You are on page 1of 22

Ciclo: Produción de audiovisuais e espectáculos

MÓDULO: MP0910 Medios técnicos audiovisuais e escénicos.


Curso: 2022-2023
Profesora: Ariadna Leis

FOTOMETRÍA

Enténdese como fotometría a parte da física que se encarga da medida dos


aspectos cuantitativos que afectan á percepción da luz, tanto dende o punto
de vista obxectivo (o espectro visible) como subxectivo (o ollo).

FOTO=luz

RAG: Parte da óptica que se ocupa do estudo e a medición da


intensidade da luz.

MAGNITUDES FOTOMÉTRICAS

O proceso que nos permite ver calquera imaxe consta de 4 fases e para
cada ela debemos diferenciar magnitudes de luz diferentes
(recoñecidas a nivel internacional):

FONTE LUMINOSA INTENSIDADE (I) Candelas=lm/es cd


(estereorradián1)

EMISIÓN DE LUZ FLUXO (F) Lumen=cd/est lm


(estereorradián)

SUPERFICIE ILUMINANCIA (E) LUX=lm/m² lx


ILUMINADA ILUMINACIÓN Footcandle=10,76 LUX fc

LUZ REFLEXADA LUMINANCIA (L) NIT=cd/m² nt

1
Estereorradián: unidade de magnitude de estado sólido. Unidade dunha esfera. 3D dunha esfera.
Radián: unidade de superficie plana.

1
MAGNITUDES FOTOMÉTRICAS

I INTENSIDADE LUMINOSA
É a propiedade que ten unha fonte luminosa para expresar a sensación
de brillo que é capaz de provocar en comparación con outra. A súa
unidade é a candela (cd). A súa aplicación fana os fabricantes que
describen a intensidade do aparello no centro do feixe. Ex: proxector
fresnel de 5.000w ten unha intensidade luminosa no centro do feixe de
550.000 candelas no modo spot (lámpada alonxada da lente e feixe de
luz moi concentrado) e 100.000 candelas en modo flood (lámpada
próxima á lente e polo tanto o feixe de luz menos concentrado).

F FLUXO LUMINOSO
É a enerxía luminosa ou cantidade de luz radiada ou emitida por unha
fonte de luz nun segundo. A súa unidade é o lumen (lm). Emprégase
para expresar luminosidades das lámpadas. Canto maior fluxo
luminoso maior luminosidade. Ex: lámpada de tungsteno-halóxeno o
seu fluxo luminoso é de 130.000 lúmenes.

E ILUMINACIÓN OU ILUMINANCIA
É a cantidade de luz que incide sobre un obxecto ou superficie por
metro cadrado. É a magnitude coa que máis se traballa. Mídese en LUX
segundo o sistema métrico internacional ou en foot-candle
(candelas-pé) segundo o sistema anglosaxón.

LUX (Lx): a iluminación dunha superficie é dun lux cando recibe un fluxo
luminoso de 1lm por metro cadrado.

● 1Lux=1lm/1m²
● 1 FOOT-CANDLE=10,76 LUX

2
O lux é a unidade máis empregada polos iluminadores. Relaciónase coa
distancia da fonte ao obxecto coa lei fundamental da iluminación:

Isto deriva
dunha lei física de
propagación de ondas que é a lei inversa do cadrado da distancia.
Unha fonte de luz situada ao dobre ou á metade da distancia, a súa
perda ou aumento de intensidade non é o dobre ou a metade se non
que é 4 veces menos ou máis. Acontece o mesmo co son.

Exercicio: un proxector fresnel cuxa intensidade no centro é de 100.000


candelas, produce a 5m unha iluminación de 4.000 lux. A 10 metros
cantos lux produciría? E a 2,5m?

10m/5m= 2. O que quere dicir que a


distancia se multiplica por 2. Ao
separarse a 10m, a iluinación sobre o
obxecto diminúe non a metade, se non o
cadrado da distancia, polo tanto, 2².

