You are on page 1of 38

RADIACIÓN E

ONDAS
1. As radiacións e tipos
A enerxía emitida e transferida no espazo a través do “vacío” ou dun medio material
denomínase RADIACIÓN.
A característica que mais dificulta a súa comprensión é que é invisible.

As radiacións teñen a súa orixe na propia natureza que nos rodea. Tamén hai radiacións
como consecuencia dos materiais radioactivos que existen na Terra
De xeito continuo, tódolos seres
vivos recibimos radiacións, que poden ser inocuas, ou polo contrario, francamente
prexudiciais. A mais ubicua é a procedente da luz do sol.

A RADIACIÓN pode definirse coma enerxía en tránsito dun lugar a outro.


Tamén chamamos radiacións a toda enerxía que se propaga en forma de onda a través do
espazo.
As radiacións tamén poden definirse como a propagación a través do espazo da enerxía
ondulatoria ou das partículas.

Podemos dicir que a radiación é a emisión e propagación de enerxía, a través do “vacío” ou


dun medio material, en forma de onda electromagnética (raios X, γ), ou ben en forma de
partícula (α, neutróns, protóns). As RADIACIÓNS teñen unha dobre natureza, ondulatoria e
corpuscular simultaneamente (dualidade onda-partícula).
DUALIDADE ONDA-PARTÍCULA
Podemos clasificar as radiacións en función de diferentes criterios:
Ondulatorias= Transporte de enerxía, sen masa
Formada por ondas = propagacións dunha perturbación dalgunha propiedade do espazo.
P. ex.: densidade, presión, campo eléctrico ou magnético.Transportan enerxía, pero non
materia.
En función do medio no que se propagan, as ondas poden definirse como:
o Mecánica propáganse nun medio sólido, líquido ou gasoso. Por exemplo: son, pedra en
estanque, ondas do mar, ondas sísmicas, ultrasóns (ecografía)...
o Electromagnéticas: non precisan de medio físico para propagarse, xa
que poden facelo no vacío. Por exemplo: a luz. Propáganse como
paquetes de enerxía, sen masa nin carga eléctrica = cuantos ou fotóns.

Corpusculares= Transporte de enerxía e masa


Formada por partículas subatómicas (α, β ou neutróns), nas que ao contrario das ondas
existe desprazamento de masa → portan enerxía a causa do seu movemento. Teñen
menor velocidade cas radiacións electromagnéticas.

• Partículas α = núcleos de 4He completamente ionizados, é dicir, sen a súa envoltura de


electróns correspondente = formados por 2 protóns + 2 neutróns.
• Partículas β= electróns ou positróns de alta enerxía e velocidade emitidos dende o núcleo
dun átomo radioactivo.
• Neutróns = partículas subatómicas, nucleóns, sen carga neta, presentes nos núcleos de
case todos os átomos. Non teñen carga pero en realidade están compostos por 3 partículas
elementais = quarks.
Podemos clasificar as radiacións en función de diferentes criterios:
Efecto biolóxico:
Ionizantes ou de alta enerxía→ Ao incidir sobre os tecidos, perden parte da enerxía,
separando os electróns dos átomos sobre os que inciden e transformándose en ións.
Non ionizantes ou de baixa enerxía→ Non son capaces de ionizar os átomos, polo que o
efecto biolóxico é menor, actuando mais ben a través do efecto térmico, mecánico e
fotoquímico nos tecidos.

1.1. Ondas electromagnéticas


Raios X
● Producidos polo choque contra a materia de electróns acelerados a gran velocidade.
● Radiacións electromagnéticas de lonxitude de onda corta, que se propagan en liña
recta á velocidade da luz.
● Teñen gran capacidade de penetración.
● Ao colisionar coa materia producen diferentes efectos: ionización, fluorescencia,
fotoquímico, biolóxico.

Radiacións gamma
● Sen masa nin carga, son ondas de alta enerxía. Orixe nun núcleo excitado. Perden
enerxía lentamente polo que poden atravesar grandes distancias.
● Capaz de ser producida por materiais radiactivos como o Tecnecio 99 ou Cobalto 60
(Medicina nuclear), ou Cesio 137 (equipos radiactividade).
● Pequena lonxitude de onda alto poder de penetración (ata capas grandes de
formigón ou auga), pero menor capacidade de ionización cas partículas alfa ou beta.
1.2. Ondas corpusculares
Aplicacións:
1. Investigación (astrofísica, aceleradores lineais).
2. Fisión nuclear.
3. Medicina terapéutica (electroterapia, medicina nuclear) ou diagnóstica (PET).
Enerxía ligada a partículas subatómicas que están dotadas de gran velocidade, e polo tanto,
enerxía, unhas veces cargadas e outras neutras.
O seu orixe é a inestabilidade dos núcleos de determinados átomos.
As radiacións corpusculares son: radiacións alfa, radiacións beta, neutróns e raios
cósmicos.

Non ionizantes ou de baixa enerxía


Aquelas radiacións que non posúen a suficiente enerxía para ionizar. A gama destas
radiacións é moi ampla, sendo as de maior importancia as seguintes:
● radiación ultravioleta (UV)
● raios láser
● infravermello
● luz visible
● campos electromagnéticos
Ainda que a radiación ultravioleta distan moito de ter a penetración das ondas das rexións
mais elevadas, tras a exposición prolongada pode dar lugar a lesións ou alteracións

2. A radiación electromagnética (e.m.)


Definición
É unha propagación de enerxía a través do espazo sen necesidade de medio físico ou
soporte material. É un tipo de campo electromagnético variable, é dicir, unha combinación
de campos eléctricos e magnéticos perpendiculares e oscilantes entre sí, propagados a
través do espazo, transportando enerxía dun lugar a outro.
Propágase á velocidade da luz (300.000 Km/s). A luz visible é un tipo de radiación
electromagnética, que ás veces se comporta como onda ou/e como partículas.

Principios básicos
Dende Newton sabemos que a luz branca descomponse nas cores que a integran se a
facemos pasar a través dun prisma. É o efecto que se repite, por exemplo no arco da vella,
o cal se di que é o espectro da luz visible procedente do Sol (gotas de chuvia + aire→
espectroscopio).
A principal emisión de radiación dos corpos é a radiación electromagnética en forma de
luz visible, do mesmo xeito cada elemento químico absorbe e emite luz de cores que
compoñen o seu espectro.
Neste sentido, o espectro é como a pegada dactilar dun corpo, xa que serve para
identificar calquera substancia. Os espectros poden observarse mediante
espectroscopios, cos cales, pódense medir a lonxitude de onda, a frecuencia e a
intensidade da radiación.

