You are on page 1of 12

IES SanTomé de Freixeiro

Depto de música- 3º ESO

UNIDADE 1: CONCEPTOS BÁSICOS DE LINGUAXE MUSICAL

I. CONTIDOS:
a) Repasa o aprendido en 2º da ESO:
Elementos principais da partitura: sistema, pentagrama, clave,
armadura, indicador de compás, partes da figura.
Lectura de notas en clave de sol.
Función liñas adicionais.
As claves.
Alteracións.
Figuras, silencios e equivalencias.
Signos de prolongación: ligadura e puntillo.
Termos e signos de intensidade.
Termos de tempo.
Clasificación das voces.
b) Aproximación á música da idade media.
II. QUE DEBES SABER AO FINALIZAR A UNIDADE?
Empregar de xeito correcto termos musicais relacionados cos
conceptos de tempo, intensidade, altura e as bases da linguaxe
musical.
Ler con fluidez notas en clave de sol.
Poñer o nome de notas con liñas adicionais en partituras en clave de
sol.
Escribir notas con liñas adicionais en clave de sol.
Poñer o nome das notas en partituras sinxelas en diferentes claves.
Escribir notas nas diferentes claves.
Identificar as diferentes figuras e escribilas correctamente.
Escribir equivalencias entre as diferentes figuras, con e sen puntillo.
Identificar os silencios e a súa relación coas figuras.
Colocar ligaduras correctamente nunha partitura.
Identificar e coñecer a función das alteracións.
Interpretar os termos e signos de intensidade.
Realizar ditados melódicos sinxelos (de 3, 4 e 5 notas).
Realizar ditados rítmicos sinxelos (redonda, branca, branca con
puntillo, negra e corchea).
Identificar e comprender termos de tempo.
Identificar e comprender termos e signos de intensidade.
Realizar ditados de intensidade a partir de audicións.
Comentar e analizar as características principais de dúas pezas
representativas da idade media.

III. PROXECTO: A paisaxe sonora.

1
IES SanTomé de Freixeiro
Depto de música- 3º ESO

UNIDADE 1: CONCEPTOS BÁSICOS DE LINGUAXE MUSICAL

a) Térmos musicais.
1) Introduce os seguintes termos musicais no grupo que
corresponda: puntillo, regulador, sostenido, allegro, pp, armadura,
ligadura, propias e accidentais, forte, largo.

Tempo Duración

Intensidade Alteracións

2) Escribe un texto coherente empregando os seguintes termos


musicais: sistema, pentagrama, compás e tres dos termos que
aparecen no exercicio anterior.

b) Representación da altura: notas, liñas adicionais e claves.


1) Liñas adicionais
Pon o nome das notas:

2
IES San Tomé de Freixeiro
Depto de música- 3º ESO

Escribe a nota correspondente á 8ª superior. Fíxate no exemplo:

Escribe a nota correspondente á 8ª inferior. Fíxate no exemplo:

Escribe as notas la, mi, do, fa e si nun rexistro agudo empregando liñas
adicionais.

Escribe as notas la, mi, do, fa e si nun rexistro grave empregando liñas
adicionais.

3
IES San Tomé de Freixeiro
Depto de música- 3º ESO

2) Alteracións:
Indica en cal dos exemplos se empregan alteracións accidentais ou
pasaxeiras. Como afectan ás notas?
En que exemplo se empregan alteracións propias? Explica en que
consisten. Marca as notas afectadas na partitura.

a)

b)

3) Claves
Escribe no pentagrama as 7 claves e indica o seu nome.

Cal é a función das claves? Por que cres que empregamos 7 claves
diferentes?
Pon o nome das claves e as notas:

4
IES San Tomé de Freixeiro
Depto de música- 3º ESO

Escribe as notas la, mi, do, fa e si en clave de fa en 4ª e do en 1ª

c) Representación da duración: figuras, silencios e signos de


prolongación.
1) Figuras

A que figura equivalen os seguintes exemplos:

a) =

b) =

c) =

d) =

5
IES San Tomé de Freixeiro
Depto de música- 3º ESO

Completa:

= c) =
a)

=
b) = d)

2) Silencios. Substitúe as figuras marcadas por silencios.

3) Signos de prolongación
Coloca ligaduras onde sexa posible.
Substitúe as notas ligadas por figuras (pode ser que teñas que
empregar puntillos) En que caso non é posible substituílas?

