You are on page 1of 7

A LINGUA GALEGA NA ACTUALIDADE

- A partir da Lei de Normalización lingüística do ano 1983 os poderes públicos vense na obriga de
promover e usar o galego. Ensino, Administración, medios de comunicación, comezan a usalo, mais
nin sempre ao nivel desexado.
- Por exemplo, nas redes sociais son moito máis usados aínda o castelán e o inglés. Porén, Internet
é hoxe un medio perfecto para a difusión internacional, o prestixio e a multiplicación das funcións
sociais da nosa lingua.
• LITERATURA DIXITAL
Existe unha tendencia na actualidade a conxugar a arte literaria coa súa divulgación nas redes, o
que desenvolve un novo formato de contacto entre os creadores, as editoriais e o seu público,
porque permiten que interactúen entre eles. As creadoras e creadores teñen os seus blogs e demais
redes, onde publican ao tempo que o fan en papel, para alén de experimentaren novos formatos,
como os videopoemas, audiolibros, hipertextos, etc. Existen, ademais, editoriais electrónicas,
revistas dixitais e servidores de textos literarios.

Un exemplo desta unión do idioma coa creación literaria e as redes é Poétic@, de Fran Alonso,
onde se combinan diferentes medios de expresión. Bótalle un ollo:

https://poetica.gal/es/

- En canto aos medios de comunicación, e aínda que existen referentes xa no século XIX (O Tío
Marcos da Portela, por exemplo), só atopamos un xornal monolingüe en galego a partir do ano
1994: O Correo Galego.
Na actualidade contamos con publicacións monolingües dixitais, como Vieiros, Nós, Galicia
confidencial, Praza Pública… A maioría conta con páxinas en Facebook, Twitter… e con canles en
Youtube, Vimeo…
Ademais, no ano 1985 comezaron as emisións da CRTVG (Corporación Radio e Televisión de
Galicia), que xestiona catro canles de televisión e tres de radio. Outras canles, en certas localidades,
emiten algúns dos seus programas en galego.
- Malia esta elevada presenza do galego en todos os ámbitos, as estadísticas falan dunha clara
tendencia ao bilingüismo entre a xente nova e no medio urbano, aínda que a lingua habitual
continúa sendo o galego e, gracias ao ensino, a competencia lingüística dos usuarios na escrita ten
aumentado. Sucede, nembargantes, que a lingua materna predominante nas xeracións máis
novas é o castelán.
A LITERATURA DE POSGUERRA

A POESÍA DE POSGUERRA

- 1950- É fundada a editorial Galaxia, difusora da cultura galega.


- A crítica divide este período en tres xeracións: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace e a
Xeración das Festas Minervais.

XERACIÓN DO 36:
- Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979): Galeguista; a súa obra abrangue a poesía
social, de carácter reivindicativo; a poesía intimista (nostalxia); a poesía satírica (crística da
mesquindade do ser humano). Usa unha lingua coloquial e popular e símbolos, tanto positivos (luz,
pomba, lume) como negativos (pedra, túnel...)
OBRAS: Longa noite de pedra, O soño sulagado, O país dos ananos.

https://sites.google.com/site/eengalego/material-de-apoio-de-4o-de-eso/apuntamentos-de-
literatura/2-s-xx-a-literatura-de-posguerra

PROMOCIÓN DE ENLACE:
- Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922- A Coruña, 2020): Na súa poesía teñen moito peso a pintura e a
música. A súa poesía pode ser intimista (o amor, a morte...) ou comprometida. Tamén escribiu
ensaio.
OBRAS: Códice Calixtino

https://enredversados.wordpress.com/2020/04/20/o-paxaro-na-boca-luz-pozo-garza/

XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS:


Características:
- Participaron nas Festas Minervais (certames poéticos da Universidade de Santiago) e publicaron
en La Noche.
- Monolingües en galego.
- Vinculados á editorial Galaxia.
- Compromiso político.
- Uxío Novoneyra (O Courel, 1930-1999): Considerado o poeta do Courel. Expresa en versos
breves e condensados a paisaxe do lugar onde naceu e viviu, aínda que tamén aborda a crítica
social e o amor. Na súa poesía son importantes os efectos fónicos.
OBRAS: Os eidos, Poemas caligráficos

https://enredversados.wordpress.com/2017/01/26/cousos-do-lobo-uxio-novoneyra/

- Manuel María (Outeiro de Rei, 1930- A Coruña, 2004): Autor prolixo que escribiu poesía de
todas as temáticas. Moitos dos seus poemas foron musicados.
OBRA: Terra Chá
LER PÁXINA 230 BANDO

- Antón Avilés de Taramancos (Noia, 1935-1992): Neste autor a temática predominante é a


emigración e a nostalxia que nos provoca a viaxe.
OBRA: Cantos caucanos

https://www.youtube.com/watch?v=lt_lLIGtDwQ “Na outra banda do mar”.

NA OUTRA BANDA DO MAR constrúen o navío:


o martelar dos calafates resoa na mañá, e non saben
que están a construír a torre de cristal da miña infancia.
Non saben que cada peza, cada caderna maxistral
é unha peza do meu ser. Non saben
que no interior da quilla está a médula mesma
da miña espiña dorsal; que no galipote a quencer
está o perfume máxico da vida.
Que cando no remate ergan a vela, e a enxarcia
tremole vagarosamente no ar
será o meu corazón quen sinta o vento,
será o meu corazón.

- Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938): En Ferrín destacan dúas liñas temáticas: a intimista
e a reivindicativa.
OBRA: Con pólvora e magnolias
- Xohana Torres (Santiago, 1931- Vigo, 2017): Escribiu, ademais de poesía, narrativa, ensaio e
teatro. É poeta do mar e da luz.

OBRA: Tempo de ría

https://enredversados.wordpress.com/2020/03/07/penelope-xohana-torres/

- Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932): É considerado o “poeta do mar”, pois nos seus
poemas os temas principais son o amor e a natureza.

OBRAS: Non vexo Vigo nin Cangas, Profecía do mar.

A LITERATURA NA ACTUALIDADE

O TEATRO ACTUAL
• A partir dos anos 60 o teatro en galego recupérase lentamente, coa aparición de grupos
como O Facho, Teatro Circo e o Teatro Popular Galego. A Mostra de Teatro de Ribadavia
é tamén decisiva neste pulo incesante da nosa dramaturxia. A consolidación vén dada pola
creación en 1984 do Centro Dramático Galego.
• Na actualidade a situación do sector teatral é moi boa, e consolidouse unha
profesionalización absoluta do sector:
- Autores máis coñecidos: Roberto Vidal Bolaño, Manuel Lourenzo, Paula Carballeira, etc.
- Novas compañías: Teatro do Morcego, Uvegá Teatro, Teatro do Noroeste, etc.
- Convócanse premios: Rafael Dieste, Teatro Breve da Escola Dramática Galega.
- Créanse escolas como a Escola Dramática Galega.
- Foméntase o teatro de monicreques, coa creación de novas compañías, como Tanxarina,
Cachirulo... e a convocatoria de premios como o Barriga Verde.

A POESÍA ACTUAL

A crítica divídea en dous períodos:


• A xeración dos anos 80:
- Coñecedores da obra de Manuel Antonio, que os marcou significativamente.
- A súa temática xira en torno ao intimismo.
- Culturalismo: numerosas referencias a outras artes.
- Esteticismo formal.
- Colectivos como Cravo Fondo, Rompente e De amor e desamor.
- Edición de revistas poéticas (Dorna, Festa da Palabra Silenciada...) e convocatoria de premios
(Esquío, Martín Códax...)
- Son frecuentes as antoloxías.
- Autores: Pilar Pallarés, Helena Villar, Ferrín, Afonso Pexegueiro.
- Lois Pereiro:
https://www.youtube.com/watch?v=OSVfOBPnqZQ

O certo é que teño a impresión ás veces


que se fai máis patente cada día
de que pese ás evidencias en contra
debín morrer daquela

e estou vivindo un soño repetido


nas noites dos que me seguen querendo.
outono, 95
Poemas da morte sobrevivida a forza de paixón e sabotaxes (1995)

• A xeración dos 90:


- Grupos poéticos como Batallón literario da Costa da Morte, Ronseltz...
- Diversificación absoluta de temas e de formas, cunha paulatina normalización das temáticas
eróticas, ecolóxicas e feministas.
- Linguaxe directa e coloquial.
- Influencias impredecibles.
- Autores: Yolanda Castaño, Lupe Gómez, Xela Arias, etc.

- Chus Pato:
https://pasouoquepasou.crtvg.gal/content/chus-pato-poeta

- Olga Novo (Premio Nacional de Poesía 2020):


https://www.youtube.com/watch?v=6czh7nmss4g
Antes
acudían a min as palabras enganchadas a arados do cerebro
coma quen levanta terrós lingüísticos e fala do amor
e as circunstancias
con tal precisión e planta
patacas
no medio dun poema e nacen.

Antes
facía faíscas xuntando dúas vogais
coma si un chisqueiro fixera chama no medio da gorxa
e con iso eu podía
falar a voz
dos seres inertes que viñan a miña mente a buscar refuxio

Ai
pero iso era antes.

Agora
amo con exactitude hormonal
e a miña boca é un animal bivalvo
que só se abre para pechar o abismo

agora
eu mírote extasiada mentras dormes
e disólvome no costro fulgurante
coma unha estrela que lle dera de mamar fósforo ao ceo.
E falo na linguaxe que non serve
no silencio da sílaba primeira:
deséxote que sexas amada totalmente
e que ningún poder poida
amainar nunca
a túa
Feliz
Furia

A NARRATIVA ACTUAL

- A partir dos anos 80 xorden novas editoriais: Xerais, Kalandraka, Ir Indo, Espiral Maior...
- Aumenta o número de libros publicados.
- Incorpóranse as traducións das obras doutros lugares do planeta.
- Créanse premios literarios a esgalla: Blanco Amor, Xerais, Leliadoura...
- Como vimos, Internet está a resultar unha boa aliada para a difusión da nosa literatura.
- Autores: Manuel Rivas, Xavier Alcalá, Marina Mayoral, Teresa Moure, Marilar Aleixandre,
Agustín Fernández Paz, etc.
- Esta pléiade de autores vén encher os ocos que aínda estaban baleiros na nosa literatura, de
maneira que hoxe en día podemos dicir que podemos atopar todas as modalidades narrativas
escritas no noso idioma: novela policial, ciencia ficción, relato erótico, novela do Oeste...

You might also like