O espectro electromagnético = Conxunto de tódalas frecuencias posibles que pode


adoptar a luz.
● Rango de frecuencias (Hz) + Lonxitude de onda do fotón asociado (m).
● Os raios X teñen unhas ƛ moi baixas e unhas f moi altas.
● O espectro de luz visible atópase entre os 700 e 400 nm.
Hai 3 rexións especialmente importantes para a radioloxía:
1. A zona de radiofrecuencia gañou importancia coa introdución da imaxe por
resonancia magnética (RM).
2. A rexión da luz visible importante debido a que as condicións de visibilidade de
radiografías ou de imaxes fluoroscópicas son críticas para o diagnóstico.
3. A zona de raios X é fundamental para producir radiografías de alta calidade.

Parámetros da radiación electromagnética


Xa estudiamos anteriormente que a radiación electromagnética pode ser descrita coma
unha onda. Os parámetros que a definen e nos interesan para o seu estudio son:

● Lonxitude de onda (ƛ) distancia horizontal entre dous puntos na mesma fase, é
dicir, entre dúas crestas ou dous valles sucesivos. Tamén podemos dicir que é a
distancia que percorre a onda nun ciclo ou periodo. Mídese en metros (m, ou os
seus múltiplos).
● Elongación a distancia entre a liña de equilibrio e a posición da onda nun momento
determinado. Por exemplo, punto B.

● Amplitude (A) a distancia vertical entre a punta da cresta e o eixo central da onda.
É dicir a elongación máxima. Esta propiedade vai asociado co brillo, ou intensidade
de onda

● Frecuencia (f o v) : describe o número de lonxitudes de onda completas que pasan


por un punto dado no espazo nun segundo. É dicir o número de ciclos por segundo.
Número de veces que se repite (p.ex. golpesno encerado)
A súa unidade é o hercio (Hz), equivalente ao inverso da unidade tempo (s-1)--> 1
Hz = 1s-1
Observa que a frecuencia é a inversa do período: f = 1/T
● A lonxitude de onda e a frecuencia son inversamente proporcionais

● Ciclo ou período (T) o tempo transcorrido entre dous puntos equivalentes da onda.
É dicir o tempo que tarda en repetirse (p.ex. autobús, menstruación).
● T = 1/f

● Velocidade é o produto entre lonxitude de onda e frecuencia

2.1. Enerxía: teoría clásica vs. teoría cuántica


Toda radiación é enerxía transmitida a distancia. Planck desafiou a idea de que a enerxía
era continua e que se podía transferir en calquera cantidade.
Planck descubriu que a enerxía non é continua senón que está cuantizada→ soamente
pode transferirse en “paquetes” individuais ou partículas = cuantos ou fotóns.

Einstein postulou a teoría cuántica indicando que:


• A luz non é unha onda continua, está formada por “fragmentos” de onda, aos que chamou
fotóns.
• Cada fotón está dotado dunha E fixa, dependente da frecuencia da onda, e segue a
seguinte ecuación:
● ¿Qué é un fotón? = partícula que conforma a luz, que pódese comportar como
partícula ou como onda, e porta todos os tipos de radiación electromagnética.
● LEMBRADE Un fotón non ten nin masa nin carga, é de natureza ondulatoria e
móvese á velocidade da luz. A súa enerxía soamente depende da frecuencia da
onda.
● É importante destacar que o que nós observamos como cor non é máis que a
reflexión dos espectros da luz visible que non foron absorbidos por un material.

2.2. Comportamento da radiación electromagnética dualidade ONDA-PARTÍCULA


Un fotón de radiación X e un fotón de luz visible son fundamentalmente o mesmo, excepto
que a radiación X ten unha frecuencia moito mais alta e como consecuencia unha lonxitude
de onda mais curta que a luz visible diferentes formas de interacción dos fotóns coa
materia:
● Fotóns de luz visible→ comportamento mais coma ondas que coma partículas.
● Fotóns de raios X→ comportamento mais coma partículas.
Fenómeno cuántico polo cal moitas partículas poden exhibir comportamentos típicos de
ondas nuns experimentos mentres aparecen como partículas compactas e localizadas
noutros experimentos.
Aínda que a luz é unha onda electromagnética, en determinadas circunstancias compórtase
como si estivese composta por unhas partículas chamadas fotóns. Nisto baséase a teoría
dual da luz como onda-corpúsculo/partícula.

2.3. Lei da inversa do cadrado


A radiación electromagnética sufre un proceso de DISPERSIÓN, propagase polo espazo
seguindo un comportamento determinado: ao afastarnos dunha fonte luminosa, a
intensidade percibida é cada vez menor. Podemos imaxinar unha esfera na que está
contida a enerxía. A medida que nos alonxamos da fonte, a esfera aumenta de tamaño polo
que a cantidade de enerxía pode repartirse nun tamaño de esfera maior.
Os raios X exhiben esta mesma propiedade. Sábese que o área desta esfera aumenta
proporcionalmente ao cadrado da distancia que a separa do seu centro, onde está a fonte
lumínica = lei da inversa do cadrado.

2.4. Interacción da radiación ca materia


Os fotóns interaccionan máis facilmente coa materia dun tamaño parecido á súa lonxitude
de onda. Deste xeito temos:
● Ondas de radio e TV (m) → metal ou cables = antenas.
● Microondas (cm) → alimentos.
● Luz visible (nm) → células vivas, os nosos ollos.
● Luz ultravioleta→ moléculas.
● Raios X e Gamma→ átomos e partículas subatómicas.
LEMBRADE A interacción da radiación ca atmósfera e cos obxectos terrestres vai depender
da lonxitude de onda e das características do corpo
O espectro de luz visible entendese dende a mais curta lonxitude de onda da radiación
violeta, pasando polo verde e amarelo, ata a radiación de maior lonxitude de onda da
radiación vermella.
A luz visible interacciona coa materia de xeito moi diferente aos raios X. Cando un fotón de
luz incide sobre un obxecto, fai vibrar as moléculas deste. Os electróns orbitais dalgúns
átomos de certas moléculas excítanse ata un nivel de enerxía maior do habitual. Esta
enerxía é reemitida inmediatamente como outro fotón de luz: é reflictida.
A enerxía absórbese en forma de calor, e o resto pode reflictirse ou refractarse, en
función do ángulo de incidencia.
No caso da luz visible, este fenómeno explica a existencia das cores.
Moitos fenómenos habituais da luz, como a reflexión, absorción e a transmisión, explícanse
máis facilmente mediante o modelo ondulatorio da radiación electromagnética. Por exemplo:
pequena pedra caendo nun estanque, ondas do océano rompendo nun espigón (reflexión)
vs. sen espigón (disipación e absorción).
A ATENUACIÓN da enerxía electromagnética é a redución da intensidade como resultado
da dispersión e a absorción.

