You are on page 1of 2

Organización sesións de Estudo:

5min relaxación + estiramentos

SON: 15%

1. Exercicios boquilla e boquilla + tudel


2. Notas longas (ex unha nota por semana e exs Tim Price)
3. Exercicios rexistro grave (exs Tim Price e ex 7as maiores descendentes)
4. Intervalos (cantar primeiro son-nome notas despois tocar, un intervalo cada
semana: 5as,4as,8as,3asM,3asm,2asM,2asm,6asM, 6asm, 7asM, 7asm, Trítono)
5. Overtones (libro Top tones for saxophone)
6. Rexistro agudo

RITMO: 15%

1. Escalas e impro con metrónomo (metronomo a 4, metrónomo so no 1, so 2 e 4


o máis importante, so no 1 e 3, so no 4, so no 2, so no 3, contras...)
2. Lectura rítmica
3. Lectura a vista de solos.
4. Impro en odd times 3/4, 6/4, 5/4,7/4 etc

Descanso

LINGÜAXE / TRANSCRICIÓN: 30%

1. Solos (ver anexo con pasos a seguir)


2. Frases e Licks (tocar en todos os tons)

Descanso

IMPRO/REPERTORIO: 25%

1. Memorizar repertorio (ver anexo con listado e pasos a seguir)


2. Impro sobre o repertorio memorizado. Aplicar frases e licks extraidos de solos

Descanso

TÉCNICA: 15%

Escalas, arpexios, intervalos, patróns dixitais


Libros estudos para saxofón.
Libros interválica/dixitacións difíciles

5min relaxación + estiramentos


Exemplo de cómo organizar a sesión:

4h 30min estudo (este é o tempo mínimo no que podes estudar todos os apartados de
cada grupo, para menos tempo quita os apartados menos importantes ou artérnaos)

Sesión de mañá:
5min de relaxación/estiramentos
 Son: 36min: ex boquilla/tudel 6min, notas longas 10min, Ex reg grave 3min,
Intervalos 7min, Overtones 5min, Rexistro agudo, 5min.
 Ritmo 36min: Metrónomo 16min, Lectura rítmica 5min, Lectura solos 5min,
Odd times 10min

10min descanso

 Transcripción 72min: Solos 42min, Frases/licks en todos os tons 30min

Sesión de tarde:
 Impro/repertorio 60min: memorización 25min, impro 35min.

10min descanso

 Técnica 36 min: escalas/arpexios... 20min, Estudios 10min, interválica 6min.


5min de relaxación/estiramentos

NOTAS:

 Non é necesario prácticar todos os apartados diariamente, a rutina é so


orientativa, vaina revisando e modificando.Non practiques máis de 7/8 horas/día
si fas dúas sesións (mañá/tarde) nunca máis de 5/6 nunha soa sesión e nunca
máis de 2h seguidas sen descanso. O tempo de descanso é a parte máis
importante da sesión de estudo.Si tes pouco tempo fai so os puntos en negrita, si
so podes tocar 15min fai notas longas ;-) As vacacións son necesarias.
 Podes facer un montón de traballo sen o instrumento:
Entrenamento auditivo, Armonía, Arranxos, Composición, Transcripción....
 Procura un bo espazo para estudar, apaga o móbil, no internet, no i-phone ;-)
 Tenta manter a mesma equipación (boquilla/cañas/saxo/tudel/abrazadeira)
durante unha boa tempada, cambia so cando esteas completamente seguro de
que vai ser un cambio a mellor. Ata que non teñas un nivel medio fiate dos
consellos do teu profesor/a, ti non estás aínda capacitado para saber que é o que
mellor se adapta ao teu son (olvida os consellos dos teus colegas e os foros de
internet ;-))
 Toca piano e batería a nivel iniciación/medio (non é necesario ser Bill
Evans/Tony Williams) para mellorar o teu ouvido armónico e o sentido rítmico.
 Queda con xente para tocar (tenta que sexan do teu nivel ou superior), vai a jam
sessions, workshops, concertos etc.
 Olvida a competición, egos e toda esa merda e disfruta da música, toca con xente
coa que teñas afinidade persoal, a música soará un pouco mellor (con tempo
eh,eh). Paciencia é a clave, non prisas, non estres. Yoga, meditación, técnica
Alexander, facer deporte..... axuda moito.

Xosé Miguélez, para a “II Workshop de jazz de Viseu”, xullo 2010.

xosemiguelez@googlemail.com www.xosemiguelez.com

You might also like