4.000 lux / 2² = 1.000 lux será a iluminación que produza, é dicir, a cuarta
parte do que producía a 5m.

Se a acercásemos: 5/2,5=2 (a metade). A intensidade debería


incrementar non no dobre, se non no cadrado do dobre. 2². Polo tanto:
4.000 x 2²= 16.000 lux será a iluminación a 2,5 metros, 4 veces máis que a
posición orixinal.

3
É importante relacionar a iluminancia cos número f. Un paso de
diafragma equivale a unha diferencia do dobre ou a metade da
iluminancia, tanto en velocidade de obturación como en apertura de
diafragma. Se a iluminación aumenta ao dobre debemos pechar un
paso o diafragma para lograr a mesma exposición. Se a iluminación
diminúa á metade deberíamos abrir un paso de diafragma.

Se estamos cun foco de 5.000W


a un f4, se reduzo a potencia
do foco a 2.500W é a metade,
polo que para compensar a
exposición debería abrir un
paso de diafragma para
compensar a cantidade de luz
que se está perdendo. O
mesmo ocorre no caso
contrario. Se aumentamos a
10.000W debemos compensalo
pechando o diafragma un paso
(a metade de luz).

L LUMINANCIA ou BRILLO
É a luz reflexada por unha superficie. Calquera superficie
iluminada é capaz de reflexar unha parte da luz incidente. Aínda
que se soe empregar a unidade de candela/m² (nit), existen outras
unidades de medida: STILB, APOSTILB, LAMBERT.

4
PROPIEDADES DA LUZ
A luz sempre viaxa en liña recta. E o seu percorrido sempre pe na
mesma dirección.

● REFLECTANCIA ou REFLEXIÓN (r)

A maior parte da luz que percibimos é a que reflexan os obxectos que


temos ao noso redor, por iso é convinte coñecer as súas propiedades
reflectantes; estas veñen determinadas polo seu factor de reflexión (r).
Este factor establece a relación entre o fluxo luminoso que incide
nunha superficie e que é reflexado por esta.

O factor de reflexión depende das propiedades do obxecto. O material


de reflexión máximo é o espello. Exprésase en lúmenes.

R = lm reflectados / lm incidentes

A porcentaxe de reflexión ven determinada polo factor de reflexión


resultante x 100.

lm resultantes x 100 = % de reflexión

REGULAR: cando a luz reflexada dun raio incidente forma un ángulo


semellante ao reflexado. É unha reflexión moi directa. A superficie de
reflexión é especular ou regular e que reflexa o feixe de luz na mesma
dirección. EX: espello.

5
MIXTA ou SEMIESPECULAR: aparte de refexar o feixe incidente reflexa
outros en múltiples direccións que non son ángulos semellantes ao de
incidencia. Ex: reflectores.

DIFUSA: reflexión na que os feixes de luz se esparcen en tódalas


direccións.

● TRANSMISIÓN (T)

É a propiedade que fai referencia á cantidade de luz que deixa pasar


un material. Isto nos filtros é moi importante. Normalmente nos filtros
de cor, nas fichas técnicas, a iluminación vai escrito cunha Y, e un Y alto
quere dicir que deixa pasar pouca cantidade de luz, é un filtro oscuro e
por tanto absórvea. Ex: filtros azuis ou morados son filtros que
absorven moita luz e precisan máis potencia para compensalo. Tamén
ao absorver máis luz estropéanse antes, porque a luz convírtese en
calor e por tanto deteriora o filtro.

A transmisión de luz dun material vén determinada polo seu factor de


transmisión, é dicir, pola relación existente entre o fluxo que incide
sobre un determinado material e o fluxo que transmite ou pasa a través
dese material.