A luz visible pode interaccionar de xeito similar ca materia. A luz visible compórtase como
unha onda.
Cando as ondas luminosas son absorbidas, a enerxía depositada (radiación) pasa a
incrementar a enerxía do obxecto→ a enerxía reaparece (reflexión) en forma de calor. Por
exemplo, carretera de asfalto negra.

A absorción e atenuación ocórrelles a tódolos tipos de ondas (mecánicas ou


electromagnéticas).
Ademais da reflexión, a atenuación ven determinada por outros fenómenos:
● REFLEXIÓN: prodúcese cando unha onda chega a interfase entre o medio do que
procede e outro medio de diferente natureza e densidade
● REFRACCIÓN: prodúcese cando unha onda atravesa a interfase entre dous
medios de natureza ou densidade distinta. As ondas penetran no segundo medio,
pero ao facelo sofren unha desviación na dirección de propagación.
● DIFRACCIÓN: fenómeno que ocorre cando unha onda tropeza cun obstáculo.
● INTERFERENCIA: Prodúcese ao coincidir dúas ondas no mesmo punto do espazo.
● POLARIZACIÓN: É unha propiedade que soamente teñen as ondas transversais
nas cales o campo eléctrico oscila soamente nun plano determinado, denominado
plano de polarización.

En función de cómo os materiales se comporten ou presenten diversas propiedades, existen


tres graos de interacción entre a luz e o material absorbente:
● Transparencia (o vidro é unha superficie lisa, estructura molecular compacta e
ordeada = transparente. Existe transmisión sen apenas alterarse, únicamente
producen vibracións).
● Translucidez (o vidro esmerilado é rugoso = translúcido=. Existe transmisión pero
dispérsase enormemente e a intensidade redúcese).
● Opacidade (o vidro pintado de negro = opaco. Non deixa pasar a luz ao seu través
xa que toda é absorbida).

En radiodiagnóstico empréganse estes termos (RADIOPACO e RADIOLÚCIDO) para


diferenzar as estructuras que absorben mais ou menos os raios X e describir a apariencia
visual das estruturas anatómicas.
LEMBRADE: As estruturas que absorben os raios X son radioopacas (óso), mentres que as
que deixan pasar os raios X son radiolúcidas (tecido brando).

Unha das características esenciais das radiacións ionizantes é a súa capacidade de


penetrar na materia e interaccionar con ela.
Nestas interaccións, a radiación perde parte ou toda a súa enerxía cedéndolla ao medio que
atravesa mediante distintos mecanismos que dependen esencialmente:
● do tipo de radiación (carga eléctrica e masa)
● da enerxía
● das propiedades do medio material co que interaccionan.

As radiacións ionizantes compórtanse como partículas. A interacción destas partículas


cun material depende fundamentalmente da súa carga eléctrica e da súa masa:

Cando unha partícula cargada (lixeira ou pesada) penetra nun medio material,
experimenta unha serie de colisións cos átomos constituíntes. Sen embargo, dado o “vacío”
relativo do interior do átomo as colisións mecánicas por choque directo son moi pouco
probables.
En realidade, o proceso predominante é a interacción coulombiana (=proceso de
interacción debido ás forzas electrostáticas). Esta interacción produce unha pérdida case
continua da enerxía cinética da partícula, ata chegar á súa detención.
Os procesos que contribúen á perda de enerxía dunha partícula cargada na súa
interacción cos medios materiais son:
● Colisión elástica: a partícula non produce alteración atómica nin nuclear:
simplemente desvía a súa traxectoria.
● Colisión inelástica: a partícula sufre colisións cos átomos do medio, modificando a
súa estrutura electrónica, producindo excitación, desexcitación e ionización.
● Colisión radiativa: a partícula “frease” ou “desvíase” pola interacción cos átomos e
conseguintemente emite ondas electromagnéticas→ radiación de freado. Isto ocorre con
maior probabilidade nas proximidades do núcleo. Tamén poden existir colisións cos
núcleos→ reaccións nucleares, aínda que menos probables.

EXCITACIÓN: electrón desprazado a outro orbital de maior enerxía, e que regresará ao


orbital de partida (DESEXCITACIÓN), devolvéndose a enerxía en forma de radiación
electromagnética (fotón) ou degradándose a calor.

IONIZACIÓN: electrón expulsado fóra do átomo e creación dun ión positivo (ionización
primaria) que pode interaccionar con outros átomos e producir novas ionizacións
(ionización secundaria).
Despois da ionización prodúcese radiación característica.

RADIACIÓN DE FREADO ou BREMSSTRAHLUNG: as partículas interaccionan co


campo eléctrico dun núcleo atómico, despois de atravesar o resto de orbitais anteriores.
Cando chegan sofren unha gran freada e baixan a velocidade prácticamente a cero.
Nas inmediacións do núcleo existe neste intre unha gran entrega de enerxía que produce
unha radiación de freado ou Bremsstrahlung, con enerxía proporcional á enerxía entregada
pola partícula no freado.
● Segundo vaia mais ou menos rápido, vai entregar mais ou menos enerxía.
● Segundo ocorra mais ou menos próximo ao núcleo, vai producir unha radiación con
mais ou menos enerxía (alta ou baixa E).
● Os neutróns libres son inestables, e teñen algo mais de masa cos protóns.
Combinado cos protóns teñen unha estabilidade total.
● Os neutróns non teñen carga eléctrica aparente, non producen directamente
ionización nin radiación de freado. A intreacción prodúcese cos núcleos do medio e
non cos electrons da codia→ dispersión e absorción.
● Estas interaccións son moi improbables, e a radiación das partículas neutras é
moi penetrante na materia.

Interésannos as interaccións da radiación ionizante, de alta enerxía, sobre todo dos raios
X. Neste caso é interesante a dualidade onda-partícula, xa que os fotóns viaxan como ondas
pero a hora de impactar actúan como partículas (= velocidade pero ≠ frecuencia).
A interacción entre fotóns (partículas sen carga nin masa = fotóns raios X e gamma) e a
materia ten lugar a través de colisións ailladas.
Non teñen un alcance definido ao atravesar a materia senón unha certa probabilidade de
atenuación por unidade de lonxitude, o cal se denomina coeficiente de atenuación lineal
(μ), que é independente do camiño percorrido.
Coeficiente de atenuación lineal (μ)
O número de fotóns que interaccionan por unidade de tempo co material dunha lámina de
espesor x, é proporcional ao número de partículas incidentes (I0) e ao espesor de dita
lámina.
Esta ecuación é válida sempre que:
● A radiación incidente sexa monoenerxética (feixe homoxéneo).
● O feixe incidente sexa colimado (paralelas e normais á superficie absorbente).
● O absorbente sexa delgado.

