You are on page 1of 7

TEMA 19. A HISTORIA XEOLÓXICA DA TERRA. FAUNA E FÓSILES.

Sumario
0. Introdución.......................................................................................................................................1
1. Historia xeolóxica da Terra...............................................................................................................1
1.1. Orixe da Terra...........................................................................................................................1
1.2. Xeoloxía histórica.....................................................................................................................1
1.3. Historia da Terra.......................................................................................................................2
1.3.1. Terra primitiva...................................................................................................................2
1.3.2. A formación dos continentes.............................................................................................2
1.3.3. Formación da atmosfera actual.........................................................................................3
1.4. Etapas ao longo da historia terrestre.........................................................................................3
2. Fauna e flora fósiles..........................................................................................................................3
2.1. Extinciones masivas..................................................................................................................6
3. Conclusión........................................................................................................................................7
4. Bibliografía.......................................................................................................................................7

0. Introdución
Actualmente acéptase que o Sistema Solar ten unha idade de 4600m.a. Porén, as rochas máis
antigas atopadas no planeta Terra rondan aproximadamente os 3000-3500m.a. En cambio, as rochas
da Lúa traídas á Terra pola misión Apolo XI, superan esas idades (ao redor dos 4000m.a.). Esta falta
de rochas de idades superiores aos 3500m.a. pode ser debido a intensa actividade da cortiza
terrestre, que provocou a desaparición das rochas máis antigas e formación de novas rochas. Agora
ben, a Lúa non está sometida a estes procesos de reconstrución e a súa superficie só cambia por
impactos de meteoritos, fundamentalmente. A continuación veranse os cambios que se deron na
Terra ao longo da súa historia xeolóxica.

1. Historia xeolóxica da Terra.


1.1. Orixe da Terra
Aínda que non se teñen datos dos primeiros 1000-1500m.a. da formación da Terra. Suponse que un
conxunto de masas meteóricas foron agrupándose debido ao aumento da atracción gravitatoria
(acreción). Estes impactos provocarían un aumento da temperatura da masa en formación,
convertendo á Terra nunha masa totalmente fluída, influída tamén pola desintegración de elementos
radioactivos. Esta fusión dos materiais deu lugar a un transporte de materia no interior,
producíndose unha diferenciación en zonas concéntricas, nas que os materiais mais densos
ocuparon as zonas máis profundas do planeta e os máis lixeiros progresivamente as máis externas.

1.2. Xeoloxía histórica


A rama da bioloxía que estuda os cambios que sufriu a Terra dende a súa formación ata o presente é
a Xeoloxía Histórica. E divídese en varias disciplinas:
- A paleoxeografía ten como obxectivo o estudo das diferentes condicións xeográficas ao longo da
historia xeolóxica.
- A paleobioxeografía estuda a distribución xeográfica dos organismos do pasado que coñecemos a
través dos fósiles.
- E a paloclimatoloxía, que estuda as características climáticas da Terra ao longo da súa historia.

1.3. Historia da Terra


1.3.1. Terra primitiva
A comezos da formación do planeta non existirían as cubertas máis externas da Terra, senón que
se irían formando por procesos de descomposición térmica de minerais que se liberarían en forma
de gases, que se condensarían formando a hidrosfera e outra parte formaría a atmosfera primitiva,
moi diferente á actual. A atmosfera terrestre sería completamente redutora, carente de osíxeno e
formada por gases como o hidróxeno, metano, amoníaco ou CO2.
Ademáis a superfice terrestre estaría recibindo impactos continuos de meteoritos e sometida a unha
gran actividade volcánica. Aínda así, entre os 3800m.a. comeza a producirse a sedimentación e
aparecen as primeiras rochas sedimentarias. Vaise arrefriando a Terra, dando lugar ao comezo da
Tectónica de Placas (3300-3200ma). E, aproximadamente nestas datas, probablemente se
comezaran a sintetizar os primeiros compostos orgánicos axudada pola enerxía das radiacións
ultravioleta e descargas eléctricas.
Entorno aos 2000 ma comeza a formación dos núcleos continentais que culminarán coa formación
do supercontinente Rodinia. Tamén aumentan os niveis de O2 na atmosfera alcanzando un 7%
fai uns 670ma debidas ao plancton calcáreo.

