You are on page 1of 19

OBRADOIRO DE GAITA GALEGA

Andanças 2013

Agosto de 2013
Félix Rodríguez Míguez
gaitagalega@felixrodriguez.eu
Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 2

Índice
Comezando............................................................................................................................. 3
Dixitación............................................................................................................................... 3
Tempero.................................................................................................................................. 8
Afinación................................................................................................................................ 9
Afinación do ronco......................................................................................................................................9
Afinación con outra gaita...........................................................................................................................10
Ornamentación.....................................................................................................................11
Repertorio............................................................................................................................. 12
Documentos.......................................................................................................................... 19
Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 3

Comezando
A dúbida é sempre que explicar en tan pouco tempo, como no obradoiro no que estamos. Un
obradoiro no que non se sabe a priori quen vai asistir, nin que nivel vai ter, nin que busca nun
obradoiro deste tipo. O ideal sería saber con antelación o que procura cada un e adecuar o obradoiro
a ese tema en concreto. Como non é así, a idea é por o obxectivo naquelas cousas nas que o músico
que aprende soe ter máis problemas.

Queda entón por escrito aquilo que non dará tempo a explicar no propio obradoiro deixando
aberto o proceso a futuras cuestións.

Búscase un saber compartido, un cruce de coñecementos. Trátase de aprender. Nos dous


sentidos. A verdade absoluta non existe, e menos nun instrumento popular/tradicional como é a
gaita, onde cada gaiteiro ten o seu libriño, a súa maneira de tocar, a súa maneira de expresarse.
Tendo isto en conta, tratade este obradoiro como unha guía, e mantede sempre ollos, e ouvidos,
críticos, collede o que vos gusta, deixade o que non. Non hai nada que non sexa cuestionable.

Para comezar imos dicir que imos falar da gaita de fol, de punteiro cónico de lingüeta dobre
(palleta). Porque tamén existen outros tipos de gaitas na Galiza (Consultar Instrumentos
tradicionais galegos de Pablo Carpintero)

Dixitación
Hai dous tipos de dixitación, simplificando o tema, na gaita galega. A dixitación aberta e a
pechada.

Para cada dixitación necesitamos dun punteiro distinto. Isto é, tamén existen instrumentos en
aberto e en pechado. Isto non evita que se poidan usar algunhas posturas dunha dixitación ou outra
en calquera dos punteiros, pero hai que saber que algunhas posturas non son intercambiables. É
máis, nalgunhas notas haberá que buscar a mellor postura que soe en cada punteiro, e incluso haberá
que usar distintas posturas en función do fraseo da melodía ou da ornamentación que se queira
conseguir. No toque pechado existen distintos grados, de tal forma que se fala de tocar en pechado
ou semi-pechado. No toque aberto é moi habitual incluír algunhas posturas do pechado por
presentar unha mellor afinación.

Estas son algunhas das dixitacións que se poden usar. As táboas son as usadas por Daniel
Bellón e Juan Luna (extraída do seu libro “O gaiteiro técnico”). No libro “Cancionero musical de
Galicia” tamén se inclúen táboas de dixitación.
Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 4
Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 5
Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 6
Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 7
Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 8

Tempero
O tempero é tremendamente importante á hora de tocar a gaita. Sen un bo tempero de nada
vale mover moi ben os dedos. Aquí van uns consellos a ter en conta:

- A presión que ten que haber no fol provocada polo brazo ten que ser sempre a mesma, da igual se
se está introducindo ar ou non.

- É aconsellable non encher de todo o fol. Teremos máis control sobre a presión de ar se temos que
premer sempre un pouco. Tamén nos dará facilidade á hora de facer cortes de son (silencios).

- Soprar de maneira profunda e longa sen provocar cambios bruscos na presión do fol.

- Non deixar que o fol se baleire en exceso. O control faise máis difícil e pode provocar variacións
no tempero.

- A presión coa que se comeza a tocar provócase co brazo de maneira que o ronco non comece a
soar antes que o punteiro. Esta presión será a que se manteña durante todo o tempo que se toque. No
caso de tocar con outra gaita, o tempero buscará afinar coa outra gaita, de maneira que antes de
tocar se buscará o tempero ideal para tocar. O tempero que se use para afinar haberá que usalo
tamén para tocar.

- O ronco, e a ronqueta e/ou o chión, soarán en todo momento co punteiro. O son da gaita está
formado por todos os tubos sonoros. (Son excepcións os casos nos que se procuren efectos distintos
e se provoque o son do ronco en momentos distintos ao do punteiro).

