You are on page 1of 3

O TEXTO

1. DEFINICIÓN: é unha mensaxe lingüística completa que se produce no acto de comunicación entre un emisor e un
receptor.
2. CLASES DE TEXTOS: (podemos establecer varias clasificacións, por exemplo:)
 SEGUNDO A CANLE DE TRANSMISIÓN:
 Orais. Características:
- Realízase mediante sons de carácter oral.
- Percíbese a través da canle auditiva.
- Acompáñase de recursos expresivos non verbais: xestos, miradas, ton de voz…
- Hai interacción entre emisor e receptor.
- Carácter inmediato: non perdura no tempo (aínda que pode gravarse)
- Sintaxe sinxela.
- Maior espontaneidade.
 Escritos. Características:
- Realízase mediante signos gráficos de carácter visual.
- Percíbese mediante canle visual.
- Válese de recursos tipográficos (tipo de letra, subliñados …) e expresivos (signos de
puntuación).
- Emisor e receptor non están en contacto directo.
A traballar durante o
- Carácter duradeiro: perdura no tempo (consérvase).
curso!! REDACCIÓN - Sintaxe máis complexa.
- Maior planificación.

 SEGUNDO O TEMA:
 Textos literarios.
 Textos humanísticos.
 Textos periodísticos.
 Textos publicitarios.
 Textos técnico-científicos.
 Textos xurídico-administrativos.

 SEGUNDO A INTENCIÓN COMUNICATIVA:


 Textos narrativos.
 Textos descritivos.
 Textos expositivos.
 Textos argumentativos.

 SEGUNDO SEXAN LITERARIOS OU NON LITERARIOS:


 Literarios. Teñen a intención estética de procurar a beleza. Características:
- Desvío da lingua común: as palabras escollidas afástanse da lingua cotiá.
- Uso connotativo da lingua: as palabras teñen un significado subxectivo, afastado do significado
obxectivo e convencional que teñen na lingua habitual.
- Valor polisémico: admite distintas interpretacións dependendo de quen o lea.
 Non literarios. Teñen finalidade práctica, de utilidade, achégannos o contido con claridade e axilidade;
por ex. xurídicos, administrativos, informativos, xornalísticos, científicos, publicitarios…

1
3. FORMAS DO DISCURSO. Ó comunicarnos empregamos diferentes formas do discurso:
 NARRACIÓN: relata sucesos seguindo unha orde cronolóxica determinada.
 DESCRICIÓN: describe as características dun obxecto, persoa, lugar …
 DIÁLOGO: reproduce as palabras de varias persoas que falan unhas coas outras.
 EXPOSICIÓN: presenta e explica unha serie de ideas sobre un tema.
 ARGUMENTACIÓN: defende razoadamente unha opinión para convencer o interlocutor.

QUE É UN TEXTO LITERARIO? A literatura é unha arte, igual que a música, a pintura ou a escultura; é dicir, transmite
sensacións, sentimentos, emocións... Os escritores empregan as palabras para crear as súas obras. Os textos literarios
teñen como finalidade que gocemos coa súa lectura. O texto literario ten dúas características esenciais:
• Presenta un mundo imaxinario (máis ou menos próximo á realidade) onde actúan uns personaxes nacidos da
imaxinación do autor.
• Ofrece un uso especial da linguaxe, diferente ao habitual: o importante non é tanto o que conta, senón como o
conta. Para iso, o autor utiliza numerosos adxectivos ou recursos estilísticos como a metáfora, a comparación, a
personificación, etc.

OS XÉNEROS LITERARIOS. [veranse no Tema 2].As obras literarias poden clasificarse en tres grandes grupos ou xéneros:
• Xénero narrativo. Pertencen a este xénero todos os textos literarios que contan unha historia que lles sucede a uns
personaxes. Adoitan estar escritos en prosa e neles son frecuentes os diálogos entre os personaxes. Son, polo tanto,
textos narrativos: as lendas e mitos, os contos, as fábulas, as novelas e os relatos curtos.
• Xénero lírico. Pertencen a este xénero aqueles textos nos que prima a expresión dos sentimentos, emocións ou estado
de ánimo do poeta. Xeralmente están escritos en verso.
• Xénero dramático ou teatro. Pertencen a este xénero as obras de teatro, creadas para seren representadas diante dun
público. Poden estar escritas en verso ou en prosa. Dentro do xénero dramático, diferenciamos:
– as comedias, que teñen un final feliz.
– os dramas, que teñen un final triste ou desgraciado.

EXERCICIOS

1. Comproba en cada un dos textos anteriores: a)Está escrito en prosa. b)Conta unha historia. c)Expresa a sensibilidade
do autor. d)Está escrito para ser representado. e)Hai diálogo entre os personaxes. f) Está escrito en verso.
2. A que xénero literario pertence cada texto?
3. Fíxate no texto 1. Está escrito en prosa ou en verso? Explica por que o sabes.
• Que recurso literario cres que utiliza o escritor en Camiña devagar unha estrela?
4. Fíxate agora no texto 3. Cres que se trata dunha comedia ou dun drama?

2
5. Entra nesta páxina para practicares: http://www.linguagalega.org/literatura/xeneros/lit-nonlit/index.html
http://www.linguagalega.org/outros/mensaxes-electronicas/paquetecorreo.htm
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/repositorio/cont/os-xeneros-
literarios
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1464267206
/contido/index.html

You might also like