You are on page 1of 8

I.E.S.P.

Elviña Tema 2 Cultura Científica 4º ESO

O UNIVERSO

O Universo é conxunto de toda a materia e a enerxía que existe. Todo o que non é materia nene enerxía é o baleiro.

A materia do universo agrúpase formando corpos, chamados astros, que poden ser:

 Emiten luz: As estrelas.


 Non emiten luz:
 Planetas: Son corpos que xiran arredor dunha estrela.
 Satélites: Son corpos que xiran arredor dun planeta.
 Asteroides: Corpos que xiran arredor dunha estrela pero non acadan o tamaño dun planeta.
 Cometas: Xiran arredor dunha estrela en órbitas moi alongadas.

Hai materia no universo que non forma astros; o gas e o po cósmico. Tamén hai materia que non podemos ver, como os buracos
negros e a materia escura.

Os buracos negros son unha acumulación de masa tan densa que crea un campo gravitatorio enorme, que impide que a luz escape e
iso fai que sexa invisible. Detéctase como unha mancha escura onde deberían verse estrelas, ou recoñécese pola radiación emitida pola
materia do arredor. Suponse que hai un no centro da galaxia calculandoselle unha masa de 4 millóns de soles e a unha distancia de
27.000 anos luz.

A materia escura é materia que non podemos detectar, xa que non emite radiacións. Por que sabemos que está ahí? Xa que a materia
que detectamos non chega para explicar as forzas gravitacionais que vemos no universo.

O ESTUDO DO UNIVERSO: Para estudar o universo recorremos a enviar sondas para estudar os corpos (o que só podemos facer no
Sistema Solar) ou a aparellos para analizar a información que nos chega (como a luz mediante telescopios ou as radiacións mediante
radiotelescopios).

O espectro luminoso: A luz que nos chega das estrelas permítenos ter idea da súa composición. O espectro de luz que emiten está
marcado polo seus compoñentes, que deixan marcas características. Así sabemos a composición de corpos lonxanos pola luz que nos
chega deles.

Como as distancias no universo son enormes, hai unidades especias para medilas. As máis usadas son a unidade astronómica (UA),
para corpos dentro do Sistema Solar, e o ano luz. Unha UA son uns 150 millóns de quilómetros e equivale á distancia media da Terra ó
Sol. Un ano luz é a distancia que a luz percorre nun ano. A luz ten unha velocidade de 300.000 km/s polo que un ano luz é unha
distancia moi grande (uns 9 billóns e medio de km, ou 9460800000000). Hai unidades incluso maiores como o parsec.

A paralelaxe: Podemos medir distancias ata as estrelas ou outros corpos aplicando a trigonometría para o cálculo de distancias
coñecidos os ángulos e un segmento. O segemento que se usa para o estudio do universo é o diámetro da órbita da Terra, xa que
podemos observar o espacio en dous extremos da órbita e ver a diferencia.

FORMACIÓN DO UNIVERSO: A principios do século XX descubriuse que as galaxias se alonxaban unhas de outras. Isto foi posible ó
ver que o seu espectro viraba ó vermello. Iso, segundo o efecto Doppler, indicaba que se alonxaban. E se están alonxándose significca
que antes estiveron máis xuntas. De ahí xurdíu a teoría do Big Bang, que foi confirmada co descubrimento da radiación cósmica de
fondo.
I.E.S.P. Elviña Tema 2 Cultura Científica 4º ESO

O efecto Doppler explica a variación na lonxitude das ondas en corpos en movemento. Se o emisor achégase a onda comprímese, e
alóngase se o emisor se alonxa.

A ORIXE DO UNIVERSO: O Universo formouse a partires dunha grande


explosión que lanzou materia en todas direccións, á que se lle chama Big Bang.
As condicións iniciais serían dunha temperatura duns 100,000,000,000 de graos
e unha densidade que equivalía a uns 3,800 millóns de veces a densidade da
agua. Todo o universo que podemos observar na actualidada estaba
concentrado nuns poucos anos luz cúbicos e era unha sopa de electróns, fotóns,
neutrinos e lixeiras trazas de protóns e neutróns.

Esta grande explosión formou nubes de gases e materia que se concentraron


formando estrelas (ó xuntarse moita materia) ou outros corpos como os planetas
(ó xuntarse pouca materia). A materia que non formou corpos quedou espallada
como gas e po formando as nebulosas, o lugar onde se forman as estrelas.

