You are on page 1of 16

GUÍA DIDÁCTICA

Curso medio de linguaxe


administrativa en liña

CMLA
FC23001-T11
Período lectivo: 04.09.2023 – 05.11.2023
Exame final: 08.11.2023
ÍNDICE

Introdución ............................................................................ 2

1 O CMLA en liña .................................................................. 4


1.1 Obxectivos xerais ..................................................................................... 4

1.2 Obxectivos específicos ............................................................................. 5

1.3 Metodoloxía .............................................................................................. 6

1.4 Estrutura e contido ................................................................................... 7


1.4.1 Contido teórico ............................................................................................................ 7

1.4.2 Contido práctico .......................................................................................................... 9

1.4.3 Recursos ...................................................................................................................10

1.5 Temporalización ..................................................................................... 11

1.6 Avaliación ............................................................................................... 13

2 Desenvolvemento do CMLA en liña ............................... 16


2.1 Inicio do curso ........................................................................................ 16

2.2 Seguimento ............................................................................................ 16

2.3 Prazos para presentar e avaliar as tarefas..............................................16

2.4 Incidencias técnicas ............................................................................... 17

Guía didáctica do CMLA Páxina 2 de 16


Introdución

Esta guía didáctica ten como finalidade servirlle de referencia ao alumno ou alumna
para coñecer o desenvolvemento do curso. Nela aséntanse as normas e os
criterios comúns que han de rexer para todo o grupo.

As seguintes páxinas inclúen información acerca da descrición xeral do curso,


canto á organización dos contidos, ao calendario e á duración, á metodoloxía, ao
seguimento, á avaliación, ás ferramentas ao seu dispor etc.

Guía didáctica do CMLA Páxina 3 de 16


1 O CMLA en liña

Os cursos de especialización teñen como finalidade darlles formación específica


aos traballadores e traballadoras das distintas administracións públicas na súa
lingua de especialidade. Con ese mesmo fin, e como alternativa á formación
presencial, os cursos na modalidade de teleformación ofrecen novas posibilidades
para xestionar os recursos e o tempo dedicado á capacitación lingüística.

1.1 Obxectivos xerais

• Aumentar a presenza do galego nas administracións públicas, tanto nas


relacións internas coma nas relacións coa cidadanía.
• Asegurarse da galeguización dos documentos, tanto nas relacións
interadministrativas coma cos administrados.
• Optimizar os recursos para contribuír á normalización lingüística.
• Actualizar e formar o persoal para que incremente a competencia técnica nesta
lingua.
• Desbotar os prexuízos que o persoal da Administración amose cara á lingua
galega.
• Tentar que na formación do persoal ao servizo da Administración se conxugue a
calidade, a estandarización e a funcionalidade.
• Achegarlles a lingua aos distintos sectores da Administración e asentar a
variedade estándar da lingua.
• Dar a coñecer os recursos materiais e en formato electrónico que existen na
lingua galega para que sexan utilizados polo persoal da Administración.
• Capacitar o persoal para usar na actividade profesional, tanto no plano oral
coma no escrito, esta lingua con fluidez e corrección.
• Orientar o persoal para que busque asesoramento e resolva as dúbidas que lle
xurdan no desenvolvemento do traballo.

Guía didáctica do CMLA Páxina 4 de 16


1.2 Obxectivos específicos

Os obxectivos deste nivel pretenden que o alumnado:

• Reflexione sobre o uso do galego no seu ámbito laboral e aplique as técnicas


de elaboración do discurso oral en distintas situacións profesionais.

• Redacte con corrección e adecuación ás normas lingüísticas xerais e ás


convencións específicas do tecnolecto administrativo.

• Coñeza e empregue con precisión o léxico básico da linguaxe administrativa e


doutros ámbitos directa e indirectamente relacionados coa Administración.

• Aplique con rigor as convencións e as regras de estilo aos documentos


programados no curso.

• Reflexione sobre a situación sociolingüística do galego.

• Coñeza os trazos históricos da linguaxe administrativa galega e a lexislación


básica sobre o uso do galego.

• Adquira as destrezas necesarias para elaborar con eficacia os documentos


propios do seu ámbito profesional.

