You are on page 1of 59

TEMA I: A GRAMÁTICA

Definicións de gramática:

● Conxunto de regras que ordenan unha lingua combinando unidades organizadas


nunha estrutura, partindo de unidades máis simples a unidades máis complexas.
● O sistema que organiza as palabras e os morfemas dunha lingua en unidades maiores,
particularmente en oracións.
● Rama da lingüística que trata sobre a construción destas descricións e sobre a
investigación das súas propiedades.

Exemplo de fenómeno gramatical:

-ble, é un sufixo que unido a bases verbais crea adxectivos (observable, reparable). Indica
“que se pode x”, que se pode observar, que se pode reparar. Sabemos cal é o verbo base
comparando a palabra con outras, “reparar” con “reparable”, “observar” con “observable” e
vemos que o sufixo -ble é a unidade que marca a transformación. Por iso a gramática non se
ve e ten que ser reconstruída.

Galego Castelán
• Acabei hoxe vs. He acabado hoy
• Acabei onte vs. Acabé ayer
• Mañá a esta hora xa acabei vs. Mañana a esta hora ya habré acabado

Diferenzas no tempo verbal, no galego utilizanse verbos simples e no castelán compostos


aínda que expresen a mesma realidade. Hai unha acción rematada no presente (o presente
trasnmíteo o adverbio). Pretérito perfecto composto.

Galego Portugués Brasileiro


• Perdín os meus libros vs. Perdi meus livro (cf. inglés my books)
• Eu vino vs. Eu vi ele
• Deille diñeiro (a el/ela) vs. Dei dinheiro para ele/ela

Diferénciase os posesivos e o plural. O -n final de “perdín” porque é desinencia da primeira


persoa do singular do pretérito perfecto do galego. O plural só se da no determinante. En
portugué non se presenta o -n final. No portugueés falado de Brasil os clíticos case non se
usan.

Entón, a gramática é:

1. O sistema que organiza as palabras e os morfemas dunha lingua en unidades maiores,


particularme en oracións, percibido como existente con independencia de calquera
intento de describilo. Calquera lingua ten que ter unidade, estruturas e normas (
descricións, mellor que normas ou regras, valor descritivo) que existen.

2. Unha descrición particular dese sistema, encarnado nun sistema de regras.


3. A rama de lingüística que trata sobre a construción destas descrición sobre a
investigación das súas propiedades, convencionalmente dividida en morfoloxía e
sintaxe.
No sentido da primeira definición dise que esa gramática é un obxecto que non se ve, e que
polo tanto debe ser reconstruído (descrito e en certa maneira visualizado) polo lingüística.

Segundo Raffaele Simone (1990):

● Nós vemos as consecuencias da gramática, pero non a gramática.


● As probas de que existe a gramática estás nas mostras de mudanza lingüística.
● Cantei- Cantín- Cantein-Cantén do latín Cantani- Cantai- Cantei.

O engadir o -n ou doutros cambios chámanse cambios análoxicos (analoxía).


Demóstranos que hai unha estrutura, que hai unha gramática, porque vemos as
consecuencias pero as razóns non as vemos, as razóns son a gramática.

Pasa o mesmo con:

Cantastes, cantaches - Cantastedes, cantachedes

“Os científicos, pois, enfróntanse con dous problemas similares, pero asociados:
● Primeiro, teñen que construír un modelo que produce o resultado final correcto.
● Segundo, teñen que decidir se o mecanismo interno do seu modelo é unha réplica real,
ou simplemente un que fai a mesma tarefa dun modo distinto”
TEMA 2: INTRODUCIÓN Á FONÉTICA ARTICULATORIA DO GALEGO .

“As línguas são formas altamente organizadas de elaboração, expressão e comunicação de um


elenco infinito de conteúdos mediante o emprego de unidades de som e de significado que se
articulam segundo regras e procedimentos combinatórios de estabilidade relativa, mas
necessariamente finitos”

As letras son unidades formadas por contido e por sons.

A lingua expresa os contidos por medio de combinacións de sons; estas secuencias poden ser
analizadas dende duas perspectivas diferentes: (doble articulación da linguaxe: cun numero
limitado de sons podense construir un número infinito de palabras)

a) Analizar unidades sonoras que están relacionadas con contidos mais ou menos
constantes:
● cant- en, cant-o, cant-ante, cant-ar, cant-adeiro.
● -o en cant-o, bat-o, cos-o, sub -o------> todas elas dende o punto de vista
gramatical están en primeira persoa de singular en presente de indicativo o que
nos dice que o -o- e un morfema flexivo.

