You are on page 1of 1

Lingua Galega e Literatura 1º Bacharelato

Guía comentario literario da lírica medieval galego-portuguesa

ESQUEMA PARA O COMENTARIO DUNHA CANTIGA

1. Contexto histórico
Época na que se escribe (características xerais da mesma), movemento literario ao que pertence e as súas
principais características. Amais, situar o autor e a súa obra na etapa literaria á que pertence indicando os
trazos máis salientábeis da mesma.

1. Identificación da cantiga.
PROFANA (amigo,amor, escarnio ou maldizer) ou RELIXIOSA (Cantigas de Santa María). Para identificar o
xénero amoroso, indicaremos se a voz poética se corresponde cunha muller (amigo) ou un home (amor), e se
aparecen as plabras clave: “amigo” ou “amado” (amigo) ou “senhor” (amor). A continuación clasifícase o
subtipo, se é o caso, ou a temática (bailadas, mariñas, de romaría, no caso das de amigo; e temáticas da
cantiga de escarnio e maldicir: sátira literaria, moral, sexual...)

2. Lectura comentada da cantiga.


Farase unha lectura da cantiga verso a verso, adaptando o texto ao galego actual na medida do posible, ou
dando sinónimos, de maneira que se facilite a comprensión ao resto das persoas que escoitan.

3. Plano da forma.
▪ Clasificar a cantiga segundo teña ou non refrán: de MESTRÍA ou de REFRÁN.

▪ Describir o número de estrofas e número de versos en cada unha.

▪ Cómputo de sílabas.

▪ Esquema rimático: indícanse con letras a coincidencia de rimas en cada estrofa.

▪ Tipo de cobras segundo o esquema rimático.

▪ Tipo de rima.

▪ Estrutura da cantiga.

▪ Recursos formais
4. Plano do contido
▪ Tema: indicar o tema concreto desta cantiga (non a temática xeral).
▪ Analizar o contido por estrofas (ás veces repítese, ás veces ten algunha estrutura narrativa).
▪ Modalidade.
▪ Comentar os personaxes que aparecen.
▪ Indicar se hai algún simbolismo.

5. Análise da lingua
Analizar as características lingüísticas propias do galego medieval presentes na cantiga a comentar. Sempre
debemos achegar exemplos que confirmen a presenza do trazo sinalado.

You might also like