T = lm transmitidos / lm incidentes

A porcentaxe de transmisión vén dada por:

lm transmitidos / lm incidentes x 100 = % de transmisión

● ABSORCIÓN

Cando a luz branca choca cun obxecto, unha parte das


cores que a compoñen son absorvidas pola superficie,
e o resto son reflexadas. Os compoñentes reflexados
son os que determinan a cor que percibimos. Se as
reflexa todas é branco e se as absorve todas é negro.
Un obxecto é vermello porque reflexa a luz vermella e
absorve tódalas demais. Unha máxima para o uso de
filtros é: un filtro deixa pasar a súa propia cor e absorve
a complementaria.

● REFRACCIÓN

É o cambio de dirección da luz cando pasa dun


medio ao outro, posto que a súa velocidade varía.

6
EXPOSICIÓN
Relación existente entre os factores que determinan a incidencia de luz
sobre un soporte fotosensible ou sensible (CCD, CMOS…). Os
parámetros que axustan a exposición son a INTENSIDADE e o TEMPO.

E (exposición) = intensidade (diafragma) x tempo (velocidade de obturación)

**O exposímetro ou fotómetro é o aparello que se emprega para medir


a luz. Tamén os axustes de zebra da cámara serven para isto.

A intensidade de luz entre un paso adxacente de


diafragma ou de tempo de exposición que se perde ou
suma é sempre a mesma, o dobre ou a metade de luz. Polo
tanto, unha exposición de 1/60 a f8 equivalería tamén a:

É o que se coñece como LEI DE RECIPROCIDADE.

O cálculo da exposición está en gran medida relacionado coa latitude


da exposición ou a latitude da película ou soporte; o rango de
contraste que permite captar a cámara. Exemplos:

O ollo humano é capaz de detectar unha relación


entre luces e sombras equivalente a 10 pasos de

7
diafragma a diferentes niveis de luz. Antigamente, as películas de
negativo en cine a relación era 7 e en TV era 5. Actualmente os sensores
de cine aumentaron moito esta latitude e algunhas cámaras chegan a
detectar 14 pasos de diafragma.

Isto é importante telo en conta porque en función da latitude de


exposición do soporte onde imos rexistrar a imaxe, nós iluminamos.
Non ten sentido iluminar cun contraste de 7 diafragmas se imos
rexistralo nunha película ou soporte de 5 pasos. Ten que haber unha
realización cos axustes no set de iluminación cos rexistros.

É certo que os novos sistemas ou procesos de captura tenden a facer


unha exposición centrada en non apurar rangos de luces e sombras se
non concentrar información no centro, tons grises, para logo en
procesos de etalonaxe estirar ese rango de luz e gañar contraste.

8
LEIS BÁSICAS DE ILUMINACIÓN

LEI INVERSA DOS CADRADOS


A lei inversa dos cadrados marca a relación existente entre a variación
da posición ou distancia dun foco sobre un punto determinado e como
afecta á súa intensidade. O cambio do nivel de luz varía de xeito
inversamente proporcional ao cadrado da distancia. É dicir, ao separar
un foco ao dobre de distancia, a iluminación non descende á metade,
se non á cuarta parte. Esta lei só se aplica cando o fluxo luminoso
incide de xeito perpendicular na superficie.

E = I / D²
E (nivel de iluminación - lux - )
I (intensidade da fonte)
D² (distancia da fonte de luz ao plano receptor perpendicular)

9
LEI DO COSENO
A lei do coseno aplícase cando o fluxo luminoso non é perpendicular á
superficie (como na lei inversa). Cando o fluxo forma coa superficie un
determinado ángulo, a fórmula da lei inversa do cadrado da distancia
hai que multiplicala polo coseno do ángulo correspondente cuxa
expresión constitúe a chamada lei do coseno, que se expresa como:

α=alfa=ángulo

A iluminación nun punto calquera dunha superficie é proporcional ao


coseno do ángulo de incidencia dos raios luminosos no punto
iluminado.

