You are on page 1of 23

LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI

TEMA 12. O TEATRO DE FINAIS DO SÉCULO


XX E PRINCIPIOS DO XXI
Recoméndase realizar o visionado desta presentación
estando conectado a Internet. Deste xeito poderá
accederse ás ligazóns que ao longo dela se propoñen.

Clicando sobre estes símbolos obterase a seguinte in-


formación, procedente de distintos recursos web ou
cargadas na propia presentación:

Información sobre un autor citado

Información complementaria sobre un


determinado asunto ou texto literario

Ligazón a un arquivo de vídeo

Arquivo de audio: poema musicado,


lectura dun texto...
CONTEXTO HISTÓRICO
CONTEXTO HISTÓRICO
► Coa chegada da democracia, o panorama social e cultural muda
radicalmente. Remata a persecución dos usos públicos do galego, que
é recoñecido idioma oficial na nosa comunidade pola Constitu- ción de
1978, e iníciase unha progresiva normalización da lingua.

► Remata o longo proceso de estandarización do galego, coa publi-


cación dunha normativa oficial en 1982, que será referencia para a
maior parte das publicacións escritas.

► Regularízase o ensino de lingua e literatura galegas no ensino non


universitario. Isto supón unha grande revitalización do sector editorial
en lingua galega, tanto na publicación de libros de texto como de libros
de lectura literaria. Ao mesmo tempo provoca a aparición dunha
sorte de subxénero narrativo de temática e expresión especialmente
adaptadas aos gustos adolescentes.

► Créanse novas editoriais e dispárase o número de vendas do libro


en galego. A colaboración institucional, con importantes subven-
cións á cultura galega, consolida tamén outros sectores, como o
teatro profesional ou o sector audiovisual.
Panorama do teatro desta época

O teatro independente vive a súa época de


Anos 70 maior vitalidade coa celebración das Mostras
de Teatro Independente de Ribadavia e o
Certame Abrente de textos literarios (desde
1973).

O cambio de década marca o inicio do teatro


Anos 80 profesional e institucional, o que supón un
salto cualitativo na escena galega: en 1980
créase a Asociación Profesional do Teatro
Ga-lego e en 1984 o Centro Dramático
Galego..
Conviven os integrantes do grupo Abrente con
Anos 90 e propostas modernizadoras de novas com-
actualidade pañías e novos autores, créanse salas alter-
nativas e comeza a haber unha maior comuni-
cación do teatro galego co do resto de Estado
e Portugal.
O TEATRO INDEPENDENTE
E A MOSTRA DE RIBADAVIA

En 1973, a Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia convoca a I


Mostra de Teatro Galego e o I Certame Abrente. Con esta iniciativa,
Ribadavia convértese no principal punto de encontro do mundo do
teatro galego. Ao tempo que se fomentan e popularizan as
representacións teatrais, estímulase, co premio Abrente, a creación
de textos dramáticos. O exemplo de Ribadavia foi segui-do por
outras localidades (Vigo, A Coruña, Lugo, Cariño, Fene...).
O TEATRO INDEPENDENTE
E A MOSTRA DE RIBADAVIA

Obxectivos do teatro independente

► Rescatar o teatro das salas convencionais para achegalo ao


público en todo tipo de locais, tanto urbanos como rurais.

► Romper co concepto de compañía estábel do teatro burgués e


apostar pola itinerancia e a creación colectiva.

► Pescudar novos métodos para a creación e a representación


cun afán experimental, aberto a todo tipo de influencias.

► Crear unha rede teatral no país que permita o desenvolve-


mento dunha dramaturxia galega moderna e comprometida.
Manuel Lourenzo Francisco Taxes
O Grupo Abrente
 Está formado por autores
que tiveron unha destacada
participación nas mostras e
certames de Ribadavia.
 Ademais de escritores, son
tamén directores, promo-
tores de compañías e al-
gúns deles mesmo actores.
 A pesar de que comezan a
publicar antes de 1976
(Romería ás covas do demo
de Manuel Lourenzo ou
Zardigot de Euloxio Ruibal)
a práctica totalidade das
súas obras pertence a este
período.
Euloxio R. Ruibal R. Vidal Bolaño
Estabelécese unha
Antroido Aparecen as importante política
Artello primeiras de sub-vencións
Luís Seoane compañías
por parte da Xunta
Mari-Gaila profesionais

O NACEMENTO
En 1980 créase a DO TEATRO
Asociación
Profesional do PROFESIONAL
Teatro Galego
Créanse as
primeiras sa-las
de teatro estábeis
Autores galegos En 1984 comeza a
Obras universais funcionar o Centro
Programación estábel Dramático Galego Luís Seoane
Nasa
Galán
Yago
MANUEL

LOURENZO
A • U • T • O • R • E • S

(Valadouro, 1943)

Romería ás covas do demo (1975)


Traxicomedia do vento de Tebas
namorado dunha forca (1978)
Electra (1994)
As dunas (2009)
Importante director, actor, tradutor,
profesor e ensaísta (O teatro ga-
lego), é un dos principais autores do
teatro contemporáneo. Destaca polo
emprego da mitoloxía clásica (Fe-
dra, Electra) mesturada coa tradi-
ción popular galega.
A larva fu-
riosa (CDG)

As dunas. Free
spa (CDG)
EULOXIO
R. RUIBAL
(Ordes, 1945)
A • U • T • O • R • E • S

Zardigot (1984)
Azos de esguello (1989)
O son da buguina (1999)
Minimalia (2005)
Preocupado polo compromiso coa
realidade social e política do país,
conxuga nas primeiras obras ten-
dencias das vangardas europeas da
época coa tradición da época. Pos-
teriormente realizará achegamen-
tos ao teatro ruralista e á temática
histórica.
Zardigot (Es-
pello Cóncavo)
R. VIDAL
BOLAÑO
(Santiago de Com-
A • U • T • O • R • E • S

postela, 1950-2002)

