueiro, exclamou: “El bilingüisme és pecat!” Fronte ás defensas dun irreal e
narcotizador bilingüismo, manifestou que o futuro do catalán e do galego só podería
pasar por un “monolingüismo axial”: isto é, que a lingua propia das respectivas nacións
teña un papel central, sen que iso sexa óbice para que os seus cidadáns coñezan
cantos máis idiomas mellor. Coa exitosa experiencia que ten ás súas costas, Joaquim
Arenas sabe ben do que fala.

Un paso atrás no debate

Lembrei as súas atinadas palabras cando a semana pasada o Instituto Galego de


Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA) presentou ante os medios de comunicación
un relatorio sobre a situación da lingua galega e algunhas liñas xerais para o seu
futuro. O que máis trascendeu deste documento foi a realización dunha relectura
positivizadora do termo “bilingüismo”, que considera central para a posibilidade de que
o galego teña algún futuro.

O informe está asinado por Henrique Monteagudo coa colaboración de Antón Reixa.
Non hai dúbida de que se trata de dúas persoas cunha coñecida sensibilidade pola
lingua do país, mais penso que a mensaxe de fondo que lanzan é unha equivocación,
aínda máis no momento actual en que nos encontramos, onde son máis necesarias
que nunca as mensaxes unitivas.

Á parte de graves erros de diagnose, este documento supón un paso atrás, pois
retrotráenos a un debate bizantino e testemuñalista, sen propostas de acción, que
pasan a postergarse máis unha vez. No entanto, o principal dano que observo nese
texto é que crea confusión ao xogar coa terminoloxía do inimigo (porque o inimigo
existe, por certo).

De verdade se lle chamamos bilingüismo á diglosia a situación social mudará? Cando


se deixará de procurar novas “fórmulas axeitadas” e se comezarán a aplicar desde as
institucións, sobre todo quen puido ou pode? Alguén podería indicarme cal é a entidade
ou cales son as entidades que defenden que as galegas e os galegos só saibamos
galego? Non houbo nin hai políticas institucionais decididas a recuperar falantes e
incorporar o idioma a novos ámbitos porque hai xente que defende(mos) que o
discurso bilingüista é unha falacia do comezo ao final? Se o castelán é un idioma
“común” (sic) e case tan galego como o galego, por que deben desenvolverse políticas
para a restauración do galego? Existen en Galiza grupos galego falantes fronte a
grupos castelán falantes, como sinala este documento, que tamén indica que debe
producirse un “previo recoñecemento mutuo” de ambos?

Son moitas as preguntas que un se formula despois de ler este informe, que vai na liña
doutros documentos anteriores de Henrique Monteagudo, especialmente o titulado “A
ofensiva da dereita contra o galego”, que divulgou a Fundación 10 de Marzo. Á parte de
se manteren moitas das ideas centrais que agora difunde o IGEA, nesoutro texto había
unha maior proliferación de termos denigratorios cara ao papel do movemento
nacionalista na defensa do galego, p. ex.: “o nacionalismo veu padecendo unha
propensión sectaria a apropiarse do idioma e da cultura de xeito monopolizador e en
proveito propio, cunha perspectiva partidista”. Esta crítica, que é tamén punto de
partida, ten moito máis de prexuízo ideolóxico que de análise.

Non nos autoenganemos

No libro En castellano no hay problema, do que falaba ao comezo deste artigo, están
incluídos varios textos que amosan unha visión crítica deste tipo de discursos (por
exemplo nas páxinas 67-68, 224-228 e, especialmente, 237-242). Nun momento, falo
da “normalización sen normalización”, partindo dunha reflexión moi interesante de
Žižek, na que este pensador comenta a postergación eterna dalgúns intelectuais de
calquera acto transformador. Finalizo con algunhas das liñas alí incluídas, porque
parece que as escribise esta mesma semana:

En calquera caso, non nos autoenganemos. Non é por falta de documentos, de plans,
de escritos, de argumentario nin de corpus teórico forte e contrastado que a situación
da lingua é a que é. Con certeza que hai erros na pedagoxía á hora de o transmitirmos
sen que se manipule a mensaxe e, sobre todo, de o aplicarmos. Mais quen pense que
pasarmos a exclamar que Galiza é “bilingüe”, que a diglosia está desfasada e que o
autoodio non significa nada nos vai facer gañar espazo social, cae nunha inxenuidade
tremenda. Xogar coas regras do inimigo, cos seus conceptos pervertidos, promove o
confusionismo e leva á derrota segura.

