You are on page 1of 2

O TEATRO NO PRIMEIRO TERZO DO XX: AS IRMANDADES, GRUPO NÓS E

VANGARDAS

O teatro da literatura galega experimenta un notable desenvolvemento no 1º terzo do século


XX. Aínda mantén tendencias do teatro rexionalista do XIX como o realismo costumista e a
ambientación rural, pero tamén aparecen características novas como un maior contido
social e a preferencia da prosa fronte ao verso.

A aparición das IRMANDADES DA FALA en 1916 co seu obxectivo de normalización da


lingua galega fixo que o teatro servise de vehículo para a dignificación da lingua e a
expansión ideolóxica nacionalista galega.
En 1919 crean o Conservatorio Nacional de Arte Galega co fin de levar á escena obras
de calidade que se desenvolvesen en ambientes de clase media ou alta e abordar temáticas
que interesasen as minorías cultas. Con este fin Cabanillas o estrena levando a escena A
man da Santiña, coa que se rompen cos tópicos da época anterior: non hai caciques, nin
meigas, senón que se presenta a lingua galega en boca das clases altas, transmítense
mensaxes en cotra da emigración e a favor da fidalguía preocupada pola terra.

Outros autores que siguen estas liña son:


● Antón Vilar Ponte: Entre dous abismos e Almas mortas
● Armado Cotarelo Valledor: Trebón e Hostia
● Leando Carre Alvarellos: Para vivir ben casados e Rexurdimento
● Cabanillas e Villar Ponte: O Mariscal (obra en verso de inspiración modernista, o
mariscal Pardo de Cela é un símbolo de resistencia fronte á política centralista dos
Reis Católicos)

En cambio, podemos encontrar autores que seguen unha corrente máis conservadora
como:
● Xesús San Luís Romero: O fidalgo
● Xavier Prado Lameiro: Farsadas

Os autores da XERACIÓN NÓS continuaron a labor teatral das Irmandades de ofrecer un


teatro de calidade que lle interesase a un público culto. Non foi o xénero máis cultivado pero
si o que espertou maior interese.
No seu afán europeizador, incorporan características do teatro europeo marcadas polo
modernismo, simbolismo e expresionismo.
Procuraron seguir o modelo “teatro da arte” o cal estilizaba todos os elementos (linguaxe,
música, iluminación…) sen esquecer elementos propios como o celtismo ou o atlantismo.

● Vicente Risco: O bufón de El-Rey (1928). Única obra teatral, drama en catro pasos
que se desenvolve na época medieval, e na que fai unha reflexión sobre a relación
entre a deformidade física e a deformación moral.
● Otero Pedrayo: A lagarda (1929) traxedia que introduce digresións líricas e
elementos fantásticos. Teatro de máscaras (1975) conxunto de pequenas obras que
repiten os motivos da súa obra narrativa: reflexión sobre a fidalguía, sobre o
progreso, a morte, a perda de costumes tradicionais, etc.
● Castelao: Os vellos non deben namorarse (1931-1939, estreo 1941) Representa a
transformación da sociedade galega da época (fidalguía decadente, campesiños
ricos…) Mestura o tradicional co expresionista, o cal supón un experimento do
momento. Tres pases e un final onde os vellos se encontran despois de mortos.

Máis adiante, na época das VANGARDAS o teatro galego sufriu unha represión durante a
ditadura de Primo de Rivera en 1923. Neste xénero non se nos presentou unha ruptura
tan radical co tradicional pero mantivo a liña renovadora da xeneración anterior.

● Rafael Dieste: Introduce a dramaturxia galega na modernidade, evitando o


tradicionalismo e costumismo. As súas obras están cheas de símbolos. A fiestra
baleira (1927) comedia onde se expón un indiano que volve rico da emigración, a
súa muller e filla avergónzanse da súa orixe de tal maneira que o convencen para
que a falsifique simbolicamente a través dun retrato que lle van pintar.

You might also like