- A colocación do fol baixo o brazo é moi importante. Buscar sempre unha postura cómoda para
tocar sen subir o ombreiro e mantendo unha postura o máis estable posible. O músico coloca o seu
instrumento para tocar, non se “adapta” a el.

- En moitas ocasións provócase unha presión maior ao final da peza para evitar que soe o ronco ao
rematar. Tamén se producen “golpes” xusto cando se remata. Isto é provocado por querer desfacerse
do ar sobrante ao final. Provócase deste xeito unha desafinación e un efecto brusco que haberá que
evitar. Todo isto evítase se non se enche de todo o fol e a acción que hai que procurar é a de separar
o brazo cando se deixa de tocar, e non ao revés.

- O tempero que se use será tal que faga que todas as notas soen afinadas e sen estridencias,
incluíndo aquí ornamentación e picados. Se para afinar temos que premer inadecuadamente será o
momento de manipular a palleta para conseguir a afinación correcta.
Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 9

Afinación
O tema da afinación da gaita é moi extenso e non será posible abordala nun tempo tan
pequeno. Traballar a afinación é un proceso continuado e constante que implicará un traballo en
moitos aspectos da aprendizaxe da gaita: afinación do punteiro, afinación do ronco, tempero,
manipulación da palleta, escoita atenta e permanente. En definitiva, un traballo completo que tamén
irá incidindo na percepción da propia afinación.

Ao ser un instrumento de vento no que se provoca o son a través de lingüetas simples


(ronco, ronqueta, chión) e lingüetas dobres (punteiros, chión) as vibracións no son indican cando se
produce unha afinación (non hai vibración, non hai choques entre frecuencias) e unha desafinación
(choques de frecuencias que provocan que o son vibra). Esta afinación non coincidirá coa escala
temperada, pois para que non se produzan variacións as frecuencias teñen que ser múltiplas unhas
das outras. Na escala temperada, ao forzar que entre unha nota e outra exista a mesma distancia, as
frecuencias deixan de ter unha relación de múltiplo. Para profundar máis neste campo consultar o
documento Afinación: Escala natural ou temperada.

Sempre que se fala de afinación hai que falar de dedicarlle moito tempo. De feito, diríase
que hai que dedicarlle todo o tempo: Cando se toca, cando se escoita a outro gaiteiro.

A afinación do propio punteiro é un proceso que excede este obradoiro. A modo de guía
pódese consultar o Manual Linares de manipulación da palleta.

(Nota: Imos considerar a gaita como un instrumento transpositor de tal maneira que calquera
que sexa a tonalidade do punteiro, chamaráselle do á posición da tónica do punteiro)

Afinación do ronco

Supomos que o punteiro está compensado e afinado. O son do ronco debe ser a tónica do
punteiro pero dúas oitavas por debaixo. Afinar o ronco consiste en buscar exactamente esta nota.

Para subir o ton do ronco, hai que pechalo. E para baixar o ton do ronco, hai que abrilo. Ou
sexa canto máis grande sexa a vara do ronco, máis grave soará, e canto máis pequeno, máis agudo.

Partimos do son do punteiro, que non vai variar, e que trataremos de tocar cun tempero
constante, pois se o tempero varía, varía tamén a afinación do punteiro e do ronco.

O ronco pode estar máis agudo ou máis grave que o punteiro (tendo en conta as dúas oitavas
de diferencia) e haberá que conseguir que coincidan. Non hai máis que pechar o ronco se este se
atopa máis grave, e abrilo se está agudo, sempre en relación co son do punteiro. Se “escoitamos”
estas diferenzas e somos conscientes das alturas dos sons, só hai que mover o ronco para afinalo.

Vexamos como afinar o ronco se non somos capaces de escoitar estas diferenzas.

Se o son varía (prodúcense vibracións) coa posición de do o ronco non está afinado. Como
saber se está agudo ou grave? Probaremos:

- Tapamos a modo co dedo meniño o buraco do si. Se a vibración é menor quere dicir que o
son aproxímase máis a este ton que ao de do. Polo tanto o ronco está máis grave que o punteiro.
Para conseguir que soe máis agudo, pecharemos un pouco o ronco.
Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 10

- Destapamos a modo o dedo da tónica (posición de do) variando a afinación cara o agudo.
Se a vibración é menor é que o son aproxímase ao son do ronco. Polo tanto o ronco está máis agudo
que o punteiro e haberá que abrir un pouco o ronco.