Converter en elemento central da acción normalizadora a procura de ábrete-sésamos e


fórmulas máxicas sería un erro inmenso. Esta situación lémbrame a unha oportuna
reflexión do pensador Slavoj Žižek: “A maioría dos académicos están obsesionados
coa idea „A esquerda necesita novas respostas‟. Non é isto basicamente un „Queremos
unha revolución radical, mais ao mesmo tempo queremos conservar as nosas
prósperas vidas e seguir tranquilos?‟ Como precisamente xa o dixo algunha vez
Robespierre: Queremos unha revolución sen revolución”.
Defender o galego renegando de dar a batalla social real, e conflitiva, da súa
restauración e extensión social, non é querer unha normalización sen normalización?

http://www.carloscallon.com/2010/11/de-que-nos-salvara-o-bilinguismo.html
07/07/2011

CÚMPRESE EN GALIZA A CARTA


EUROPEA DAS LINGUAS?

Nesta fotografía aparecemos as persoas que compuxemos a delegación galega non


gobernamental que onte se reuniu co Comité de Expertos do Consello de Europa. No
tempo dispoñíbel para o encontro debullamos con moitos exemplos concretos unha
situación que se resume en dúas ideas:

a) Todo o que había de positivo no relatorio que o Consello de Europa realizou hai tres
anos xa desapareceu, xa non existe.

b) Os incumprimentos da Carta aumentaron exponencialmente desde que comezou o


goberno de Alberto Núñez Feijóo.

A Carta Europea é un tratado internacional que obriga a algunhas cousas como as


seguintes:

● Que o modelo educativo sexa en xeral en galego no ensino non universitario e,


como pouco, que exista un 50% de presenza desta lingua.
● Que haxa, como mínimo, un xornal, unha radio privada e unha televisión privada
que emitan só en galego.

● Que se reciban en Galiza as radios e televisións portuguesas.

● Que se garanta o uso normal do galego nas relacións económicas.

● Que se garanta o uso normal do galego nas relacións coas administracións.

● Que se garanta o uso normal do galego na Administración de Xustiza.

● E un longo etcétera.

Se vos pregunto se se cumpre a Carta, que diríades?

Pois a Xunta, sen rubor, decidiu enviar onte un comunicado aos medios co seguinte
titular: "A Xunta de Galicia cumpre a Carta Europea das Linguas Rexionais ou
Minoritarias".

http://www.carloscallon.com/2011/07/cumprese-en-galiza-carta-europea-das.html
06/07/2011

O CONSELLO DE EUROPA, AS MENTIRAS


DA XUNTA E OS NOSOS DEREITOS
Hoxe ás 15 h un grupo de entidades galegas de diferente natureza, entre as cales
tamén se encontrarán A Mesa -coma sempre, desde que se se comezaron a realizar
estas reunións, hai anos- e Queremos Galego, manteremos unha reunión co Comité de
Expertos do Consello de Europa encargado de facer seguimento do nivel de
cumprimento da Carta Europea das Linguas.

Calquera persoa que lea ese tratado internacional tal e como foi ratificado no ano 2001
verá que en todos os seus puntos cruciais está a ser incumprido en Galiza, con letal
insistencia desde que Alberto Núñez Feijóo preside a Xunta.

No ensino, na Administración, nos medios de comunicación, no ámbito


socioeconómico... só podemos falar de vulneración clarísima dos dereitos lingüísticos
que ás galegas e aos galegos nos son recoñecidos por tratados internacionais de
obrigada aplicación no Estado.