Os raios X interaccionan ca materia das cinco formas seguintes:


- Enerxia a.1) Dispersión coherente (10 KeV)
a.2) Dispersión Compton
a.3) Efecto fotoeléctrico
a.4) Formación de pares (1022 KeV)
+ Enerxía a.5) Fotodesintegración (varios miles KeV)

a.1.) Dispersión COHERENTE


• Ocorre soamente con fotóns de ata 10 KeV (1000 eV). O fenómeno que ocorre é o
seguinte:
1. Chega un fotón ƛ determinado ata o átomo. A enerxía
atravesa o átomo pero non altera os electróns nin os move de sitio nivel vibratorio.
2. Sae un fotón ƛ´, coa mesma enerxía ca o de entrada.
•Non hai absorción de enerxía neste fenómeno, simplemente que vai cun ángulo de
desviación. Non queda enerxía no átomo.
•Non pode saír nunca un fotón γ.

a.2.) Efecto COMPTON


• Ocorre con radiacións ionizantes de enerxía que vai dende 10 KeV ata 40, 60, 100 KeV. A
> enerxía dos raios, < probabilidade deste efecto (PEC= 1/ Ei).
O proceso é o seguinte:
1. O fotón ƛ incidente (Ei) rompe a enerxía de enlace (Eenl) do electrón unido a un
orbital das capas superficiais ( ionización).
2. Expulsa ao electrón fóra do átomo (=electrón Compton), cunha Ecinética
determinada pola enerxía que lle aplique ou reciba da Ei. A maior Ecinética , maior
Eecompton, o cal pode ionizar ou interaccionar con outros átomos.
3. O resto da enerxía pasará a converterse nun fotón ƛ´con Edispersa de lonxitude de
onda maior co fotón de entrada.
• O ángulo de desviación do fotón vai influír na diferencia de lonxitudes de onda entre ƛ e ƛ´
• O efecto Compton prodúcese independentemente do número atómico. O efecto e a súa
probabilidade é similar. Tanto ocorre nos osos coma nas partes brandas.
• Pode existir retrodispersión, pero en casos moi específicos e con baixa frecuencia.
• Eincidente = Edispersa + Eenlace + Ecinética
• Este efecto non é beneficioso para a calidade da imaxe radiográfica e tampouco nas
imaxes de medicina nuclear.

a.3.) Efecto FOTOELÉCTRICO


• A interacción dun fotón cunha determinada enerxía incidente (Ei) cos electróns das capas
mais internas (mais próximas ao núcleo) produce un fotoelectrón, que sae expulsado do
átomo cunha enerxía cinética (Ecin) determinada e pode interaccionar con outros átomos
(ionización, excitación, vibración, etc..). A > enerxía dos raios, << probabilidade deste efecto
(PEF= 1/ Ei 3).
• A Ei é completamente absorbida polo electrón das capas mais internas→ o átomo queda
completamente IONIZADO.
• En enerxías medias en radiodiagnóstico ocorre con moita frecuencia e proporciona
unha parte importante da información que aparece na imaxe (50% EF + 50% EC),
pero neste caso o número atómico (Z) sí inflúe: PEF = Z^3 (Canto mais pesado sexa o
átomo (+Z), maior probabilidade de que exista o efecto fotoeléctrico).
• Non existen fotóns dispersos Non existe información = zona escura, muda na placa
radiográfica. A falta de información resulta ser moi importante na formación da imaxe.
• A relación enerxética do efecto fotoeléctrico é:
•Eincidente = Eenlace + Ecinética
• O efecto fotoeléctrico difire noutra cousa do efecto Compton, a producción de
radiadiación característica formada polo recheo do oco que deixa o electrón expulsado
con outro electrón dos orbitais de capas cercanas.
• Esta radiación característica posúe unha E calculada coma a diferenza entre as dúas
enerxías de enlace entre as que se intercambian os electróns. Polo tanto, a radiación
característica vai estar totalmente influenciada polo número atómico (Z) → cada átomo ten a
súa propia radiación característica.

a.4.) FORMACIÓN DE PARES


• Para que exista formación de pares ten que existir unha enerxía incidente (Ei) ≥ 1022KeV.
• A ecuación de Einstein, involucra a masa cunha enerxía asociada.
• E electrón = 511 KeV = E positrón
O proceso que ocorre na formación de pares é o seguinte:
1. O fotón incide nun átomo e accede case ata o interior do mesmo, sen tocar ao
núcleo (grazas as forzas electrostáticas e as cargas eléctricas).
2. Xusto nese intre, o fotón sepárase en dúas partículas: un electrón e un positrón,
cada un dos cales ten unha enerxía de 511 KeV
Lembrade que un fotón non ten carga nin masa, compórtase como unha onda cando incide
co átomo. É capaz de atravesar as capas superficiais e as capas internas, chegar ata as
proximidades do núcleo (forzas electrostáticas fortes) que provoca que esa radiación (en
forma de onda) se transforme en dúas partículas que teñen masa e carga (E cinética)
Lembrade o principio de conservación da enerxía (Heisenberg). Neste fenómeno
compróbase á perfección. Se hai máis de 1022 KeV, a e repártese equitativamente
entre os electróns e a restante vai ocasionarlle una enerxía cinética determinada.
• O positrón liberado neste fenómeno cando se detén ou xusto antes de facelo vai xuntarse
cun electrón libre, e nese intre ocorre un proceso de ANIQUILACIÓN que produce dous
fotóns exactamente da mesma enerxía pero en dirección opostas
• Este proceso non inflúe na formación de imaxes en radioloxía convencional pero sí en
tomografía (PET).

a.5.) FOTODESINTEGRACIÓN
• Non serve para facer ningún tipo de estudio diagnóstico. Ocorre raramente en situación
moi
particulares debido ás altas enerxías as que se produce (Enerxía incidente > 10 MeV).
• Este nivel de radiación soamente se produce nun acelerador lineal, nun ciclotrón, etc…
con fins terapéuticos.
• É un caso especial de interacción que ocorre cando hai excendentes de enerxía (no Sol,
Chernobyl, etc..). Sortea todas as capas e tamén o campo nuclear e produce una
desintegración do átomo en dúas partes ou máis.