O conxunto de estrelas, planetas e nebulosas forman as galaxias. As galaxias


clasifícanse pola súa forma en espirais, elípticas e irregulares.

A VÍA LÁCTEA: É a galaxia onde nos atopamos. Ten forma de espiral, xirando arredor do centro, e está formada por máis de 100.000
millóns de estrelas. Todas as estrelas que vemos a simple vista forman parte da Vía Láctea. O Sol é unha estrela que están nun dos
brazos da espiral.

OS VECIÑOS DA VÍA LÁCTEA: A nosa galaxia está moi cerca de outras galaxias, formando o chamado cúmulo ou grupo local. É un
grupo de galaxias dominado por dúas espirais, a de Adrómeda e a Vía Láctea e outras moitas (unhas trinta) máis pequenas. Todas elas,
con outras moitas, xiran ó redor do centro do supercúmulo de Virgo, o gran atractor.

AS ESTRELAS: Son enormes masas de gases a moi alta temperatura. Liberan


enormes cantidades de enerxía en forma de luz e calor.

As estrelas clasifícanse en función do seu tamaño (superxigantes, xigantes, medias e


ananas), a súa cor (branca, azul, amarela, vermella), que depende da temperatura
externa, e o seu brillo. Como regra xeral, a maior masa maior temperatura.

A cor dunha estrela depende da súa idade, xa que as estrelas cambian. Fórmanse
acumulando gases nas nebulosas, medran e gastan o hidróxeno que teñen e acaban
desaparecendo. As estrelas novas son moi quentes, brancas ou azuis; a medida que
gastan hidróxeno pasan a ser amarelas e logo medran e convértense en xigantes
vermellas. Logo iranse apagando pouco a pouco converténdose en ananas brancas e
logo en ananas negras, pouco máis que un anaco de rocha.
I.E.S.P. Elviña Tema 2 Cultura Científica 4º ESO

Pero se a estrela ten moita masa formará unha superxigante vermella que rematará nunha enorme explosión (nova ou supernova). A
estrela destrozada pode rematar como unha estrela de neutróns, que pode acabar formando un buraco negro, con tanta forza
gravitacional que nin a luz é capaz de escapar dela.

Arredor das estrelas xiran corpos que non emiten luz, formados por materia a moita menos temperatura: os planetas, satélites,
asteroides e cometas.

O SOL: É unha estrela de tamaño e temperatura medios, de cor amarelo, situada nun dos brazos da galaxia. Atópase na metade do seu
ciclo, formada fai uns 5.000 millóns de anos. Dentro de outros tantos será unha xigante vermella que se tragará a Terra e logo irá
encollendo e arrefriando.

No interior do Sol, no núcleo, como nas outras estrelas, teñen lugar unhas reaccións nucleares que liberan moita enerxía en forma de
luz e calor. A superficie do Sol, a fotosfera, emite parte desa enerxía como grandes explosións (protuberancias solares) e radiacións
(vento solar).
I.E.S.P. Elviña Tema 2 Cultura Científica 4º ESO

O SISTEMA SOLAR: Arredor do Sol xiran varios corpos, como os planetas e os planetoides. O conxunto do Sol e os corpos que xiran ó
seu redor forma o Sistema Solar.

O Sistema Solar está formado por:

 Unha estrela: O Sol.


 Oito planetas: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno e
Urano.
 Os planetas menores: Non chegan ó tamaño dos planetas, como
Plutón ou Ceres.
 Os satélites dos planetas: Como a Lúa, Titán, Deimos, ...
 Os asteroides.
 Os cometas.

Estes corpos xiran arredor do Sol en órbitas. Os satélites xiran arredor dos
planetas.

O movemento dos planetas arredor do Sol chámase translación (ano). O xiro


sobre o seu propio eixo chámase rotación (día).

VISIÓNS HISTÓRICAS DO SISTEMA SOLAR: As primeiras ideas sobre o


sistema planetario colocaban a Terra no centro do universo, e o resto dos
astros xiraban ó seu redor. Esta idea coñécese como teoría xeocéntrica, e foi
a dominante durante moitos séculos, destacando a concepción de Ptolomeo
(150 d.C.).

