You are on page 1of 3

LITERATURA DE VANGARDA

A poesía de vangarda en Galicia

As vangardas galegas centráronse fundamentalmente na poesía. Podemos agrupar as


diversas correntes poéticas deste momento en dúas grandes liñas:

a) A que, sen romper totalmente coa tradición literaria autóctona, renova a


poesía galega mediante a asunción de certos presupostos vangardistas. É decir,
correntes que fundena tradición coa vangarda. Inclúense aquí dous ismos
netamente galegos: o hilozoísmo e o neotrobadorismo.
b) A que rompe totalmente coa tradición literaria galega e segue o camiño
marcado polas literaturas vangardistas europeas. Esta liña de vangarda plena
corresponde principalmente co creacionismo

O neotrobadorismo

Esta escola poética nace tras o descubrimento e difusión da poesía medieval galego-
portuguesa grazas á edición dos cancioneiros realizada por Jose Joaquim Nunes.

Os poetas novos, marabillados ante a beleza das vellas cantigas, introducen na súa
poesía numerosos elementos temáticos, formais e estilísticos da lírica medieval: o
tema amoroso, a ambientación espacial, o paralelismo, o refrán… Combinan os temas
e técnicas dos cancioneiros medievais con atrevidas imaxes vangardistas.

Este interese pola literatura medieval responde tamén á recuperación da tradición


literaria galega emprendida polo pensamento galeguista daquel tempo. É dicir, a
existencia da literatura medieval demostraba a continuidade da literatura galega.

Os principais representantes desta corrente foron:

 Fermín Bouza Brey, co poemario Nao senlleira (1933). Seitura (1955)


 Álvaro Cunqueiro, con Cantiga nova que se chama riveira (1933) e Dona do
corpo delgado (1950).
 Xosé María Álvarez Blázquez, membro da Xeración do 36, pon fin a esta
tendencia con Cancioneiro do Monfero (1953).
*Tamén cultivaron con mestría a “forma inmóbil” autores como Xosé María
Álvarez Blázquez, Augusto María Casas, Manuel Fabeiro, Emilio Pita ou Xosé
Díaz Jácome.

A prosa de vangarda

Rafael Diestre (1899-1981) é o máis importante prosista desta xeración.

Escribiu Dos arquivos do trasno (1926), un conxunto de relatos de misterio, nos que
retrata a psicoloxía da xente galega e presenta experiencias extraordinarias de tipo
fantástico e marabilloso. <<Sobre a norte do Bieito>> (páxs. 34-35) é un dos contos
que inclúe o libro.

Tamén publicou a obra de teatro A fiestra valdeira (1927), unha comedia de carácter
simbólico na que aborda o tema da identidade cultural. O protagonista é un indiano
cuxa familia quere ocultar a súa humilde orixe, mais no desenlace este reconcíliase co
seu pasado mariñeiro e volve sentirse parte integrante da súa comunidade.

A prosa galega coa xeración das Irmandades  acadou un  gran desenvolvemento.


Crearon sobre todo unha abundante prosa didáctica ou propagandística como medio
de expresión da ideoloxía nacionalista. 
Destacamos a Antón Villar Ponte (fundador no 1916 das Irmandades da Fala) por ser o
inciador do ensaísmo político de carácter nacionalista. 
Neste período a actividade editorial e xornalística adquiriu un impulso sen
precedentes. Ademais de A Nosa Terra (Idearium das Irmandades da Fala) e a Revista
Nós “Revista mensual da cultura galega”, a prensa en castelán contaba con seccións en
galego. A máis importante foi “¡Terra a nosa!” do xornal coruñés El Noroeste. Tamén
foron decisivas para a consolidación da prosa a revista Céltiga  e a editorial Lar
(fundada por Anxel Casal)
A este labor desenvolvido polas Irmandades sumouse o  Grupo Nós (Vicente Risco,
Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas), así chamado polo título da revista que
publicaron, son os representantes dunha xeración de “inadaptados” que descubrirían e
se achegarían a Galicia despois dun período intelectual por culturas estrañas.  A eles
únuse Castelao (Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao) para proxectos artísticos.
Grazas a eles a narrativa galega vólvese máis universal e, ao mesmo tempo, máis
enraizada na nosa cultura. . Non só supuxeron a consolidación e modernización da
prosa galega senón que a estenderon ao todos os xéneros e ámbitos . 
No ensaio cómpre salientar de Cuevillas “Dos nosos tempos”, obra na que sintetiza a
descuberta de Galicia. Aspecto que tamén vai tratar Vicente Risco en  “Nós, os
inadaptados”, obra na que nos fala da evoulución cara ao galeguismo do Grupo Nós e 
É imprescindible nomear deste mesmo autor Teoría do Nacionalismo Galego (1920),
obra que senta as bases do nacionalismo galego de preguerra.
Otero ten unha fecunda produción ensaística na que hai dende estudos xeográficos a
biografías, guías, libros de viaxes, ensaios sobre a paisaxe, a aldea, a literatura, a arte…,
destaca especialmente o seu Ensaio histórico sobre a cultura galega (1939), síntese do
desenvolvemento histórico e cultural de Galicia dende os tempos prehistóricos ata os
comezos do século XX.
O labor ensaístico de Castelao vén representado principalmente polo seu libro Sempre
en Galiza. Nesta obra sintetiza o seu pensamento político, ademais de ofrecernos
unhas memorias da actividade política durante os anos da República. Nel atopamos
unha ollada anovadora sobre Galicia e as súas potencialidades, así como a crítica
contra o modelo centralista do Estado e a proposta alternativa dun federalismo
ibérico. Esta obra fundamentará todo o nacionalismo galego de posguerra. Destacan
tamén os seus traballos sobre a arte popular: As cruces de pedra na Bretaña e As
cruces de pedra na Galiza.
No xénero narrativo Vicente Martínez-Risco e Agüero, preséntanos unha prosa cun
carácter intelectual que se vencella coa súa obra ensaística e vén ser unha
continuación do seu pensamento filosófico: esoterismo, atlantismo, visión cíclica da
historia…, todo articulado como materia prima dos relatos, que supoñen unha ruptura
coa narración galega de tipo folclórico ou costumista. Do caso que lle aconteceu ao
doutor Alveiros (1919) foi a súa primeira novela, unha narración humorística con notas
críticas referidas ás materias ocultistas tratadas no texto. 

You might also like