You are on page 1of 3

Ingredientes para a escritura

Concepto de útil (cana, pluma, lapis...)


Concepto de soporte (arxila, papiro, pergamiño, papel... )
Concepto de uso

Que entendemos por escribir?

Proceso polo cal prodúcese o texto escrito.


Escribir implica unha actividade cultural complexa e non só unha habilidade motriz.

Para que serve a lingua escrita?

1. A lingua escrita ten unha función social e cultural. Permitiu ao longo da historia
transmitir coñecementos, saberes diversos e fixar as historias (ficcionais, pero tamén
as reais) que antes se transmitían oralmente.

2. A escritura considérase unha destreza complexa de adquirir, que no pasado estivo


reservada a clases privilexiadas e cuxa posta en práctica tamén estivo marcada por
cuestións que tiñan que ver co xénero. Ex: escribas nas sociedades antigas, coma
en Exipto.

3. Se a principal función da linguaxe falada é manter conversas, manter unha relación,


cando empregamos a lingua escrita precisamos deixar constancia de algo: un
contrato, un acordo, unha lembranza, unha historia, un argumento.

4. Nunha sociedade como a nosa, a lectura é unha destreza de supervivencia que nos
permite poder realizar demandas sociais diversas. A escritura é quizais menos
importante, pero tamén dá máis poder: é unha maneira de contar a histora e de
fixala, de refacer o coñecemento e de resolver problemas.

5. O dominio do código escrito permite a unha persoa realizar un papel importante


nunha organización intelectual, non só nas cuestións do día a día, senón tamén
como xeito de expresar ideas e argumentos.
Semellanzas e diferenzas entre lingua escrita e lingua oral

Lingua escrita Lingua dixital Lingua oral

Habitualmente, trátase de textos Texto multimodal e multimedial: Hai algúns textos escritos que, na
máis pensados e formulados. Combinación de texto escrito con actualidade, se deixan permear por
imaxes, vídeos, sons… características da lingua oral.
O rexistro adoita ser máis formal.
Uso de imaxes para expresar O rexistro adoita ser máis popular,
Adoita ser máis precisa e complexa, conceitos ou transmitir estados de máis espontáneo.
cómpre pensar no lector. ánimo.
Adoita ser máis doado cometer
Coma docentes adoitamos ser máis Uso evanescente pero con erros.
esixentes con ela. Ex: como se posibilidade de permanencia.
traballan as destrezas orais na Non adoita haber distancia física
escola? Diferentes rexistros en función da entre emisor e receptor.
intencionalidade (texto burocrático
O interlocutor non soe estar administrativo vs whatsapp a colegas). Son fundamentais a xestualidade, a
presente no momento da entoación, o acento…
comunicación.
Resulta interactivo.

Emprega trazos prosódicos, fronte


aos signos de puntuación.

Proceso histórico da formación da escrita e tipos de escrita

- O elemento funerario coma concepto de perdurabilidade: agrupacións de pedras.

- A talla en pedra.

- O descubrimento de pigmentos: formas e colores na pedra para contar historias.

- O textil coma escritura: o Quipu peruano (noos nun tecido manofacturado),


Wampum/Sewan (cinto de indios iroqueses).

- A creación dun sistema de signos: +- 6.000 antes de Cristo en (posiblemente)


Mesopotamia.

- A este sistema, habería que engadir a existencia da escritura chinesa e a maia que
nacen sen aparentes relacións entre elas.

- Cómpre ver a escritura como algo en constante evolución. O primeiro sistema de


comunicación que comeza a empregar o ser humano é a fala, pero a partir de aí
desenvolve diferentes sistemas de representación gráfica para comunicarse:
1. O sistema de pictogramas

Debuxos ou representación gráficas do obxecto que se quere simbolizar. É precursor dos


sistemas de escrita tal e como hoxe os coñecemos.

2. O sistema de ideogramas

Figuras ou símbolos que asumen a forma dos obxectos representados.

Estes introducen a posibilidade xa non de representar a realidade concreta, senón tamén


conceptos abstractos de diferente magnitude.

Son mais elaborados e esquemáticos que os anteriores pictogramas.

Ex: un redondel pode, en realidade, representar o sol, a luz, a luminosidade, etc.

Exemplos de escrituras ideogramáticas: os xeroglíficos exipcios, os ideogramas chineses, a


escrita da cultura maia, etc.

3. O sistema alfabético

Foi o último en xurdir e seguiu convivindo co sistema dos ideogramas (sinais de tráfico,
símbolos matemáticos, escritas xa citadas).

Considérase que o alfabeto mais antiguo ten a súa orixe en Siria, alá polo anos 1700-1500
A.C. Combinaba grafías con xeroglíficos.

O alfabeto que usamos en español é o alfabeto latino.

Grego arcaico>Etrusco>Latino

En Europa temos recoñecidos 5 alfabetos diferentes: latino, cirílico, armenio, georgiano e


grego.

You might also like