1.3.2. A formación dos continentes


Antes do Fanerozoico https://www.geoenciclopedia.com/supercontinentes-91.html
No Fanerozoico a deriva continental coñécese bastante ben, a comezos deste eón (500ma) existía
un continente chamado Gondwana (África, Suramérica, Australia, a Antártida, India e partes de
China); e o resto (Norteamérica e Eurasia) estaba illados. Época de transgresións mariñas e da
explosión cámbrica da biosfera. A continuación Gondwana móvese cara o sur e ten lugar a
glaciación ordovícica. Ao redor dos 430ma ten lugar a oroxenia Caledoniana mediante a cal
Laurentia (a actual Norteamérica) choca con Báltica (parte de Europa) dando lugar a Laurrusia, e
provocando un clima máis árido (areíscas vermellas antigas). O continentes seguiron
aproximándose, ata que fai uns 300 ma Gondwana, que se desprazou dirección norte colisionou con
Laurrusia, formándose os Apalaches en Norteamérica e a cadea hercínica en Europa (Oroxenia
Herciniana) fraguándose a última Panxea, que ocorreou despois dunha segunda glaciación
denominada glaciación de Gondwana no continente de Gondwana. O supercontinente estaba
composto por Laurasia e Gondwana, un océano universal (Panthalassa) con unha cuña oceánica
(Mar de Thetys).
No Triásico-Cretácico comeza a fragmentarse Panxea e a formarse o océano Atlántico. Nesta
fragmentación India e Australia sepáranse de Gondwana e migran cara o ecuador. Prodúcese a
CAMP (Central Atlantic Magmatic Province), rexión volcánica causada pola separación de África
de Sudamérica.
Gondwana continúa fragmentándose (Madagascar sepárase de África). O Atlántico Sur continúa
abríndose, a microplaca Ibérica sepárase da Europea (abríndose o mar Cantábrico). En
Norteamérica fórmanse as Montachas Rochosas e en Sudamérica os Andes, debido ao proceso de
subdución. E iníciase a oroxenia Alpina, Cimeria (Turquía ata Pakistán) colisiona con Asia.
A dispersión de Panxea da lugar a un clima máis cálido e a intensa actividade volcánica nas dorsais
supón un aumento na actividade planctónica que ao enterrarse da lugar a abundantes xecementos
petrolíferos.
No Cenozoico India choca contra Asia, formando o Himalaia (última cordilleira da oroxenia
Alpina); Arabia con Cimeria e Italia e a Península Ibérica contra o sur de Europa (Alpes e Pirineos,
respectivamente). Unha época marcada polas glaciacións e interglaciacións do Cuaternario.

1.3.3. Formación da atmosfera actual


Entorno aos 3500-2700ma aparecen en augas costeiras as primeiras cianobacterias, formando
estruturas coñecidas como estromatolitos (depósitos de carbonato cálcico). Estas cianobacterias
realizan a fotosíntese, pero ao principio todo o osíxeno que producían desaparecía pola respiración e
oxidación dalgúns minerais. A principios do Proterozoico as cianobacterias crecen
exponencialmente e a fotosíntese supera os procesos citados, co que se produce un aumento do
osíxeno na atmosfera.
O nivel de osíxeno alcanza un máximo no Carbonífero (un 35%) debido ao soterramento da
materia orgánica e o desenvolvemento das plantas leñosas vasculares, que reduciron o CO2 presente
na atmosfera e permitiu un aumento considerable do osíxeno.
Actualmente mantense nuns niveis próximos ao 21% regulado por mecanismos complexos, como a
oxidación das rochas, a actividade dos organismos heterótrofos ou dos incendios forestais se
aumenta a concentración de osíxeno.
Unha vez que había suficiente osíxeno na atmosfera puido formarse a capa de ozono, que absorbe a
radiación ultravioleta B, permitindo a vida ao descuberto.

