You are on page 1of 9

TRATAMENTO DE SON E ESTILOS MUSICALES

hectortelleria@gmail.com

hector.rivero@usc.es

CRITERIOS DE AVALIACIÓN
PODCAST/SECUENCIA (grupo) : Peza audiovisual que ten que funcionar con e sen imaxe. Pode
ter o mesmo sentido ou se o escoito e o vexo (Parécelle un plus).

ANÁLISE DA SECUENCIA (individual)

ESTILOS MUSICAIS (grupo)

Preséntase en lab

40% teoría
50% traballos
10% actitude

Avaliación continua: Exame final de cada mes. 2 exames tipo test preguntas falladas restan -
0,25, soen ser 20 preguntas. O terceiro vai ser o traballo de estilos musicais (vai ser parte da
nota teórica)

01/02/2023

Nesta cultura hai unha predominancia da imaxe sobre o son

EFECTO DE TEMPORALIZACIÓN

- ESCOITA CAUSAL: Que causa o son


- ESCOITA SEMANTICA : Significado que trata de transmitir
- ESCOITA REDUCIDA: Atendería as calidades do son, escoita analítica

Funcións do son:

- Reunir/unificar
- Puntuar (exemplo de Hitchcock onde se da ao revés, normalmente o son puntúa á
imaxe)
- Anticipar
06/02/2023

TEMA 1: ESPAZO CONCEPTUAL

Como se produce o son?


Temos un medio elástico onde hai moléculas. As moléculas volven ao seu sitio chegan ata a
liña chegan un momento de des -> Movementos de compresión e rarefacción

María:

Compresión (arriba) refracción (abaixo) → o número de veces que pasa esto por segundo son
os hercios. Para que se produza o son precisamos un corpo capaz de vibrar, un espazo elástico
que poda transmitir as ondas e un receptor (humano ou non).

Inés:

Hai unhas molculas, que deben ter a capacidade de desprazarse e volver ao seu sitio: ser
elásticas. Un medio elastico. Esas moleculas non chegan ao noso oído, volven ao ser sitio,
crean un momento de complexión con outras moleculas. Eso é a propagación sonora. Aas
molculas inciais NON se desprazan, transmiten a súa enerxía as adxacente. Chamaselle os
movementos de compresión e rarefracción. O numero de veces que pasa esto por segundo
son os hercios, FRECUENCIA.

Precisamos tres elementos para que se produza un son: un medio capaz de vibrar, un medio
elástico onde podan pasar as vibracións e un receptor (non ten que ser persoa, pode ser un
micrófono)

O nº de ve por segundo (ciclos por segundo) son os herzios e a frecuencia

Para que se produza un son necesitamos:

1. Un corpo capaz de vibrar (emisor ou fonte)


2. Un medio elástico polo que poidan desprazarse as vibracións
3. Un receptor, do tipo que sexa (por exemplo un micrófono ou o oído humano)

EFECTO DOPPLER
PROPAGACIÓN SONORA as moléculas normalmente buscan un espazo de menor
concentración, MENOR RESISTENCIA POLA CONCENTRACIÓN DAS MOLÉCULAS

FORMA DE ONDA: Representación gráfica dun son (serve para a luz), dunha sinal. Todas as
variacións son harmónicos.

Características:

(Ondas ilusoidais? Simples)

Amplitude: O volume é a nosa percepción da amplitude. As variacións que escoitamos son


variacións de presións atmosférica. Cando maior sexa a concentración de moléculas vai ser a
amplitude e canto maior sexa maior vai ser a percepción de volume

Pódense medir de diferente xeito: pico (valor de pico), valor medio, valor de pico a pico. Moi
importante o valor RMS (o valor ou mais se achega a como percibimos a amplitude).
Importante saber o nivel de pico para que non rompa un equipo.

A unidade que mide son os dB. É unha escala logarítmica para comparar niveis. Normalmente
en acústica falaremos dB SPL onde establecemos que os 0dB son 20 micropascais.