Para analizar esto tivemos en conta o contido. SIGNIFICANTE.


b) Analizar unidades sonoras que non podemos vincular cun contido concreto e
constante.
● b-ato, m-ato, p-ato --> estos segmentos iniciales non teñen un significado
concreto e constante.
● ma-to, mi-to, me-to, mo-to
Unidades que se establecen cun vínculo mais ou menos constante que non están ligadas a un
contido. Axudan a formar significantes pero non son significantes porque non van ligadas a
un contido concreto.

A DUPLA ARTICULACIÓN DA LINGUAXE.


“É unha propiedade fundamental da linguaxe, polo que o un número de elementos sen
significado (os fonemas vocálicos e consonánticos) se organizan de varios xeitos nun
conxunto moito mas grande de elementos con significado (morfemas e palabras)”

/a/,/b/,/l/ as unidades da segunda articulación.

lava /laba/
bala /bala/ crean unidades da primeira articulación.
alba /alba/
aval /abal/

“[...] Esta é unha propiedade crucial porque se cada segmento fonético tivese o seu propio
significado só poderiamos transmitir tantos significados como segmentos fonéticos”
Cando analizamos os elementos como constructores de significante podemos adoptar unha
perspectiva fonética e unha perspectiva fonolóxica.

A fonética estuda os sons da linguaxe dende o punto de vista físico, articulatorio e acústico
(como teño que facer para producir unha fricativa postvelar xorda de calquera lingua) se
tiveramos moito entrenamento poderíamos facer un análise da calqueira língua, a fonoloxía
ocúpase dos sons dunha lingua dende o punto de vista do seu funcionamento (un fonólogo
traballa cunha lingua en concreto e traballa cos sons desa lingua, como unha lingua en
concreto usa os sons) aqui teríamos que coñecer a língua para analizala.

A fonética e fonoloxía son as dúas disciplinas lingüísticas que estudan os significantes das
linguas (i.e., as cadeas de sons lingüísticos) desde a perspectia do segundo modo de
articulación.
A morfoloxía e a sintaxe ocúpanse das unidades do primeiro modo de articulación (morfos,
palabras, frases ou oracións).

Fonética: os sons da linguaxe humana. Pode estudar os sons dunha lingua así como os sons
da linguaxe humana en xeral.
Fonoloxía: como unha lingua concreta usa os sons lingüísticos para construír enunciados
nesa lingua e de linguas concretas.
Fonética articulatoria: estuda os órganos da fala e o seu uso na produción dos sons da fala.

Fonética vs Fonoloxía

Na visión estruturalista clásica:

“Pode estabelecer-se a distinção entre fonética e fonologia dizendo que a primeira, como
vimos, estuda os sons da linguagem de um ponto de vista físico, articulatório ou acústico,
enquanto a segunda se ocupa dos sons de uma língua do ponto de vista do seu
funcionamento linguístico, isto é, quanto ao papel que desempenham na comunicação
estabelecida nessa língua, as características que distinguem um dos outros no desempenho
desse papel, ou seja, na sua função, e as relações que entre eles se estabelecem e permitem
identificar o sistema que constituem”.

“ A fonética compreende, em sentido lato, o estudo científico de todo o potencial de produção


dos sons e da realização fónica da comunicação oral humana, independentemente de os sons
ou fones que se possam produzir também funcionarem ou não efetivamente como elementos
do sistema fonético de uma língua dada.
Em sentido mais estrito, a fonética é a ciência de todos os aspectos da substância fónica das
línguas, da produção e recepção dos sons [...].
A fonologia representa a investigação genuinamente lingüística das funções distintivas dos
sons, isto é, investiga o modo como o potencial humano e universal de produção fónica é
explorado nas línguas individuais ”

RAMAS DE FONÉTICA.

Fonética articulatoria: estuda os órganos da fala e o seu uso na produción dos sons da fala.
Fonética acústica: trata das características físicas das ondas sonoras que levan sons da fala
entre a boca e a orella.
Fonética perceptiva (ou auditiva): trata de como o oído e o cerebro humano procesan e
interprentan os sons da fala.

Non confundir fonética articulatoria con transcrición fonética.