1.4. Etapas ao longo da historia terrestre.


A historia xeolóxica da Terra divídese nunha serie de etapas que se esquematizan a continuación:
O tempo denominado Precámbrico, que abrangue dende os 4600ma ata os 541ma, comprende o
90% da historia xeolóxica e inclúe 3 eóns:
- Hádico: no que se forma o planeta e se produce a colisión da Lúa.
- Arcaico: entre outros acontecementos orixínase o campo magnético terrestre.
- Proterozoico: hai un crecemento continental e unha actividade oroxénica. A finais deste eón
formase o supercontinente Pannotia.
O eón actual, o Fanerozoico “era visible”, caracterízase pola intensa actividade tectónica e a
evolución da materia viva. Divídese en 3 eras:
- Paleozoico: exténdese dos 541 ata os 252 ma, nos que Pannotia se divide e se vai superando o
período glaciar precedente. A finais os continentes irán xuntándose progresivamente. Está dividida
en 6 períodos: Cámbrico, Ordovícico, Silúrico, Devónico, Carbonífero e Pérmico.
- Mesozoico: exténdese dende os 252 ma ata os 66ma, na que se forma o continente Panxea que
posteriormente se divide en Laurasia e Gondwana. Abrangue os períodos: Triásico, Xurásico e
Cretácico.
- Cenozoico: dende os 66 ma ata a actualidade, na que os continentes van adquirindo a
conformación actual. Divídese nos períodos: Paleóxeno, Neóxeno e Cuaternario.