Sen embargo esa teoría non explicaba ben algúns dos movementos dos astros
que se podían observar. Apareceron diferentes modificacións do sistema para
tratar de incorporar esa diferencia entre as predicións do modelo e o que
verdadeiramente se observaba.

Aristarco (310-230 a.C.) xa propuxera antes que Ptolomeo unha teoría heliocéntrica, onde o Sol ocupaba o centro. Pero non foi ata os
traballos de Copérnico, no século XVI e Galileo no século XVII que a teoría helicéntrica colleu forza. Este modelo incorporaba mellor as
observacións que o modelo de Ptolomeo non podía explicar. Aínda así, tardouse un tempo en cambiar as ideas admitidas de
xeocentrismo.

Hoxe en día o Sol ocupa o centro do sistema solar sen discusión, pero o esquema que admitimos non é o de Copérnico exactamente, xa
que, por exemplo, Copérnico falaba de órbitas circulares e realmente son elípticas, ou falaba dunha esfera de estrelas fixas.

ORIXE DO SISTEMA SOLAR:


I.E.S.P. Elviña Tema 2 Cultura Científica 4º ESO

OS PLANETAS: O Sistema Solar está formado por 8 planetas e varios planetas ananos.

Os planetas teñen forma esférica, cunha masa grande e que xiran arredor do Sol en órbitas elípticas propias.

Os planetas ananos diferéncianse en que son máis pequenos e poden compartir a súa órbita con outros corpos. Actualmente son
Plutón, Haumea, Ceres, Eris e Makemake. Pero hai moitos corpos no Sistem Solar candidatos a ser considerados planetas ananos.

Os planetas poden ser de dous tipos:

 Interiores ou rochosos: Teñen un núcleo rochoso e son os máis próximos ó Sol; Mercurio, Venus, Terra e Marte. Teñen
poucos satélites.
 Exteriores o gasosos: Son moito maiores, formados principalmente por gases e os máis afastados do Sol; Xúpiter, Saturno,
Urano e Neptuno. Teñen moitos satélites.

PLANETAS ROCHOSOS

Mercurio: É o planeta máis cercano ó Sol. É pequeno e sen atmosfera, polo que ten un aspecto parecido ó da Lúa, con moitos cráteres.
As variacións de temperatura na súa superficie son moi grandes (de -183 a 427ºC).

Venus: Ten un tamaño parecido ó da Terra. Ten unha atmosfera moi densa formada por CO2, ácido sulfúrico e vapor de auga que non
deixa ver a superficie e crea un efecto invernadoiro moi grande, con temperaturas superiores a 400 ºC.

Terra: É o único planeta con gran cantidade de auga no tres estados e onde existe vida. Ten un
satélite, a Lúa.

Marte: É máis pequeno que a Terra e ten unha atmosfera moi tenue e dous casquetes polares
formados por auga e CO2 conxelados. Ten dous satélites, Fobos e Deimos.

PLANETAS GASOSOS

Xúpiter: É o planeta máis grande do Sistema Solar, tanto que todos os demais planetas
caberían nel. Está formado por hidróxeno, helio, metano e amoníaco. Ten moitos satélites (63
coñecidos en 2009), algúns maiores que Mercurio, como Io, Europa ou Ganímedes. Ten uns
aneis rochosos pero non se ven dende a Terra.

Saturno: É máis pequeno que Xúpiter pero moi parecido en estrutura e composición. A
principal diferencia son uns aneis de xeo e gases conxelados que reflicten a luz e así poden
verse dende a Terra. Ten moitos satélites, entre os que destaca Titán, cunha atmosfera
parecida á da Terra primitiva.

Urano: Máis pequeno que Xúpiter e Saturno, ten unha cor azul debido ó metano da súa
atmosfera. Ten aneis escuros (non visibles) e 27 satélites.

Neptuno: Tamén de cor azulada, conta con aneis escuros e varios satélites.

