You are on page 1of 2

TEMA 3: PROSA_TEATRO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX: Irmandades, Grupo Nós, Vangardas

I CONTEXTO HISTÓRICO: o exposto no tema O galego no primeiro terzo do século XX


II AS IRMANDADES DA FALA
A Características:
a Gran desenvolvemento da prosa.
b Prosa didáctica e propagandística de ideoloxía nacionalista.

B ANTÓN VILAR PONTE (fundador das Irmandades en 1916)


a Gran labor periodístico
b Iniciador do ensaio político; prosas de propaganda nacionalista (conferencias, discursos, artigos…)

III XORNALISMO
 Fundamental no proceso de modernización da narrativa galega.
 Gran actividade editorial: Lar, Céltiga, Nós
 A Nosa Terra (Ideario das Irmandades da Fala)
 Revista Nós; revista cultural galega
 Seccións en galego na prensa en castelán ¡Terra nosa! do xornal : O Noroeste.

IV XERACIÓN NÓS : Vincente Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas e únese Castelao proxectos artísticos, entre outros.
A Introdución
 Autodefínense como inadaptados, que chegarán á descuberta de Galiza despois dun periplo por
culturas alleas e exóticas.
 Modernización da prosa galega en ámbitos; novela, relato curto, ensaio...
 Traballo de estudo, desenvolvemento e dignificación de Galicia
 Conectan a cultura galega coa europea cun afán de superación do illamento rural da cultura galega.

B O ensaio
 Nös os inadaptados (Vicente Risco), Dos nosos tempos (Cuevillas); sintetizan a evolución cara ao
galeguismo do Grupo Nós.
 Teoría do nacionalismo galego (Risco); senta as bases do nacionalismo galego de preguerra
fundamentado en lingua, raza e terra.
 Sempre en Galiza: (Castelao) Crítica ao modelo centralista do Estado, proposta de federalismo.
Fundamentará o nacionalismo galego de posguerra.
 Ensaio histórico da cultura galega (un dos moitos ensaios de Pedrayo)
 Antre a terra e o ceo (Rafael Dieste)

C Literatura
a VICENTE RISCO
 Prosa de carácter intelectual vencellada co seu pensamento ideolóxico (esoterismo, atlantismo,
elitismo)
 Ruptura coa narrativa galega de tipo folclórico.
 O porco de pé; novela na que crítica o materialismo e vulgaridade da nova burguesía castelá.

b RAMÓN OTERO PEDRAYO


 Símbolo ético do galeguismo.
 Cristianismo (esencia da nosa identidade)
 Tradición (sabedoría acumulada polas sucesivas xeracións)
 Narración realistas: aspectos da historia e da realidade de Galicia
 Os camiños da vida; decadencia da fidalguía do XIX e ascenso da burguesía castelá.
 Narracións culturalistas: exposición de ideas e referencias culturais
 Arredor de si; evolución cara ao nacionalismo dos integrantes do Grupo Nós.
 Devalar; fálanos dos homes do Seminario de Estudos Galegos

Literatura: Prosa_Teatro 1º terzo s.xx - 1/2


c ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO
 Figura máis relevante da historia e cultura galega do s.XX
 Artista polifacético (debuxante, escritor, pintor)
 Non proxecta a súa ideoloxía na súa narrativa.
 Mostra a realidade daquel tempo centrada nas clases populares.
 Prosa substantiva, sinxela, cargada de humor e lirismo.
 Relatos breves e sintéticos. O pobo galego é o protagonista.
 Partindo da lingua popular acada un modelo de galego culto.
 Obras:
 Un ollo de vidro; humor e sátira social.
 Cousas; composición máis orixinal. Combina o relato cunha imaxe que o complementa “O pai de
Migueliño” , “A marquesiña”.
 Retrincos; cinco relatos con aspecto autobiográfico ordenados cronoloxicamente.
 Os dous de sempre; única novela. Sucesión de relatos que gardan unidade pola referencia aos dous
protagnistas Pedriño e Rañolas.

d VANGARDAS (Novencentistas ou Xeración de 1925): RAFAEL DIESTE


 Dos arquivos do trasno:
 Na introdución presenta unha moderna teoría do conto na que defende a unidade emotiva e o
remate esencial.
 Eixo temático dos relatos: psicoloxía e experiencias extraordinarias da xente galega.
 Parte de raíces populares e amosa contidos que moven á reflexión filosófica.
 Modernidade en que non se determina a interpretación, esta depende do lector.

V TEATRO DA ÉPOCA NÓS: coinciden co afán xurdido nas Irmandades de crear unha dramaturxia galega capaz de
ofrecer produtos de calidade e que puidesen interesar a un público culto, co ánimo de interesalos na causa
galeguista.
A Vicente Risco
a O bufón d’El-Rei (1928)
 Drama que desenvolve a súa acción na época medieval (Materia de Bretaña)
 O bufón está definido como un ser deforme, que medita sobre a súa propia condición maléfica.
B Otero Pedrayo (teatro como elemento normalizador da cultura galega)
a A lagarada (1929)
 É a súa primeira peza dramática.
 Reflite o pequeno mundo da sociedade rural galega de forma crítica.
 Presenta un mundo a piques de desaparecer dominado pola miseria económica e moral.
 Personaxes populares deseñados con gran realismo
b O desengano do prioiro (1952)
 Peza humorística que ten como asunto a implantación da industria dos cadaleitos no Ribeiro.
diálogos satíricos en contra do novo comerci.
c Teatro de máscaras.
 Responden á aspiración de crear en Galiza un “teatro total” onde os aspectos plásticos e a música
adquiran unha especial relevancia.
C Castelao
a Os vellos non deben de namorarse
 Foi estreada en Bos Aires en 1941.
 Segundo Castelao, “é unha obra imaxinada por un pintor e non por un literato”
 Relevancia dos artificios escenográficos.
 Trata o motivo do vello namorado e o perigos que ten ese namoramento.
D AS VANGARDAS
a Rafael Dieste (Xeración do 25)
 A fiestra baldeira (1927)
 Comedia de estrutura clásica
 Simboliza a recuperación da propia identidade.
Literatura: Prosa_Teatro 1º terzo s.xx - 2/2

You might also like