Principios básicos dos logarítmicos:


O dB é un valor logarítmico que expresa diferenzas en intensidades entre dous niveis. Disto
podemos deducir que eses niveis se expresan a través
de diversas unidades de medida, sendo as máis
comúns:
- O nivel de presión sonora (SPL)
- A voltaxe (V)
- A potencia. Potencia en vatios (W)

Os dB non teñen valor, asignámosllo nos.

Escoitamos presión sonora, variacións de presións atmosféricas. 140 db o máximo

NIVEL DE PRESIÓN SONORA (SPL)

SPL (dB) = 20 log (SPL* /  SPLref.)

SPL*= Presión sonora en N/m 2 ou pascal.

SPLref.= Presión de referencia 2 x 10−5 N/m2 ou pascal

Cada vez que se duplica a distancia o nivel de presión sonora é atenuado en 6dB

SPL (dB) = 20 log (R2 /  R1)

R1 = DISTANCIA TOMADA COMO REFERENCIA. NORMALMENTE 1m

R2 = DISTANCIA Á CAL SE QUERE CALCULAR A ATENUACIÓN 

Eso é en presión sonora nos normalmente traballamos con son eléctrico

O son na súa forma eléctrica: O equivalente, en termos eléctricos, á amplitude da sinal


acústica é a voltaxe do sinal eléctrico.

VOLTAXE: dBu ( v, o V) = 20 log (V / Vref.)

V = voltaxe medido

Vref.= voltaxe de referencia. Nos casos en que falemos de dBu (Europa) y dBv (estados unidos)
= 0,775 voltios, e no caso de que falemos de dBV = 1 voltio.

Nos equipos domésticos (0,775dBv), nos profesionais (1,200 e algo)

dBm = 10 log (P / Pref.)

P = potencia de vatios que medimos

Pref. = 1 milivatio = 0,001 vatios = 1mW

*Non hai que confuncir potencia sonora coa que precisa un equipo.

A potencia acústica confúndese as veces cá potencia de saída do amplificador que se utiliza


para alimentar un altofalante.

Os enxeñeiros de son están familiarizados con amplificadores que teñen potencias de saída
de moitos centos de vatios.
É importante ter en conta que os altofalante son dispositivos de baixo rendemento; isto é,
transforman en potencia acústica só unha pequena proporción da potencia eléctrica que
reciben a súa entrada.

Así, aínda que a entrada dun altofalante fora de, por exemplo, 100W eléctricos, a potencia
acústica podería quedar en só 1W, supoñendo un altofalante de un rendemento do 1%. O
resto da potencia disiparíase en forma de calor na bobina do altofalante.

Como relacionamos esa potencia coa intensidade sonora?

SIL (Sound Intensity Level)

Limiar da audición a 1kHz = 0dB = SPL de 2 x 10−5 Nm2 =

Intensidade aproximada de 10−12Wm2 en campo libre

SIL(dB) = 10 log ( W/ 10−12Wm2)

O nivel de ref mínimo ou intensidade é 10−12

LEI CUADRÁTICA INVERSA

Determina o modo en que diminúe a potencia por unidade de superficie (intensidade) dun
fronte de onda, conforme éste se alonxa da fonte: a intensidade diminúe de xeito
inversamente proporcional ao cadrado da distancia á fonte.

(EXPLICACIÓN)

O son propágase de forma ESFÉRICA. Collemos un m2 pero se amplío a distancia é moito máis,
esa enerxía ten que distribuirse por unha superficie maior.

 Area da superficie dunha esfera:

 Se a potencia orixinal da fonte é W vatios, a intensidade, ou potencia por


unidade de superficie (I) a unha distancia r é:

I = W / (4π R2)

Unha vez temos esa intensidade podemos obter os dB de intensidade sonora.