DATOS DOS COMPOÑENTES DO SISTEMA SOLAR

Sol Mercurio Venus Terra Marte Xúpiter Saturno Urano Neptuno

Distancia ó --- 57/0,4 114/0,7 150/1 237/1,5 780/5,2 1425/9,5 2880/19,6 4590/30
Sol (millóns
de Km/ UA)
Translación --- 87.9 224.7 1 1.9 11.8 29.4 84 164.8
en anos (días) (días)

Rotación 25-36 días 58.6 días 243.1 1 día 1.03 9.8 10.5 16.8 16.1 horas
días días horas horas horas

Radio (km) 695000 2439.7 6051.8 6378 3397 71492 60268 25559 24746

T media 6000 (en 350 480 22 -23 -150 -180 -210 -220
durante o superficie)
día (ºC)
Nº de --- 0 0 1 2 63 60 27 13
satélites
I.E.S.P. Elviña Tema 2 Cultura Científica 4º ESO

OS SATÉLITES: Como xa vimos, son corpos que xiran arredor dun planeta. Teñen formas e tamaños moi variados, algúns incluso máis
grandes que Mercurio.

OS ASTEROIDES: Son corpos rochosos moito máis pequenos que os planetas. Son restos que non se chegaron a xuntar cando se
formaron os planetas. A maioría atópanse nunha zona entre Marte e Xúpiter, o chamado cinto de asteroides. Se restos de asteroides
ou cometas son atrapados pola gravidade de algún corpo falamos de meteoritos, fragmentos que baten cos planetas e satélites,
formando cráteres. Se o planeta ten atmosfera e o meteorito non é grande o normal é que se queimen ó atravesar a atmosfera pola
fricción; as estrelas fugaces.

OS COMETAS: Son corpos formados por un núcleo de gases conxelados, xeo e po, que xiran arredor do Sol en órbitas moi alongadas,
que os levan a achegarse ó Sol cada certo tempo. Cando se achegan ó Sol fórmase unha cola de partículas e gases quentes pola
acción do vento solar. Polo tanto, esta cola sempre apunta en dirección contraria ó Sol, non na dirección oposta ó movemento do cometa
(no espacio non hai fricción).

OUTROS CORPOS DO SISTEMA SOLAR: Ademáis do cinto de asteroides no sistema solar hai outras acumulacións de meteoritos. O
cinto de Kuiper é un cinto de asteroides secundario situado máis aló de Neptuno, entre 30 e 50 UA do Sol. E a nube de Oort é unha
nube esférica de asteroides e cometas situada nos límites do sistema solar, a aproximadamente 1 ano –luz do Sol. Esta última non foi
observada nunca, senón que é unha hipótese, xa que a súa existencia explicaría varios procesos do sistema solar, como a orixe dos
cometas de longo percorrido.

AMPLIACIÓN E CURIOSIDADES

XERGA ASTRONÓMICA:

Neste apartado definiremos algúns termos de uso astronómico, aínda que de xeito moi xeral.

 Asterismo. Un conxunto de estrelas chamativas que forman parte de unha ou varias constelacións, pero non son toda a
constelación. Por ejemplo, as sete estrelas máis brilantes da Osa Maior, que serven para recoñecela pero non son a Osa Maior enteira.

 Asteroide. Un corpo de tamaño menor que os planeta.

 Burato Negro. Unha acumulación de masa tan densa que crea un campo gravitatorio enorme, que impide que a luz escape e iso
fai que sexa invisible. Detéctase como unha mancha escura onde deberían verse estrelas, ou recoñécese pola radiación emitida pola
materia do arredor. Suponse que hai un no centro da galaxia calculandoselle unha masa de 4 millóns de soles e a unha distancia de
27.000 anos luz.

 Cometa. Un corpo de tamaño variable (0,1 a 100 Km.) cunha composición parecida á de unha bola de neve sucia. Estes cuerpos
tienen unha órbita arredor do Sol moi excéntrica (poden alonxarse moito). Ó acercarse ó Sol soen desenvolver unha cola de vapor de
auga e gases.

 Cumulo aberto. É unha agrupación irregular de estrelas que e relativamente recente. Tamén se chaman cúmulos galácticos.

 Cumulo globular. Agrupación esférica de estrelas que teñen unha orixe común. Estas estrelas soen ser moi vellas.

 Estrela binaria. Un sistema que contén dúas ou máis estrelas, e que a simple vista ou con telescopios pouco potentes se aprecian
como unha única estrela.

 Estrela de neutróns. É unha estrela moribunda de pequeno tamaño ( 20 Km.) e unha densidade enorme (moita masa en pouco
volumen). Suponse que se aumenta a masa e, polo tanto, a densidade, transformarase nun bruto negro.