• Coñeza e manexe os recursos de apoio á aprendizaxe analizados no curso.

Guía didáctica do CMLA Páxina 5 de 16


1.3 Metodoloxía

A metodoloxía do CMLA combina contidos teóricos e prácticos.

A teoría do curso aparece distribuída polos módulos da aula virtual a modo de


explicacións que deberán ser lidas e asimiladas por parte do alumnado.

A parte práctica está composta por dous tipos de actividades: «prácticas» e


«tarefas». As prácticas son exercicios de autorresolución asociados aos
contidos dos bloques de oralidade, gramática, redacción e estilo, léxico e contorno
sociolingüístico. As tarefas son actividades de avaliación propostas polas titorías
para traballar especificamente os contidos dos bloques de oralidade, contorno e
documentación. Ambos os dous tipos de actividades teñen carácter obrigatorio e
a súa realización é imprescindible para obter o dereito a participar no exame
final.

Guía didáctica do CMLA Páxina 6 de 16


1.4 Estrutura e contido

O curso estrutúrase en 12 módulos didácticos. Cada módulo divídese á vez en


bloques temáticos de contidos: oralidade1, gramática2, redacción e estilo3, léxico,
contorno e documentación.

1.4.1 Contido teórico

Terminoloxía básica:

Módulo: unidade didáctica que está composta por distintos bloques de contidos.
Neste curso hai 12 módulos didácticos.

Bloque: unidade temática que agrupa contidos comúns. Neste curso hai 6 bloques:
oralidade, gramática, redacción e estilo, léxico, contorno, documentación.

Contido: unidade específica de teoría que se trata en cada bloque.

Distribución da parte teórica:

MÓDULO BLOQUE CONTIDO


Análise da comunicación oral
Oralidade A elaboración do discurso oral
A relación coa cidadanía
1 Léxico Caracterización léxica da linguaxe administrativa
Historia: O galego emerxe, tamén na Administración
Contorno
Lexislación: Constitución española
Documentación A carta
Gramática A estrutura substantivo + a + infinitivo
Redacción e estilo Os signos de puntuación
Léxico Elaboración do léxico administrativo
2 Contorno
Historia: O recoñecemento da xustiza
Lexislación: Estatuto de autonomía de Galicia
Documentación A circular

1 Só no módulo 1.
2 Agás no módulo 1.
3 Agás no módulo 1.

Guía didáctica do CMLA Páxina 7 de 16


Gramática O pronome pleonástico de CI
Redacción e estilo Os recursos tipográficos
Léxico Interferencias e calcos doutras linguas
3 Contorno
Historia: O galego entra na Corte de Castela
Lexislación: Lei de normalización lingüística I
Documentación O fax
Gramática O adxectivo identificador mesmo/a
Redacción e estilo As maiúsculas e as minúsculas
Vacilacións frecuentes (aboar, *adeudar, *adxuntar, *aforo,
Léxico
4 aleivosía)
Historia: A consideración de lingua de prestixio
Contorno
Lexislación: Lei de normalización lingüística II
Documentación O correo electrónico
Gramática O adxectivo determinado dito/a
Redacción e estilo O tratamento persoal
Vacilacións frecuentes (*aluguer, *apremio, asemblea, celebrar,
Léxico
cesar)
5 Contorno
Historia: A consciencia dun idioma de seu
Lexislación: Decreto que regula as competencias da Secretaría
Xeral de Política Lingüística
O oficio externo
Documentación
O oficio interno
Gramática O adxectivo identificador presente
A concordancia
Redacción e estilo
A ordenación sintáctica
Vacilacións frecuentes (suborno, contemplar, custo, contía,
Léxico
6 cumprimentar)
Sociolingüística: Lingua habitual en Galicia
Contorno Lexislación: Lei de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común
Documentación A citación
Gramática A colocación do adxectivo
Redacción e estilo Indicacións de lugar
Vacilacións frecuentes (cota, comisar, derrogar, desafiuzar,
Léxico
desenrolar)
7 Sociolingüística: Usos lingüísticos da cidadanía coa
Administración
Contorno
Lexislación: Decreto polo que se regulan as funcións e a
composición da Comisión de Toponimia
Documentación O anuncio
Gramática A construción previo/a + substantivo
Redacción e estilo Indicacións de tempo
Vacilacións frecuentes (devengar, dieta, *desglosar, emprazar,
Léxico
allear)
8 Sociolingüística: Actitudes cidadás e comportamento
Contorno lingüístico da Administración
Lexislación: Lei orgánica reguladora do dereito de petición
Documentación O aviso
Gramática O artigo
Redacción e estilo As indicacións de cantidade
Vacilacións frecuentes (*encauzar, emendar, *entablar,
Léxico
*entorno, axuizar, financiamento)
9 Sociolingüística: Comunicacións externas da Xunta de Galicia
Contorno Lexislación: Lei de acceso electrónico dos cidadáns aos
servizos públicos
Documentación O requirimento

