You are on page 1of 2

A prehistoria divídese en dúas etapas: a Idade de Pedra (Paleolítico, Mesolítico e Neolítico) e a

Idade dos Metais (Cobre, Bronce e Ferro).

O Paleolítico caracterízase por ser o periodo máis longo da existencia do ser humano. Durante este
periodo o home aprende a tallar pequenos utensilios de pedra e óso e domestica o lume. A sociedade
desta época era nómada e depredadora, tiña que cambiar de lugar cada certo tempo para poder
atopar comida e alimentábase principalmente da caza. Comunmente, descríbese a este tipo de
sociedade como “cazadores recolectores”, pois a maiores da caza e da pesca a súa dieta se compuña
de vexetais, froita e cereais.

O Mesolítico considérase unha etapa de transición entre Paleolítico e Neolítico, e moitas das
características principais da sociedade neolítica poden comezar a verse neste periodo.
Principalmente: aumenta a temperatura da terra dando lugar ó fin das idades de xeo e comeza a
desaparecer a Megafauna (mamuts, leóns das cavernas, etc.)

O Neolítico é a etapa que ten lugar dende o descubrimento da agricultura e da gandería ata a
utilización do metal, fai uns 7000 anos. Durante esta época a sociedade caracterízase por ser
sedentaria e produtora. Vivía en poboados permanentes, organizados en clans. Durante este periodo
pásase dunha “economía” depredadora á produtora e observamos cambios importantes na
sociedade:

• Aparición da agricultura e da gandería: cada individuo se dedica a un traballo particular e a


sociedade se divide en clases, segundo a súa riqueza, isto é posible porque se comeza a
almacenar e a ter propiedade ca que comerciar, aparecendo así o troco.

• Transformacións técnicas: aparecen novas ferramentas relacionadas ca agricultura, así como


o desenvolvemento da cerámica e da actividade téxtil.

• Transformacións relixiosas, culturais e artísticas: xorde o culto a diversos deuses da Terra e


aparecen as primeiras construcións funerarias.
• Arte e cultura: nas covas comezan a aparecer pinturas e debuxos nas cavernas representando
escenas de caza, animais, e outros símbolos así como pequenas figuras representando ós
deuses.
A Idade dos metais é a etapa que abrangue dende a utilización do metal ata a invención da
escritura, ó redor do 3.500 a.C. Esta etapa tende a dividirse en tres periodos: Idade de Cobre, Idade
de Bronce e Idade de Ferro. Durante esta idade atopamos grandes avances técnicos e un enorme
crecemento da poboación. Primeiro aprendeuse a fundir metais e facer moldes de cobre, co tempo o
home aprendeu a fundir cobre e estaño, creando Bronce (un material máis resistente) e finalmente,
cara o ano 1.300 a.C, logra obter o ferro, o metal máis duro.

Durante a idade dos metais a sociedade estratifícase, e divídese acorde a distintos criterios coma o
traballo, as propiedades ou o prestixio. A maiores da utilización de metais para a produción de
novas ferramentas aparecen novos utensilios coma a roda ou o arado.

A cultura material máis importante deste período é a arquitectura megalítica, é dicir, as construcións
con grandes pedras cunha finalidade relixiosa ou funeraria. Hai varios tipos de construcións
megalíticas:

1) Menhir: gran pedra alongada cravada no chan verticalmente.


2) Dolmen: varias pedras verticais cravadas no chan con outras colocadas por riba.
3)Crómlech: círculo amplo formado con varios menhires.

(1) (2) (3)

You might also like