2. Fauna e flora fósiles


A primeira evidencia fósil abundante non aparece ata comezos do Cámbrico, aínda así xa hai
evidencia de materia viva no Precámbrico, coma a fauna de Ediacara. A continuación comentaranse
os seres vivos característicos nas diferentes etapas da historia xeolóxica.
No eón Arcaico aparecen por primeira vez seres vivos sobre a Terra, procariotas anaerobios que
deixaron microfósiles principalmente en Australia, son exemplos (5):
- Microfósiles de Bitter Springs Chert (Australia, 3600ma, cianobacterias).
- Microfósiles de Marble Bar (Australia, 3500 ma, cianobacterias e bacterias anaerobias).
- Fósiles de Warrawoona (Australia, 3450 ma, Estromatolitos
- Formación “Fig Tree” (Sudáfrica, 3200 ma)
- Fósiles de Fortescue (Australia, estromatolitos, 2800 ma).
No Eón Proterozoico destacan os fósiles de Gunflint (Australia, cianobacterias, 2100ma).
Aparecen as primeiras células eucariotas (2100ma, Grypania e Acritarcos). E fai 1400 ma aparece a
reprodución sexual. En 1947 encontrouse en Ausralia unha serie de fósiles que se denominou Fauna
de Ediacara (fai 900ma) constituída por invertebrados mariños sendo a primeira evidencia de
explosión de vida. Entre 900-700ma aparecen os primeiros individuos do reino fungi e doutros
animais. A finais do Proterozoico prodúcese a primeira gran extinción dos seres vivos, debido
probablemente a explosión do plancton mariño.
No eón Fanerozoico prodúcese a explosión da vida animal. A comezos do Paleozoico, no período
Cámbrico en pouco tempo orixínanse practicamente todos os grupos actuais, denominada
revolución Cámbrica. Os fósiles máis característicos deste período son os Trilobites, Braquiópodos
inarticulados, Arqueociátidos e Equinodermos.
No Ordovícico continúa a diversificación da fauna mariña. Perduran os trilobites e alcanzan gran
desenvolvemento os Braquiópodos e os Graptolites. Tamén adquiren importancia os Moluscos
(Gasterópodos, Pelecípodos e Cefalópodos) e continúa a aparición de Briozoos e Crinoideos.
Aparecen os primeiros vertebrados e comeza a colonización do medio terrestre a través das briófitas
e os artrópodos. Ao final deste período ten lugar a glaciación Ordovícico-Silúrica.
No Silúrico alcánzanse niveis de osíxeno similares aos actuais debido a explosión da vida
fotosintética e da conquista da terra emerxida. Aparecen as Psilófitas (con tecidos conductores) e os
artrópodos terrestres tipo escorpións.
No Devónico predominan os Goniatites e os Braquiópodos, e os Trilobites comezan a escasear. As
plantas terrestres continúan o seu desenvolvemento, aparecen os primeiros insectos e peixes
dipnoos. Desenvólvese a respiración pulmonar e a tetrapodia e orixínanse os primeiros anfibios
(procedentes dos Crosopterigios). Ao finalizar este período ten lugar a extinción Devónica.
O Carbonífero caracterízase pola abundancia de fentos, equisetos e licopodios. Pero tamén se
desenvolven as Pteridospermas (fentos con sementes), Cicadófitas e gimnospermas coma as
coníferas. OS foraminíferos como as fusilinas soen ser abundantes. Corais, braquiópodos,
equinodermos e cefalópodos son abundantes. Os trilobites seguen a desaparecer.
Os insectos e os arácnidos fanse moi abundantes, aparecendo os insectos con ás. O máis
significativo é a aparición da vida independente da auga para respirar: os réptiles. A súa definitiva
adaptación ao medio terrestre fixo que durante 100 ma foran os animais con maior éxito ecolóxico.
No Pérmico danse fortes contrastes climáticos, con hemisferio norte desértico e un sur xeado, fortes
variacións de temperatura e intensa actividade volcánica. Polo que se produciu unha extinción de
especies paleozoicas. Trátase dunha etapa de crise biolóxica, a máis importante da historia da vida
dos invertebrados. Seguiralles unha radiación evolutiva que da paso as formas mesozoicas.
Aínda así xorden os cefalópodos Ammnonites. E diversas formas de réptiles, algúns dos cales
recordan aos mamíferos. Entre os anfibios convén mencionar ao xénero Cacops.
No Mesozoico (era) desapareceron xa os grandes grupos de animais como os Trilobites, Graptolites
e Peixes acorazados. Desenvolvéronse amplamente os vertebrados, sobre todo os réptiles. Ao
consolidarse os continentes desenrólanse amplamente unha abundante flora de plantas
Anxiospermas. Entre os fósiles característicos atópanse os Ammonites e os Belemnites.
O triásico caracterízase por ser un períodos de tranquilidade tectónica. Abundan as pteridófitas e
ximnospermas. E os moluscos adquiren gran importancia, representados por tres clases principais:
gasterópodos, bivalvos e cefalópodos. Desenvólvense os peses óseos ou osteíctios e dáse a gran
explosicón dos réptiles que sufriron unha xigantesca radiación adaptativa. Orixinando os seguintes
grupos: quelonios, plesiosarurios, lepidosariuriso, actisoaurios, réptiles mamiferoideos e os
arcosaurios. Este útlimo abarca os pterosaurios, cocodrilos e os dinosaurios. E algunha outra estirpe
descoñecida que daría lugar ás aves. Parece que tamén fan a súa aparición os primeiros mamíferos,
así como os predecesores dos anfibios modernos.
No Xurásico desaparecen as pteridospermas. Dominan as ximnospermas, seguen desenvolvéndose
os fentos e plantas do xénero Ginkgo. Aparecen as diatomeas. En canto a fauna hai unha gran
abundancia e diversidade. Cos ammonites e belemnites como os máis importantes. Desenvólvense
peixes teleóstios e os réptiles continúan o seu desenvolvemento. Aparecen as primeiras aves e os
mamíeferos continúan o seu crecemento.
No Cretácico xorden as anxiospermas. Primeiro as dicotiledóneas e logo as monocoiledóneas,
diminuíndo a importancia das coníferas. Probablemente esta grande radiación se vira favorecida
polo enfriamento xeral do clima en todo o mundo, a aparición de insectos capaces de polinizar, e o
desenvolvemento de aves capaces de transportar as sementes.
En canto a fauna aparecen rudistas como o xénero Hippurites e os restos dos foraminíferos
orbitolinas dan importantes depósitos de calizas. Extínguense os dinosaurios e comezan as aves
neornites que inclúen a todas as aves modernas. Afianzase o desenvolvemento dos mamiferos
prototerios e placentarios, particularmente insectívoros.

