You are on page 1of 7

AS FONTES DA

HISTORIA E A MEDICIÓN
DO TEMPO
O ESTUDO DO PASADO
A historia é unha ciencia que analiza o pasado, que busca dar respostas a preguntas
que nos facemos sobre acontecementos ocorridos hai centos ou miles de anos. Recollendo
datos de todo tipo, podemos saber como vivían os nosos devanceiros, en que crían, que
comían ou como eran as historias que contaban. Estes datos reciben o nome de FONTES. Os
historiadores investigan este pasado e grazas a súa análise e interpretación podemos
reconstruír este tempo que xa pasou. O primeiro dos historiadores chamábase HERODOTO.

As fontes históricas poden ser de dous tipos: Fontes primarias e fontes secundarias.

 FONTES PRIMARIAS: Son aquelas contemporáneas aos feitos de que informan. Isto
quere dicir que son do momento que estuda o historiador. Este tipo de fontes poden ser
obxectos, documentos escritos, fotografías, vídeos ...
CANTO MÁIS ANTIGO SEXA O PERÍODO DE TEMPO A ESTUDAR, MENORES SON AS
FONTES PRIMARIAS QUE PODEMOS MANEXAR.

EX. Se queremos saber como vivían os habitantes dunha polis grega podemos facelo
grazas a restos materiais (moedas, cerámica, obxectos artísticos ...) e a fontes escritas
do momento. Se queremos saber como vivían os homes do Paleolítico só podemos
recorrer a obxectos e non a fontes escritas, porque a escritura aínda non estaba
inventada. Porén se queremos saber como vivían os nosos avós, as fontes son tanto
materiais, como orais, escritas ou audiovisuais.

 FONTES SECUNDARIAS: Son posteriores aos feitos do que informan e habitualmente


son obra de historiadores, despois de analizar múltiples fontes primarias. Un mapa
histórico, un libro de historia, unha gráfica sobre poboación, son exemplos disto.

Fonte primaria (cerámica grega)

Fonte primaria (falcata ibera)

Fonte primaria (soldados alemáns axudando a un


soldado francés durante a Iª Guerra Mundial).
Fonte secundaria (Historia de Roma de Indro Montanelli, 1938)

Segundo a súa natureza, todas as fontes, sexan primarias ou secundarias, as podemos


clasificar en: orais, escritas, iconográficas e materiais.

TIPOS DE FONTES SEGUNDO A SÚA NATUREZA


Fontes escritas  Documentos públicos e privados (leis,
inscricións, tratados, discursos ...)
 Publicacións (prensa, folletos ....)
 Correspondencia pública ou privada
 Obras literarias, científicas ...
 Gráficos, mapas etc
Fontes orais  Directas (entrevistas)
 Indirectas (gravacións)
Fontes iconográficas  Obras plásticas (pintura, escultura,
arquitectura)
 Obras gráficas (fotografía, cine)
Fontes materiais  Obxectos da vida cotiá (roupa,
ferramentas, armas, utensilios,
xoguetes ...)

PENSA E CONTESTA:

1. Se quixeras saber como vívía un habitante de Lucus Augusti no séc. III.


Que fontes poderías utilizar segundo a súa natureza? E se fóra unha persoa
de Cangas a comezos do séc XX? Indica se son fontes primarias ou
secundarias e a súa natureza.

2. Relaciona segundo a natureza da fonte:


 Xornal Fonte material
 Pedra de sílex Fonte iconográfica
 Pintura rupestre Fonte escrita
 Carta Fonte material
 Espada romana Fonte material
 Escultura griega Fonte oral
 Fotografía Fonte material
 Disco musical Fonte iconográfica
 Un cuadro de un museo Fonte escrita
 Entrevista Fonte iconográfica
COMO MEDIMOS O TEMPO EN HISTORIA?

Para poder reconstruír o pasado cómpre ordenar os acontecementos que ocorreron e


tamén situar os obxectos que nos permiten saber cousas do pasado.