Guía didáctica do CMLA Páxina 8 de 16


Gramática O indefinido na dobre negación
As construcións absolutas: o participio e o xerundio
Redacción e estilo
As abreviacións
Vacilacións frecuentes (*finca, xuro, interesar, investir, ostentar,
Léxico
10 *personarse)
Sociolingüística: Comunicacións internas da Xunta de Galicia
Contorno Lexislación: Lei de transparencia e boas prácticas na
Administración pública galega
Documentación O certificado
O uso dos pronomes de acusativo e de dativo cos verbos da
Gramática
Administración
O circunloquio
Redacción e estilo
A nominalización
Vacilacións frecuentes (prexuízo, *plantexar, *plantilla,
11 Léxico
*ponencia, ratear, *recabar)
Sociolingüística: Opinións e actitudes lingüísticas do persoal
Contorno da Xunta de Galicia
Lexislación: Carta xeral de servizos da Xunta de Galicia
Documentación A dilixencia
Gramática Construcións verbais
Os adverbios en -mente
Redacción e estilo
Denominacións procedentes doutras linguas
Vacilacións frecuentes (*recargo, poxa, *suministro, *subsanar,
Léxico
12 suxestión, taxa)
Sociolingüística: Os desequilibrios territoriais
Contorno
Lexislación: Estatuto de autonomía de Castela e León
O saúdo
Documentación
A invitación

1.4.2 Contido práctico

Terminoloxía básica:

Práctica: exercicio de autorresolución. Localízanse ao final de cada módulo e


tratan os contidos vistos nos bloques de oralidade, gramática, redacción e estilo,
léxico e contorno sociolingüístico. Estes exercicios están configurados como un
cuestionario en que é preciso acertar o 50 % das cuestións para o superar.

Tarefa: actividade que será corrixida e avaliada pola titoría. As tarefas tratarán o
traballo con documentos, con contidos sociolingüísticos (a través dos foros) e coa
oralidade. Disporanse temporalmente e o alumnado terá un prazo obrigatorio
para presentalas.

Guía didáctica do CMLA Páxina 9 de 16


Cómpre que o alumnado lles preste atención ás novidades e ás tarefas que o titor
ou titora lle vaia indicando, así como aos prazos que se marquen para o seu
desenvolvemento.

Distribución da parte práctica:

ACTIVIDADE TIPO CONTIDOS CANTIDADE


Oralidade
Gramática 12
Prácticas Cuestionarios de
Redacción e estilo
autorresolución (unha por módulo)
Léxico
Contorno
Documentación 8
Tarefas Avaliables pola titoría Oralidade (con prazos
Contorno (foro) específicos)

1.4.3 Recursos

A aula virtual dispón dunha sección de recursos na que o alumnado terá á súa
disposición diferentes ferramentas lingüísticas, así como outro material que lle
poida ser de utilidade para o desenvolvemento do curso.