3. Ondas materiais e ultrasóns


As ondas materiais ou mecánicas (tales como os sons e ultrasóns) son perturbacións
das
propiedades mecánicas, densidade e presión, que alteran átomos nun medio material,
propagándose a outros átomos do medio. Outros exemplos: ondas sísmicas, ondas
superficiais en fluídos ou sólidos.
Clasifícanse como ondas lonxitudinais xa que se propagan na mesma dirección que a
perturbación.
A diferencia das radiacións electromagnéticas, necesitan dun medio físico para
desprazarse. Ademais do medio físico, requiren de:
● Fonte capaz de xerar as perturbacións no medio.
● Forma de propagarse (perturbando a partículas veciñas) = compresión e
rarefacción.
● Receptor onde chega a información e a enerxía que transporta a onda

3.1. O son
O caso máis importante de onda mecánica na vida real e tamén nas aplicacións de ciencia
e enxeñería son as ondas sonoras, o SON. O son constitúe a forma básica da comunicación
e da música. Sen embargo dende o noso punto de vista, a aplicacións científico-técnicas
que mais nos interesan son as ecografías e os ultrasóns.
A diferencia da luz, non pode considerarse unha sucesión de cuantos ou fotóns, e
propágase como unha perturbación ou vibración a través das moléculas dun medio.
Está caracterizado por:
● Propagarse normalmente polo aire.
● Os xeradores de son poden ser a voz ou un instrumento.
● O oído recibe e interpreta o son.
Son ondas periódicas e pódense describir como unha dobre oscilación no espazo e no
tempo.
O son é unha onda lonxitudinal que se propaga por un medio, sólido, líquido ou gaseoso,
capaz de ser escoitada polo oído humano. A gama audible é o conxunto de frecuencias
que o oído humano é capaz de detectar. Esténdese de 20 a 20.000 Hz (voces humanas,
instrumentos musicais), aínda que tamén se emprega este termo para referirse a ondas
similares.
As ondas sonoras pódense dividir en tres categorías segundo as marxes de frecuencia
(20 Hz < f < 20 kHz):
Audibles: son da voz, instrumentos de música, vida diaria.
Infrasónicas (< 20 Hz) = órganos de tubo das igrexas, comunicación entre animais (p.ex.
elefantes).
Ultrasónicas (> 20 kHz) = silbato cans, baño ultrasóns, ecografías.
3.2. O ultrasón
Os ultrasóns son unha serie de ondas mecánicas, xeralmente lonxitudinais, que engloban
o rango de frecuencias que non pode recibir o oído humano (> 20 kHz). No ámbito médico,
frecuencias de 1-14 MHz (ou mais) empréganse con fins terapéuticos e diagnósticos.
A velocidade e intensidade do son están moi condicionadas polas características do medio
que atravesa. A densidade, elasticidade e compresibilidade do medio afectan á
velocidade de propagación.
Nos diferentes tecidos brandos corporais, a velocidade da onda sonora é moi parecida. Isto
débese á impedancia acústica (Z) entre eles que é moderada e permite que a onde
penetre mais e se reflexe menos.
Grandes diferencias en Z→ reflexións de onda maiores.
O xel nas ecografías emprégase para axustar estas impedancias e así facilitar a
penetración no tecido.

Outros exemplos inclúen limpeza de equipos, localización e medidor de distancias en


morcegos e cetáceos), fisioterapia, sonar, etc..
Os ultrasóns defínese como unha serie de ondas electromecánicas, xeralmente
lonxitudinais igual ca o son, pero neste caso os requisitos que cumpre son os seguintes:
- Orixínase pola vibración dun corpo elástico (cristal piezoeléctrico)
- Propáganse por un medio material (tecidos e órganos corporais)
- A frecuencia á que se propaga supera a do son audible polo humano, superior a 20 kHz.

Ao expoñer tecidos vivos a ultrasóns, estes van experimentar os seguintes procesos:


● Atenuación: Imposible percibilas coa mesma intensidade.
● Refracción: Dependendo da interface atravesada, a dirección da onda sonora
refractada dependerá da orientación respecto á onda incidente.
● Dispersión ou Scattering: Parte das ondas sonoras ao atoparse cunha interface
reflíctense en todas direccións. Proporciona ruído e artefactos nas imaxes (efectos
indesexados).
● Reflexión: Parte das ondas sonoras ao atoparse cunha interface reflíctense cun
ángulo similar ao incidente. Fenómeno proporcionado polo eco.
Na imaxe diagnóstica, o efecto máis importante é a reflexión.

3.3. Efecto Doppler


En relación cas ondas materiais é importante mencionar o efecto Doppler = variación en la
frecuencia de son que percibe un receptor cando a fonte móvese respecto a el.

4. Electricidade e magnetismo
O estudio da electricidade e do magnetismo é importante dende o punto de vista do TSID xa
que a produción de raios X baséase na conversión de enerxía eléctrica a enerxía
electromagnética.

4.1. Electrostática
Estrutura dos átomos = cargas eléctricas de igual magnitude pero signos opostos:
- cargas positivas no núcleo (protóns) que non se moven
- cargas negativas no exterior (electróns) que son as que viaxan libremente e
interaccionan.
• Electróns externos dalgúns átomos están debilmente ligados polo que poden saltar
producindo a electrificación→ electricidade estática.
• = transferencia de electróns dun obxecto a outro, polo que o primeiro se electrifica
positivamente e o segundo negativamente.
• A electrificación pode ser creada por contacto, fricción ou inducción.
A unidade mais pequena de carga eléctrica é o electrón→ unidade de carga = Culombio (C) = 6.3 x
1018 cargas do electrón.
O campo eléctrico está asociado con cada carga eléctrica:
- cargas + apuntan cara ao exterior,
- cargas - apuntan cara ao interior.
Cando se xuntan dúas cargas→ forza electrostática:
- Repulsión (cargas = signo)
- Atracción (cando ≠ signo)
- Neutro (cando non hai cargas)

• Un obxecto que sempre admite cargas eléctricas de obxectos electrificados é a Terra.


Esta capacidade defínese como toma de terra.
• Durante as tormentas, o movemento do vento e das nubes pode favorecer este intercambio de
electróns (por inducción). Se a electrificación é moi intensa pode producirse unha descarga = os
electróns propáganse dende as nubes que teñen exceso ata as que están en defecto→ lóstregos.
Pódese producir entre nubes ou entre nubes e terra (mais frecuente).

