You are on page 1of 1

Analiza esta viñeta, de xeito que inclúa na explicación o significado técnico dos

conceptos “prexuízo”, “estereotipo”, “lingua dominante” e “lingua minorizada”.


(Extensión aprox. 250 palabras)

O castelán é a lingua dominante na nosa comunidade xa que goza dun maior


prestixio por parte da sociedade e das institución políticas, facendo así que o galego
quede nun segundo lugar, como unha lingua minorizada sen ningún prestixio.

Isto débese a que no período dos séculos escuros e a posterior etapa do franquismo,
o galego fose prohibido para calquera ámbito formal e se empregase o castelán xa
que era a lingua culta. Isto levou a que moitos pais cambiasen a súa lingua e criasen
aos seus fillos no castelán perdendo a lingua nai. Simplemente fixérono polos
estereotipos lingüísticos que a sociedade tiña sobre a nosa lingua: que non era de
xente culta, que era de xente da aldea, que non servía para nada, etc. Isto reflíctese a
dia de hoxe onde a maior parte dos adolescentes galegos falan en castelán porque
foron criados nesa lingua, provocando que cando un grupo deles fala o galego se
produza esa reacción de abraio como se reflexa na viñeta. Isto débese aos prexuízos
que se fan sobre o galego e as persoas que o falan que son xulgadas sen ser
coñecidas, pero as opcións a hora de escoller unha lingua non son iguais para os
castelanfalante como para os galegofalantes xa que o uso dunha lingua non é só
falala, se non poder realizar actividades lúdicas nese idioma. Isto non sucede co
galego, os galegofalantes non teñen as mesmas oportunidades a hora de realizar este
tipo de actividades, como ir ao cine a ver unha película actual en galego. Ocorre esta
situación por que as dúas linguas non están na mesma situación na sociedade, non
teñen os mesmos dereitos, neste caso os prexuízos lingüísticos supoñen unha
discriminación as persoas que falan o galego en todos os ámbitos.

You might also like