Laudamuco,señor de ningures (1976)


Agasallo de sombras (1984)
Saxo tenor (1991)
Días sen gloria (1992)
É un dos autores máis polifacéticos da
escena galega das últimos décadas,
sempre cunha gran dose de crítica
(contra os abusos do poder, da Igrexa,
da sociedade de consumo...) e unha
importante forza dramática. Ademais de
autor, foi actor, director e fundador das
compañías Antroido, Teatro do
Estaribel e Teatro do Aquí.
Agasallo de
sombras (CDG)

As actas es-
curas (CDG)
A • U • T • O • R • E • S

XESÚS
PISÓN
FRANCISCO JOÃO
EDUARDO
TAXES
ALONSO GUISÁN

CÁNDIDO
Q UI CO
RAÚL PAZÓ L ROBERTO
CADAVA SALGUEIRO
DANS
ANTROIDO
C • O • M • P • A • Ñ • Í •A • S

TROULA

O MOUCHO
ARTELLO
CLERC
TEATRO DO AQUÍ
TEATRO DO
ATLÁNTICO
C • O • M • P • A • Ñ • Í •A • S

SARABELA TEATRO DO NOROESTE


MATARILE
C • O • M • P • A • Ñ • Í •A • S

CHÉVERE TEATRO DO MORCEGO


TEATRO DE FINAIS DO SÉC. XX E PRINCIPIOS DO XXI ESQUEMA PARA IMPRIMIR

PANORAMA DO TEATRO DA ÉPOCA

► ANOS 70: O teatro independente vive a súa época de maior vitalidade coa celebración das Mostras de Teatro
Independente de Ribadavia e o Certame Abrente de textos literarios (desde 1973).
► ANOS 80: O cambio de década marca o inicio do teatro profesional e institucional, o que supón un salto cuali- tativo
na escena galega: en 1980 créase a Asociación Profesional do Teatro Galego e en 1984 o Centro Dramático Galego.
► ANOS 90 E ACTUALIDADE: Conviven os integrantes do grupo Abrente con propostas modernizadoras de novas
compañías e novos autores, créanse salas alternativas e comeza a haber unha maior comunicación do teatro
galego co do resto de Estado e Portugal.

O TEATRO INDEPENDENTE E A MOSTRA DE RIBADAVIA

► En 1973, a Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia convoca a I Mostra de Teatro Galego e o I Certame Abren-
te. Con esta iniciativa, Ribadavia convértese no principal punto de encontro do mundo do teatro galego. Ao tempo
que se fomentan e popularizan as representacións teatrais, estímulase, co premio Abrente, a creación de textos
dramáticos. O exemplo de Ribadavia foi seguido por outras localidades (Vigo, A Coruña, Lugo, Cariño, Fene...).
► Obxectivos do teatro independente:
- Rescatar o teatro das salas convencionais para achegalo ao público en todo tipo de locais.
- Romper co concepto de compañía estábel do teatro burgués e apostar pola itinerancia e a creación colectiva .
- Pescudar novos métodos para a creación e a representación cun afán experimental.
- Crear unha rede teatral que permita o desenvolvemento dunha dramaturxia galega moderna e comprometida.

O NACEMENTO DO TEATRO PROFESIONAL

► Créanse a Asociación Profesional do Teatro Galego (1980) e o Centro Dramático Galego (1984), que presenta
unha programación estábel, tanto de autores galegos como do teatro universal.
► Estabelécese unha importante política de subvencións por parte da Xunta aos grupos de teatro galegos.
► Aparecen as primeiras compañías de teatro profesional: Antroido, Artello, Luís Seoane, Mari-Gaila...
► Créanse as primeiras salas de teatro estábeis: Luís Seoane, Nasa, Galán, Yago...

PRINCIPAIS AUTORES E COMPAÑÍAS

► O GRUPO ABRENTE
Está formado por autores que tiveron unha destacada participación nas mostras e certames de Ribadavia.
Ademais de escritores, son tamén directores, promotores de compañías e algúns deles mesmo actores:
- Manuel Lourenzo: Romería ás covas do demo, Traxicomedia do vento de Tebas..., Electra, As dunas...
- Euloxio Ruibal: Zardigot, Azos de esguello, O son da buguina, Minimalia...
- Francisco Taxes: O velorio, Lenta raigame, Caderno de bitácora...
- R. Vidal Bolaño: Laudamuco, señor de ningures, Agasallo de sombras, Saxo tenor, Días sen gloria...

► OUTROS AUTORES: Eduardo Alonso, Xulio Lago, Xesús Pisón, João Guisán, Raúl Dans, Cándido Pazó, Quico
Cadaval, Roberto Salgueiro...

► PRINCIPAIS COMPAÑÍAS: Antroido, Troula, Artello, Luís Seoane, Mari-Gaila, O Moucho Clerc, Teatro do Aquí,
Teatro do Atlántico, Teatro do Noroeste, Matarile, Sarabela, Chévere, Teatro do Morcego...
PROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADAS
Colocando o punteiro sobre as imaxes, vense as referencias das páxinas web
de onde foron tiradas. Picando nelas, accédese directamente a esas páxinas.

(1)

(2)

(1) MANUEL LOURENZO, Viaxe ao país de ningures, ed. Galaxia, Vigo, 1977
(2) MANUEL LOURENZO e PILLADO MAIOR, O teatro galego, ed. do Castro, A Coruña, 1979, páx. 144 bis

You might also like