You are on page 1of 7

A LITERATURA GALEGA ACTUAL

O período que abarca as dúas últimas décadas do século XX e o que levamos do


século XXI, é para Galiza o máis estable de toda a súa historia dentro dun marco
formalmente democrático.
O Estatuto de Autonomía (1981), a Lei de Normalización Lingüística (1983)e a
incorporación da lingua e literatura galegas aos currículos oficiais de ensino
elemental e medio (1983) contribúen a crear unha nova situación favorable ao idioma
galego e á súa cultura. Todo este contexto abre unha demanda potencial de lectores
novos con espectativas radicalmente distintas ao lector dos anos 70 (universitario e
ideoloxizado), o que explica a aparición dunha boa literatura infantil e xuvenil e
consecuentemente o nacemento de novas editoriais (Xerais, Sotelo Blanco, Ir Indo,
A Nosa Terra, Do Cumio, Baía, Edicións Positivas, Nigra, Laiovento, Toxosoutos,
Kalandraka…)

A POESÍA GALEGA ACTUAL

A poesía galega inicia unha nova etapa a partir da publicación de Con pólvora e
magnolias (1976) de Méndez Ferrín, onde se rompe co socialrealismo, sobre todo
polo que respecta ao aspecto formal do poema. No plano do contido, o socialrealismo
segue presente só nalgunhas composicións; na maioría tócanse temas da poesía
universal, como por exemplo é o imparable paso do tempo que nos conduce
inexorablemente á morte, comparable, no caso do poemario arriba nomeado, á auga
dun río que flúe continuamente.

Outro poemario do que se fai eco, en grande medida, a poesía actual é Herba aquí e
acolá (1980) de Álvaro Cunqueiro, obra cunha arela culturalista que proxecta nunha
gran parte da poesía publicada desde 1980 (ver páx. 197 do libro de texto).

Tampouco podemos esquecer a publicación de Claudio Rodríguez Fer sobre a obra en


galego de Xosé Ánxel Valente, baixo o título de Material Valente, poesía esta que é
un paradigma de economía expresiva e de busca do coñecemento pola vía do discurso
poético.

Os poetas vólvense tamén cara ao vangardismo de Manuel Antonio, con imaxes


poéticas creadas de novo (lembrade “o poeta é un pequeno deus”).

Enfín, a poesía galega incorpórase plenamente ás correntes universais actuais,


caracterizada pola multiplicidade de temas e de formas (hai un exquisito coidado
estético da expresión).

Á Xeración das Festas Minervais pertencen maioritariamente os primeiros poetas da


actualidade (Manuel María, Uxío Novoneyra, Méndez Ferrín…) e cabe destacar
tamén numerosas revistas poéticas e de pensamento como Nordés, Coordenadas,
Dorna, A Festa da Palabra Silenciada...así como abundantes certames poéticos.
Pero o máis salientable ao comezo da democracia é a nova moda de facer
publicacións colectivas, aparecendo así os grupos ROMPENTE en Vigo, CRAVO
FONDO e ALÉN en Santiago de Compostela e a revista LOIA en Madrid.

Centrándonos agora nos poetas dos anos 80 do século XX diremos que forman dous
grupos ben definidos:
> por un lado o coruñés, que se deu a coñecer nas antoloxías colectivas De amor e
desamor I (1984) e De amor e desamor II (1985), caracterizado por dar prioridade ao
contido do poema sobre o aspecto formal. Podemos salientar aquí algúns nomes
como Manuel Vilanova (E direi-vos eu do mister das cobras, 1980) Xavier Rodríguez
Baixeras (Fentos no mar, 1981) Darío Xoán Cabana, Pilar Pallarés, Miguel Anxo
Fernán-Vello (ver páx. 259-60 do libro de texto).
>por outro lado está o denominado grupo de Vigo. Aquí podemos nomear a Xosé
Ánxel Valente ( aínda que por nacemento este autor pertence á xeración da
Promoción de Enlace), Alfonso Pexegueiro (Seraogna, 1976) Manuel Forcadela (O
varredor en outono, 1987)...