*As fricativasr tenhen ruido, as aproximantes non tenhen ruido*
*Para usar a [ʃ] ten que ir despois unha vogal. En galego as fricativas intervocálicas son
xordas*
*Para usar [z] ten que ir despois unha consoante sonor*
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
-----------
Conxugación do verbo transmitir
Galego PB
1SG.IND.PRS transmi[t-ʊ] transmi[t-ʊ]
1SG.SBVX.PRS transmi[t-ɐ] transmi[t-ɐ]
2SG.IMP transmi[t-ɪ] transmi[tʃ-ɪ]
INF transmi[ˈt-iɾ] transmi[ˈtʃ-iɾ]

Galego PB Galego PB
TÚA [ˈtuɐ] [ˈtuɐ] CHAN [ˈtʃãŋ] [ˈʃɐ ̃ w]
TAN [ˈtãŋ] [ˈtɐ ̃ w] CHÍO [ˈtʃiʊ] [ˈʃiʊ]
TEMPO [ˈtẽmpʊ] [ˈtẽpʊ] CHUVIA [ˈtʃuβ̞jɐ] [ˈʃuvɐ]
TÍO [ˈtiʊ] [ˈtʃiʊ] CHEGAR [tʃeˈɣ̞aɾ] [ʃeˈɡaɾ]
DENTE [ˈdẽn̪tɪ] [ˈdẽtʃɪ]
MONTE [ˈmõn̪tɪ] [ˈmõtʃɪ]

Caso de alternancia no radical do português na 2 do singular impersoal. Non só pasa no verbo


transmitir, é un caso xeral no português (tío, dende, monte).

En galego as oclusivas dentais usanse sen alternancia. O PB ten un segmento que é unha
oclusiva dental xorda que pode aparecer ao inicio de sílaba, se vai seguida de consoante,
seguida dalgunhas vogais anteriores que non poden ser pechadas.
A africada postalveolar aparece ante i e “e pechada” (ɪ).

Galego PB
CAIXA [ẽŋkajˈʃaɾ] [ĩkajˈʃaɾ]
REMEXIDO [remeˈʃið̞ʊ] [ɦẽmeˈʃidʊ]
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Fonética articulatoria.

A fonética, os símbolos fonéticos e a transcrición fonética.

"Moita xente pensa que aprender fonética consiste simplemente en aprender a facer
transcricións fonéticas. Pero realmente nesta disciplina hai moitas máis cousas ca aprender a
usar un conxunto de símbolos. Un foneticista é unha persoa que sabe describir a fala, que
entende os mecanismos da produción e percepción da fala e que sabe como as linguas
empregan estes mecanismos. A transcrición fonética non é máis ca unha ferramenta útil que
os foneticistas usan na descrición da fala. É, porén, unha ferramenta moi importante"
(Ladefoged & Johnson 2010: 33).

O tracto vocal.

A pasaxe completa pola que circula o aire durante a fala, desde os pulmóns ata os beizos e as
aberturas nasais.
● As cavidades supraglóticas→ Parte do tracto vocal situado por riba da glote: a
farinxe (1º filtro), a cavidade oral (2º filtro) e a cavidade nasal (3º filtro).

No tracto vocal prodúcense tres procesos: o proceso de iniciación, o proceso de fonación e o


proceso de articulación. A continuación, os tres procesos de articulación.

1. INICIACIÓN.

Unha actividade do tracto vocal que comprime ou rarifica o aire no tracto e, dese modo, inicia
ou tende a iniciar unha corrente de aire. O órgano ou grupo de órganos envolvidos na
iniciación chámanse iniciadores.
Iniciación pulmonar egresiva.
Iniciación glótica.

O SISTEMA DE INICIACION É COMÚN PARA TODOS OS SIGNOS FONÉTICOS.


Cando pregunte no exame o de producir os elementos fonéticos, a iniciación é a mesma para
todos os segmentos fonéticos.

2. FONACIÓN.

Conversión do aire que chega dos pulmóns nunha onda sonora capaz de chegar a ser un son
lingüístico apto para a comunicación. Na larixe prodúcese a fonación. A fonación é o uso
da larinxe para modificar o aire que flúe por ela de xeito que produza unha fonte audible de
enerxía acústica que pode ser modificada polo resto do tracto vocálico para producir sons da
fala.