**Isto ven sendo o mesmo que a lei inversa, pero se o ángulo é 0, que é o
que acontece cando a luz é perpendicular a unha supeficie, o coseno
de 0 é 1, polo tanto non se pon, porque se dá por feito.

Na seguinte imaxe represéntanse 2 fontes de luz, F e F’ coa mesma


intesidade luminosa (I) e a mesma distancia (d) do punto P.

Á fonte F con ángulo de incidencia=0


correspóndelle un cos0=1, e produce unha
iluminación no punto P de valor:

Da mesma forma, o F’ cun ángulo α=60º, ao


que corresponde o cos60=0,5 producirá no
mesmo punto unha iluminación de valor:

10
MEDICIÓN DA EXPOSICIÓN
O FOTÓMETRO
O fotómetro é o instrumento por excelencia para
medir a intensidade da luz. Con el sabemos cantos
diafragmas está sobre ou sub exposta unha luz.
Estes clasifícanse:

- Se miden a luz de xeito incidente (diante do


foco ), reflexada (a que rebota do obxecto) ou
ambas. Ver vídeo.

- De ambiente ou puntuais.

Como funciona un fotómetro analóxico?

Imos ver as partes dun fotómetro analóxico Sekonic:

a) Axuste da sensibilidade, no centro 320.


b) Lumiesfera ou calota (ovo): emprégase
para captar a luz. O modelo da imaxe serve para medir a luz
incidente e nunha ponderación xeral de tódalas luces que
hai nunha escena. Está tamén unha carlota plana que serve
para medir o que se coñece luz a luz, tapando coa man a
luz que pode contaminar outro foco.
c) Botón de activación.
d) Escala de diafragmas, só se ten en conta cando se miden
altas luces.
e) Escala de candelas-pés, dá a referencia para medir a luz
incidente. Para saber a equivalencia en lux, multiplícase o
valor por 10,76, aínda que se acaba redondeando a 10.
f) Esta frecha axusta ao valor que nos da a escala superio de
buxías-pés. É dicir, medimos e trasladamos o valor que nos
dá de candelas-pés á escala f.
g) A h serve para medir en altas luces.
h) Escalas de velocidade de obturación e fotogramas por
segundo. Témonos que fixar na liña vermella, onde se
posicione marcará o nºf que teremos que empregar na
exposición.

11
Por detrás leva un parafuso para axustar o fotómetro a cero. Consiste
en tapar con algo negro a calota, e pulsando, se non dá cero, xírase o
parafuso até que a frecha se coloca no 0.

Como funcionan os fotómetros dixitais?


Ver vídeo.

A boliña branca que recibe a luz chámase


lumisphere.

Cara onde debe apuntar? Depende do que


queiramos:

Se apunta cara a cámara saca un promedio das luces e as sombras.

Se a diriximos á luz, non está avaliando as sombras. Pero estamos


asegurándonos que non se nos pasen as altas luces. Vai xerar máis
contraste.

Os indicadores da esquerda son luz continua. Á dereita emprégase ao


traballar con flash.

Se nós lle damos 2 parámetros, como


o tempo e o ISO, el calcúlanos o f.

12
TEMPERATURA DE COR
Toda luz está tinguida dunha cor, que é o que se coñece como
temperatura de cor. Por que? Porque antigamente, o proceso de
xeración de luz dos halóxenos era o quecemento dun material
(wolframio ou tungsteno). O calor que se desprendía dese material
equivale a un ton ou cor. O estándar é unha temperatura de 3200K
(halóxeno) é o calor que desprende o material co paso da corrente. De
aí que a tonalidade roxiza se atribúa a esa temperatura.

A temperatura de cor exprésase en grados Kelvin (K) e proporciona


información sobre a pigmentación da luz escollida. O feito de que se
mida nesta unidade deriva de que a escala se establece a partir do
quecemento dun corpo negro para que emita luz dunha determinada
cor. O que vemos é que o material obtén un matiz diferente para cada
temperatura aplicada.

