You are on page 1of 6

I.E.S.

SOFÍA CASANOVA
Dpto.: Xeografía e Historia

ACTIVIDADES: A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

1.-Elabora unha composición sobre o concepto de Revolución Industrial, na que inclúas estes
termos: Watt, Reino Unido, carbón, fábrica, máquina de vapor, XVIII e mecanización.

2.-Di as diferenzas existentes entre o sistema de rotación trienal e o sistema Norfolk.

3.-Que foron as Enclousure Acts? Que repercusións tiveron nos campos británicos?

4.-Observa a gráfica e responde ás cuestións.

a) Que tipo de gráfica é?


b) Cal é a súa temática?
c) Que variábies se representan? Descríbeas.
d) Cales foron as causas deste comportamento demográfico?
e) Por que a revolcuión demográfica contribuíu á aparición da Revolución Industrial?

1
I.E.S. SOFÍA CASANOVA
Dpto.: Xeografía e Historia

5.-Le o texto e contesta.

Velaí ven, velaí ven avantando

comaros e corgas, e vales, e cerros.

¡Vinde vela, mociños e mozas!

¡Saludaina, rapaces e vellos!

Por onde ela pasa

fecunda os terreos

espértanse os homes,

frolecen os eidos.

Velaí ven, velaí ven tan ocupada,

tan milagrosiña, con paso tan meigo,

que parece unha Nosa Señora,

unha Nosa Señora de ferro.

Tras dela non veñen

abades nin cregos;

mais vén a fartura

¡a luz i o progreso!

II

Catedral, demagogo de pedra,

dun pobo fanático erguida no medio,

repinica esas chocas campanas

en sinal de alegría e contento.

2
I.E.S. SOFÍA CASANOVA
Dpto.: Xeografía e Historia

Asocia esas voces

o son dos pandeiros,

¡ás santas surrisas

de terras e ceos!

E ti, río de grandes destinos,

que os himnos ensaias de trunfos ibéricos

requeimáda-las fauces de sede

vén o monstro a beber no teu seo.

Bon samaritano,

dálle auga ao sedento;

que a máquena é o Cristo

dos tempos modernos.

a) De quen está falando Curros Enríquez?


b) Que quere dicir que fecunda os terreos?
c) Con que figuras relixiosas a compara?
d) Que crítica fai á Igrexa?
e) Segundo o poeta, que simboliza o novo invento?
f) A nivel xeral, desde o punto de vista económico, que supuxo a súa chegada?

6.-Cales foron as dúas grandes materias primas empregadas na industria téxtil inglesa? Á
vista do gráfico cal se acabou impoñendo? Que produto se elaboraba con ela? Cal foi a
posición do Parlamento británico a este respecto? Por que?

3
I.E.S. SOFÍA CASANOVA
Dpto.: Xeografía e Historia

7.-Fíxate na imaxe.

a) Comenta o que ves nela.


b) Que sector industrial se representa? A que se adicaba?
c) Que nome reciben esas paisaxes? Por que?
d) Que consecuencias medioambientais se derivan?

8.-Tomando como referencia a imaxe da páxina 5, sintetiza o proceso de industrialización


europeo no século XIX.

9.-Colorea no mapa, con cores distintas, os principais focos industriais españois. Ademais,
apunta os ramos de cada un, asignándolles a súa propia simboloxía.

4
I.E.S. SOFÍA CASANOVA
Dpto.: Xeografía e Historia

10.-Que significa a frase: laissez faire, laissez passer? Establece a súa relación coa lei da
oferta e a demanda e o seu modelo económico.

11.-Cada unha das imaxes correspóndese con distintos núcleos habitacionais dunha cidade
industrial do século XIX, así como os grupos sociais que os habitaban. Relaciónaas. De que
nova sociedade formaban parte? Establece as oposicións que existían entre esta e a sociedade
estamental.

5
I.E.S. SOFÍA CASANOVA
Dpto.: Xeografía e Historia

12.-Comprende o documento.

“O luns 7 do actual houbo un pronunciamento de mulleres na fábrica da Palloza desta cidade


[A Coruña]. Parece que en lugar dos cigarros que antes se facían nesta fábrica, están agora
ensaiando a construción doutros de diferente feitura, con follas engomadas, suprimindo os
virxinais ou comúns e os de capa de habana ou mixtos, e en vez destes crearon un taller de
pitos cunha máquina para picar o tabaco. Como ambas operacións son novas, non se prestan
nin acomodan a elas as cigarreiras, porque non saben facelos, tardando tanto en elaboralos
que apenas sacan a terceira parte do xornal que acostumaban. Isto e o pouco satisfeitas que
están do director da fábrica, alporizounas de tal modo que o expresado día 7, sobre as once da
mañá, alborotáronse aquelas catro mil mulleres, arremetendo contra os xefes e empregados
do establecemento, destruíndo todo o tabaco (...), pisárono e tirárono ao mar, romperon e
fixeron mil anacos as máquinas novas para picar o tabaco, que din que custaron catorce mil
duros, tirándoas ao mar, o mesmo que os mobles, papeis, libros de caixa e efectos que
atoparon nas habitacións do director”.

El País, Diario de Pontevedra, 13-12-1857.

a) Que tipo de fonte é? Por que?


b) Cal é o seu tema?
c) Onde e cando sucedeu o acontecemento narrado?
d) Quen o protagonizou?
e) Cales foron os motivos da súa acción?
f) Como protestaron?

13.-Coloca onde corresponda as seguintes palabras: ditadura do proletarido, Bakunin,


pacifismo, contrapoder, diálogo, violencia, comuna, Marx, autoxestión, acordos e Fourier.

SOCIALISMO UTÓPICO SOCIALISMO MARXISTA ANARQUISMO

You might also like