You are on page 1of 2

COMENTARIO DO TEXTO DE MEENDINHO

Imos comentar o texto analizando en primeiro lugar o tema principal xunto cos seus
subtemas, despois falaremos da súa estrutura e os seus valores simbólicos. Buscaremos
os recursos formais e por último diremos que tipo de cantiga é.

É un texto do trobador Meendinho onde unha moza conta os seus sentimento pola ausenza
do seu amado.

O tema principal é a soidade que sente a namorada pola ausenza do seu amado ao que
agarda.

A moza vai a ermida de San Simón para atoparse co seu amado, estando alí sobe a marea
e non pode sair e non hai ninguén que a axude. Pensa que morrerá soa e fermosa no mar
mentras que o seu namorado non chega.

En canto aos seus recursos formais podemos ver o refrán, versos que se repiten ao final
de cada unha das estrofas, nos dous últimos versos de cada estrofa.

O paralelismo, repetición de versos, ideas ou construcións sintácticas con pequenas


variacións, apréciase cada dúas estrofas, o primeiro verso da primeira estrofa co primeiro
da segunda, o segundo verso da primeira co segundo da segunda, o primeiro verso da
terceira co primeiro da cuarta, o segundo verso da terceira con segundo da cuarta , o
primeiro verso da quinta con primeiro verso da sexta, e o segundo verso da quinta co
segundo da sexta.

O leixaprén, repetición dos segundos versos do primeiro par de estrofas como primeiros
versos do par seguinte, e os segundos deste como primeiros do seguinte, e así
sucesivamente, podémolos ver no segundo verso da primeira estrofa co primeiro da
terceira, o segundo verso da terceira co primeiro da quinta e o segundo da cuarta con
primerio da sexta.

Como conclusión podemos dicir que o poema ten todas as características dunha cantiga
de amigo onde o trobador mostra a dor da moza polo seu amado ausente, na propia
composición aparece a palabra amigo e ademáis emprega os recursos formais propios de
esas cantigas tales como o leixaprén, o refrán e o paralelismo.

Simón Vigo Fernández 3º ESO Grupo A Número 30 1


Como valor simbólico vemos o mar que é o símbolo da paixón amorosa dos mozos que,
neste caso se atopan lonxe un do outro.

Dentro das cantigas de amigo poderíase incluir nas bacarolas ou mariñas xa que acontece
nunha paisaxe mariñeira, anque tamén podería ser de romaría xa que os namorados
encontráronse nunha ermida.

Simón Vigo Fernández 3º ESO Grupo A Número 30 2

You might also like