 Estrela variable. Unha estrela na que o brilo cambia co tempo.

 Galaxia. Conxunto xigante de estrelas, gas e po. A nosa galaxia é a Vía Láctea. O nome deriva do griego ‘Galactos’ que significa
leitoso e que foi o Nome que lle deran á Vía Láctea.

 Xigante. Trátase dunha estrela de maior tamaño e brilo que o resto das do seu tipo. Unha estrela convérsese en xigante cando
esgota o hidróxeno do seu núcleo. Unha xigante que aumente de tamaño chámase superxigante. Algunha das estrelas que se
converten en xigantes emiten radiacións vermellas, polo que se chaman xigantes vermellas. O noso Sol acabará converténdose nunha
xigante vermella que aumentará tanto de tamaño que tragará á Terra.

 Meteoroide. Soe ser o fragmento dun asteroide, ou simplemente unha rocha de pequeno tamaño que se soe atopar na órbita dos
cometas.

 Meteoro. Meteoroide que discurre velozmente a través da atmofera, tamén se chama estrela fugaz.

 Meteorito. Parte dun meteoro que sobrevive ó seu paso pola atmosfera, e cae á terra.
I.E.S.P. Elviña Tema 2 Cultura Científica 4º ESO

 Nebulosa. Rexión de gas o upó dunha galaxia que pode observarse ópticamente.

 Nova. Estrela recentemente visible, ou que o seu brilo aumenta repentinamente. Se a estrela estoupa, producindo un brilo moi
intenso que desaparece co tempo, chámase supernova.

 Nube estelar. É o nome que reciben as zonas da Vía Láctea nas que aparece un gran número de estrelas.

 Púlsar. Estrelas de neutróns xiratorias que emiten impulsos de radiación cunha frecuencia de entre unha milésima de segundo e
catro segundos.

 Quasar. Parece ser que se trata de corpos muy alonxados da Terra, normalmente no centro das galaxias e que mostran un
espectro característico.

 Zodíaco. Conjunto de constelacións a través das cales pasan o Sol, a Lúa e os planetas durante un ano. O nome deriva da palabra
grega zoon (animal) xa que a maioría desas constelacións teñen nomes de animais.

UNIDADES DE MEDIDA DAS DISTANCIAS INTERESTELARES

As nosas medidas de lonxitude grandes (como o quilómetro ou a milla náutica) son dabondo para medir distancias na superficie da
Terra, pero son inadecuadas e insignificantes para medidas celestes. Medir con elas distancias no universo sería como medir unha
carretera con milímetros. Por exemplo, a distancia entre o Sol e Xúpiter son 780 millóns de km. E a distancia entre Madrid e A Coruña
serían uns 600 millóns de milímetros.

Para non operar con números con tantos ceros os astrónomos usan unidades de lonxitude moito máis grandes. Para medir no Sistema
Solar tómase como unidade a distancia media entre a Terra e o Sol (149500000 km). Eso é unha “unidade astronómica”. Con ela, a
distancia entre Xúpiter e o Sol é de 5,2, a de Saturno 9,54, etc.

Pero para medir distancias a outras estrelas incluso a UA é demasiado pequena. A estrela máis cercana a nos (Próxima Centauri) está a
260.000 UA. E iso a máis cercana. As demáis están moito máis lonxe. Así que sen astronomía se
usan outras unidades de distancia xigantescas, o “ano luz” e o “pársec”.

Un ano luz é a distancia que a luz recorre nun ano. Lembra que a distancia Terra-Sol (1 UA) son 8
minutos luz. Polo tanto, un ano luz é tantas veces máis grande que 1 UA como un ano é máis grande
que 8 minutos. En quilómetros sería este número: 9.460.000.000.000, ou 9 billóns e medio, máis ou
menos.

A outra unidade usada é o pársec. Un pársec é a distancia a que debemos estar para ver un
semidiámetro do radio da Terra como un grado de arco. Pársec ven da combinación de paralelaxe
(que é a técnica trigonométrica para calcular distancias, e neste caso úsase a paralelaxe anual, que se
basa no semiradio da Terra) e segundo, que é o ángulo necesario.

A paralelaxe de Próxima Centauri é de 0,76”, e polo tanto está a 1,31 pársec. Polo tanto:

1 pársec = 3,26 años-luz = 30.800.000.000.000 km.