Sobre iso -sobre a realidade!- falaremos nós. Mentres, desde a Xunta farán todos os
esforzos posíbeis para evitar o anunciado correctivo. Cara a dentro de Galiza, a súa
enerxía concentrarase en soltar toda a propaganda posíbel e aínda máis.
Comprobámolo á perfección no comunicado enviado onte polo Goberno galego, no cal
sinala que o Consello de Europa só avaliará o período 2006-08. E é mentira!

Primeiro, é falso porque o período de avaliación do relatorio elaborado polo Estado é


2006-09. Non podía ser doutro xeito, pois cando o Goberno español entregou o seu
primeiro informe para este período de avaliación da Carta foi a finais de 2009. Debido a
que inicialmente só o enviou en español e non en inglés, non se puido facer oficial até o
verán de 2010.

E é falso tamén porque calquera persoa que lea os relatorios do Comité de Expertos
dos anteriores períodos verá que non cometen o erro burocrático de se cinxiren a unha
etapa que xa estivese ultrapasada. Poño un exemplo, para ser máis claro. No relatorio
de hai tres anos tamén tiveron en conta o decreto do 50% ou as Galescolas, a pesar de
que non chegaran a ser unha realidade antes do ano 2006. Observemos que, segundo
a propaganda da Xunta, o Consello de Europa tería que falar agora do período do
bipartito, xa que tería que tratar só os adiantos tímidos que se produciron na segunda
metade do goberno PSOE-BNG.

Se a Xunta de Núñez Feijóo quere recibir unha valoración positiva por parte do
Consello de Europa en relación cos nosos dereitos lingüísticos, non debería recorrer á
propaganda e ás mentiras. O que debería facer é garantir eses dereitos!

http://www.carloscallon.com/2011/07/o-consello-de-europa-as-mentiras-da.html
PALAVRÕES QUE NÃO DIZEM MUITO:
LÍNGUA E DOMÍNIO (OU DIASSISTEMA!)
6 06UTC Agosto 06UTC 2010 pivonauta

Se há algo complicado em certos casos é definir o que é uma lingua. E como isso é
algo que pode abrir uma discussão enorme, eu não vou entrar na questão.
Simplesmente vou centrar-me num caso: quando o conceito de língua cai grande ou,
ao invês, pequeno. Haveria que ver se “não é lingua tudo o que soa”.
Bem, como dizia, vou concentrar-me em dois casos que me vêm muito perto e que pelo
ponto de partida são semelhantes mas que no resultado final não o são. Trata-se do
caso do galego-português e do asturo-leonês.

Para a filologia, galego-português e asturo-leonês são diassistemas ou domínios. Isto


quer dizer que pode haver mais duma língua num domínio ou diassistema, que
convivem junto com dialetos de toda casta, mas onde todos têm um denominador
comum, uma série de traços comuns que lhes fazem manter a unidade, embora haja
diversidade dentro do conjunto.

Portanto, na România há mais dum diassistema. Além do galego-português e do


asturo-leonês, podemos considerar um diassistema o rético e o catalano-occitano, por
pormos alguns exemplos. Ora bem, tornando ao caso galego-português, vamos ir
atendendo a diversas considerações. Os galegos falam português? Não. Os
portugueses falam galego? Não. Então, falam a mesma língua? A resposta já não é tão
clara. Galego e portugués são o mesmo diassistema, mas a questão de serem a
mesma língua já é algo que ultrapassa a linguística e entra na sociologia e mesmo na
política, porque, isto é incrível, há quem cria línguas por decreto (como acontece com o
eonaviego nas Astúrias, feito “forma linguística” pelo governo regional).
A dias de hoje, o galego-português não é uma língua. Isto é, não está reconhecida
como tal. Mas isso não quer dizer que não o possa estar no futuro, de facto ouve-se
cada vez mais a reclamação de o galego-português ser de facto uma língua. Ninguén
nega a relação estreita que existe entre galego e português, nas origens uma só língua,
mas que por causas históricas perfeitamente conhecidas se foram separando. Isto dá
lugar a duas interpretaçoes: as daqueles que dizem que o galego e o português ainda
são uma língua e a daqueles que o negam.
Porém, se os galegos não falam português nen os portugueses falam galego, o que é
que falam? A resposta é galego-português. Pois bem, nesse caso, será preciso
oficializar uma lingua que se chame galego-português (ou como queiram chamá-la). A
realidade agora é que o portugués é uma língua estatal e internacional perfeitamente
fixada, enquanto o galego é uma lingua regional ameaçada. Não posso negar as
minhas simpatias por uma postagem do Carlos Callón sobre a pervivência do galego e
a sua relação com o portugués no seu blogue e também no Xornal de Galicia.