• Glosario: compilación de termos específicos da linguaxe administrativa e


xurídica. Presenta equivalencias entre os idiomas galego e castelán.
• Consulta xeral: materiais básicos de consulta e de uso común durante o
desenvolvemento do curso.
• Vocabulario: compilación de terminoloxías sectoriais de acceso libre na rede.
• Linguaxe: compilación de manuais de estilo e redacción relacionados coa
linguaxe administrativa e xurídica de acceso libre na rede.
• Apéndices: materiais anexos doutras obras maiores e que recollen listas ou
compilacións específicas dalgún contido traballado no curso.
• Lexislación: mostra sitios web dende os que se pode acceder á lexislación de
interese para o curso.
• Videoteca: compilación de vídeos relacionados coa materia do curso.
• Hemeroteca: compilación de artigos xornalísticos e de investigación
relacionados coa materia do curso.

Guía didáctica do CMLA Páxina 10 de 16


1.5 Temporalización

O período lectivo do CMLA en liña desta edición abrangue do 4 de setembro ao 5


de novembro de 2023. Durante ese tempo, o alumnado tratará na aula virtual os
contidos e as actividades propostas para cada unha das nove semanas en que se
reparte o curso. Unha vez rematado o período lectivo, o alumnado con dereito a
exame realizará as probas finais (oral e escrita) o día 8 de novembro de forma
presencial nas instalacións da EGAP de Santiago de Compostela.

Aínda que o acceso aos módulos e ás prácticas do curso é libre dende o seu inicio,
é recomendable que o alumnado desenvolva as unidades didácticas que
configuran o curso segundo a secuenciación temporal que se propón a seguir.

1.5.1 Cronograma de módulos e prácticas

MÓDULOS /
SEMANA
PRÁCTICAS
1ª Do 4 ao 10 de setembro 1
2ª Do 11 ao 17 de setembro 2, 3
3ª Do 18 ao 24 de setembro 4
4ª Do 25 de setembro ao 1 de outubro 5, 6
5ª Do 2 ao 8 de outubro 7
6ª Do 9 ao 15 de outubro 8, 9
7ª Do 16 ao 22 de outubro 10
8ª Do 23 ao 29 de outubro 11
9ª Do 30 de outubro ao 5 de novembro 12

Guía didáctica do CMLA Páxina 11 de 16


1.5.2 Cronograma de tarefas

Tarefa de oralidade
Tarefa de documentación
Tarefa de foro

setembro
L M m X V S D
1ª 4 5 6 7 8 9 10
Inicio CMLA Inicio T1
2ª 11 12 13 14 15 16 17
Inicio T2 Fin T1
3ª 18 19 20 21 22 23 24
Inicio T3 Fin T2
25 27 1
4ª 26 28 29 30
Inicio T4 Fin T3

outubro
L M m X V S D
5ª 2 3 4 5 6 7 8
Inicio T5 Fin T4
6ª 9 10 11 12 13 14 15
Inicio T6 Fin T5
7ª 16 17 18 19 20 21 22
Inicio T7 Fin T6
8ª 23 24 25 26 27 28 29
Inicio T8 Fin T7

novembro
L M m X V S D
30 31 1 5
9ª 2 3 4
Fin T8 Fin CMLA
6 7 8 9 10 11 12
Dereito a exame EXAME

Guía didáctica do CMLA Páxina 12 de 16


1.6 Avaliación

A avaliación do CMLA realizarase a partir das cualificacións acadadas:

a) no traballo da plataforma (< 30 %) e


b) no exame final (< 70 %), que constará de dúas probas: escrita (< 50 %) e oral
(< 20 %).

Para superar o curso é preciso superar ambas as partes e acadar, cando menos,
unha valoración do 60 %.

A avaliación da plataforma será realizada pola titoría a partir das 8 tarefas


obrigatorias. Cada tarefa cualificada como “apta” sumará as seguintes porcentaxes
ata a puntuación máxima desta parte (30 %):

Tarefa Tipo Puntuación = apta Total


1 Documentación 3%
2 Oralidade 4%
3 Documentación 3%
4 Documentación 4%
30 %
5 Foro de debate 4%
6 Documentación 4%
7 Oralidade 4%
8 Documentación 4%

Para ter dereito a participar no exame final (probas oral e escrita), será requisito
imprescindible presentar axeitadamente todas as prácticas (12) e todas as
tarefas (8) obrigatorias dentro dos prazos establecidos na plataforma. Unha vez
rematado e avaliado o traballo na plataforma, publicarase unha listaxe coas
persoas que terán dereito a participar no exame final.