Na década dos 90 o centro poético da comunidade galega pasa a ser Santiago e a


editorial Espiral Maior o modelo de referencia para o espallamento da poesía. Estes
poetas manteñen as liñas básicas da poética da década precedente como o
experimentalismo e o culturalismo, que se manifesta a través dun procedemento
moi utilizado nesta década, a intertextualidade, é dicir, a presenza nun determinado
texto de expresións e trazos estruturais procedentes doutros textos xa existentes.

Nesta etapa tamén podemos destacar liñas creativas propias como son a poética do
cotián e do coñecemento e tamén a poesía erótica (un exemplo é o poemario
Vulva de Claudio Rodríguez Fer, publicado en 1991) pero, sobre todo a poética
feminina-feminista, manifestada en moitas ocasións a través da desfeita do
tradicional sistema literario masculino-machista. Esta deconstrución chéganos a
través da xinocrítica e crítica feminista, dúas correntes de crítica literaria que se
ocupan da reinterpretación dos grandes mitos da cultura clásica desde un punto de
vista feminino e de ofrecer unha perspectiva feminista na análise literaria (completar
con páxina 264 do libro de texto).

Hai que dicir tamén que a recuperación de festivais e recitais, moitos deles
propiciados pola proliferación de colectivos poéticos (Blas Espín, Arre Sentella,
Batallón Literario da Costa da Morte, Ronseltz...)tiveron moito que ver co
espallamento desta poesía. E finalmente tamén cómpre dicir que nas dúas décadas
que pasaron desde o ano 2001 en diante os poetas caracterízanse polo seu
individualismo, non hai grupos, aínda que si podemos apuntar algunhas tendencias
como é a poesía da provocación con títulos coma Baleas e baleas (1988) de Luísa
Castro (o malditismo en poesía) ou Os teus dedos na miña braga con regra (1999) e
Pornografía (2005) da autora Lupe Gómez. Hai que dicir que esta provocación
literaria xa comezara no inicio doRompente co manifesto titulado Levantade as
vosas sucias mans de Manuel Antonio.
A PROSA GALEGA ACTUAL
Narrativa:
Comezamos coa introdución que xa puxemos no apartado da poesía e continuamos
dicindo que a temática da guerra civil e da posguerra, herdada dos autores do exilio,
aínda ten repercusión na narrativa actual, como exemplo podemos nomear unha das
máis coñecidas novelas da actualidade O lapis do carpinteiro (1998) de Manuel
Rivas.
Continuamos, como xa ocorreu anteriormente, coa grande influencia que supoñen
Kafka, Joice e Faulkner, entre outros, que lle proporcionan á nosa narrativa
características como as seguintes:(1)
-pode chegar a desaparecer o argumento nunha obra.
-os personaxes deixan de ser os heroes centrais arredor dos que xira o relato.
- prodúcense rupturas na presentación cronolóxica dos feitos.
-o narrador deixa de ser omnisciente
-emprégase o multiperspectivismo.
-incorpóranse novos espazos
-acúsase unha importante renovación da linguaxe
-desaparecen os límites da novela e inclúense nela textos de diferentes
tipos( anuncios, informes, textos xornalísticos…)
-moitas veces suprímense os capítulos
-Frecuentemente preséntanse varias historias combinadas.