Larinxe → Estrutura Glótica → xorda/desvoceada


→ murmurada
→ sonora/voceada
→ crocante
→ pechada

En galego as que tenhen valor lingüístico son a xorda ou desvoceada ou as sonoras e


voceadas. Dependendo da posición das cordas vocais vai haber distintos tipos de fonación.

3. A ARTICULACIÓN.

Nas cavidades supraglóticas realízase a articulación.

● Articulador → cada unha das varias partes do tracto vocal que se pode usar para
producir sons da fala..
● Articulación → Unha actividade no tracto vocal (principalmente por riba da larinxe)
que interrompe ou modula a corrente de aire de tal xeito que se xera un son dun tipo
específico. O órgano que participa na articulación é un articulador.

Nas cavidades supraglóticas, durante o proceso de articulación, as articulacións (que


funcionan como filtros) son os responsables de transformar unha masa “indiferenciada” de
son en sons da fala distintos.

En termos xerais, nos procesos de articulación son básicos, pois, tres parámetros:
● O lugar das cavidades supraglóticas en que se verifica a articulación.
● Os órganos articuladores.
● A cantidade de estreitamento, achegamento, entre os articuladores.

Son da fala

“A unidade fonética mínima na fala conectada, un simple son vocálico ou consonántico


producido por algunha combinación de corrente de aire, actividade glotal e posición e/ou
movemento dos órganos da fala. En principio, un son da fala individual represéntase por un
símbolo fonético individual escrito entre corchetes, tal coma [u] ou [k], pero a escaseza de
símbolos significa que a miúdo haxa que usar símbolos complexos, tales coma [ã] ou [tʷ]”

No fondo, que é un son lingüístico? Unha entidade simple ou analizable?


Un son lingüístico é complexo con estrutura, non depende só dun factor depende de moitos.
Se botas ou metes o aire, a parte da lingua é o resultado dunha combinación de diferentes
xestos, posturas, accións. É unidade fonética mínima na fala conectada. Os sons son
elementos que significamos nunha corrente que está formada por secuencias de sons. Tenhen
unha estrutura simultánea, é un conxunto de operacións diferentes que se producen á vez
(producido pola combinación da corrente de ire, a actividade glotal e o movemento dos
órganos da fala

Para producir un son lingüístico necesitamos realizar cos órganos do tracto vocal unha serie
de xestos ou accións máis ou menos simultáneos. Cada un deses xestos ou accións
denomínase trazo.

Os trazos son unidades descritivas e clasificatorias.


● Permiten describir como se producen os sons.
[bilabial] > realízase xuntando os dous labios.
● Permiten tamén agrupar e clasificar sons:
[b], [β̞], [p], [m] son segmentos bilabiais.

● Os trazos son as unidades máis básicas da fonética e da fonoloxía.


● Un segmento está constituído por un conxunto de trazos; descríbese como un
conxunto de trazos; cambiando un só trazo (un xesto, unha acción), obtemos un novo
segmento.

[p] → [k] → [ɡ] → [ŋ] → [ɲ] Que trazos foron mudando neste circuíto?

[p]: fono oclusivo bilabial non voceado


[k]: fono oclusivo velar non voceado
[ɡ]: fono oclusivo velar voceado
[ŋ]: fono oclusivo nasal velar voceado
[ɲ]: fono oclusivo nasal palatal voceado

● O punto de articulación é o lugar onde se toca ou se aproximan os órganos para


reproducir o son.
Unha oposición importante dentro das fricativas é:

Sibilante / Non sibilante

Sibilante: son fricativo ou africado realizado cun ruído máis, turbulento, de alta amplitude,
máis agudo.
Faise lanzando o aire contra un obstáculo posterior á zona de constrición ou facendo un
lixeiro canal no centro da coroa da lingua.
Os fricativos non sibilantes carecen destas características:
sibilantes non sibilantes
[ʃ, s] [f, x, θ]

● A abertura forma un contínum.


