You are on page 1of 6

Introducción: A evolución humana

Os antepasados máis afastados dos seres humanos actuais son os simios. Para que os simios
convertéranse en seres humanos actuais tiveron que sufrir moitos cambios. O conxunto de todos
eses cambios chámase hominización.

Os cambios máis importantes son:

1.- Empezar a camiñar sobre dous pés e co corpo dereito, iso permitiulles ter as mans libres e a
aparición do dedo polgar.

2.- Dentadura cada vez máis pequena.

3.- Cerebro máis grande.

4.- Fabricación utensilios.


Responde ás seguintes preguntas:

1.- Como se chama o conxunto de cambios que leva ao simio para converterse no home actual?

………………………………………………………………

2.-Que cambios houbo no cerebro dos simios ata chegar ao do home? E a dentadura?

3.- Que dedo temos os homes que non teñen os simios?

4.- Quen son capaces de fabricar utensilios, os homes ou os simios?

1. A PREHISTORIA.

Que é a Prehistoria?

A Prehistoria é o período de tempo que empeza cando aparece o home e termina cando aparece a
escritura.

Por que é tan difícil saber que pasou na Prehistoria?


Porque a Prehistoria é un período de tempo larguísimo, moito máis longo que a historia.

Porque aínda que termina cando aparece a escritura, esta non aparece en todas partes á vez.

Etapas da Prehistoria:

Como a Prehistoria é tan longa, os historiadores divídena en tres etapas para que sexa máis fácil de
estudar.

1º Paleolítico 2º Neolítico 3º Idade dos Metais

1º.- PALEOLÍTICO: É a etapa máis longa da Prehistoria.

a.- Como fabricaban as súas ferramentas? As ferramentas eran de pedra. Golpeando unha pedra
contra outra facían coitelos, frechas e machadas.

b.- Como vivían? Eran "nómades", é dicir, non estaban moito tempo nun mesmo lugar, viaxaban
constantemente. Chegaban a un lugar, comían os froitos e as plantas que se atopaban, mataban e
comíanse os animais e cando todo iso acabábase íanse a outro lugar, por iso dise que eran
depredadores.

Formaban grupos pequenos de 20 ó 30 persoas e vivían en covas ou en cabanas construídas con


ramas de árbores e peles de animais.

c.- Que descubriron? Descubriron o lume, que lles serviu para ter luz e calor nas covas onde durmían
e tamén para defenderse dos animais.

d.- Como era a arte? Pintaban nas paredes e teitos das covas, sobre todo animais. Tamén facían
esculturas pequenas con figuras de mulleres ( Venus).

2.- NEOLÍTICO

a.- Como fabricaban as súas ferramentas? As ferramentas eran de pedra, pero xa non se facían só
golpeando, agora se alisaban. Ademais, inventaron ferramentas novas como as pas e as fouces para
traballar o campo e facían utensilios para comer e gardar os alimentos.

b.- Como vivían? Agora cultivaban as súas plantas e os seus froitos e criaban os seus animais para
poder alimentarse. Como se fixeron agricultores e gandeiros xa non necesitaban ir dun lado a outro,
deixaron de ser nómades para facerse sedentarios.

No Neolítico aparecen as primeiras aldeas, sobre todo preto dos ríos porque a terra era máis
adecuada para a agricultura. Dentro de cada aldea, apareceron distintos traballos: uns dedicábanse
a coidar enfermos (os feiticeiros), outros a cazar (os cazadores), outros a defender á aldea (os
guerreiros), outros a fabricar ferramentas (os artesáns) ou a dirixir a aldea (o xefe). Xa non eran
todos iguais, aparece a organización da sociedade.

c.- Que descubriron? Como había agricultura e gandería, ás veces sobrábanlles alimentos, por iso
aparece o comercio, como non había moedas, cambiábanse uns produtos por outros.

No Neolítico aparece a cerámica, para poñer os alimentos, e os tecidos (como a la dos animais),
para fabricar roupa non só con peles de animais.

d.- Como era a arte? Sobre todo a cerámica decorada.

3.-IDADE DOS METAIS:

a.- Como fabricaban as súas ferramentas? Con cobre, bronce e ferro. Co metal fabricaban armas
(machadas, puñais), utensilios de cociña (vasillas, pratos, cubertos) e utensilios para o campo (pas,
aixadas) moito máis resistentes e duradeiros.

b.- Como vivían? Os grupos son cada vez máis grandes, aparecen novos traballos, como os quese
dedicaban a traballar (fundir) o metal

c.-Que inventaron?: a roda, o arado e o muíño que melloraron o traballo no campo e a vela que
mellorou a navegación.

d.- Como era a arte? Construían monumentos con pedras moi grandes (monumentos megalíticos).
Entre eles podemos distinguir o menhir (unha gran pedra colocada verticalmente), o dolmen (dous
ou máis grandes pedras colocadas verticalmente e encima outra de forma horizontal), o cromlech
(pedras dispostas en círculos).

_______________________________________________________________________________

Despois de ler ben as páxinas anteriores, completa os seguintes exercicios:

1.- Indica se é verdadeiro (V) ou falso ( F):

• No Paleolítico apareceu a agricultura.

• Os homes do paleolítico eran depredadores.

• No Neolítico aparecen a agricultura e a gandería.

• No Neolítico, os homes eran nómades, ían dun lado a outro.


• Na Idade dos Metais inventouse a roda.

• As figuritas de muller, chamadas Venus, facíanse no Neolítico

2.- Completa as seguintes frases:

• A Prehistoria comeza cando aparece ........................................

• A Prehistoria termina cando aparece ...........................................

• Para estudala máis facilmente, dividimos a Prehistoria en 3


etapas: ............................, ................................ e .......................................................

• No .................................. fabricaban as súas ferramentas golpeando unha pedra contra


outra.

• No Paleolítico durmían en .................................

• No Paleolítico eran .............................., é dicir, non quedaban moito tempo no mesmo lugar.
Tamén eran ....................................., pois se comían todo o que había na natureza.

• As ferramentas da idade dos Metais eran de ..........................., ....................... e .....................

3.- En que se diferenciaban as ferramentas do Paleolítico e as do Neolítico?

4.-Para que lles servía o lume aos homes do paleolítico?

5.- Une con frechas as etapas da Prehistoria e os seus restos artísticos:

Paleolítico Cerámica decorada

Neolítico Monumentos megalíticos

Idade dos metais Pinturas

6.- Que é un menhir?

You might also like