Vou recolher uma pérola do Carlos (e não o digo ironicamente) que vale a pena ter em
conta:
Cando a normativa do galego ofreza dúas solucións, usa para o estándar aquela
que se aproxime máis ao sistema lingüístico ao que pertence: o galego-portugués (
posíbel, Galiza, até…). A existencia do portugués como idioma normalizado foi e é
un fecundo recurso para que o galego non perda a súa personalidade pola
influencia omnímoda do español. Que a lusofobia tan presente no noso país (e que
non deixa de ser outra cara da galegofobia) non nos confunda: o portugués é unha
fonte limpa da que bebermos.

Mas não posso deixar de comentar que a postura oposta, a que nega que galego e
português e galego são linguas oficiais independentes (e que curiosamente é a postura
oficial), sim usa a unidade galego-portuguesa quando tem que justificar que o galego é
útil. Portanto sim falam de que é uma lingua que permite a comunicação com mais de
250 milhões de pessoas do mundo. E então? Então, nada, porque vem o silêncio
tingido de ambiguidade.
Nesta altura da vida, quando um é ciente de que as línguas non estatatais estão todas
condenadas a morrer antes ou depois, causa pena ver que a alma de tanta gente se
converta numa arma política, porque é o que, ao final, significa a língua.
E agora vejamos o outro domínio ou diassistema, o vizinho: o asturo-leonês. Neste
caso topamos duas línguas mais ou menos estandardizadas: o asturiano e o mirandês.
Até aquí de acordo. Mas a seguir, também a política joga um papel preponderante.
Para alguns, os mirandeses falam asturiano, isso -segundo eles- está fora de
discussão. Portanto, a discussão não existe -também segundo estes iluminados-: o
asturiano é uma língua que ocupa o dominio asturo-leonês. Isto, assim dito, é falso.
Porém, também não existe uma lingua asturo-leonesa. Isso não envolve que não vá
existir (como também pode acontecer com o galego-português), mas a dias de hoje,
existem duas línguas nesse diassistema e muitos dialetos (bom de facto, já quase
nenhum, porque o seu grau de conservação é mínimo, infelizmente e com tudo o que
isso significa para a diversidade cultural).
Curiosamente os mesmos que falam de que o asturiano é a língua de todo o dominio
asturo-leonês (entendem a necessidade de a língua ser grande), são os mesmos que
negam que o eonaviego, o galego asturiano, é galego. Muitos aceitan o de galego-
português (aceitam o que é uma realidade científica), mas negam a essência do
idioma, sempre por motivos políticos que tentam tingir de linguísticos. Para acabar com
a discussão, o parlamento asturiano estabeleceu que o galego asturiano é
uma variante linguística do Principado, distinta do asturiano (1998), mas não disse de
que língua era variante, embora de facto a convertesse numa língua independente. Já
se sabe que o que digam os deputados é palavra de deus. E não há dúvida de que
entre eles abundavam os catedráticos de linguística. Não quero deixar de recolher
umas minhas palavras no jornal Asturnews quando me perguntavam sobre a
“estandardização” do eonaviego, um assunto sobre o que já parei de falar há anos,
mas que daquela surgiu. Contudo, não digo nada que não tivesse dito antes:

Imaxe do xornal en liña Asturnews

A respecto do eonaviego, ben, pois se a estandardización do asturiano é deficiente,


a do eonaviego é incualificable, mais non é esa a cuestión, a cuestión é que co
eonaviego se xoga na fase máis baixa do “divide e vencerás”. A cuarta lingua
internacional, que conta con máis de 250 millóns de falantes, o galego-portugués,
independízase en España e xorde o gallgo. Despois, o galego en Asturias
independízase e xorde o “galego asturiano”(sic). Mais en chegando a este extremo,
alguén xa estará a pensar en dividir a fala de Ibias en dúas e… É o resultado de usar
a política para xestionar linguas. Outro exemplo graciosu –aínda que tráxico- é
aquel de dicir que o eonaviego se chama “fala”. Imaxinade este diálogo en castelán:
«¿Cómo se llama el habla de aquí?”, “Sus habitantes le llaman “el habla”. “Ah,
interesante, un habla que se llama “el habla”». Máis científico non pode ser, como
se ve.

E enquanto estas lutas estúpidas continuam, o galego, o asturiano e o mirandês


morrem sem remédio. Morrem lentamente, morrem de silêncio (porque precisamente, o
que mata uma língua é o silêncio dos seus últimos falantes). Galego, asturiano e
mirandês, línguas que foram alma e essência de povos, vão caminho do esqueço.
Todas três, e outras mais, são línguas que amo (dixera eu naquela entrevista que
«para min é fácil namorarse das linguas»), mas não sei por que destas
línguas pequenas como amiúde digo, ainda mais. A extinção dos idiomas é um
desastre, como o é a extinção dos animais e das plantas; porém, o que realmente torna
mais triste este final é que alguns ainda queiran luxar estes momentos com ideias da
caverna, que não são mesmo dignas dos primeiros cromanhões.

Para concluir, farei minhas as palavras de Fernando Pessoa, obviando o nome da


língua portuguesa, quando dizia: «A minha pátria, é a língua [...]». Nesse sentido, eu
sou afortunado demais porque sou polipátrida (perdão pelo palavra) e além disso levo
todas as pátrias em mim, em qualquer recanto da Europa.
NORMAS, SUBNORMAS E SUB-
SUBNORMAS
9 09UTC Outubro 09UTC 2010pivonauta

A Lei de Uso e Promoção do Asturiano de 1998 estabelece que o falar da região Eo-
Návia nas Astúrias é uma variante. Não diz se é uma variante do galego-português, do
asturiano, do tupi-guarani ou do etrusco. Não o diz. Porém, o objetivo daquela lei era e
é separar o galego daquela região do resto do galego, para o qual lhe dotava dum
státus de “algo” diferente, independente do que se fala na outra beira do rio Eu.

Aqueles que gritam que os eonaviegos não falam galego caraterizam-se


nomeadamente por dois critérios: os que poderiam gritar com a mesma alegria que em
Jamaica não se fala inglês (é dizer, não fazem ideia do que dizem) ou têm
considerações políticas. Não merece mais comentário.
Portanto, se o eonaviego é uma “variante” galego-portuguesa -e isto parece que é
geralmente aceite-, isto significa que o eonaviego pertence a uma comunidade
superior. O eonaviego foi castigado com uma sub-subnorma pela Academia Asturiana
que o faz parecer aquele primo pobre que recebe as roupas da terceira mão quando já
os buratos são irreparáveis, mas não há imaginação para vestir bem a criatura. Quero
dizer com isto que a norma com que foi dotado o eonaviego para a sua escrita parece
feita numa noite de esmorgasob os efeitos da vodca com coca-cola.

Embora esta sub-subnorma seja fraca, a do galego padrão, reconheçamo-lo, é um


bocadinho mais decente. Mas a intenção é a mesma: criar uma subnorma dentro do
galego-português. E aqui é onde também encontramos um grupo de pessoas
pragmáticas que aceitaram essa norma para não criar uma guerra ortográfica que dane
a língua, embora nunca perdessem a ideia de o galego-português ser uma só língua.
Boa gente, ao meu humilde entender. O facto de não ocupar uma cadeira com cargo
ajuda a manter essas ideias.
Damos agora um passo avante. O galego-português fora da Espanha tem uma norma
internacional, conhecida como língua portuguesa. Bom, ninguém vai discutir a
existência deste idioma, acho eu.