● Todos os contínuums son difíciles de segmentar e cada segmentación produce
clasificacións/ descricións diferentes.
● Non existe unha proposta de clasificación única dos segmentos universalmente
aceptada.
Articulacións consonánticas. (Na cavidade oral)

a) Articulacións oclusivas: realízanse xuntando dous órganos de maneira que impidan o


paso do aire durante un certo tempo.
b) Articulacións africadas: constituídas por dous modos sucesivos, oprimeiro oclusivo
e o segundo normalmente fricativo.
c) Articulacións fricativas: os dous órganos están tan próximos que o roce do aire ó
pasar xera un ruído turbulento.
d) Articulación batida: só fai un vaivén o ápice da lingua contra os alvéolos.
e) Articulación vibrante: unha oclusiva intermitente onda cada oclusión é moi breve.
f) Articulacións nasais: a corrente de aire, ó pasa-la farinxe, encóntrase co veo caído;
entón divídese en dúas partes: unha sae libremente polas fosas nasais, mentres que a
outra fica detida na boca nun punto calquera.
g) Articulacións laterais: realízanse pegando un lado da lingua ó punto de articulación,
ou tamén xuntando o centro [da lingua] ó padal. A corrente de aire sairá só por un
lado, o por ámbolos dous asemade.

Articulacións vocálicas.
Abstracción.

Cando facemos descricións fonéticas dunha lingua, xeralmente realizamos unha serie de
abstraccións, i.e., simplificamos a realidade dos datos creando categorías que agrupan feitos
lixeiramente distintos.

Debido a que cada persoa ten un aparello fonador dis0nto e vive en contextos sociais
diferentes, ninguén fala exactamente da mesma maneira. Cando se fala da fonética dunha
lingua tende a ignorarse estas variacións.

Tamén, nas descricións, acostuma a describirse a variedade estándar. Recorda que as


descricións dunhas variedades non sempre valen para outras.

O mesmo sucede cando facemos transcrición fonética.


Transcrición fonética laxa [ˈsento], [ˈsuβo]
Transcrición fonética estrita [ˈsẽ̺ n̪tʷ̪ʊ̥], [ˈsʷu̺ β̞ʷʊ̥]

A simplificación/abstracción débese a que se elimina información recuperable mediante a


fonoloxía propia do galego:
• unha vogal trabada por nasal [en] nasalízase [ẽn]
• unha consoante nasal seguida de consoante oclusiva [nt] toma o punto de articulación desa
consoante [n̪t] etc.

Non nos interesa aquí a relación fono/letra, senón a relación fono/símbolo fonético.
Os símbolos fonéticos queren representar fonos.

Letras: <b, v>, <o>, <e>


Vivo [ˈbiβ̞ʊ]
Que vivo [kɪ ˈβ̞iβ̞ʊ]
Vaso [ˈbasʊ̺ ]
Coubera [kowˈβ̞ɛɾɐ]
Caber [kaˈβ̞eɾ]
Boto [ˈbotʊ]
Voto [ˈbɔtʊ]

Símbolos fonéticos que representan fonos: [b, β, β̞]


[b] símbolo simple, representa un fono bilabial oclusivo.
[β] símbolo simple, representa un fono bilabial fricativo.
[β̞] símbolo complexo, cun diacrítico [ ̞], representa que o fono é “máis aberto”.

Outras veces a simplificación/abstracción vén de ignorar procesos de variación.


[ˈɛɾɐ ũŋˈkãŋ] transcrición de formas de cita illadas
[ˈɛɾɔŋ̃ ˈkãŋ] transcrición da fala conectada
[ĩɱfɛˈtað̞ɐ] variación estilística/social
[ĩɱfɛγ ̞ˈtað̞ɐ]
[ĩɱfɛkˈ|tað̞ɐ]

Procesos fonéticos: coarticulación e asimilación.

Os procesos fonéMcos xeralmente teñen como fin facilitar a produción dos segmentos,
procurando non alterar os seus trazos básicos e definidores, para que a palabra poida seguir
recoñecéndose:

[m a ŋ] → +nas -nas +nas


[m ã ŋ] → +nas +nas +nas
[ˈa s̺ m a] → +voz -voz +voz +voz
[ˈa z̺ m ɐ] → +voz +voz +voz +voz
[ˈa b a] → +cont -cont +cont
[ˈa β̞ ɐ] → +cont +cont +cont
cont = con0nuo
Dúas nocións moi próximas:

Coarticulación: “Unha modificación na articulación dun son para facilitar a transición para
un son contiguo” (Trask 1997, s.v. accomodation):
• sabe [ˈsa̺ β̞ɪ], subo [ˈsʷu̺ β̞ʷʊ];
• quixo [ˈkiʃʷʊ ̟ ], cuxo [ˈkuʃʷʊ ̠ ].
Asimilación: “Un proceso fonético ou fonolóxico polo que un son se volve máis similar a
outro que está nas súas proximidades” (Trask 1997, s.v.assimilation):
• domingo [duˈmĩŋɡʊ],
• pedir [piˈð̞iɾ].
*************************
Disimilación: Calquera cambio na pronuncia polo que un son muda de xeito que se volve
máis distinto doutro son que está nas súas proximidades (Trask 1997, s.v. dissimilation): Port.
militar [mɨliˈtaɾ], Gal. [miliˈtaɾ].
TEMA 3: INTRODUCIÓN Á FONOLOXÍA.

