You are on page 1of 3

Exercicios introdución á Historia

1. Das seguintes afirmacións, marca a que mellor defina o concepto de Historia:


a. É unha ciencia que estuda a evolución do ser humano desde a súa orixe ata a aparición da escritura.
b. É a disciplina que estuda a evolución do ser humano desde a formación da Terra ata a actualidade.
c. É unha ciencia que estuda a evolución do ser humano ao longo do tempo desde hai uns 2 millóns de
anos ata a actualidade.
d. É a disciplina que estuda a evolución do ser humano desde que é sapiens sapiens ata a actualidade.

2. Clasifica as seguintes fontes históricas:


 A Constitución de 1812.
 A testemuña dun veterano da II Guerra Mundial.
 Unha fotografía do bombardeo de Guernica en 1937.
 O libro dun historiador sobre a Guerra dos Cen Anos.

3. Le o seguinte texto e indica o tipo de fonte histórica que é un diario:


A pasada fin de semana, fun á casa de meus avós. Como chovía, púxenme a rebuscar nun baúl e atopei un
vello caderno escrito por meu bisavó no que contaba o mal que o pasou loitando na guerra civil española.

4. Ordena as datas na liña do tempo: 622, 753 a. C., 2250 a. C., 1348, 1492.

5. Completa a seguinte táboa. Lembra que os séculos se escriben en números romanos:


Data século Data século Data século
1203 a.C. 1000 753 a.C.
711 1212 27 a. C.
1936 339 a.C. 1057

6. Responde as seguintes preguntas:


a) Que acontecemento separa a Prehistoria da Historia?
b) Cando tivo lugar?
c) Por que che parece importante?

7. De que tipo de fonte se trata?


8. Observa o seguinte eixe cronolóxico. Completa a táboa. Sinala con cada letra a idade da historia
correspondente e co número o acontecemento que nos serve para datala:

Idade Antiga – Idade Contemporánea – Idade Media – Idade dos Metais – Idade Moderna – Neolítico –
Paleolítico.
Fai uns 2 millóns de anos, aparición do ser humano
7000 a. C., aparición da agricultura
3300 a. C., aparición da escritura
476, caída do imperio romano
4000 a. C., descubrimento da metalurxia
1789, Revolución Francesa
1453, toma de Constantinopla polos turcos

a 1
b 2
c 3
d 4
e 5
f 6
g 7

9. Indica que períodos ou etapas comezan con cada unha das seguintes datas:
Hai 2 millóns de anos 476 d. C.
7000 a. C. 1453
3300 a. C. 1789

10. Responde as seguintes preguntas:


a. Cantos anos pasaron desde a aparición dos primeiros homínidos ata a invención da escritura?
b. E desde a aparición da escritura ata a actualidade?

11. Axúdate da liña do tempo e responde:


a. Que etapa histórica ten maior duración?
b. Que etapa histórica ten menor duración?
c. En que idade da historia estamos actualmente? Que acontecemento marcou o seu inicio?
d. En que ano, década, século e milenio estamos?

12. Estas datas corresponden a distintas etapas da Prehistoria:


a) 2500 a. C. b)1500000 a. C. c) 6000 a. C.
- Ordénaas de maior a menor antigüidade.
- Relaciona cada unha delas cun período da Prehistoria e cun material para a fabricación de instrumentos.

13. Que fontes se empregarán para o estudo da Prehistoria?

A ausencia de testemuños escritos fai que haxa que recorrer a escavacións arqueolóxicas para estudar os
restos materiais.
Mira o vídeo sobre a arqueoloxía.

14. Nunha escavación arqueolóxica, que obxectos serán máis antigos, os superiores ou os inferiores. Por
que?

15. Para o estudo do pasado, a Historia sérvese de varias ciencias auxiliares. Define cada un deses termos.
Cal é o obxecto de estudo de cada unha destas ciencias?
- ARQUEOLOXÍA: - PALEONTOLOXÍA: - EPIGRAFÍA: - ANTROPOLOXÍA:

16. Le o apartado “O espazo na Historia” e responde:


- En que consiste o eurocentrismo?

17. Resume o seguinte texto nunha liña:

A historia do mundo escribiuse case sempre desde un punto de vista situado en torno aos 45 graos de
latitude norte.
Londres está xusto por riba dos 51 graos, París en torno aos 49, e Roma nos 42 de latitude norte. Se
contemplamos a franxa de territorio delimitada ao sur polo Cairo (30 graos latitude norte) e ao norte por San
Petersburgo (60 graos latitude norte), vemos o escenario onde se desenvolveu a civilización occidental.
Asia atópase un pouco máis ao sur: Pekín a 40 graos de latitude norte, Tokio a 35 e Seúl a 37.
Norteamérica atópase case na mesma latitude que Asia: Washington D.C. a 39 graos, Filadelfia a 40, Nova
York a 41, Chicago a 41, San Francisco a 38 e Los Ángeles a 34 graos de latitude norte.
(...) É posible que a zona situada entre os 30 e os 60 graos latitude norte non monopolizase a historia
mundial, pero si monopolizou case por completo a versión escrita da historia mundial.
A maioría das editoriais, cadeas de televisión, universidades e bibliotecas contemplan o mundo desde esa
franxa relativamente estreita do territorio.

ACTIVIDADE DE AMPLIACIÓN:
A datación de restos arqueolóxicos consiste en situar nun período determinado, ou data máis ou menos
exacta, os restos materiais e culturais situados nun depósito. Para iso, a arqueoloxía recorre á cronoloxía
relativa, isto é, establecer a orde na que suceden os acontecementos, e á cronoloxía absoluta, é dicir, a
idade ou data dos sucesos. Algúns dos sistemas utilizados son o Carbono 14, a datación por
termoluminiscencia (TL) ou o varrido de resonancia electrónica (ESR). Consulta a seguinte páxina, escolle tres
sistemas de datación e explica en que consisten.
http://arqueomus2.blogspot.com/2010/05/tecnicas-de-datacion-clasificacion-y.html

You might also like