As probas escrita e oral realizaranse nas instalacións da EGAP de Santiago


de Compostela o día 8 de novembro de 2023. Os horarios e o lugar concretos
serán anunciados na aula virtual con 15 días de antelación, como mínimo, ao

Guía didáctica do CMLA Páxina 13 de 16


remate do traballo na plataforma. Como referencia orientadora, o horario de
comezo das probas será a partir das 16.00 h (suxeito á dispoñibilidade de espazos
e recursos). A hora de remate da proba oral variará en función do número de
alumnado que concorra e do persoal avaliador dispoñible para cada edición.

As probas que se desenvolvan por quendas de chamamento seguirán a orde de


apelido A-Z (se teñen lugar en ano par) e a inversa, Z-A (en ano impar).

Guía didáctica do CMLA Páxina 14 de 16


2 Desenvolvemento do CMLA en liña

2.1 Inicio do curso

Antes de comezar a formación, o alumno ou alumna deberá revisar con atención a


Guía didáctica e mais a Guía de uso do CMLA que lle serán remitidas pola súa
titoría no primeiro día de curso. Tamén permanecerán dispoñibles na cabeceira da
aula virtual.

2.2 Seguimento

Co obxectivo de rematar o curso correctamente nos prazos fixados, a titoría do


CMLA en liña deberá facer un seguimento dos módulos didácticos e das tarefas
encomendadas de acordo coa planificación indicada nos cronogramas do curso
(ver páxs. 11 e 12). De ser preciso, comunicaralle ao alumnado a necesidade de
incrementar o ritmo de traballo.

De xeito periódico, realizarase un seguimento do avance do traballo por parte do


alumnado. Este seguimento estará centrado principalmente na supervisión das
prácticas e das tarefas do curso e será levado a cabo polas titorías.

As persoas que non completen o 50 % das actividades pasarán ao final das


listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten na EGAP e
cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da
finalización desta actividade.

2.3 Prazos para presentar e avaliar as tarefas

O alumnado deberá presentar as tarefas obrigatorias na plataforma dentro dos


prazos establecidos. Deberá seguir as indicacións descritas nos enunciados de
cada tarefa e as específicas enviadas polas titorías nas mensaxes de inicio de

Guía didáctica do CMLA Páxina 15 de 16


tarefa. Unha vez que finalice o prazo, a aplicación non permitirá a entrega de
novas tarefas.

Durante a vixencia do prazo, o alumnado poderá modificar a tarefa as veces que


considere antes de entregala de forma definitiva. Unha vez cargado un arquivo de
tarefa na aula, poderá “gardar” unha versión preliminar que poderá volver modificar
antes de premer na opción de “entregar tarefa”. Unha vez que a tarefa sexa
entregada, non se poderá volver modificar.

Logo de rematar o prazo de presentación, a titoría corrixirá e cualificará cada tarefa


nun prazo máximo de 72 horas. Tras ser cualificada a tarefa, o alumno ou alumna
recibirá unha alerta automática a través da mensaxería da aula para avisar de que
xa foi avaliada. Dende ese momento poderá comprobar a cualificación e revisar os
comentarios da avaliación que figuran na tarefa.

As tarefas cualificadas como non aptas non carrexan a perda do dereito a participar
no exame final. Estas tarefas tampouco comportan puntuación negativa,
unicamente non suman a valoración que lles corresponda.

No caso de non presentar unha (ou máis) das tarefas obrigatorias, o alumno ou
alumna perderá o dereito a participar no exame final. A perda do dereito a exame
por esta causa non supón de seu a baixa do curso e poderá seguir participando nel
con normalidade ata a fin do período lectivo.

2.4 Incidencias técnicas

Se o alumnado tivese algún tipo de incidencia de carácter técnico, que non fose
capaz de resolver mediante a información incluída na Guía de uso do CMLA,
deberá poñerse en contacto coa titoría utilizando os seguintes medios:

• Foro de xestión técnica do CMLA


• A través da mensaxería interna da plataforma.

Guía didáctica do CMLA Páxina 16 de 16

You might also like