You are on page 1of 2

A POESÍA DE FINS DO XX E COMEZOS DO XXI

Esta etapa caracterízanse por unha eclosión poética e por un forte cambio temático e formal, que supón a
decadencia da poesía socialrealista e a aparición dunha maior diversidade temática e formal.

Esta etapa está marcada pola chegada da Democracia e polo estreo de Con pólvora e magnolias de Méndez
Ferrín que, xunto con Mesteres de Arcadio López Casanova marcou un novo rumbo. O libro rompe co
socialrealismo e abre temas novos e variados como: metafísica, mitoloxía cultural... e aparece un novo estilo
máis culturalista.

Os primeiros tanteos renovadores (1976-78), virán da man de varios colectivos poéticos cunha poesía
rupturista e vangardista como: Rompente (Antón Reixa, Pexegueiro), Alén e Cravo Fondo (Rodríguez Barrio,
Ramiro Fonte).

Nos 80, destacan novas tendencias como o experimentalismo ou o culturalismo, así como a recuperación de
vellas tendencias como o esteticismo.

A partir de 1980, consolídase a renovación coas características antes citadas pero non compartidas por todos,
non hai unha escola, son diferentes escollas estéticas e voces singulares. Destacamos:

• Manuel Vilanova: poesía mítica e simbolista. Destaca E direivos eu do mester de cobras.


• Xosé Mª Álvarez Cáccamo: poesía culturista. Destaca Praia das furnas, onde é aberto á realidade a
través de vivencias familiares.
• Miguel Anxo Fernán-Vello: trata temas como o amor, corpo, o desexo e a ausencia.
• Lois Pereiro: dende que foi o autor do Día das Letras Galegas (2011) converteuse nun dos poetas de
culto para as novas xeracións pola orixinalidade e modernidade. Destaca Poesía última de amor e
enfermidade.

A partir dos anos 90, é máis difícil aínda falar de tendencias comúns, dado o carácter individualista de cada
poeta. Aínda que algunhas das características compartidas son:

• Linguaxe máis directa e coloquial, que resulta máis próxima ao lector.


• Tratamento de temas sociais con novas sensibilidades: ecoloxismo, feminismo...
• Renovación no tratamento dos temas eternos desde un eu lírico cunha actitude "intimismo da
experiencia".
• Predominio do ton vivencial e da expresión apaixonada.
• Preferencia polo versolibrismo.

Prodúcese tamén unha importante incorporación da muller á poesía, xa iniciada na década precedente, que
proporciona unha nova vertente feminina e feminista, cunha deconstrución do universo masculino-machista,
erotismo e sexualidade femininos. Destacan: Yolanda Castaño, Lupe Gómez (Pornografía) e Xela Arias (Letras
Galegas 2021).

Evidentemente, seguen publicando a maioría dos autores anteriores e xorden multitude de novos poetas:
Anxo Quintela ou Millán Otero. E na poesía para nenos, A. García Teijeiro, premio nacional 2017 con Poemar
o mar.

A poesía galega goza nos últimos anos dun dos mellores momentos, onde predomina a pluralidade temática,
a calidade e a cantidade. A chegada da Internet supuxo unha grande axuda xa que facilita novas canles de
publicación e permite a difusión de recitais e videopoemas.
O TEATRO DE FINS DO XX E COMEZOS DO XXI

O cambio de réxime vivido á morte do ditador Franco conlevou unha mudanza radical no terreo literario, o
cal inclúe o teatro, no que se produce unha revitalización.

No teatro actual podemos distinguir tres fases:

• Formación de compañías profesionais (1978-1983): formación de compañías profesionais como


Sarabela Teatro que, xunto con algún que nacera arredor das sucesivas Mostras de Ribadavia,
lánzanse a converterse en profesionais. No plano estético, as obras de intencionalidade política
explícita ou alegórica van deixando paso a propostas máis diversificadas e máis complexas.
• Institucionalización (1984-1991): créase o Centro Dramático Galego (1984), primeira compañía
pública, e convócanse diversos premios, como o Álvaro Cunqueiro. Xorden novas compañías
profesionais como o Teatro do Morcego.
• Desenvolvemento (1991 ata actualidade): multiplícanse as compañías profesionais, aparecen outras
de teatro alternativo ou experimental, e ponse en funcionamento a Rede Galega de Teatros e
Auditorios. No curso 2005/06 arranca en Vigo a Escola Superior de Arte Dramática.

Características comúns no teatro:

• O teatro crítico e comprometido coa realidade, cambia respecto ao final do franquismo, e utiliza o
humor e a sátira para reflectir diferentes aspectos da nova realidade.
• A corrente lúdica, maniféstase nas comedias de enredo, musicais...
• A culturalista, está caracterizada polo xogo do “teatro dentro do teatro” e interrelación vida / escena.
Tamén na intertextualidade con outros textos da dramaturxia universal e a adaptación de novelas
galegas como a A esmorga, representada por Sarabela Teatro.
• Cobran maior relevancia as obras de carácter experimental.

Entre os autores, ademais dos que participaron nas Mostras de Ribadavia (Manuel Lourenzo ou Roberto Vidal
Bolaño) que seguen publicando, citaremos algúns:

Promoción 80:

• Manuel Guede Oliva: tradutor e adaptador de autores clásicos. Foi director do Centro Dramático
Galego durante tres lustros e gañou o premio Álvaro Cunqueiro no ano 2006.
• Inma Souto: crea pezas de marcado lirismo, como Era nova e sabía a malvaísco.
• Xesús Pisón: obra moi extensa, caracterizada pola axilidade da lingua e o logrado ritmo escénico. A
súa temática é moi variada: desde a crítica social, que evolucionou a un teatro pesimista e cheo de
amargura sobre as dificultades das relacións humanas. Ten tamén teatro infantil de carácter
fantástico moi afastado desa visión pesimista.

Promoción 90:

• Cándido Pazó: actor, guionista, contacontos, director e autor teatral. É un dos máis orixinais,
prolíficos e premiados da actualidade. Os seus textos potencian os monólogos ou diálogos que poñen
en evidencia as ambicións, carencias e contradicións dos seres humanos. Fixo unha adaptación,
Nano, da novela Tic-tac de Suso de Toro.
• Raúl Dans: actor, guionista de cinema e TV, acadou o recoñecemento xeral cando acadou o premio
Dieste con Matalobos, traxedia rural expresionista.

You might also like