You are on page 1of 1

LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX Curso 2008/09

CUESTIÓNS SOBRE RAFAEL DIESTE E SOBRE A FIESTRA VALDEIRA:

1.-RAFAEL DIESTE:
1.1.-Busca información sobre o autor en Galipedia (http://gl.wikipedia.org/wiki/Galipedia) e
subliña o máis salientable da súa vida. Fíxate tamén na súa obra en galego e en castelán. Procura ademais
os datos que este buscador che dá sobre Dos arquivos do trasno e sobre A fiestra valdeira.
1.2.-Visita a páxina web da Biblioteca virtual galega (http://bvg.udc.es/) e di que textos deste
autor aparecen dispoñíbeis e en que formato (imaxe, texto ou vídeo?).

2.-A FIESTRA VALDEIRA:


2.1.-En que ano foi publicada por primeira vez e onde? Cando se reeditou e onde?
En que ano e lugar foi representada por primeira vez?

A comedia está dedicada a Constantino Candeira, arquitecto que fixo posible a edición do texto.

2.2.-Como aparece estruturada? (cantos actos ou lances presenta?) En que lugar se desenvolven
os lances?

Cando naceu 2.3.-Emigración


Dieste traballaban noe agro
pesca son preto
e na pesca dousdun aspectos básicosCando
millón de persoas. na se obra.
escribiu AEnfiestra
que se o
valdeira
número descendeu a unhas seiscentas mil e, na morte de Dieste a menos de medio millón. A inicios dos noventa o sector
primario e de servizos ocuparán cad un deles unhas catrocentas mil persoas. Apenas hai industria: no inicio da década dos
sesenta (momento de máximo esplendor) contaba cunhas trescentas mil persoas.
A caída da agricultura e a pesca e o ascenso dos sector servizos, tendencias características dos anos vinte, faranse
constantes en todo o século. Os cartos dos pescadores servirán para facer de Matapitos un navegante. A fábula vai cos
tempos, apoiando algunha clase de mellora social pero recordando de onde procedemos: da emigración e da pesca.
Dieste tamén viviu a emigración. Galicia proporciounou materias primas, capitais e man de obra aos mercados
internacionais. Sobre todo man de obra entre 1940 e 1970; na primeira metade do século a América Latina e na segunda a
Europa Central. Desde o regreso de Dieste a Rianxo calcúlase que emigraba un de cada seis galegos (medio millón de
persoas nun país de tres millóns).

2.4.-Rafael Dieste ve o “teatro como espello da realidade social”. Por que?

2.5.-Como aparece retratado o protagonista da obra, Don Miguel?

2.6.-Cos cartos do gremio de pescadores e do emigrante retornado págase a educación de


Matapitos pero tamén a obra do artista, é dicir, o cadro do pintor.
a) Quen é Matapitos?
b) Que fai o pintor, Antonio, na casa de Don Miguel?

2.7.-Nesta comedia é fundamental tamén a conexión entre literatura e pintura. A arte adquire un
papel protagonista a través do obxecto mesmo do conflito: o retrato con fiestra ao mar. Que representa o
cadro (que se ve nel)? O pintor capta nese retrato o espírito de quen?

2.8.-Noriega, o amigo do pintor, amósase preocupado por recuperar as tradicións da literatura


oral. Onde se ve iso?

2.9.-Antonio pídelle a Nogueira a súa opinión sobre o cadro. Por que?


O retrato que don Miguel encarga ao pintor convértese en obxecto de conflito. Que opinan sobre
o cadro Don Miguel, Adela, a súa filla, dona Balbina, a súa muller, e os mariñeiros, como don
Baldomero?
Que significa que a opinión das mulleres sexa diferente ás outras?

2.10.-Como se resolve o conflito do cadro?

You might also like