O aparello que mide a temperatura de cor é o termocolorímetro.

Os espectrofotómetros miden a parte espectral

A cor da luz é o resultado da súa lonxitude de onda. As lonxitudes de


onda máis longas percíbense como cores cálidas, as máis curtas como
cores frías. Dentro do espectro electromagnético a luz visible para o
ollo humano ocupa a banda que se extende dende os 380mm até cerca
dos 760nm.

13
Canta máis temperatura de cor ten un corpo máis lonxitudes de cor
azul e menos vermellas e laranxas:

A luz día é o que se considera


“un branco”. Ten unha
representación igual de todas as lonxitudes de onda.

Os fluorescentes soían ter unha dominante verde moi clara. Non teñen
un espectro contínuo se non que teñen picos.

O led tampouco é contínuo.

14
Se expoñemos unha película que está calibrada para unha
temperatura de cor determinada e ilumino cunha temperatura de cor
maior, a dominante obtida será azulada debido a que a luz coa que
iluminamos ten unha compoñente azulada maior que a da luz de
tungsteno. De aí que se teña que facer sempre o balance de brancos
smepre que cambie a iluminación dun plano. Debemos “ensinarlle” á
cámara cal é a cor branca.

A maior temperatura de cor, maior dominante azul. Para corrixir


dominantes empregamos os filtros, que permiten aumentar ou baixar a
temperatura de cor.

15
VALORES MIREDS:

Existen unha serie de filtros que non teñen temperatura de cor propia
pero poden modificar a temperatura das fontes luminosas. Para medir
o efecto que producen, emprégase a unidade chamada Mired, que é o
acrónimo de graos micro-recíprocos. Os mired dedúcense dividindo 1
millón polos valores Kelvin. Ex: 2300K=1000000/3200=312 mireds.

Como o mired é un factor recíproco, aumenta ao diminuír a


temperatura de cor e viceversa. Na escala mired, un signo positivo
significa que o filtro é ámbar (+), e un valor negativo quere dicir que o
filtro será azulado (-).

Filtro a empregar: º Mired da cámara - º Mired do foco

Ex: Se teño unha película cargada de 3200K na cámara, imos iluminar


cunha bombilla de 75W (2800K) e non desexo dominante de cor se non
unha imaxe branca, que filtro terei que colocar?

1.000.000/3.200K=312ºMired ; 1.000.000/2.800ºK=357ºMired

312-357= -45ºMired ----> Tería que colocar un filtro de cor azul (CTB).

E se teño unha fonte de 5000ºK e quero convertela a 3200ºK?

1000000/5000=200 mireds ; 1000000/3200=312 mireds.

312 - 200 = 112 Mireds, que equivale a un filtro laranxa (CTO).

Todo filtro resta luz, por iso temos que compensalo coa exposición.

16
ÁNGULO BEAM E ÁNGULO FIELD
Unha fonte de luz cando proxecta o seu feixe
xera diferentes ángulos luminosos:

- HOT SPOT: é o punto central, recibe o


100% da luz emitida pola fonte. Máxima
intensidade.

- ÁNGULO BEAM: neste espazo a fonte de


luz perdeu o 50% da intensidade
luminosa respecto ao centro.

- ÁNGULO FIELD: neste espazo a fonte de


luz perdeu un 10% máis de intensidade
luminosa respecto ao ángulo beam.

Para manter a unidade lumínica dun espazo iluminado por varias


fontes (xeralmente varios focos), estas superpóñense no punto no que
coinciden os ángulos beam das fontes.

17
CONTRASTE DE ILUMINACIÓN
O contraste de iluminación determina a escuridade nas sombras e
afecta á clave tonal e ao carácter dramático da iluminación.

Polo tanto teríamos un contraste de 1.000 lux de iluminación 4:1, é dicir, 2


pasos de diafragma (marxe de contraste.

