You are on page 1of 3

PULSO é a unidade básica de medida da pulsación, regular e constante, que

non se escribe nunha partitura pero que é intrínseco á música.


RITMO é o conxunto das duracións dunha composición musical que inclúe:
• a pulsación,
• a fracción de compás,
• a cantidade de compases
• as distintas figuras musicais que encontramos tanto na melodía como no
acompañamento.
OSTINATO RÍTMICO é un ritmo secundario ou de acompañamento ao ritmo
principal, breve, sinxelo e de carácter repetitivo, por iso vai entre signos de
repetición, ao longo da obra.
O TEMPO /MOVEMENTO pódese expresar coa indicación metronómica ao
principio dunha composición musical ou coas palabras en italiano (están no
libro)
A indicación metronómica constrúese coa figura musical que é referencia do
pulso e a velo2idade á que debe ir o pulso nun minuto e polo tanto indica a
cantidade de pulsos que hai que dar nun minuto.
negra=120 quere dicir que en un minuto hai que dar 120 pulsos de negra
( figura musical de referencia)
negra= 60 quere dicir que en un minuto hai que dar 60 pulsos de negra ( figura
musical de referencia)
COMPÁS é a agrupación regular de pulsos ao longo dunha composición
musical. As agrupacións de pulsos limítanse coas liñas divisorias. O compás
indícase ao principio dunha composición musical mediante unha fracción cun
numerador e denominador (sen liña no medio) que indican respectivamente, a
cantidade de pulsos que hai que agrupar ( numerador) e a figura que hai que
dar en cada pulso ou en cada fracción do pulso noc aso dos compases
compostos (denominador)
O pulso forte de cada compás é sempre o primeiro e sempre vai acentuado.
A liña divisoria do final dunha composición musical e doble e chámase doble
barra.
•Compases e ritmos binarios son os que agrupan dous pulsos e o seu
numerador é 2
•Compases e ritmos ternarios son os que agrupan tres pulsos e o seu
numerador é 3
•Compases e ritmos cuaternarios son os que agrupan catro pulsos e o seu
numerador é 4. Tamén pódese expresar e escribir coa letra C que
significa Compasillo e o mesmo que 4/4.

Se o compás dunha melodía ou composición musical é binario enténdese e


pódese dicir que o ritmo é binario. Se o compás dunha melodía ou composición
musical é ternario enténdese e pódese dicir que o ritmo é ternario. Se o
compás dunha melodía ou composición musical é cuaternario enténdese e
pódese dicir que o ritmo é cuaternario

PROPORCIÓNS OU EQUIVALENCIAS ENTRE AS FIGURAS


As relacións ou proporcións de valor entre as distintas figuras musiclis sonoras
e silenciosas é do dobre ou mitade de forma que a figura maior en valor é a
redonda e equivale a dúas brancas ( relación do dobre) e polo tanto unha
branca equivale a metade dunha redonda e así sucesivamente entre todas as
demais. Polo tanto:
NORMAS DE ESCRITURA MUSICAL
1-Cando as figuras son breves, levan corchetes e van nun mesmo pulso, deben
agruparse de dous en dous ou de catro en catro polos corchetes na parte
superior das plicas.
2- Cando non hai pentagrama (notas ou alturas) as figuras con cabezas negras
e con corchetes, poden escribirse nun espazo en branco e sen cabezas, só coas
plicaas que son as que indican a súa duración.
DENOMINADORES NAS FRACCIÓNS DE COMPASES-
COMPASES SIMPLES ou subdivisión binaria
COMPASES COMPOSTOS ou subdivisión ternaria

COMPÁS DE 6 POR 8 (CONTIDO DO PUNTO 5 DA UNIDADE 2)


É un compás binario porque ten dous pulsos e é composto porque en cada
pulso hai tres fraccións ( hai 6 corcheas en cada compás, que deben agruparse
de tres en tres)
FÓRMULA O AGRUPACIÓN RÍTMICA
Son agrupaciones de distintas figuras musicales o duraciones, que se emplean
en un mismo pulso o en un compás ( como vemos en la melodía de la canción
Erin Shore)
SISTEMA MUSICAL (Inter-city Stomp)
Es un conjunto de pentagramas que están agrupados con una llave en el inicio
de la composición musical y en el margen izquierdo de la partitura, que deben
interpretarse simultáneamente.

You might also like