Recordemos que a fonoloxía se ocupa de como as linguas individuais usan os sons


lingüísticos.
Realmente, non só as linguas individuais, tamén os seus dialectos ou sociolectos concretos.
Dous dialectos do galego poden ter:
• unidades fonéticas distintas
e
• unidades fonolóxicas distintas;
e, polo tanto
• diferentes sistemas fonolóxicos

CONCEPTOS FUNDAMENTAIS.

• Alternancia

É un concepto clave na fonoloxía e na fonoloxía. É unha variación


sistemática entre unha forma e outra, que depende dos sons ou dos
morfemas veciños

Volvamos á coñecida alternancia:

[ˈbas̺ ʊ] [ũm ˈbas̺ ʊ]


[ʊ ˈβ̞as̺ ʊ] [ʊz̺ˈβ̞as̺ ʊs̺ ]

Nestes casos, o segmento inicial de vaso non está exactamente nos mesmos contextos
fonéticos.
Destas parellas comprobamos que [b] e [β̞] están nunha relación de alternancia:
a) son foneticamente similares;
b) PORÉN, non poden aparecer no mesmo contexto, pois están en distribución
complementaria…;
c) a súa selección non implica significados distintos;
d) [b] e [β̞] serven para construír o significante da mesma palabra en contextos diferentes.

Na fonética (os fonos tal e como eles son):

• [b] e [β̞] son segmentos fonéticos distintos.


¿Que opón/distingue [b] e [β̞]?
PERO
Na fonoloxía (os fonos tal e como son usados en cada lingua):
• [b] e [β̞] son elementos alternantes dunha mesma categoría fonolóxica; son
segmentos foneticamente distintos, pero fonoloxicamente son o mesmo, pois non permiten
construír significantes de distintas palabras.
[ˈbas̺ ʊ]/[ʊ ˈβ̞as̺ ʊ] vaso, o vaso
*[ˈβ̞as̺ ʊ]/*[ʊ ˈbas̺ ʊ] ???

• En galego, a oposición que separa [b] e [β̞], oclusivo/aproximante, é nondistintiva, pois a


presenza de [b] e [β̞] depende do contexto fonético. De feito, [b] e [β̞] non poden aparecer no
mesmo contexto; logo, non poden construír significantes de palabras que se distingan entre si
por teren estes fonos.
• Desde un punto de vista fonolóxico, [b] e [β̞] son dúas expresións, realizacións, dunha
mesma unidade abstracta que os abarca: o mesmo fonema.

POLA CONTRA

• {[b]/[β̞]}, en conxunto, son distintivos fronte a [p]; a oposición establécese mediante o trazo
voz/non-voz
[ˈbas̺ ʊ] [ʊ ˈβ̞as̺ ʊ] vaso, o vaso
[ˈpas̺ ʊ] [ʊ ˈpas̺ ʊ] paso, o paso

• o que lle pasa a vaso, pásalle a bica (pica), base (pase), vida (pida), barra (parra)...

• [b] / [β̞] non poden aparecer no mesmo contexto.

• [p] pode aparecer en tódolos contextos de {[b]/[β̞]}; a escolla entre [p] e [b], ou entre [p] e
[β̞], vai acompañada dun cambio no significado.

• A oposición voz/non-voz entre {[b]/[β̞]} e [p] é distintiva. [p] (non-voz) e {[b]/[β̞]} (voz)
úsanse para construír significantes de palabras.