Temos que diferenciar nesta narrativa un tipo de literatura comercial (tamén chamada
literatura de quiosco), onde aparecen obras de fácil lectura e cuxo obxectivo central é
o entretemento, e unha literatura máis “autóctona” e polo xeral máis elaborada, como
pode ser a tendencia chamada cunqueirismo que se caracteriza por presentar unha
mestura entre fantástico e real ao estilo de Álvaro Cunqueiro. Podemos poñer como
exemplo Historia dun paraugas azul (1991) de Xosé Miranda. A narrativa histórica
tivo o seu momento de auxe na primeira metade da década dos 80 onde destacamos
títulos como O triángulo inscrito na circunferencia (1981) de Víctor F. Freixanes; Xa
vai o grifón no vento (1984) de Alfredo Conde e xa máis preto de nós Herba moura
(2005) de Teresa Moure que obtivo o Premio Nacional da Crítica con esta obra. Na
narrativa feminina-feminista destaca M.ª Xosé Queizán con Amantia(1984) e
Amor de tango (2007). Temos tamén a narrativa artúrica que recupera os mitos do
ciclo bretón medieval con títulos como Amor de Artur (1982) de Méndez Ferrín e
Galván en Saor (1989) de Darío Xoán Cabana. A narrativa renovadora e
experimental busca novas fórmulas e técnicas como son as de Suso de Toro
(Polaroid, 1986; Tic-Tac,1993) ou Antón Reixa (Transporte de superficie, 1991) ou a
narrativa erótica (Anel de mel, 1991) de Xulio López Valcárcel.
Por outra parte, a narrativa infantil e xuvenil deu un grande pulo desde os anos 80 ata
a actualidade. Podemos destacar o mundo fantástico de Paco Martín en As cousas de
Ramón Lamote (1985), a ficción científica de Fina Casalderrey en Mutacións
xenéticas (1991) ou o sentimento amoroso en O único que queda é o amor de
Agustín F. Paz (2008).
_______________________________________________________________
(1) Moitas destas características xa apareceran con forza cando se desenvolveu a Nova Narrativa Galega na etapa anterior
Pero, claramente, ao falarmos de narrativa actual, non podemos esquecer eses dous
grandes aoutores da literatura galega actual que son Xosé Luís Méndez Ferrín
(páxinas 281-82 e 83 do libro de texto) e Carlos Casares Mouriño (páxinas 284-85
do libro de texto).

Para finalizar, nomear de novo os autores máis lidos do panorama literario actual
como son Suso de Toro e Manuel Rivas (dos que podemos encontrar máis títulos na
páxina 287 do libro de texto), Agustín F. Paz (A viaxe de Gagarin) ou Antón
Riveiro Coello (As rulas de Bakunin, 2000) e ultimamente Ledicia Costas, autora de
recoñecido éxito (1)

Ensaio:
Definímos este xénero como prosa científica explicada de maneira que estea ao
alcance de todas as persoas.
Para finalizar, compre dicir que o ensaio actual é debedor, como non, da Xeración
Nós (1920)do Seminario de Estudos Galegos(1923) e da editorial Galaxia (1950), con
nomes como os de Ramón Piñeiro ou Celestino Fernández de la Vega. Todos os
títulos nomeados na páxina 291 do libro de texto son interesantes pero, se queremos
destacar algún, faremos referencia a:

-Ensaio histórico e nacionalista> Galicia, Galicia (1999) de Manuel Rivas

-Ensaio económico > O atraso económico de Galicia, de 1972 pero que nomeamos
aquí porque influíu moito en autores posteriores que trataron este tema como Ramón
López Suevos ou Camilo Nogueira …

-Ensaio literario> De Pondal a Novoneyra (1984) de Xosé Luís méndez Ferrín

-Ensaio lingüístico e sociolingüístico> O galego e as leis. Aproximación


sociolingüística, (1991) de Pilar García Negro.

-Ensaio feminista> Recuperemos as mans (1980) de M.ª Xosé Queizán tivo moita
repercusión; Mulleres e independencia, (1995) de Carme Blanco ou Delas (1999), de
Helena Villar Janeiro.

-Ensaio medioambiental> A catástrofe do Prestige, 2003 de Xosé Manuel Beiras.

-Ensaio Teolóxico> Eu renazo galego, 1983 de Xosé Chao Rego ou A revelación de


Deus na realización do home, 1985 de Andrés Torres Queiruga.
(1)No ano 2019 publicouse unha novela cuxo título é INFAMIA, da autora Ledicia Costas: trátase dun “thriller” (novela de
suspense). En INFAMIA encontrámonos cunha obra coral na que hai moita escuridade, moito sufrimento. Unha historia de
personaxes inestables, que levan moito peso ás súas costas e aos que o silencio, a culpa e a vergoña non lles deixan avanzar. Unha
novela na que se tocan temas tan estremecedores como a pederastia, a violación, a corrupción, o abuso de poder e a violencia física e
psíquica.
TEATRO GALEGO ACTUAL

É importante comezar dicindo que logo da década dos 80, o teatro vaise
consolidando, entre outras cousas, pola grande diversidade de grupos que comezan a
súa andaina: Ubegá Teatro, Teatro de Ningures, Tranvía Teatro, Teatro do
Morcego, Sarabela Teatro, etc...

