You are on page 1of 2

COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ORAL

Comprensión, interpretación, valoración e produción de textos orais argumentativos, expositivos


propios dos ámbitos educativo, xornalístico, profesional e empresarial.

. Identificación da intención comunicativa, a idea principal e as secundarias de calquera texto oral,


formal ou informal, producido na variante estándar ou en calquera das variedades dialectais.

. Selección das ideas fundamentais e secundarias en resumos, esquemas ou mapas conceptuais.

. Interpretación, reflexión e emisión de xuízos críticos sobre discursos orais de distinta natureza.

. Indicación do tema e da estrutura.

. Identificación das características propias dos principais xéneros informativos, de opinión e publicitarios
dos medios de comunicación social.

. Recoñecemento dos recursos que proporcionan adecuación, coherencia e cohesión ao discurso e


aplicación en intervencións planificadas e espontáneas.

. Importancia dos aspectos prosódicos (entoación, pausas, ton, timbre e volume), a linguaxe corporal
adecuada, así como o autocontrol das emocións ao falar en público.

. Utilización do rexistro adecuado á situación comunicativa.

. Participación con fluidez nas intervencións orais espontáneas respectando as regras morfosintácticas
desta lingua, en especial a colocación do pronome átono, así como a fonética galega (pronuncia das sete
vogais, n velar e fonema fricativo palatal xordo), o uso de infinitivo conxugado e fraseoloxía adecuada.

. Desenvolvemento de argumentos de forma comprensible e convincente.

. Aplicación das normas que rexen a cortesía na comunicación oral, respecto das quendas e as opinións
alleas e emprega unha linguaxe non discriminatoria.

. Recoñecemento en exposicións propias e alleas das dificultades expresivas (incoherencias, repeticións,


ambigüidades, mal uso dos rexistros, pobreza léxica, fonética e entoación inadecuada), e identificación de
interferencias lingüísticas e desviacións da norma.

. Deseño de estratexias para mellorar e progresar de xeito autónomo.

. Recoñecemento e rexeitamento argumentado sobre os prexuízos que se poidan asociar á pronuncia


propia da lingua galega.

12
COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA

Comprensión, interpretación, valoración e produción de textos escritos de carácter expositivo,


argumentativo propios dos ámbitos educativo, xornalístico, profesional e empresarial con axuda de
estratexias e coñecementos lingüísticos, sociolingüísticos e pragmáticos.

. Capacidade para sintetizar as ideas fundamentais do texto en resumos, esquemas e mapas


conceptuais.

. Interpretación do sentido global e identificación da intención comunicativa do emisor en textos


expositivos e argumentativos de distintos ámbitos.

. Capacidade para interpretar unha parte do texto e significados de palabras e expresións


lingüísticas.

. Indicación do tema e título con rigor, claridade e corrección gramatical.

. Identificación das partes nas que se divide o texto, precisando a unidade de contido de cada unha.

. Diferenza entre as ideas principais e as secundarias en textos expositivos e argumentativos de


distintos ámbitos.

. Planificación dos seus textos seguindo unha orde predefinida e revisión do proceso de escritura
para mellorar a produción final.

. Organización dos contidos en función duns obxectivos fixados previamente, contraste de posturas
enfrontadas e defensa da súa opinión con argumentos.

. Adecuación da súa expresión ás condicións da situación comunicativa (tema, destinatario, ámbito


discursivo e xénero textual) e emprego dos recursos expresivos propios do rexistro formal.

. Emprego do léxico preciso e omisión do uso de coloquialismos ou palabras comodín.

. Utilización de recursos de cohesión gramaticais e léxico-semánticos.

. Adecuada selección da información, coa presenza da que sexa pertinente e necesaria para que o
texto sexa cabalmente comprendido, evitando tanto a excesiva previsibilidade (clixés, estereotipos, lugares
comúns) como a “orixinalidade gratuíta”.

. Debe presentar coherencia discursiva: a sucesión de enunciados do texto debe presentar asemade
continuidade temática e progresión informativa, e non introducir contradicións.

. É moi importante a organización da información: estruturación do texto en parágrafos


(introdución, desenvolvemento, conclusións) e argumentación.

13

You might also like