Para medir o tempo en historia, na meirande parte do mundo emprégase a era cristiá.
O ano 1 correspóndese co nacemento de Xesuscristo, de tal maneira que todo o que aconteceu
antes o datamos como a.C. (antes de Cristo) e todo o que aconteceu despois o datamos d.C.
(despois de Cristo). Quere dicir isto que no ano en que nos atopamos agora (2023) hai 2023
anos que naceu Cristo.

Podemos empregar para datar tamén outra expresión A.e.c. (Antes da era común) polo
tanto todo o que aconteceu antes do ano 1 se encadra aquí. Se empregamos a expresión E.c
(Era común) falamos de todos os acontecementos posteriores ao ano 1.

Durante este curso imos estudar a


PREHISTORIA e a IDADE ANTIGA. RECORDA !!

A PREHISTORIA comeza hai uns 5 millóns de 10 ANOS = 1 DÉCADA


anos coa aparición do primeiro ser humano
(primeiro homínido que partindo dun tronco común 100 ANOS = 1 SÉCULO
comezou a camiñar ergueito) ata hai 5.500 anos
(3.500 a.C. aprox.) cando se produciu a invención 1000 ANOS = 1 MILENIO
da escritura.

Dentro da Prehistoria distinguimos 3


 O ANO 0 NON EXISTE. Pásase do ano 1
etapas:
a.C. ao ano 1 d.C.
• PALEOLÍTICO (Dende hai 5 millóns de
anos ata hai 10.000)  AS DATAS QUE SUCEDERON a.C.
ORDÉNANSE AO REVÉS. DESTE MODO, O
• NEOLÍTICO (Dende hai 10.000 ata hai ANO 727 a.C. PASOU ANTES QUE O 726
7.000) a.C. Polo tanto, DESCONTAMOS ANOS
ATA CHEGAR AO ANO 1.
• IDADE DOS METAIS (Dende hai 7.000 ata
hai 5.500 anos)  OS SÉCULOS ORDÉNANSE A PARTIRES
DO SÉCULO 1 (1 d.C-100 d.C.). DE AQUÍ
A súa vez o Paleolítico divídese en
EN DIANTE SON CONSECUTIVOS. PARA
Paleolítico Inferior, Paleolítico Medio e
COÑECER A QUE SÉCULO PERTENCE
Paleolítico Superior.
UNHA DATA CONCRETA, DEBEMOS
SUMARLLE UNHA CIFRA ÁS CENTENAS.

A IDADE ANTIGA comeza coa invención da (EX. 1245 /12+1=13/SÉC. XIII)


escritura (hai uns 5.500 anos) e finaliza coa
 OS SÉCULOS ESCRÍBENSE SEMPRE EN
caída do Imperio romano de occidente no ano
NÚMEROS ROMANOS.
476 d.C.

Hai 5 millóns de anos Hai 10.000 anos Hai 7.000 anos Hai 5.500 anos

PALEOLÍTICO NEOLÍTICO IDADE DOS


METAIS

PREHISTORIA
A VER SE ENTENDICHES !!

 En que ano, década, século e milenio estamos?

 Ordena as seguintes datas desde a máis antiga ata a máis moderna:


1024 d.C., 725 a.C, 442 a.C., 442 d.C., 1 a.C., 2021 d.C., 1350 a.C.

 Indica en números romanos a que séculos pertencen as datas anteriores.

COMO SE FAI UNHA LIÑA DO TEMPO SEGUINDO UNHA


ESCALA?
A maneira máis sinxela de ordenar acontecementos simultáneos no tempo, é dicir,
que son da mesma época establecendo unha sucesión dos mesmos, é mediante un eixe
cronolóxico ou liña do tempo.

Para confeccionar unha liña do tempo no caderno de clase, que reflicta os espazos
temporais de maneira equitativa debemos antes de nada establecer unha escala.

A escala determina unha RELACIÓN DE PROPORCIONALIDADE entre un ESPAZO DE


TEMPO (normalmente en anos) e un ESPAZO FÍSICO (polo xeral en mm ou cm) e vainos
permitir darlle un valor fixo a un espazo de tempo, de tal maneira, que todos os
acontecementos ocuparán o espazo físico no caderno que realmente lles corresponde. Trátase
dunha maneira gráfica de mostrar o paso do tempo.