O teatro que se vai facer a partires deste momento caracterízase sobre todo pola
grande heteroxeneidade temática, principalmente é teatro experimental e simbólico,
culturalista, metateatro, irónico, humorista, paródico e ás veces presentando o
anonimato dos personaxes.

Non hai que esquecer tampouco que os verdadeiros pais do teatro actual son os
autores das mostras teatrais de Ribadavia (1973-80), sobre todo os tres
grandes(comentados xa no teatro do 2º terzo do século XX e que continúan
escribindo neste momento):

-Euloxio Rodríguez Ruibal> Azos de Esguello (1989), Unha macana de dote


(1990), Mareima (traxedia alegórica de 1996)

-Manuel Lourenzo >Xoana (1991) teatro histórico, Magnetismo (1996) e A


estratexia do narco (1998) que forman parte do seu ciclo da dramatúrxia urxente.

-Roberto Vidal Bolaño.> Cochos (1992), Días sen gloria (1992) e Saxo Tenor
(1993).

Un pouco anterior á publicación e representación das obras arriba nomeadas son as


pezas:
-A tertulia das máscaras (1981) de Miguel Anxo Fernan -Vello.

-O rei aborrecido(1984) de Xesús Pisón.

- Antígona ou a forza do sangue , (1986) de M.ª Xosé Queizán, na que aparece


(como en poesía) a “deconstrución” do mundo clásico (lembremos a Antígona de
Eurípides) para dar lugar a unha peza nacionalista e feminista na que, con toda
claridade, a personaxe feminina loita tamén polo dereito das comunidades a rexer o
seu propio destino.

Outros autores máis novos son :

-Quico Cadaval>Un códice clandestino (1990), texto baseado nas nosas cantigas
medievais.

-Lino Braxe> A actriz (1993), metateatro.


-Tamén se publican algunhas obras de escritores habitualmente adicados a outros
xéneros; é o caso de Unha rosa é unha rosa (1997) de Suso de Toro . Trátase dunha
traxicomedia. O argumento é o seguinte : a morte da vella Rosa, en extrañas
circunstancias, desencadeará unha divertidísima trama de enredo, parodia da
ambición desmedida da sociedade actual.

A partir do novo milenio hai unha certa inclinación a facer un teatro máis lúdico (no
que se interactúa frecuentemente co público) continuando tamén coa tendencia
experimental na que se mesturan diversas técnicas.

Seguen aparecendo novas compañías como Factoría Teatro, Compañía Lagarta


Lagarta, Teatro de Aquí...que contribúen decisivamente a que o noso teatro siga
evolucionando e, loxicamente, tamén aparecen novas obras como a de Cándido
Pazó>A piragua (2009), texto dos máis coñecidos e representados nos últimos anos,
e aínda hoxe, por tratar un tema de máxima actualidade: o machismo e os malos
tratos cara á muller, tomando como referente a vida cotiá da xente.(1)

Para finalizar, non podemos esquecer nomear o Centro Dramático Galego que,
desde 1984 desempeña un gran labor con respecto ás actividades teatrais da nosa
comumunidade.

E engadir tamén a existencia do prestixioso premio de teatro MARÍA CASARES,


que se vén fallando todos os anos por volta de finais de marzo (aínda que talvez este
ano se atrase) e que leva o nome desta actriz galego-francesa, filla de Santiago
Casares Quiroga (político importante da 2ª república) e cuxa familia tivo que
exiliarse no país veciño por mor da guerra civil española.

E como non, cómpre nomear a ESADg (Escola Superior de Arte Dramática), onde se
titulan os nosos actores, con sé na cidade de Vigo.(2)

(1)Claro está, para facer o noso tema diferente ao do compañeiro, podemos engadir o título, autor e comentario pertinente dalgunha
obra deste período que talvez lemos ou vimos representada.

(2) Esta Escola ofrece unha titulación superior en arte dramática, equivalente, a todos os efectos, ao título universitario de Grado,
con tres especialidades:
-Dirección escénica e dramatúrxia
-Escenografía
-Interpretación

You might also like