You are on page 1of 2

HISTORIA DA NORMATIVIZACIÓN: CONSTRUCIÓN DA VARIEDADE

ESTÁNDAR. INTERFERENCIAS E DESVIACIÓNS DA NORMA.



Segundo Benigno Fernández e Henrique Monteagudo, dous profesores da Universidade de Santiago, existen
varias fases no proceso de normativización:

Þ Galego popularizante (ata fins do s.XIX): ten como fonte o galego oral e un cariz popularizante. Está
cheo de castelanismos, vulgarismos, dialectalismos…

Þ Galego enxebrizante (ata 1936): caracterizado pola tendencia diferencialista con relación ao castelán. Os
escritores comezan a sentir a necesidade de crear un modelo de lingua escrita; ata entón non existían as
gramáticas, unha normativa nin dicionarios para resolver dúbidas. As características da lingua son:
• Busca dun galego supradialectal. • Expurgación de castelanismos.
• Portugués como modelo. • Uso de arcaísmos, lusismos e
hipergaleguismos.

Þ Galego protoestándar (ata fins dos 70): caracterizado pola simplificación ortográfica (eliminación de
apóstrofos, guións, acentos graves…) e polo predominio da tendencia purista (preservación da lingua do
influxo foráneo). Medra a preocupación pola creación dun estándar lingüístico.

Þ Galego estándar (ata hoxe): caracterizado pola procura dun galego supradialectal, fiel á lingua oral,
coherente coa historia da lingua e harmónico coas linguas do seu contorno. As liñas predominantes destes
últimos anos son:
• Simplificación da escrita. • Esixencia de pureza e corrección.
• Eliminación de dialectalismos. • Adaptación do galego á vida urbana.

A escolla dun galego normativo enfrontou a sectores repartidos entre os partidarios de dúas liñas:

A. Liña baseada no pragmatismo que toma como modelo a ortografía do castelán, na que os galegos
estaban alfabetizados. Esta é a que a finais do s.XX se consolida como oficial.
B. Reintegracionismo ou lusismo: está baseada en criterios históricos e culturais, toma como modelo
ortográfico o galego e propugna pola volta ao galego-portugués. Foi unha alternativa normativizadora nos
80 e nos 90.

Cun ánimo de consenso apareceron outras tentativas como a normativa de mínimos (Asociación Socio-
Pedagóxica Galega).
A polémica normativa é indicio de falta de normalidade pola inexistencia dunha autoridade lingüística. Froito
do acordo entre a RAG e o Instituto da Lingua Galega apróbanse as Normas Ortográficas e Morfolóxicas
do Idioma Galego (revisadas e reformadas) nas que se determina o idioma estándar galego e establécese a
normativa actualmente vixente.

As interferencias son o influxo dunha lingua sobre outra, frecuente en situacións de contacto lingüístico e que
afectan maioritariamente á lingua máis débil.. Algúns exemplos:

• No plano fónico: eliminando a oposición entre semiabertas e semipechadas.


• No plano morfolóxico: cambio de xénero de determinados substantivos, confusión dos pronomes
TE/CHE, uso de tempos verbais compostos.
• No plano sintáctico: incorrecta colocación dos pronomes átonos.
• No plano léxico: prevalencia da palabra coincidente co castelán, substitución da forma galega pola
castelá …

As desviacións son voces que non se axustan á normativa, como por exemplo: vulgarismos, arcaísmos,
lusismos, hipergaleguismos, castelanismos…

You might also like