No cenozoico (era) caracterízase porque comeza con unha importante crise biolóxica que produciu
grandes modificacións, coa desaparición de varios grupos e o desenvolvemento de outros que deron
á biosfera unha configuración similar á actual. A superficie terrestre tamén adquire un aspecto
parecido ao actual. Desaparecen os Ammnoites, Belemnites e os grandes réptiles.
Flora: hai un claro predominio das anxiospermas sobre as coníferas, que quedaron case
exclusivamente relegadas á bosques do hemisferio Norte. Tamén foron gañando terreo as grandes
pradeiras herbáceas, aparecen os cereais e outras plantas con sementes e froitos, a cuxas expensas se
desenrolan as aves.
Fauna: en canto aos protozoos hai un predominio dos foraminíferos (nummulites e as alveolinas),
especialmente durante o Paleoceno. Dos equinodermos practicamente todos os grupos cenozoicos
chegaron á actualidade. Destacan equínidos hexacícliclos, bivalvos de grandes cunchas.
Os peixes tiveron un gran desenvolvemento. Desapareceron a maior parte dos réptiles, pero
adquiren un gran desenrolo os quelonios. Os mamíferos adquiren a súa diversificación similar a
actual, incluíndo a aparición dos mamíferos acuáticos.
No cuaternario os organismos que poboaron as terras emerxidas, existen hoxe en día. Aínda así
convén destacar que os períodos glaciares fixeron gran influencia sobre a flora e a fauna.
Predominio da pradeira en etapas frías e bosques de coníferas e carballos nas interglaciacións.
Fauna: desapareceron animais como o mamut, o rinoceronte lanudo e o óso das cavernas. Cando
enfriou o clima, moitos animais adaptados á ambiente cálidos desapareceron de Europa.

2.1. Extinciones masivas


Las cinco grandes extinciones masivas que han ocurrido en la historia de la Tierra son las
siguientes:
1. Extinción del Ordovícico-Silúrico (hace aproximadamente 443 millones de años): Esta
extinción fue una de las más antiguas y se caracterizó por la desaparición de alrededor del
85% de las especies marinas. Las causas exactas no se conocen con certeza, pero se cree que
estuvieron relacionadas con cambios climáticos, niveles bajos de oxígeno en los océanos y
la formación de glaciares.
2. Extinción del Devónico-Cretácico (hace aproximadamente 359 millones de años): Esta
extinción fue responsable de la desaparición del 75% de las especies marinas y una gran
cantidad de especies terrestres. Las causas posibles incluyen el cambio climático, la
actividad volcánica masiva y la reducción de los niveles de oxígeno en los océanos.
3. Extinción del Pérmico-Triásico (hace aproximadamente 252 millones de años): Esta es la
extinción más devastadora en la historia de la Tierra, donde se estima que más del 95% de
todas las especies marinas y el 70% de las especies terrestres se extinguieron. Las posibles
causas incluyen la actividad volcánica masiva, el cambio climático, la acidificación de los
océanos y la liberación de gases tóxicos.
4. Extinción del Triásico-Jurásico (hace aproximadamente 201 millones de años): Esta
extinción afectó principalmente a las especies marinas, donde alrededor del 80% de las
especies desaparecieron. Se cree que las posibles causas fueron la actividad volcánica, el
cambio climático y la reducción de los niveles de oxígeno en los océanos.
5. Extinción del Cretácico-Paleógeno (hace aproximadamente 66 millones de años): Esta es la
extinción más famosa, ya que marcó el fin de los dinosaurios no aviares. Se cree que el
impacto de un asteroide en lo que ahora es la península de Yucatán en México fue la
principal causa de esta extinción. El evento provocó cambios climáticos drásticos, incendios
forestales masivos y la liberación de polvo y gases tóxicos, lo que resultó en la desaparición
de alrededor del 75% de todas las especies en la Tierra.
3. Conclusión
En resumen, la historia geológica de la Tierra es un relato fascinante de cambios y evolución a lo
largo de miles de millones de años. A través de su estudio, podemos apreciar la dinámica y la
belleza de nuestro planeta, comprender la formación de paisajes, la evolución de la vida y reconocer
nuestra conexión con la historia de la Tierra. Continuar explorando y estudiando la historia
geológica nos permite profundizar en nuestra comprensión de nuestro planeta y cómo podemos
preservarlo para las generaciones futuras.

4. Bibliografía
- Museo Sevilla: http://direccioncitius.us.es/museo/vitrina.php?ex=2&vt=8

You might also like