Gostaria de fazer uma revisão rápida do caminho seguido: existe uma língua
internacional, o português, que admite a denominação histórica de galego-português.
Essa língua internacional tem uma subnorma para uma das suas ramas, o galego, que
se escreve à espanhola, embora continue a ser parte desse tronco comum. Existem
aliás pequenas raminhas fora da Galiza onde se fala também galego-português e que,
nalgum caso, têm sub-subnormas para a sua escrita. Porém, o conceito de galego-
português é fora de discussão, com a aceitação de que tem uma norma internacional.
Pois bem, e aqui vem a questão: se eu quiser escrever um texto na variante galego-
portuguesa das Astúrias, poderia usar roupagens de mendigo ou de príncipe para a
escrever, poderia escrevê-la como um quási-analfabeto ou como um artista da palavra.
Se eu quiser escrever essa variante galego-portuguesa das Astúrias, poderia querer
usar a sua norma internacional e, portanto, escreveria como estou a escrever agora.

Mas se tal cousa acontecer, em muitos meios asturianos bem me diriam que não é
possível porque a lei estabelece uma norma para a variante (errónea afirmação),
porém o que tocaria ler entre-linhas é: não o se fará porque não temos qualquer
vontade de o fazer.
‘En mi casa se habla…’ (ou a lingua
galega como coartada e ben
público privatizado)

4 OUT

DESLEIGADO-A adx. Dise da persoa que non garda ningún sentimento afectivo pola
súa terra, familia, xente, etc; desarraigado, descastado, desenraizado
(Gran Diccionario Xerais da Lingua).

A coartada utilízaa decote aquela xente, fato de desleigados/as, que despreza a lingua
galega ou que non acha nese idioma un vehículo digno de comunicación. E sempre se
formula da mesma maneira absurda: “Yo no hablo gallego, pero en mi casa se
habla/habló siempre/de toda la vida…”. Tan absurdo como se un político afirmara: “Eu
non son honrado, pero a nai que me pareu si…”. Quen así se expresa deixa inferir nas
súas palabras, ao meu ver, algún dos seguintes subtextos:

a) O galego é endémico na miña familia. Son portador pero, grazas a Deus, herdeino
a través do alelo recesivo. Convivo con ese xen sen máis problemas, pois non se
manifesta. Porén, teño varios parentes nos que o galego é dominante e por iso
facemos o imposíbel para que non llelo transmitan aos seus fillos. Hemos estado
trabajando en ello…todos estes anos.

b) Son político, ostento un cargo público, son responsábel da área de normalización


lingüística dunha Deputación… e non falo galego. Problema?Ningunito. Por que?
Porque “en mi casa se habló gallego de toda la vida…”. Que significa isto? Pois que xa
os meus devanceiros se sacrificaron, xa falaron/falan galego por min. O galego é unha
peaxe de por vida, algo incómodo, un lastre, algo que non che permite avanzar na
sociedade… Abonda con que esa cruz a levaran os meus pais e os meus avós. Eles
eran pobres e atrasados, eu xa non. Eu son requetelista/o e por iso falo castelán e
chupo cartos desta institución que me encargou promover o galego. Para lista eu!

c) Desprezo o galego porque son un desleigado/a. O galego é ademais unha


negación ontolóxica da españolidade deste país e eu son español/a. Pero ostento
un cargo público e isto non o podo dicir en alto ou non desta maneira tan abrupta. A
mellor maneira de desprezar o galego, en sendo cargo público, é non falalo
nunca ou facelo de xeito litúrxico e avesamente incorrecto. Desprezo tamén os
falantes de galego, porque teiman en falalo sempre e negar a miña españolidade, o
meu estatus superior. Lo hacen seguido, son un incordio. Por iso os odio: odio o
galego e os falantes de galego. Pero isto tampouco non o podo dicir. Así que, en
declarando que a miña familia o fala, ninguén pensará que son tan mala besta como
para desprezar a meus pais ou os meus tíos da aldea, que si son galegofalantes. Aínda
que coas miñas palabras e a miña actitude xa estea a desprezalos de facto… pero esa
é outra historia.