4.2. Electrodinámica
= estudio das cargas eléctricas en movemento. As cargas eléctricas teñen enerxía
potencial.
Cando se posicionan electróns no extremo dun arame, crean un potencial eléctrico, xa
que a forza repulsiva vai forzar a algúns electróns a continuar polo arame e facer un
traballo. Isto chámase corrente eléctrica ou electricidade.
O potencial eléctrico (voltaxe ou tensión) mídese en voltios (V), defínese como o traballo
que debe realizar un campo electrostático para mover unha carga positiva dende dito punto
a outro de referencia.
As correntes eléctricas poden ser moi pequenas; dende as que miden os
electrocardiogramas (1 mV) ata as correntes das liñas de alta tensión (440.000 V).
Resulta práctico empregar o valor do potencial eléctrico como diferencia entre dous puntos
considerados→ diferencia de potencial.
Segundo o fluxo de electróns, diferenciamos os materiais/sustancias como:
• Supercondutores: fluxo sen ningunha resistencia (Niobio, Titanio).
• Condutores: fluxo con facilidade (Cobre, Aluminio), dependente da Tª.
• Semicondutores: compórtase diferente segundo as condicións (Silicio, Germanio),
dependente da Tª.
• Aislantes: non permiten o fluxo (plástico, vidro), dependente da Tª.
A dirección da corrente eléctrica é sempre oposta ao fluxo de electróns
A corrente eléctrica, ou electricidade, é o fluxo de e- a través dun condutor. Mídese en
amperios (A).
Cando o fluxo de e- se inhibe, a resistencia é alta. A resistencia eléctrica mídese en ohms
(Ω).
Lei de Ohm V = IR
V = potencial eléctrico en voltios
I = corrente eléctrica en amperios
R = resistencia en ohms
Cando os electróns flúen nunha soa dirección ao longo do condutor falamos de corrente
continua, mentres que cando oscilan e flúen en dirección oposta falamos de corrente
alterna.
A oscilación na dirección do electrón ocorre sinusoidalmente, cunha frecuencia de 1/60 s→
corrente alterna identifícase como 60 Hz.

4.3. Magnetismo
Na natureza existen algúns elementos e materiais que amosan a capacidade de atraer ou
repeler outras substancias a través da forza do magnetismo.
Os materiais que presentan magnetismos denomínanse imáns. Estes elementos teñen
dous polos e producen un campo magnético dipolar, motivo polo cal se coñecen como
dipolos magnéticos (cun polo norte e un polo sur).
O planeta Terra considérase como un imán xigantesco cos seus polos e o seu campo
magnético.
Magnetismo = unha das forzas fundamentais da natureza, un fenómeno físico que se
caracteriza pola existencia de forzas de atracción e repulsión que se dan entre algúns
corpos.
(A) Calquera partícula cargada en movemento crea un campo magnético. No caso do
electrón o movemento é perpendicular. A intensidade pode representarse por liñas
imaxinarias

(B) Se o movemento do electrón é unha volta pechada, como arredor do núcleo nun átomo,
as liñas de campo magnético será perpendiculares ao plano de movemento.

(C) Ademais, os electróns rotan arredor dun eixo no sentido das agullas do reloxo ou en
sentido contrario = spin do electrón→ crea un campo magnético que se neutraliza en
pares de electróns.
LEMBRADE: Os spins dos electróns está moi relacionados coas propiedades magnéticas
de este

Esta configuración electrónica favorece que cada electrón se comporte como un diminuto
imán, onde existe un polo norte e un polo sur, dando lugar a un dipolo magnético.
Unha acumulación de moitos imáns atómicos con dipolos alineados
constitúe un dominio magnético.
Os dipolos magnéticos oriéntanse ao azar (a), pero isto cambia cando se sitúan baixo a
influencia dun campo magnético externo (b).
4.4. Clasificación dos imáns
Os imáns clasifícanse segundo a orixe da súa propiedade magnética:
• Imáns naturais = manteñen un campo magnético continuo, é dicir, son imáns
permanentes, a menos que sufran golpes de gran magnitude, se lle apliquen cargas
magnéticas opostas ou altas temperaturas.

• Imáns artificiais = imáns permanentes inducidos de xeito artificial. Fabricados para


determinadas aplicacións domésticas ou industriais. Dispoñibles en multitude de formas e
tamaños, xeralmente en forma de fechadura ou barra.

• Electroimáns = un arame envolto arredor dun centro férrico. Empregados para multitude
de aplicacións tecnolóxicas e na industria pesada. Empregan o principio de inducción
electromagnética que permite a súa activación/desactivación segundo
se precise.

LEMBRADE: Unha partícula cargada que rota inducirá un campo magnético ao longo da
súa rotación

Toda materia pode clasificarse segundo a maneira na que interacciona cun campo magnético
externo→ susceptibilidade magnética
• Diamagnéticos: rechazados debilmente por cada polo magnético. Non poden ser
magnetizados artificialmente nin os atrae un imán = susceptibilidade magnética
negativa→ as súas capas electrónicas están completas e non presentan momento
magnético neto.
• Paramagnéticos: mestura entre ferromagnéticos e os non magnéticos. Son
lixeiramente atraídos por un imán e pobremente influenciados por un campo
magnético externo = pequena susceptibilidade magnética positiva que lles permite
imantarse levemente.

• Ferromagnéticos: fortemente atraídos por un imán, e normalmente poden


magnetizarse permanentemente = susceptibilidade magnética alta debido á forma na
que se alinean os electróns internos.
Nun material ferromagnético os dipolos magnéticos oriéntanse aleatoriamente.
Cando os dipolos se sitúan baixo a influencia dun campo magnético, os dipolos magnéticos
alinéanse.
4.5. Leis magnéticas
As leis físicas do magnetismo son similares ás da electrostática e gravidade.
Dipolos
• Non existe a unidade pequena do magnetismo. Cando un imán se rompe en anacos,
formamos moitos imáns.
Estes extremos chámanse polos, e cada imán ten dous polos:
- Polo N (positiva)
- Polo S (negativa)

Atracción e repulsión
• Os campos magnéticos represéntanse mediante liñas de campo ou de forza norte-sur.
Estas liñas non comezan e rematan senón que forman un circuito continuo sen principio nin
fin. Un campo magnético defínese segundo a súa dirección e magnitude. A magnitude é
maior onde hai menos separación entre ondas.
• A unidade de medida do campo magnético chámase tesla (T). Emprégase por exemplo
para computar o campo magnético necesario para os equipos de RM.

Inducción magnética
• Un campo magnético xera corrente eléctrica. Algúns materiais poden facerse
magnéticos por inducción. A densidade das liñas é proporcional á densidade do campo
magnético.
• Este campo eléctrico pode producirse ao someter un conductor a un campo magnético
variable, ou ben ao mover o conductor respecto a un campo magnético estacionario.
• Existen 3 tipos de conductores: rectilíneos, circulares e, en espiral ou bobina.

Forza magnética
• As forzas creadas por campos magnéticos e por campos eléctricos compórtanse de xeito
semellante, similar as forzas gravitatorias e electrostáticas que son inversamente
proporcionais ao cadrado da distancia entre obxectos.

5. Electromagnetismo
• No século XIX, o desenrolo de métodos para producir corrente eléctrica estimulou as investigacións
para coñecer sobre a conexión entre os fenómenos da electricidade e magnetismo→
ELECTROMAGNETISMO.
•Experimento de Oersted→ a electricidade pode empregarse para xerar campos
magnéticos.

