You are on page 1of 9

TRABALLO DE POETÍZATE 4º ESO 3ª AVALIACIÓN 2021 -2022

​ Debes ler o seguinte libro: Poetízate, Fran Alonso – Xerais - 2006


​ O traballo é de carácter individual e debe entregarse antes do venres, 20 de maio.
​ O traballo será puntuado cun máximo de 1 punto. A ortografía e a presentación son
partes fundamentais e a súa corrección verase reflectida na nota. O traballo deberá
constar de portada, índice, os enunciados das distintas cuestións e as súas respostas e a
relación completa de toda a bibliografía empregada, tanto en papel como electrónica.

A POESÍA NON MORDE


O obxectivo básico deste traballo é que leas enteiro un libro de poesía, sen medo, sen
complexos, e que, cando remates de lelo, sintas que non resultou unha experiencia negativa,
pasada ou aburrida.
Oxalá haxa sorte e poidas dicir que acertei escollendo este libro para que realices un pequeno
labor de reflexión sobre a poesía.
O traballo consta de varias fases:

PRIMEIRA FASE: LECTURA


​ Lectura do limiar de Fran Alonso, onde explica os motivos polos que elaborou este libro.
​ Lectura da antoloxía de poemas, dende Rosalía de Castro a Xiana Arias; aconsélloche
que a medida que vaias avanzando na lectura dos poemas, apuntes no teu caderno a
páxina na que se atopan os teus favoritos (e tamén versos soltos que che gusten)
​ Lectura do apartado titulado Visita guiada, onde Fran Alonso ofrece pistas para
comprender mellor moitos poemas do libro. Préstalle atención, pois pode resultar de
grande axuda para levar a bo porto este traballo.

1
SEGUNDA FASE: COMENTARIO DO LIMIAR
Contesta as seguintes preguntas sobre o limiar de Fran Alonso:

​ Cales son os tres tópicos que existen sobre a poesía?

1.-

2.-

3.-

​ Antes de comezar a lectura deste libro, dirías que estabas de acordo con algún destes
tópicos? Con cal deles? Por que razón?

​ Despois da lectura dos poemas deste libro, cambiou en algo a túa idea sobre a poesía?
Por que?

​ Por favor, responde con total sinceridade: volverías ler algún libro de poesía se non te
obrigase o teu profesor? Por que?

2
Comenta o que significan para ti os seguintes fragmentos do limiar:

a.- Así que o fundamental na poesía non é comprender o que se nos di, senón sentir o ritmo do
poema, a súa sonoridade, os xogos de palabras que ás veces nos deslumbran, as fascinantes
imaxes que nos ofrece.

b.- Pero, en todo caso, teño que dicirche que a poesía acompaña, desde sempre, o ciclo da nosa
vida, nas cancións e na música, e que serve moi especialmente para explicar as emocións que
non veñen no dicionario.

c.- A lingua, nun poema, é como chicle, pódese sacar da boca e estirar ata que rompa. E moitas
veces rompe.

3
TERCEIRA FASE: COMENTARIO DOS POEMAS
Cubre os ocos do seguinte esquema cronolóxico c@s autor@s e obras que falten

EPOCA AUT@R OBRA


1.- SÉCULO XIX Follas Novas
Eduardo Pondal
Aires da miña terra

2.- POESÍA DE PREGUERRA A rosa de cen follas


Sombra de aire na herba
Manuel Antonio
Cantiga nova que se chama riveira

3.- POESÍA DE POSGUERRA Antón Tovar


Longa noite de pedra

4.- POESÍA DA XERACIÓN DOS 50 Novoneyra


Terra chá
Himno verde
Con pólvora e magnolias

5.- POETAS DOS 80 Ningún cisne


Xulio Valcárcel
Claudio Rodríguez Fer
Capitán inverno
Rompente
Sétima soidade
Lois Pereiro

6.- POETAS DOS 90 Miro Villar


Choiva, vapor e velocidade
Kiko Neves
Pornografía
Olga Novo
Elevar as pálpebras
Daniel Salgado

4
Localiza poemas que sirvan para exemplificar os seguintes bloques temáticos (indica o título e aut@r)

a.- VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES:


1.- POEMA:
-AUT@R:

2.- POEMA:
-AUT@R:

b.- EROTISMO:
1.- POEMA:
-AUT@R:

2.- POEMA:
-AUT@R:
c.- AMOR:
1.- POEMA:
-AUT@R:

2.- POEMA:
-AUT@R:

3.- POEMA:
-AUT@R:

d.- DESAMOR:
1.- POEMA:
-AUT@R:

2.- POEMA:
-AUT@R:

3.- POEMA:
-AUT@R:

5
Na páxina 156 figura o poema titulado “Autopoética” do colectivo Ronseltz; se o les con atención observarás que
está “incompleto”. Debes crear a túa propia autopoética completando o que falta. Ten en conta o que se di nos dous
últimos versos; podes cambiar o verso “o pensamento dun famoso xogador do Deportivo” e adaptalo ao que ti
queiras.

6
Agora debes escoller cinco poemas para comentar, e vas escribir aquí o nome do autor/a e o título do poema (se non
leva título, escribe o primeiro verso completo)

1.- POEMA:
-AUT@R:

2.- POEMA:
- AUT@R:

3.- POEMA:
-AUT@R:

4.- POEMA:
-AUT@R:

5.- POEMA:
-AUT@R:

Atención!!!!!! Vouche ofrecer dez motivos diferentes para escoller cada un deses poemas; en cada apartado, indica
que poema escollerías ti, segundo o teu gusto persoal.

1.- O poema máis misterioso de todo o libro foi


porque

2.- O poema máis erótico de todo o libro foi


porque

3.- O poema máis amoroso de todo o libro foi


porque

4.- O poema máis triste de todo o libro foi


porque

5.- O poema máis alegre de todo o libro foi


porque

6.- O poema máis rítmico de todo o libro foi


porque

7
CUARTA FASE: O POEMA DA TÚA VIDA

Agora chegou o momento de que me digas cal é o teu poema preferido entre todos, aquel que
realmente che chegou ao corazón; escríbeo aquí completo, e comenta as sensacións e ideas que
sentes cada vez que o les.

POEMA:

SENSACIÓNS E IDEAS:

8
QUINTA FASE: FÁGOME POETA
Chegou o momento de que te atrevas a escribir un poema; non te preocupes, podes inspirarte en calquera dos
textos que aparecen no libro; podes incluso coller un dos teus poemas ou versos preferidos e facer unha versión
propia.

Non hai normas: só che suxiro que intentes ser orixinal e que manteñas o sentido do ritmo; o resto é cousa túa…
tanto o tema coma o estilo. E lembra que os poemas non adoitan saír ben á primeira, que hai que insistir un
pouco.

You might also like