You are on page 1of 3

Literatura: FINAIS DO SÉCULO XX E COMEZOS DO XXI

A POESÍ A
A partir de 1975 coa marte de Franco iníciase unha nova etapa sociopolítica. Este cambio en poesía producirase coa publicación
de Con pólvora e magnolias (1976) de Ferrín e tamén influirá Herba de aquí e acolá de Álvaro Cunqueiro. Ao mesmo tempo
realizase unha reivindicación da lírica medieval e da poesía de Manuel Antonio que van influír decisivamente en parte da nova
produción poética.

Poetas dos oitenta


– Grupos poéticos: os poetas máis novos empezan a reunirse en colectivos por necesidades de lata democrática ou polo afán
de darse a coñecer. Destaca o "Grupo de Comunicación Poética Rompente", que reivindica a Manuel Antonio e ao que pertence
Reixa; e "Cravo Fondo".
- Concursos, premios literarios e revistas: Concurso Nacional de Poesía de o Facho ou o Martín Codax; a revistas como Grial
ou Dorna.
- Características:
* Culturalismo: incluían nos poemas todo tipo de referencias culturas evidenciando así a súa interdisciplinariedade. Esta
actitude provoca certo distanciamento do poeta en relación á sociedade.
* Gusto pola experimentación: tomando influencias da cultura urbana de tipo marxinal.
* Esteticismo: estes poetas danlle moita importancia á forma do poema, preocupándose pola lingua, procurando crear
unha linguaxe poética nova, imaxinativa e esixente; e tamén pola propia construción do poema: coidan a estrutura do
poema, empregan metros clásicos, pero tamén verso libre ou experimentos como poemas en prosa.
* Temas: además de temas da tradición como o amor, o paso do tempo, a morte ou as reivindicacións socias, tamén
novos temas como o erotismo, a reivindicación feminista, a reflexión metapoética, a nostalxia, os espazos urbanos...
Autores: X. M. Álvarez Cáccamo, Claudio Rodríguez Fer, Manuel Rivas, Pilar Pallarés, Darío X. Cabana, Miguel Anxo Fernán Vello,
Lois Pereiro. . .

Poetas dos noventa


Na década dos 90 coa chegada de novos autores á poesía o ritmo de produción poética revitalízase. Hai varios factores que
axudan nesta nova situación:
- Créanse noros premios literarios para descubrir novos autores: Espiral Maior ou Martin Codax.
- Xorde unha editorial exclusiva á edición de poesía: Espiral Maior (1992).
- Proliferan os recitais e festas poéticas.
- Aparecen novos grupos poéticos: Batallón Literario da Costa da Morte, que dinamizan o espazo cultural.
- O panórama literario é das mulleres, experimentan cunha nova linguaxe erótica e social e gañan parte dos premios.
- Posúen unha formación académica en lingua galega.
Esta poesía pola pluralidade de temas e estilos e un maior achegamento ao público lector.
- Temas: seguen os dos 80 pero desde novas perspectivas. Recupérase a poesía social que agora se achega ao ecoloxismo,
antimilitarismo, denuncia do consumo, antiglobalización, o futuro do idioma. . . Consolídase todo o relacionado co mundo
urbano e a sociedades de consumo.
- Forma:
* Achéganse ao cotián cunha tendencia á narratividade no discurso e o emprego dun ton coloquial.
* Linguaxe máis directa. Emprego de campos léxicos modernos e vocabularios específicos.
* Menor preocupación formal, con poemas más curtos e menos escuro, feitos co desexo de achegarse ao lector.
Autores: Ana Romari, Miro Villar, Marta Dacosta, Yolanda Castaño, Rafa Villar, Enma Couceiro, Olga Novo , Estero Creus, Fran
Alonso. . .

Poetas e tendencias actuais


Son poetas nacidos entre os anos 80 ou 90 que comenzaron a publicar a partir do 2000. Teñen estudos universitarios,
sofren precariedade laboral, están moi familiarizados coas novas tecnologías e teñen monta presenza en internet. Entre as
tendencias que se poden observar están:
- Discurso intimista baseado na existencia e na memoria.
- Creación de mundos de ficción, afastados da autobiografía e de elementos referenciais.
- A busca da identidade, algún textos deliberadamente contracanónicos.
- Textos de contido político, desde diversas ópticas.
Tratan os temas universais como o amor, o paso do tempo, a morte ou os conflictos do presente. Rexeitan o barroquismo e
desconfían da propia linguaxe, polo que crean mundos ficticios. Buscan a naturalidade, a expresión núa, o discurso
magmático, o gusto conceptual ou a hibridación con outras formas de expresión.

