You are on page 1of 1

A cantiga de amigo. Como facer o comentario.

Organizaremos o comentario de texto dunha cantiga de amigo en catro apartados.

1º apartado. Introdución
Debe incluír a seguinte información:
- Xénero e características principais deste.
- Autor
- Contextualización (poesía autóctona, poesía feminina europea, kharjas)

2º apartado. Análise do contido


Debe incluír a seguinte información:
- Tema da composición.
- Resumo.
- Estrutura.
- Análise dos personaxes.
- Clasificación segundo a ambientación (barcarolas ou mariñas / de romaría/bailada,
alba ou alborada).
- Modalidade (narrativa/dialogada/monologada)
- Papel da natureza (marco referencial /interlocutor/simboloxía).
- Análise doutros símbolos se están presentes na composición.

3º apartado. Análise da forma


Debe incluír a seguinte información:
- Número de estrofas (cobras).
- Número de versos por estrofa ou cobra.
- Rima: asonante/consoante
- Mecanismos de repetición (refrán/paralelismo/leixaprén)

4º apartado. Conclusión
Debe incluír os trazos principais da cantiga analizada.

IMPORTANTE. O Comentario de texto non se divide en apartados, a información


redáctase de forma fluída. É necesario poñer exemplos do texto para xustificar as
afirmacións. Separamos mediante puntos e á parte cada un dos apartados.

You might also like