Precisamos, para facer a liña do tempo unha regra (xa que seguiremos o SISTEMA
MÉTRICO DECIMAL) e unha folla cuadriculada. Faremos e escala en función do espazo de
tempo que queiramos representar coa nosa liña. Darémoslle un valor en tempo aos cadradiños
da folla, distinto segundo representemos millóns de anos, miles de anos, séculos ou décadas.

Para representar o espazo de tempo da Prehistoria e a Idade Antiga debemos darlle a


cada cadradiño un valor alto en anos, xa que falamos de espazos de tempo moi amplos,
mentres que para representar a vosa vida, o valor de cada cadradiño debe ser un espazo de
tempo pequeno.
1º Exercicio: (FACER CO ALUMNADO NA AULA)

Representar o espazo temporal dende o comezo da Prehistoria ata o comezo da era


cristiá (ano 1).

Antes de nada debemos dicir que imos traballar con mm e cm, polo tanto:

1cm = 10 mm

Podemos aproveitar os cadradiños da folla. Segundo o caderno que manexedes, os cadradiños


medirán 4 mm ou 5 mm.

Na ESCALA que imos empregar, 5 mm son 100.000 anos. Cada centímetro pois son 200.000
anos.

 5 mm = 100.000 anos
 1 cm = 200.000 anos
 2 cm = 400.000 anos
 3 cm =
 4 cm =
 5 cm =

Con lapis, goma e regra imos trazando unha liña de 2 cadrados de ancho facendo divisións de
5 centímetros (1 millón de anos) ata chegar ao ano 1. Colorear a liña.

2º Exercicio: (FACER CO ALUMNADO NA AULA)

Representar o espazo temporal dende o comezo da Idade Antiga (3.500 a.C.) ata o ano 2020.

Como no caso anterior, podemos aproveitar os cadradiños da folla. Recordade que algúns deles
miden 4 mm e outros 5 mm, pero para iso temos a regra.

Na ESCALA que imos empregar, cada 5 mm son 100 anos. Cada milímetro son 20 anos, polo
tanto.

 5 mm = 100 anos
 1 mm = 20 anos
 2 mm =
 3 mm =
 1 cm =
 5 cm =

Como temos datas antes e despois do nacemento de Cristo faremos así: Do 3500 a.C

ata o ano 1 van 3500 anos, se a esta cifra lle sumanos os 2020 anos restantes vemos

que temos que representar 5520 anos.

Para saber, canto debe medir a nosa liña do tempo, podemos realizar unha simple regra de
tres. Observa:

 100 anos ------------- 5 mm


5520 anos ------------ X

X= 5520 x 5 : 100

X= 276 mm= 27,6 cm


Con lapis, goma e regra imos trazando unha liña de 2 cadrados de ancho facendo divisións
seguindo a nosa escala.

Na liña do tempo debemos indicar as seguintes datas:

3.500 a.C., 1520 a.C., 1 d.C., 500 d.C., 480 d.C., 2020.

Colorear a liña en dúas cores, distinguindo o espazo que vai dende a invención da escritura
(3.500 a.C.) ata o ano 1 e dende ese ano 1 ata o 2020.

3º Exercicio:

Facer unha liña do tempo da túa vida.

Na ESCALA que imos empregar, cada 5 mm son 3 meses. Dous centímetros son 12 meses,
polo tanto.

 5 mm = 3 meses
 10 mm =
 15 mm =
 2 cm = 12 meses/1 ano
 4 cm =

Con lapis, goma e regra imos trazando unha liña de 2 cadrados de ancho facendo divisións
seguindo a nosa escala. Debes facer unha regra de tres para saber cantos centímetros debe
medir.

Na liña representarás 5 momentos relevantes da túa vida ata agora. Mediante cores debes
distinguir a túa vida antes da escola de primaria, a etapa na escola de primaria e o comezo da
túa etapa na E.S.O.

You might also like