A PRO SA
Caracterízase polos seguintes trazos:
- Pluralidade de estilos e temáticos, aparición de noros subxéneros e incorporación aos modelos narrativos universas.
- Creación de novas editoras e importantes premios.
- Aumento do número de lectores, en parte pola escolarización en galego.
- Tradución de moitas obras narrativas a outras linguas.

A narrativa nos 80
A partir de 1975 consolidarse autores da Nova Narrativa Galega (Carlos Casares, Méndez Ferrín), pero además van cobrando
peso outros novos como Xabier Alcalá, Víctor Fernández Fe, Xanes ou Alfredo Conde.
- Narrativa de xénero: os autores danse conta de que a literatura galega non posúe mostras de determinados
subxéneros e nacen así a narrativa de xénero negro, a de xénero erótico, a de ficción científica; o western ou a narrativa
de aventuras.
- Comezou a desenvolverse outra literatura "máis autóctona", dedicada por unha parte á revisión da tradición galega e á
construción de alternativas simbólicas. Os autores máis importantes son:
* Darío Xohán Cabana: traballa sobre referentes mítico-líricos do imaxinario nacional, recreando unha etapa fabulosa
e cabaleiresca. Escribiu Galván en Saor (1989).
* Manuel Rivas: nas primeiras primeras obras aborda o conflito do mundo rural co urbano e a adaptación do primero
á modernidades como en Un millón de vacas. Con ¿Que me queres, amor? obtén o Premio Nacional de Literatura e o
seu recoñecemento outorgoulle unha popularidade e un éxito de vendas. Outra parte da súa narrativa caracterízase
por tratar de retratar a historia do país, tanto coa Guerra Civil e a posguerra (0 lapis do carpinteiro, Os libros arden
mal) como outra máis proxima no tempo, Todo é silencio (2010), que aborda o narcotráfico.
* Tamén cabrería destacar Miguel Anxo Murado (Ruido, Relatos de guerra), Xosé Miranda (Morning Star) ou Marilar
Aleixandre (Teoría do caos).

A narrativa nos 90
A partir de 1985 introdúcese unha evidente vontade rupturista. Exemplo disto son obras como Cañón desastre de Suso Toro
ou Historia de rock'n roll de Antón Reixa, produción ben acolliadas polo público e que supoñen a aceptación do rupturismo.
- A narrativa urbana e experimental: móvense nestas coordenadas unha serie de autores caracterizados pola
experimentación formal, o rexeitamento do realismo, a aposta polo urbano como espazo imaxinario, o interese polas
artes audiovisuais e pola underground, a negativa a crear mundos coherentes e un afán de ruptura estética.
* Suso de Toro: móvese entre o realismo e a novela experimental. Caracterízase pola tendencia ao cotián, unha
temática plenamente urbana e a tendencia ao fragmentarismo. A súa linguaxe é simple e directa, cun excelente
dominio do rexistro coloquial. Dentro da súa produción resaltan Polaroid (1986), Land Rover (1988) ou Home sen
nome (2006), destaca Polaroid (1986), pero a que más destacou foi Tic-Tac (1993), que se poden considerar como a
máxima representante da nosa posmodernidade literaria. Esta obra está caracterizada pola desintegración discursiva,
a polifonía e fragmentación da identidade dos personaxes e o uso dunha linguaxe desmitificadora.
* Tamén se poden inserir autores como Xelis de Toro (Non hai misericordia) on Xurxo Borrazás (Criminal ou Eu é).
- A narrativa bravú: mesturando a temática urbana e ruralista, certos narradores retratan o choque cultural que se
produce en Galiza cando a sociedade tradicional adopta as modas da sociedade de consumo. Trátase dunha narrativa
irónica que expresa as contracións e as diferenzas culturais da Galiza actual. Os seus representantes son Xurso Souto,
Santiago Jaureguizar (Fridom spik) e mesmo Manuel Rivas.