•Experimento de Faraday→ o campo magnético pode xerar electricidade→


inducción electromagnética. Importante o movemento.
• A magnitude da corrente inducida depende de 4 factores:
● A forza do campo magnético.
● A velocidade do campo magnético ao moverse preto do condutor.
● O ángulo entre condutor e campo magnético.
● O número de voltas no condutor.
• Experimento de Lenz→ a dirección da corrente eléctrica inducida é oposta á acción que a
induce.

Un imán achégase a unha espira, o que produce a inducción de corrente tal que repele ao
imán, para contrarrestar o seu achegamento.
O imán afástase e para contrarrestar ese efecto a espira presenta o seu polo S atrae ao
polo N.
• Electromagnetismos= = describe como os electróns producen enerxía potencial eléctrica
(voltaxe) e como os electróns en movemento xeran magnetismo.
•Unha corrente eléctrica que se move por un material conductor xera un campo
magnético (manifesta os mesmos efectos que un imán). Neste fenómeno baséase a
creación dos electroimáns = bobina de cable portadora de corrente enrollada ao redor dun
núcleo de ferro, o cal intensifica o campo magnético inducido.
•Un electroimán precisa de alomenos dous compoñentes:
• Xerador: aparato que transforma a enerxía mecánica en enerxía eléctrica, polo que
transmite electricidade.
• Solenoide: fío de material condutor que se enrolla con forma helicoidal. Con cada volta
de fío créanse espiras polas que pasa a corrente eléctrica e xérase o campo magnético.

5.1 Dispositivos electromecánicos= aplicacións prácticas dos experimentos de


Oersted e Faraday.
Xerador eléctrico = converte enerxía mecánica en eléctrica.
Espira de cable situada entre dous polos dun imán, rota por enerxía mecánica
(man, auga, aspas turbina) → ao estar nun campo magnético, induce corrente eléctrica.
Motor eléctrico = converte enerxía eléctrica en mecánica.

Os motores de inducción usan bucles pechados de cables, montados sobre unha armadura
xiratoria. Estes bucles obteñen o par necesario para o xiro das correntes inducidas neles
por medio dos cambios do campo magnético producido polas bobinas do estator (bobina
fixa).
O tipo motor empregado nos tubos de raios X é un motor de inducción, onde o rotor
xiratorio é un eixo formado por barras de cobre e ferro, onde o campo magnético externo o
subministran moitos electroimáns fixos chamados estátores.
• Transformadores = dispositivos que empregan campos magnéticos interactuantes
producidos por correntes eléctricas variables. Neste caso, non converte enerxía senón que
transforma potencial e corrente eléctricos en outros de maior ou menos intensidade.
6. Aplicacións das radiacións en medicina
Podemos realizar unha clasificación das diferentes aplicacións da radiación
electromagnética, soamente no campo da medicina e o diagnóstico por imaxe que son de
especial interese para nós:
As radiacións poden modificar a estrutura electrónica da materia→ penetrar no corpo
humano interactuando co ADN e producindo efectos moi diversos, incluída a morte
celular. Estes efectos poden ser aproveitados pola física médica para:
● Eliminar células cancerosas = radioterapia
● Obter imaxes de estruturas anatómicas profundas mediante = diagnóstico por
imaxe
- imaxes por transmisión (radioloxía, TC): diferenzas de densidades.
- imaxes por emisión (PET, SPETC): diferenzas de metabolismo.

6.1. Radiacións ionizantes en RADIOTERAPIA


A radioterapia é un dos tratamentos mais comúns contra o cancro. Este tratamento
emprega radiación de alta enerxía (raios X, raios gamma, electróns ou protóns) para
eliminar ou danar as células cancerosas, pero sen alterar os tecidos sans próximos.
Actualmente empréganse modernos equipos para a aplicación clínica de radiación como o
acelerador lineal de electróns. Podemos clasificar as distintas aplicacións en función da
distancia entre o paciente e a fonte emisora: braquiterapia e teleterapia.
A) Braquiterapia ou terapia de radiación interna: consiste na colocación de implantes
radiactivos = isótopos radiactivos (permanentes ou temporais) directamente no tumor ou
próximas a el, evitando así atravesar os tecidos sans pola radiación. Son cápsulas de aceiro
(sementes) con material radiactivo que pode emitirse dende o paciente polo que hai que
tomar precaucións.

B) Teleterapia ou terapia de radiación externa: a fonte de irradiación está a certa


distancia do paciente en equipos de grandes dimensións como o acelerador lineal de
electróns, os tubos de raios X de ortovoltaje ou a unidade de cobalto (raios gamma). Os
aceleradores lineais de electróns (LINAC) son os medios de aplicación de teleterapia
mais empregados na actualidade en tumores superficiais (raios X de 1.5 ata 25 MV).

As siglas empregadas para referirse aos diferentes modelos de radioterapia son as


seguintes:
• EBRT: radioterapia de feixes externos.
• IMRT: radioterapia de intensidade modulada.
• IORT: radioterapia intraoperatoria.
• IGRT: radioterapia guiada por imaxe.
• VMAT: arcoterapia volumétrica modulada.

6.2. Radiacións ionizantes en DIAGNÓSTICO POR IMAXE


A finais do século XIX descúbrense os raios X (Roentgen) → gran impacto directo en
medicina a partir da cal nacen a radioloxía, a medicina nuclear, e os estudios sobre a
estrutura da materia.
Cos anos fóronse perfeccionando as técnicas e procedementos de control na adquisición de
imaxes diagnósticas.
Podemos clasificar as distintas aplicacións en función dos procedementos que empregan
feixes aplicados a certa distancia, ou ben aqueles que precisan de intervención previa,
como a administración dun isótopo.

A) Técnicas que empregan feixes externos(con contraste e sen contraste)


Radioloxía convencional
• A proba de diagnóstico por imaxe mais empregada.
• Emprega un único feixe de raios X que atravesa ao paciente e transfire unha cantidade de
enerxía a un receptor, que a transforma nunha imaxe en función da absorción que se
producira ao atravesar a rexión anatómica.
• Pérdese información con respecto a outras probas como profundidade e sensibilidade que
se melloran coa aplicación de contrastes.
• Mamografía e a ortopantomografía (panorámica) son aplicación concretas diferenciadas
da radioloxía convencional.