d) A liberdade… O galego é unha cuestión de liberdade. Libertad sí, libertinaje no. “En
mi casa lo hablan (ellos sabrán por qué…) pero a mí no me dio calado nunca…”.
Cadaquén decide. Fóra imposicións. Vive la liberté! É unha opción, o galego é unha
opción. Tamén o suicidio. Optar entre a vida e a morte. A que tanto novelo e tanta
historia..?
e) Padezo a Síndrome de L’Oreal: moi extendida entre políticos conservadores
galegos (PP/PSdeG) de medio pelo (nunca mellor dito) ou melena longa, tinxida, con
mechas… Non me sae da cona/carallo falar galego… “porque yo lo valgo”. It‟s all I have
to say about that.

f) relacionado con d): estou afectado/a pola Síndrome do amigo gay: medularmente
falando son homófobo, odio os maricóns anque por correción política teña que
chamalos homosexuais, unha expresión que tampouco non me disgusta, porque
circunscribe a este xente ao ámbito médico/científico, de onde nunca debeu saír. Total,
odio os gays pero…. tacháaaaan… “tengo un montón de amigos gays..!”. Paradoxal,
non si? Ter unha morea de amigos gays (aos que secretamente desprezo) é o que
me autoriza a opoñerme ao seu matrimonio, recortar os seus dereitos civís e
proclamar a súa inferioridade como cidadáns. Ter unha familia galegofalante é o
mesmo: dáche carta branca para desatar as túas condutas máis fóbicas pero
salvargadando, ao tempo, a túa honra. O presidente da Xunta é un caso sobranceiro
da Síndrome do amigo gay: “No tengo nada en contra de mis amigos
homosexuales.”, dixo certo día.

No fondo deste argumentario que latexa no desleigado subconsciente dos nosos


políticos e cargos públicos, alenta unha idea que é o síntoma máis definitivo deste
tempo popular que nos tocou viver. A privatización presídeo todo. O
desmantelamento do público: a sanidade, a educación, a cultura… Todo o que
considerabamos sagrado até o de hoxe, porque era público e como público era
de todos/as e a todos nos atinxía, agora é privado ou camiña cara á privatización.
Tamén o galego. O galego é un ben público, un ben común, que a Xunta de Feijóo
teima en privatizar. Pola vía da redución e o acoso administrativo, en primeira
instancia, e pola vía da domesticación: o galego é un asunto doméstico, íntimo, o
galego volve ás casas, ao carón da lareira, ao lugar, así o cren, do que nunca debeu
saír. Domesticar, domear, doma e castración… “En mi casa se habla… pero solo
en mi casa”. E quixeran que o galego non saíse nunca de aí, da casa, do mesmo lugar
no que fican as miserias ou onde se lavan os trapos sucios, dentro do armario, debaixo
da alfombra… Para iso traballa esta xente e, incribelmente, por iso cobra.
CUESTIONARIOS
Unha vez lidos os textos anteriores, podemos atopar varios temas abertos á discusión.
Pedímoslle, como xa quedou indicado no inicio, que escriba tres microensaios (en
galego ou castelán) sobre estes tres temas, cunha extensión de entre 4 e 5 páxinas,
que despois haberá enviar ao seu titor.

1. Cuestións de bilingüismo. Como se ve, a visión do bilingüismo en Galiza varía


segundo quen a formular, embora hai unha visión que é xeralmente rexeitada

2. Lexislación. As leis e o galego. Está o goberno galego a respectar a lexislación


vixente? Coida que o galego poderá sobrevivir? Coida que o galego se está realmente
a perder? Todo iso é aplicable ao galego de Asturias?

3. Recoñecemento das linguas. As relacións entre o galego e o portugués son unha


constante discussion desde hai décadas. Hai quen afirma que son unha lingua, que son
dúas totalmente independentes, e tamén posicións intermedias. O que opina sobre a
cuestión? Cal coida vostede que son ou deberían ser as relacións entre galego e
portugués? Cal é o estatus do galego de Asturias ou eonaviego?

You might also like