EXEMPLO:

Se unha fonte tivera unha potencia de 0,1W, por exemplo, a intensidade a 4m de distancia
sería:

I = 0,1/(4 x 3,14 x 16) = 0,0005 Wm 2

O nivel de intensidade sonora ou SIL (Sound Intensity Level) de este sinal, expresado en
decibelios, pode calcularse comparándoo có nivel de referencia 10-12W m2:

SIL (dB) = 10 log (5 x 10−4/ 10−12 ) = 87 dB


FRECUENCIA

Frecuencia: O percorrido completo de compresión e rarefacción dunha onda (trazada sobre o


eixe 360º dun círculo) é coñecido como ciclo

A onda pode comezar en calquera parte da circunferencia

RANGO DE AUDICIÓN HUMANO: 20 Hz – 20.000 Hz

CANDO VIBRA MAIS RAPIDO MAIS PRESIÓN SONORA MÁIS AGUDOS

O rango de frecuencias audibles, ou espectro de frecuencias do son, na música occidental,


adoita dividirse en oitavas. Unha oitava é o intervalo entre dúas frecuencias nas que a
proporción é de 2:1

Non falamos en pascais porque as diferencias son moi grandes, o rango dinámico

PRINCIPIO DE IGUALDADE DE VOLUME: Non percibimos o volume do mesmo xeito en tódalas


frecuencias
Velocidade: Dinámica de propagación da onda sonora. A velocidade do son non é constante

• 343 m/s (1.234,8 Km/h)

• 20º C

• 50% humidade 

• Nivel do mar

A velocidade ou dinámica de propagación da onda sonora depende das características do


medio no que se realiza a dita propagación e non das características da onda ou da forza que a
xera.

Por cada grao Celsius que sube a temperatura, a velocidade do son aumenta en 0,6 m/s.

• No aire, a 0 °C, o son viaxa a unha velocidade de 331 m/s.

• Na agua, a 25 °C, é de 1493 m/s.

• Nos tecidos é de 1540 m/s.

• Na madeira é de 3700 m/s.

• No formigón é de 4000 m/s.

• No aceiro é de 6100 m/s, etc.

Canto máis denso é o medio polo que se propaga, máis rápidamente o fará.

Lonxitude de onda: Represéntase con landa e mídese en metros

• É a distancia física nun medio entre o principio e o fin dun ciclo.

• O tempo que se tarda en completar un ciclo denomínase periodo.

• O periodo da onda exprésase utilizando o símbolo T.

• T=1/f
T = número de segundos por ciclo
O espacio que precisa unha frecuencia para completar un ciclo.

Cada frecuencia ten unha lonxitude de onda determinada pola distancia percorrida por unha
onda sonora para cumprir un ciclo de compresión e rarefacción.

A medición física dun ciclo dánola a velocidade do son dividida pola súa frecuencia.

A frecuencia e a lonxitude de onda son inversamente proporcionáis entre si. Canto menor é a
frecuencia dun son, máis longa é a súa lonxitude de onda e viceversa.

Fase

Contido armónico (timbre)

Envolvente (envoltura acústica)

Cando falamos de fase falamos dun desprazamento de tempo

02/03/2023

Non é un mecanismo lineal, o mecanismo de entrada non vai ser o mesmo que o de saída.

BATIDOS: Dúas frecuencias cercanas similares pero con lixeira variación. Ao escoitalas xuntas o
oído non é capaz de discernir, escoitamos como un son que varía a súa amplitude. Escoitase
como unha oscilación do son (vai subindo e baixando o son)

TONS COMBINADOS: cando dous tonos altos en frecuencia teñen unha diferencia de mais de
50 herzios, inventamos frecuencias adicionais

ENMASCARAMENTO: Frecuencias que están moi preto, hai unha que enmascara e outra que é
enmascarada. Hai veces que hay harmónicos que poden enmascarar ao fundamental. Se
soluciona ecualizando, que non se solapen as frecuencias, que non estén moi próximas

DIFERENZA INTERAURAL DE TEMPO: A nosa cabeza fai son para as lonxitudes de ondas altas.
Os agudos si se van ver alterados. Ex polo que a través dunha porta escoitamos o son máis
grave.
A reberveración dise que ten máis corpo ou calor porque reverbera mais as frecuencias baixas.

You might also like