Tomografía computarizada
• Denominado tamén escáner.
• Emprega raios X para obter imaxes de cortes anatómicos con fins diagnósticos (TC vs.
TAC).
• A TC obtén múltiples imaxes mediante a rotación dunha fonte de raios X arredor do corpo.
A representación final obtense mediante a captura das sinais polos detectores e o seu
posterior proceso mediante algoritmos de reconstrución

B) Técnicas que administran isótopos radioactivos


• Na especialidade de medicina nuclear, manéxanse diferentes tipos de isótopos non
encapsulados (en forma líquida ou gasosa) que son administrados ao paciente
(inxectados ou inxeridos). Chámase gammagrafía á proba diagnóstica de medicina nuclear
que consiste na administración dunha pequena dose de radioisótopo (trazador).
• Unha vez que o radiofármaco está dentro do organismo, distribúese por diversos órganos
dependendo do medicamento en si. A distribución do radiofármaco é detectada por un
detector de radiación (gammacámara), que en función do tipo de emisión será un SPECT
ou un PET.
• O procesado da información permite a obtención de imaxes de todo o corpo ou ben do
órgano en estudio.
• Estas imaxes son funcionais e moleculares, é dicir, amosan o funcionamento dos
tecidos e revelan as súas alteracións a nivel molecular.
LEMBRADE
• Isótopo = átomo que pertence ao mesmo elemento químico que outro, co mesmo
número atómico, pero distinta masa atómica (=protóns pero ≠ neutróns).
• Radiofármaco= medicamento que contén unha sustancia radiactiva e se emprega
para o diagnóstico e tratamento de enfermidades.

Tomografía computarizada de emisión monofotónica (SPECT)


• Emprega unha cámara sensible aos raios gamma (gammacámara).
• Modalidade de gammagrafía que fai referencia á adquisición tomográfica das imaxes
(cada imaxe é 2D pero pode combinarse para obter unha 3D). A gammacámara que se
emprega xira arredor do paciente, adquirindo imaxes cada 3-6 graos, ata rotación completa.
• A gammacámara detecta un único fotón de emisión gamma.
• SPECT é mais simple que PET xa que poden empregarse isótopos mais fáciles de obter e
cunha vida media mais longa.

Tomografía por emisión de positróns (PET)


• Técnica por imaxe capaz de medir a actividade metabólica dun órgano ou tecido. Ten
moita precisión.
• Baséase en detectar e analizar a distribución 3D que adopta no interior do corpo un
radiofármaco de vida media ultracorta administrado mediante inxección intravenosa.
• A imaxe obténse porque os tomógrafos detectan os 2 fotóns gamma que emite o
paciente, producto da aniquilación entre positróns do radiofármaco e electróns do corpo do
paciente.
• Para a obtención da imaxe, os fotóns detectados son convertidos en sinais eléctricas e
posteriormente sometidas a procesos de filtrado e reconstrucción.

6.3. Radiacións NON ionizantes e ondas materiais en RADIOTERAPIA


As radiacións non ionizantes teñen multitude de aplicacións terapéuticas en medicina
tales como: láser,infravermellos, microondas ou ultrasóns, pero pertencen mais ao campo
da medicina física ou cirurxía, e non son técnicas propias da radioterapia.
Sen embargo, as radiacións non ionizantes xogan un papel moi importante como
adxuvantes á localización en tempo real de zonas a tratar = radioterapia guiada pola
imaxe (IGRT).
• Permite a localización do volumen tumoral mediante equipos de imaxe→ información funcional e
biolóxica.
• Permite o uso da imaxe na propia sala de tratamento, como ferramenta de verficación,
inmediatamente antes ou durante o tratamento.
• Proporcionan imaxes en 2D ou 3D, combinando equipos de TC, ou baseados en ultrasóns,
video con marcadores infravermellos, etc…

6.4. Radiacións NON ionizantes e ondas materiais en DIAGNÓSTICO POR


IMAXE
A resonancia magnética e os ultrasóns constitúen as dúas aplicación mais importantes de
radiación nonionizante para a obtención de imaxes diagnósticas.

A) Resonancia magnética
• Consiste na obtención de imaxes mediante o emprego dun campo electromagnético
(imán), un emisor/receptor de ondas de radio (escáner) e un ordenador.
• O funcionamento baséase na excitación dos protóns dos átomos de hidróxeno dos
tecidos mediante a xeración de potentes campos magnéticos que provocan un alineamento
dos núcleos. Cando a radiación electromagnética deixa de emitirse, os protóns regresan á
súa posición inicial liberando enerxía en forma de ondas de radio (resonancia) que serán
recollidas por antenas e enviadas a un ordenador para ser procesadas en forma de imaxe
B) Ultrasóns
• Son a base da ecografía.
• O ecógrafo produce ondas de ultrason que, ao reflexarse no tecido, xera un eco recollido
de novo pola sonda e posteriormente transformado en imaxe nun monitor.
• A técnica ecográfica posúe moitas vantaxes (relación custerendemento, boa resolución, emprego de
radiación non ionizante) e poucos inconvintes→ enorme capacidade funcional.

7. Unidades de medida en radiodiagnóstico


O emprego de radiacións ionizantes implica perigosidade e polo tanto da necesidade de
establecer normas específicas de radioprotección.
Para caracterizar de forma cuantitativa e precisa as radiacións ionizantes, e os seu posibles
efectos, é necesario disponer dun conxunto de magnitudes coas súas correspondentes
unidades.
Categorías das magnitudes:
● Radiometría: relacionada ca cantidade e calidade dun feixe de radiación
● Coeficientes de interacción: asociadas a interacción coa materia (atenuación,
absorción, etc..

● Dosimetría: medida da enerxía absorbida e a súa distribución. Normalmente o


producto das dúas anteriores.

❖ A) Kerma = magnitude característica dun campo de partículas non cargadas


(neutróns e fotóns). Unidade no SI = J/kg (Julio por kilogramo) ou Gy (gray).
❖ B) Exposición = magnitude proporcional á cantidade de ionizacións que a radiación
produce no aire por unidade de masa. Disminúe co cadrado da distancia á fonte
emisora. Unidade no SI = C/kg (coulombio/kg).
❖ C) Dose absorbida = magnitude dosimétrica de mais interese. Dose (D) = E/m,
enerxía absorbida por unidade de masa. Emprégase en radioterapia para prescribir
tratamentos (1 Gy = 1 J/kg).
Dose equivalente = magnitude que describe o efecto relativo dos distintos tipos de
radiacións ionizantes sobre os tecidos vivos. A súa unidade de medida é o sievert
(Sv). Esta magnitude ten maior significado biolóxico ca dose absorbida.
Dose efectiva = dose quivalente pero influenciada polo tecido ou órgano sobre o
que influiu. Tamen expresada en Sv.

● Radiactividade: relacionada co campo de radiación producido polas sustancias


radiactivas.
● Radioprotección: relacionada co efecto biolóxico das magnitudes dosimétricas.

You might also like