Escribe a figura con puntillo correspondente:

a) =

b) =

6
IES San Tomé de Freixeiro
Depto de música- 3º ESO

c) =

d)
=

Completa:

a) = c) =

= d) =
b)

Máis exercicios de equivalencias

= =
=6

= =

= =

7
IES San Tomé de Freixeiro
Depto de música- 3º ESO

Matemáticas musicais:

= + +

= + +

= + + +

= + +

c) Tempo e intensidade:

 Tempo. Este termo italiano indica a velocidade coa que se


interpretan as pezas. Os termos de tempo (tamén en italiano)
colócanse ao inicio da partitura na parte superior do pentagrama).

Principais termos de tempo


Largo.....................................................................moi lento
Larghetto....................................................................lento
Adagio.....................................................................a modo
Andante......................................tranquilo, pero sen lentitude
Andantino..........................un pouco máis rápido que andante
Allegro.......................................................................rápido
Presto.........................................................................veloz
Vivace...................................................................moi veloz

 Intensidade. Esta calidade do son represéntase nas partitura


mediante termos (tamén en italiano) ou signos. Colócanse na parte
inferior do pentagrama.

8
IES San Tomé de Freixeiro
Depto de música- 3º ESO

Termos e signos de intensidade

Colocación termos de
tempo e intensidade

EXERCICIOS DE AUDICIÓN

9
IES San Tomé de Freixeiro
Depto de música- 3º ESO

e) Aproximación á música da Idade Media:

Imos escoitar e comentar dúas pezas representativas da música medieval.


A primeira delas é un canto gregoriano, unha música que servía para
rezar, para acompañar a oración. Os cantos gregorianos son pezas
anónimas, moi sinxelas, interpretadas “a capella” e con textos bíblicos
escritos en latín. Estes cantos poden ser interpretados por un solista, por un
coro, alternando un solista e un coro ou alternando dous coros. A
importancia do canto gregoriano débese a que reflicte dunha maneira clara
a importancia que na Idade Media se lle concedía á relixión. Ademais ata
ben entrado o século XX foi a única música que se permitía na igrexa
católica.

Ilustración que representa ao Papa S.


Gregorio recibindo os cantos gregorianos.

Grupo de monxes interpretando un canto gregoriano.

Audición 1: Viderunt Omnes.

Viderunt omnes fines terrae Dende todos os confíns da terra


Salutare Dei nostri. A salvación do noso Señor é admirada .
Jubilate Deo, omnis terra. Celebrade ao Señor, toda a terra.
Notum fecit Dominus salutare suum; Deus anunciou a súa salvación
ante conspectum gentium Diante dos pagáns
revelavit justitiam suam. Revelou a súa xustiza.

10
IES San Tomé de Freixeiro
Dpto de música – 3º ESO

a) Introdución:
- Que acabas de escoitar?
- Cando se cantaba?
- Onde se cantaba?
b) Análise estilística:
- Texto: en que idioma está escrito? cal é o tema?
- Timbre: tipo de voces; participan instrumentos?
- Como é a interpretación?
c) Análise social:
- Cal é a función desta música?
- Quen interpretaba estas pezas?
- Onde se interpretaban?
c) Conclusión: Por que é importante esta peza?

Pero ademais de música relixiosa, na Idade Media podemos atopar pezas


destinadas ao entretemento da nobreza. Este sería o caso da segunda
audición que imos comentar, unha cantiga de amigo composta no século
XIII polo trobador Martín Códax. Estas cancións están escritas en
galegoportugués e tratan unha temática amorosa. Os xograres
interpretaban estas pezas, que teñen unhas melodías moi sinxelas, e ás
veces poderían acompañarse con instrumentos. O nacemento deste tipo de
pezas mostra o cambio de mentalidade producido cara finais da Idade Media,
cando a nobreza comeza a interesarse polo saber profano.

11
IES San Tomé de Freixeiro
Dpto de música – 3º ESO

Audición 2: Ondas do mar de Vigo

Ondas do mar de Vigo,


se vistes meu amigo?
E ai Deus!, se verra cedo?

Ondas do mar levado,


se vistes meu amado?
E ai Deus!, se verra cedo?

Se vistes meu amigo,


o por que eu sospiro?
E ai Deus!, se verra cedo?

Se vistes meu amado,


por que ei gran coidado?
E ai Deus!, se verra cedo?

a) Introdución:
- Que acabas de escoitar? Quen é o compositor da peza?
- Cando se cantaba?
- Onde se cantaba?
b) Análise estilística:
- Texto: en que idioma está escrito? Cal é o tema?
- Timbre: tipo de voces; participan instrumentos?
- Como é a melodía?
c) Análise social:
- Cal é a función desta música?
- Quen interpretaba estas pezas?
- Onde se interpretaban?
d) Conclusión: Por que é importante esta peza?

12

You might also like