You are on page 1of 3

ANÁLISE E COMENTARIO DE TEXTOS HISTÓRICOS

MODALIDADE: COMENTARIO DE DOCUMENTOS HISTÓRICOS

OBXECTO DE ANÁLISE: textos históricos, documentos escritos que poden proporcionarnos coñecemento
sobre o pasado humano.

FINALIDADE: comprender unha época histórica a partir dos elementos proporcionados polo texto. De aí a
importancia de situar o documento no seu contexto. Importa o que dixeron, como o dixeron, por que e
onde o dixeron, pero sobre todo cando o dixeron.

EXPRESIÓN: debe buscar a claridade na exposición, a corrección gramatical e ortográfica, así como o
respecto polas propiedades textuais.

ESTRUTURA (organización do contido):

1. INTRODUCIÓN:
a. Identificación e Clasificación do texto
2. DESENVOLVEMENTO:
a. Análise do texto
b. Comentario do texto
3. CONCLUSIÓN:
a. Interpretación e opinión arredor do texto

PASOS A SEGUIR:

0. Lectura comprensiva do texto. O punto de partida é unha lectura demorada e atenta do texto.
Nela destacaranse aquelas palabras clave ou expresións que ofrezan dificultades puntuais de
comprensión, para o que se debe consultar o dicionario. Para a comprensión do contido xeral do
texto e da súa estrutura organizativa convén facer anotacións nas marxes ou chaves que separen as
partes ou núcleos temáticos do texto.

1. Clasificación do texto. Neste apartado interesa identificar:


 O tipo de texto pola temática que trata, así como pola súa estrutura:
o Xurídico: lei, decreto, norma, constitución, tratado, acordo ou texto político
semellante. (carácter legal)
o Histórico-literario: memorias, autobiografías, lembranzas, cartas, notas persoais,
artigos de prensa, obras literarias, obras filosóficas ou ensaísticas... (carácter
subxectivo)
o Narrativo: discursos, proclamas, declamacións, resolucións, acordos non legais,
escritos ou informes económicos ou sociais. (carácter argumentativo)
o Historiográfico: obra dun historiador/a, consultada con finalidade investigadora.
o Outros: Xudiciais, relixiosos, xeográficos...
 As circunstancias espazo-temporais:
o onde foi escrito: contexto e circunstancias históricas nas que foi creado.
o cando foi escrito: se non contén data, dedúcese a través do contido.
 A autoría (quen o escribiu):
o Se se trata dun autor/a individual, danse o nome e breves informacións
biográficas.
o Se se trata de autoría colectiva, indícanse os autores/as e o máis significativo.
o Se non se dá a autoría é descoñecida, téntase identificar o posíbel autor/a.
 O destinatario/a (a quen se dirixe):
o para entender a súa finalidade (público ou privado, persoal ou oficial)
o para coñecer os obxectivos que persegue (que pretende/n o/a autor/a/as/es).

2. Análise do texto. Neste apartado interesa explicar o contido do texto, definindo os termos,
identificando os nomes propios ou as institucións e resumindo cada unha das partes. Pódese facer
de dúas maneiras:
 Literalmente: seguindo a orde textual, explicando palabras e expresións, evitando caer
na paráfrase.
 Loxicamente: elaborar as explicacións a partir de núcleos temáticos ou dos elementos
máis importantes do texto.
3. Comentario do texto. Neste apartado, o alumnado debe mostrar a súa capacidade de xuízo
crítico, abordando o texto como conxunto e poñéndoo en relación cos aspectos máis relevantes do
momento histórico ao que pertence o texto.
 Debe dar unha visión xeral do proceso ou circunstancias históricas nas que se
contextualiza o texto.
 Debe evitar utilizar o texto como pretexto para tratar asuntos inadecuados.

4. Conclusión. Finalmente, é o momento de engadir a interpretación persoal, opinando sobre a


exactitude do texto, a súa obxectividade, o seu interese ou as súas consecuencias.

5. Fontes documentais. En caso de poder utilizar fontes documentais para a realización do


comentario, deberán engadirse, citándoas ao final do mesmo.

EXEMPLO DUN TEXTO COMENTADO: ...SOBRE NAPOLEÓN

OBSERVACIÓN: No caso de textos cunha extensión manifestamente menor á solicitada, ao


punto de dificultar a súa avaliación consonte os criterios expostos, isto dará lugar a unha diminu-
ción proporcionada da valoración global da pregunta. En caso de non responder ao tipo de texto
solicitado, a tarefa non será considerada válida e, en consecuencia, non poderá ser avaliada.
CRITERIOS DE CORRECCIÓN DO COMENTARIO HISTÓRICO
1. PRESENTACIÓN (penaliza con ata -2 puntos)

Deberás seguir as INDICACIÓNS PARA A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS, TAREFAS E TEXTOS,


recollidas no CADERNO TIL.

2. CONTIDOS (8 puntos)

 Identificación e clasificación do texto (2 puntos)


Tipo de texto, segundo temática e estrutura (xudicial narrativo, histórico, literario, histo-
riográfico…)
Circunstancias espazo-temporais (Contexto, lugar en que foi editado, presentado, publi-
cado… Momento, época...)
Autoría (autor/a, autores, organismos e/ creadores que o propiciaron...)
Destinatario/a/s (finalidade e obxectivos)
 Análise do texto (2 puntos)
Identificación de nomes...
Definición de termos...
Resumo de cada apartado...
Evitar paráfrases (repeticións elaboradas so propio texto)
 Comentario do texto (3 puntos)
Visión xeral do contexto ou circunstancias históricas
Evitar digresións (centrarse só no texto dado)
Evitar reproducir contidos memorizados sobre o tema do texto.
 Conclusión (1 punto)
Cal é a túa postura en relación á opinión do autor/a ou autores do texto? (até 0’5)
Tres argumentos que sosteñan a túa postura (até 3 puntos)
Que consecuencias ten na sociedade actual? (até 0’5)

3. EXPRESIÓN ( 2 puntos)

 Respecto polas propiedades textuais (1 punto)


 Cada falta de adecuación suporá -0’1
(evitar o uso da 1ª persoa e a subxectividade)
 Cada falta de coherencia suporá -0’2
(evitar contradicións, repeticións e caos)
 Cada falta de cohesión suporá -0’1
(evitar construcións tipo telegramas)
 Corrección gramatical e ortográfica (1 punto)
 Cada erro gramatical suporá -0’2
 Cada erro ortográfico suporá -0’1

You might also like