1) [ˈlapis̺ ] lapis [ˈlapis̺ aˈθul] lapis azul


[ˈmes̺ ] mes [ˈmes̺ aβ̞aˈfãn̪tɪ] mes abafante

2) [ˈlapis̺ ˈkaɾʊ] lapis caro [ˈlapiz̺ˈβ̞o] lapis bo


[es̺ ˈteɐs̺ kãŋs̺ ɐ] esteas cansa [es̺ ˈteɐz̺ˈβ̞ɛŋ̃] esteas ben

3) [aˈs̺ i] así
[s̺ aˈβ̞eɾ] saber
[ˈmes̺ ɐ] mesa
[ˈs̺ opɐ] sopa
a) non podemos encontrar palabras que só se diferencien por conter [z̺] ou [s̺ ], pois nunca
imos encontrar eses sons no mesmo contexto: *[z̺aˈβ̞eɾ], *[aˈz̺i], *[ˈz̺opɐ], *[es̺ ˈteɐs̺ ˈβ̞ɛŋ̃],
*[ez̺ˈteɐz̺ˈβ̞ɛŋ̃];
b) o trazos [+voz] en [z̺] e [-voz] en [s̺ ] aparecen en determinados contextos e só neles;
c) unha mesma palabra (lapis, mes, esteas) pode presentar nuns casos [s̺ ] (1, 2) e noutros [z̺],
sen que mude o seu significado.

[ˈs̺ onɐ] ‘sona’ [ˈθonɐ] ‘zona’


[ˈpas̺ ʊ] ‘paso’ [ˈpaθʊ] ‘pazo’
[ˈnɔs̺ ] ‘nós’ [ˈnɔθ] ‘noz’

a') podemos encontrar palabras distintas que no seu significante só se diferencien porque
unhas conteñen [s̺ ] e outras conteñen [θ] na mesma posición: [ˈs̺ onɐ] ‘sona’ vs. [ˈθonɐ]
‘zona’, e
b') os trazos que separan [s̺ ] e [θ] non aparecen ligados a un contexto específico, fronte ao que
lle acontecía ao trazo que distingue [s̺ ] e a [z̺];
c’) o significado dunha palabra muda se escollemos [s̺ ] ou [θ]. A mudanza de significado é
imprevisible.

1) [ˈlapis̺ ] lapis [ˈlapis̺ aˈθul] lapis azul


[ˈmes̺ ] mes [ˈmes̺ aβ̞aˈfãn̪tɪ] mes abafante

2) [ˈlapis̺ ˈkaɾʊ] lapis caro [ˈlapiz̺ˈβ̞o] lapis bo


[es̺ ˈteɐs̺ kãŋs̺ ɐ] esteas cansa [es̺ ˈteɐz̺ˈβ̞ɛŋ̃] esteas ben

3) [aˈs̺ i] así
[s̺ aˈβ̞eɾ] saber
[ˈmes̺ ɐ] mesa
[ˈs̺ opɐ] sopa

• [s̺ ] e [z̺] diferéncianse polo trazo [-voz]/[+voz].


• Que [s̺ ] e [z̺] non sirvan para distinguir palabras implica que o trazo [voz] nestes dous
segmentos ([-voz] en [s̺ ] e [+voz] en [z̺]) non serve para distinguir palabras.
• Por esta razón [voz] é un trazo R E D U N D A N T E , ou NON D IS T IN T IV O , ou
previsible, ou predicible dentro das consoantes fricativas alveolares do galego.

[ˈs̺ onɐ] ‘sona’ [ˈθonɐ] ‘zona’


[ˈpas̺ ʊ] ‘paso’ [ˈpaθʊ] ‘pazo’
[ˈnɔs̺ ] ‘nós’ [ˈnɔθ] ‘noz’

• [s̺ ] e [θ] serven para distinguir palabras, aínda que non se vinculan a un significado
constante.
• Isto implica que os trazos que distinguen estes segmentos ([alveolar] e [dental],
respectivamente) valen para distinguir palabras, polo que son trazos DISTINTIVOS, ou
imprevisibles, ou impredicibles dentro das consoantes fricativas do galego.

• Oposición

Noción fundamental na Lingüística. É o contraste ou diferenza entre dúas entidades.


Noción fundamental: un elemento defínese polas diferenzas, oposicións, con respecto a
outros elementos:

- Na fonoloxía:
ˈpas̺ ʊ ˈpas̺ ɪ
ˈpaɾʊ ˈpaɾɪ
ˈpanʊ ˈkanʊ

- Na morfoloxía, cantei oponse a cantaches ou cantamos.


cantei 1Sg cantamos 1Pl
cantaches 2Sg cantastes 2Pl

- Na sintaxe, o Suxeito oponse ó Obxecto Directo:


Pedro salvou a Xosé e a Marta
Suxeito: axente, non leva preposición, concorda co verbo.
Obxecto Directo: paciente/meta, (se nome propio) con preposición a, non concorda co
verbo.

