You are on page 1of 2

Comunicación - Estudo dos Textos

1. O Texto
Os seres humanos comunicámonos principalmente a través da linguaxe mediante discursos
chamados textos. O texto é unha unidade comunicativa completa que se transmite oralmente ou
por escrito nunha determinada situación. Ex: Un poema, un anuncio publicitario, unha canción...

 Os tipos de textos

Ten en conta
Algúns textos sempre son
orais (ex: unha conversa).
Outros, sempre son
escritos (ex: unha
instancia presentada
nunha oficina). Pero hai
textos que poden ser
orais ou escritos segundo
a situación comunicativa
na que se produzan (ex:
un poema pódese escribir
e ler ou pódese recitar
escoitar)

Tanto nos textos orais coma nos escritos, a mensaxe transmítese mediante palabras (código verbal),
que poden ir acompañadas doutros elementos que serven de apoio á expresión lingüística e
completan a información:
 O texto oral pode empregar recursos paralingüísticos (calidade da voz: volume, entoación, ritmo,
pausas, silencios...) e linguaxe non verbal (acenos, miradas...).
 O texto escrito pode empregar recursos tipográficos (tipo de letra, signos de puntuación,
subliñados, maiúsculas...) e iconográficos (imaxes, gráficos, iconas...).

Existen tamén textos dixitais que se transmiten a través dun dispositivo electrónico mediante unha
canle visual e/ou oral. Ademais das grafías e/ ou fonemas, incorporan imaxes, sons, vídeos, ligazóns
e outros elementos multimedia. Comparten, por tanto, características do texto oral e do texto escrito.
Comunicación - Estudo dos Textos

Ten en conta
Dependendo do tipo
de texto, predominará
unha tipoloxía textual
ou outra, pero o máis
habitual é que se
combinen entre si.
Así, un texto
académico pode
incluír elementos
narrativos, descritivos,
expositivos ou
argumentativos. Unha
novela contén
narración, descrición
e diálogos.

You might also like