Pero poden ser necesarias medidas todavía máis grandes: o “kilopársec” (1.000 pársecs, e así o diámetro da Vía Láctea sería 30 e a
distancia da Terra é nebulosa de Andrómeda, 300), ou o “megapársec” (1.000.000 de pársecs, unha lonxitude inimaxinable).

A ESCALA DO UNIVERSO

Se representásemos o Sol como unha esfera de 10 cm de diámetro, entonces todo o Sistema Solar ocuparía un círculo de 800 m de
diámetro.

Mercurio sería un gran de area a 4 m do Sol, Venus unha cabeza de alfiler de 1 mm 7 m. A Terra, outra boliña de 1 mm, estaría a 10 m
e Marte a 16 m. A esta escala os asteroides serían microscópicos pero o cinto está a unha distancia media de 28 m. Xúpiter tería un
diámetro de 1 cm e estaría a uns 52 m do Sol. Saturno estaría a 100 m do Sol, como unha avelá de 8 mm de diámetro. Urano estaría a
196 m do Sol, como un chícharo de 3 mm. A 300 m do Sol estaría Neptuno e a 400, Plutón. Aínda habería corpos máis alonxados, como
os cometas ou a nube de Oort, pero esta representación é dabondo.

A que distancia do Sol habería que colocar as estrelas se queremos manter a mesma escala?

Proxima Centauri, a máis cercana, estaría a 2700 km, Sirio a 5500 km, Altair a 9700 km. Se metemos esas estrelas máis cercanas, o
modelo case sae fora de Europa. Para estrelas máis alonxadas as dimensións son enormes: Vega a 17.000 km, Arturo a 23.000 km,
Capeta a 28.000, Regulo a 55.000, Deneb a máis de 350.000 km (que é un pouco menos da distancia da Terra á Lúa). As estrela máis
alonxadas da Vía Láctea teríamos que colocalas a 30.000.000 de km do noso Sol de 10 cm. Pero a Vía Láctea é só unha galaxia do
universo, e hai outras galaxias ahí fora. Non as imos poñer no noso esquema, só temos que facernos unha idea das enormes distancias
implicadas.
I.E.S.P. Elviña Tema 2 Cultura Científica 4º ESO

OS SÍMBOLOS DOS PLANETAS

Para designar ó Sol, a Lúa e os planetas os astrónomos usan signos de orixe moi antiga. A forma deses símbolos precisa
explicación, salvo o da Lúa, que se comprende fácilmente.

O símbolo de Mercurio é a imaxe simplificada do cetro do deus Mercurio, mensaxeiro dos deuses. O signo de Venus é un
espello de man, símbolo da beleza da deusa Venus. Como símbolo de Marte, deus da guerra, temos unha lanza cuberta
por un escudo, os atributos do guerreiro. O signo de Xúpiter é a inicial do nome grego de Xúpiter, Zeus. O signo de
Saturno parece ser a representación dunha guadaña, o atributo tradicional do deus do tempo.

Estes símbolos úsanse desde polo menos o século IX, pero os seguintes son posteriores. O signo de Urano é un círculo
ca letra H, que lembra o nome de Herschel, descubridor do planeta. O de Neptuno representa o tridente do deus do mar.
O signo de Plutón (agora xa non se considera planeta), é unha P e unha L entrelazadas.

Por último temos os signo do Sol e a Terra. O do Sol xa era usado polo exipcios e o da Terra é unha simple cruz sobre un
círculo.

O FUTURO DO UNIVERSO

Existen catro hipótese sobre os futuros posibles do univeros:

 Se o universo ten bastante materia a forza de gravidade acabaría por deter a expansión e comezaría a contraerse, ata
culminar nunha Gran Implosión. Un universo así chámase pechado.

 Se non houbera materia dabondo, a expansión continuaría indefinidamente. Un universo así chámase aberto.

 Hai datos que parecen indicar que o universo está nunha situación intermedia entre aberto e pechado. É o que se chama
universo plano. Esto implica que o universo se expandirá indefinidamente, cada vez a menor velocidade pero sin chegar a
deterse.

 Unha última posibilidade é que a expansión se acelere, e que as galaxias se alonxen unhas de outras cada vez a maior ritmo.

You might also like