Outras tendencias más recentres


Continúanse liñas temáticas que xa foran cultivadas anteriormente: novela sentimental (Xosé Carlos Caneiro con Un xogo
de apócrifos), novela histórica (Antón Riveiro Coello con As rulas de Bakunin ou Xabier Quiroga con Izan o da saca), novela
policial (Diego Amexeiras con Dime algo sucio). Tamén hai autores que introducen innovacións, como o tema do conflito
idiomático que abordou Sécha Sende en Made in Galiza. Consolídanse a importante narrativa de mulleres (protagonismo
femenino, afán de autoafirmación, cuestionamento dos valores patriarcais e abordaxe das relación entre mulleres),.
Destacan nomes como Rosa Anearos, Inma López Silva, María Reimóndez on Teresa Moure. Estas promocións déronlle a
literatura galega a posibilidade de crear unha narrativa de actualidade e de calidade, expoñendo a súa vontade de renovación,
de cosmopolitismo e de situarse nun espazo aberto. Tamén destaca a literatura infantil e xuvenil con autores como Agustín
Fernández Paz (As flores radioactivas, O centro do labirinto, Cartas de inverno ou Aire Negro), Fina Casalderrey (Asústate,
Merche, ¿Sobrevives?, Dúas bagoas por Máquina), Marilar Aleixandre (A expedición ao Pacífico ou A banda sen futuro) ou
Xabier P. Docampo (O misterio das badaladas, Cando petan na porta pola noite).

O TE ATRO
Na década dos 70 o teatro galego vive a súa época de maior vitalidade coa celebración das Mostras de Teatro Independente de
Ribadavia e o Certame Abrende de textos literarios. Destacan Euloxio R. Ruibal, Manuel Laurenzo e Roberto Vidal Bolaño.

Anos oitenta
Co inicio dos 80 o teatro deixa de ser un espello da realidade. Os autores presentan un menor vínculo coa profesión teatral,
preocúpanse menos pola posta en escena e reclaman a liberdade de escribir como queren. Trátase dun teatro culturalista, de
forte carga simbólica e que emprega con frecuencia a ironía e a parodia; tamén salienta a presenza do absurdo e o alto nivel
de abstracción que bota man da anonimia dos personaxes. Destacan Xesús Pisóon, Fernán-Vello, Cid Cabido on Inma Souto.

Anos noventa
Continúase nesta época coa profesionalización do teatro:
- A relación co feito teatral é máis estreita, temos exemplos como Cándido Pazó que é autor, director, actor e tradutor.
- Conslídanse as compañías estables que conforman un panorama bastante plural: Teatro do Atlántico (teatro de autor,
de conflito psicolóxico), Teatro de Noroeste (cómico), Ollomoltranvía, Chévere, Talía Teatro ou Sarabela Teatro.
- Desenvólvese a institucionalización do teatro: en 1984 créase o Centro Dramático Galego co obxectivo de recuperar o
patrimonio teatral galego e tamén as aulas de teatro das universidades.
As características máis destacadas son:
- Menos simbólico, ten predilección polo ludismo e acode con frecuencia á intertextualidade.
- Cóidase a estructura das pezas.
- Cultívanse de novo a comedia e mais o teatro histórico.
Destacan Roberto Salgueiro, Cándido Pazó, Quico Cadaval ou Raúl Dans.

Primera década de XXI


0 teatro galego experimentou unha modernización e un éxito sen precedentes.
- En 2005 crease en Vigo a Escola Superior de Arte Dramática, que vai supoñer a posibilidade dunha formación regrada.
- En 2006 Rubén Ruibal recibe o Premio Nacional de Literatura Dramática pola súa obra Limpeza de sangue.
- En 2014 a compañía Chévere recibiu o Premio Nacional de Teatro pola súa traxectoria transgresora.
- Aumentan as publicacións de textos teatrais.
- Cobra forza o teatro infantil.
- Consolidáronse os Premios de Teatro María Casares da Asociación de Actores e Actrices.
- Participación de actores e actrices en proxectos audiovisuais de éxito.
- Créanse musicais de produción propia, como Galicia Caníbal.
- Aparición de novas compañías como A Panadaría ou Producións Teatrais Excéntricas.
A crise económica xeral destes últimos anos cortou esta evolución e a situación actual de sector é moi delicada.

You might also like