Este proceso haberá que repetilo ata que escoitemos como o ronco e o punteiro fan soar a
mesma nota e non haxa batemento no son.

Require moita atención e moitas repeticións para poder captar cando se atopa afinado e
cando non.

Afinación con outra gaita

Esta proposta de exercicio pode axudarnos a ser conscientes do son da gaita e da súa
afinación:

- Partimos de dúas gaitas o máis compensadas posible e afinadas á mesma altura. É


aconsellable que estean afinadas cun afinador a 440Hz, mais non é imprescindible.

- Unha das gaitas mantense soando na tónica do punteiro. Terá que manter o tempero o máis
constante posible.

- A outra gaita comezará soando na tónica. Cando escoite que soan afinadas, mudará a nota
subindo unha. Cando escoite que soan afinadas, mudará outra vez a nota.

- Hai intervalos moi complicados, e pódese comezar coas notas do arpexo principal (do, mi,
sol, do) e despois ir facendo soar as demais notas.

- Os dous gaiteiros escoitan e teñen que sentir que se atopan afinados antes de cambiar de
nota.

- Intercámbianse os papeis. O que foi mudando de nota, mantense na tónica, e o que se


mantiña na tónica, vai mudando de nota.

- A escoita consciente e a percepción da afinación/non afinación tamén se realiza dende fóra,


de tal maneira que o exercicio tamén serve para os que non tocan nese momento.
Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 11

Ornamentación
A ornamentación na gaita é o carácter de cada gaiteiro e, polo tanto, os recursos serán usados
segundo o gusto de cada un. Aínda así hai recursos moi habituais que conforman a linguaxe da gaita
galega. Vemos uns poucos para ir aplicando aos temas do repertorio:

- Apoiatura. Paso por unha nota superior ou inferior á nota que se da. É moi habitual resolver
desta forma na tónica.

- Picado. Realízanse con dedos que se atopan por riba da nota que se está dando. Poden ser
para repetir unha nota ou como efecto de ornamentación para destacar unha nota.

- Batemento. Realízanse con dedos que se atopan por debaixo da nota que se está dando.
Resultan máis suaves que os picados para repetir unha nota.

- Cando se repite unha nota máis dunha vez poden usarse picados e/ou batementos, ou unha
combinación dos dous.

- Mordente. Alternancia rápida da nota principal coa nota inmediatamente superior ou


inferior por grados conxuntos. Normalmente en parte forte do compás, pero tamén pode ser en parte
débil.

Existen moitas formas de ornamentar. Aquí vense unhas poucas. O máis importante é ser
consciente completamente do movemento dos dedos cando se está tocando. A ornamentación non
debe interferir na melodía que se está a tocar, tan só debe adornala.

A proposta de exercicio é tocar unha melodía sen ningún adorno, completamente lisa. Antes
de introducir ningún adorno asegurarse de que o ritmo non sufre ningunha modificación. Só entón ir
adornando pouco a pouco sen que o ritmo se vexa interferido.
Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 12

Repertorio
Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 13
Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 14
Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 15
Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 16
Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 17
Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 18
Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 19

Documentos
Fanse referencia a varios documentos que se entregan tamén:

• Afinación – Escala natural ou temperada


• Cancionero Musical de Galicia – Casto Sampedro
• Instrumentos tradicionais galegos – Pablo Carpintero
• Manual Linares de manipulación da palleta
• Palletas e pallóns

Arquivos de audio (en mp3)

• A Carrasqueira – Os Campaneiros de Vilagarcía de Arousa


• Jota Muxicas - Muxicas
• Muiñeira da costa – Ricardo Portela
• Muiñeira dos Dezas I – Os Dezas de Moneixas
• Muiñeira dos Dezas II – Os Dezas de Moneixas
• Pasodobre dos Areeiras / Pachín, pachín – Os Irmandiños de Vincios
• Vals dos vellos – Airiños do Parque de Castrelos
• Xa non te quero / Entrenzado de Allariz – Os Irmandiños de Vincios

Partituras

• A carrasqueira
• Foliada de Asén
• Foliada de Campelo
• Foliada dos Morenos
• Jota Muxicas
• Muiñeira do Morrazo
• Muiñeira dos Dezas I
• Muiñeira dos Dezas II
• Pachín, pachín
• Pasodobre dos Areeiras
• Ruada de Rebordelo
• Valse dos vellos
• Valse no Quinteiro
• Xa non te quero

You might also like