ÍNDICE DE REPRODUCIÓN ou RENDEMENTO


CROMÁTICO (IRC ou CRI)
Esta magnitude mide a fidelidade coa que representa as cores unha
fonte de luz. Un obxecto iluminado por unha fonte de luz cun CRI alto
representará as cores de xeito moi fiel. A medida que o CRI baixa o
efecto de reprodución das cores é defectuosa.

A luz natural por excelencia, que é o sol, e os seus efectos combinados


coa atmósfera (ceos nubrados, atardeceres, amaneceres, etc.) ten unha
emisión de raios de luz en tódalas lonxitudes de onda do espectro
visible, polo tanto ten un espectro moi rico. Baixo unha luz deste tipo
tódalas cores posibles nas superficies dos obxectos son visibles, tanto
para a percepción humana como para vídeo ou cine.

O IRC é unha escala de 0 a 100 sendo 100 a luz solar. As restantes fontes
sitúanse nunha escala decrecente en función da capacidade da súa luz
para reproducir fielmente as cores da natureza. A Comisión
Internacional de Iluminación (CIE) sitúa o índice mínimo para cine e foto
en 90.

18
Canto máis alto sexa o número IRC dun tipo de lámpara, máis
auténticas serán as cores dos obxectos que vemos iluminados por ela.
As luces de incandescencia, algunhas lámpadas de descarga e algúns
fluorescentes alcanzan esa cifra. A iluminación industrial e o
alumbrado urbán teñen niveis inferiores.

Cando o IRC dunha luz non chega a 90 o seu espectro será incompleto.
Unha luz que contén radiacións en lonxitudes de onda
correspondentes, por exemplo, ao vermello, é incapaz de iluminar un
obxecto vermello que aparecería como negro ou gris escuro. O
alumbrado urbán emprega lámpadas de vapor de sodio ou mercurio,
que só emiten luz nalgunhas pequenas franxas do espectro cercanas
ao ámbar. Calquera obxecto azul aparece gris baixo esta luz, que
elimina tódalas cores agás os vermellos, laranxas e amarelos.

Unha vela posúe un espectro continuo, aínda que moi pobre en


lonxitudes de onda correspondentes ao azul. Con filtros pódese
conseguir imitar a emisión de cores cálidas (ámbar e vermello), pero é
imposible enriquecer o espectro con cores que a luz non ten.

19
Actualmente os halóxenos que xa non se venden, empréganse nalgúns
casos porque o seu CRI é moi bo.

ÍNDICE DE RENDEMENTO LUMINOSO


É a eficacia dunha fonte de luz. A relación entre Lúmenes e Watios.
Indica a cantidade de fluxo luminoso que se obtén da fonte por cada
unidade de potencia eléctrica que se suministra á lámpada. É dicir, a
relación entre o fluxo luminoso e a potencia consumida pola fonte.
Canto maior é a relación, mellor. Canto máis eficaz é, menos gasto e
máis luz. De aí que se eliminasen do mercado os halóxenos, porque
consumían moito para o que iluminaban.

20
OUTROS ÍNDICES PARA MEDIR
A CALIDADE DA LUZ

O IRC baséase no ollo, mentres que o


TLCI é un parámetro que se emprega para a cámara. É unha medida
que xa está medio obsoleta, porque a tecnoloxía avanza. O que fai é
coller unha táboa de valores de luz ideais e compáraa coa fonte de luz
empregada. Mídese tamén de 0 a 100 e os +85 son os ideais. Exemplo

DLED4:

21
Na gráfica, a liña azul sería o ideal e o espectro o que representa.

Values=97, é un factor moi bo.

Arriba vemos luz (lightness), saturación (chroma) e brillo (hue). Cando


pon 0 é que a relación é perfecta entre o patrón e a fonte que ilumina.

Outro
exemplo:
Dedolight
DLH4

Relación=
100 e polo
tanto,
perfecta.
Tódolos
valores en
0. Fonte de
luz ideal.

22

You might also like