• Contexto.

Noción fundamental na Lingüística. Conxunto de condicións e circunstancias en que aparece


un ítem lingüístico.
Noción fundamental: a maioría das unidades só poden aparecer nun contexto (unhas casas, *
unha casas); moitas veces o contexto axuda a recoñecer unha unidade (casas: unhas casas, ti
casas con María).

- Na fonoloxía:
En [ˈpas̺ ʊ, ˈpaɾʊ, ˈpanʊ, ˈpatʊ], os segmentos [s̺ , ɾ, n, t] están no mesmo contexto:
a) tódalas palabras son paroxítonas
b) contextos segmentais: paCo, CaCo, CVCV, VCV
c) tódalas sílabas son CV.CV

- Na morfoloxía:
Diferentes formas de expresión 2pl segundo o contexto:
• /de/ no Imperativo (cantade),
• /stes/ no Pretérito Perfecto de Indicativo (cantaches) e
• /des/ no resto (cantades, cantaredes, cantedes...).
As condicións que en que aparece un determinado alófono dun fonema chámase contexto.

• Segmentación e Conmutación.
Como sabemos identificar unha unidade lingüística?
As probas da segmentación e da conmutación.

• Nas unidades do primeiro modo de articulación, segmentamos unidades que poden


transmitir un significado asociado:
car-o, car-eir-o, en-car-ece-r, en-car-ece-mos
dur-o, dur-eza, en-dur-ece-r, en-dur-ece-des

• Nas unidades do segundo modo de articulación, segmentamos unidades que non van
asociadas a un significado constante, pero que permiten construír significantes de palabras
distintas:
p-a-n-o, p-a-s-o (s-a-p-o, s-o-p-a), p-a-r-o

Nas unidades do segundo modo de articulación o contexto é sempre fónico (non se


mencionan significados concretos):
Os segmentos [s̺ , ɾ, n, t]
• Opóñense sempre en posición intervocálica interior de palabra: paso, paro, pano, pato
a) tódalas palabras son substantivos masculinos >>NON É UN CONTEXTO
FONÉTICO
b) contexto prosódico: tódalas palabras son paroxítonas >>CONTEXTO FONÉTICO
c) contextos fonéticos segmentais: paCo, CaCo, CVCV, VCV >>CONTEXTO
FONÉTICO
d) contexto silábico: CV.CV >>CONTEXTO FONÉTICO

• Non teñen un significado constante.

A segmentación e a conmutación baséanse en que podemos cambiar un elemento por outro


que ocupe o mesmo lugar/que estea no mesmo contexto.

• Distribución complementaria

Dependendo do contexto en que o fonema galego /s/ se atope, aparecerá co alófono [s̺ ] ou co
alófono [z̺]: por iso se di que os alófonos [s̺ ] e [z̺] do fonema /s/ están en distribución
complementaria: aparecen en contextos específicos.
• Trazos distintivos v.s trazos redundantes
Nun fono, o trazo distintivo non depende do contexto, é imprevisible nese contexto e permite
distinguir significados; son aqueles que no mesmo contexto permiten distinguir palabras.
Nun fono, o trazo redundante depende do contexto, é previsible nese contexto e non permite
distinguir significados.

• Fonemas e alófonos.
O fonema é unha unidade definida botando man só dos trazos distintivos; represéntase
transcribindo o símbolo correspondente entre barras: /s/.
O alófono é unha unidade que está definida con tódolos trazos que a caracterizan, distintivos
e non distintivos; os alófonos transcríbense entre corchetes: [s̺ ] e [z̺].

• Realización

A relación entre un fonema e os seus alófonos adoita chamarse realización; por iso se di que
o fonema /s/ se realiza cos alófonos [s̺ ] e [z̺] ou que [s̺ ] e [z̺] son realizacións de /s/.

• Sílabas

Fonotáctica: a sílaba
Por riba dos segmentos hai unidades máis complexas. Unha das máis importantes é a sílaba,
unidade difícil de definir.
As sílabas son as unidades básicas de organización dentro das cadeas de segmentos. Existen,
por riba da sílaba, unidades fonolóxicas maiores e máis complexas, de modo que unhas
inclúen as outras:
• as sílabas agrúpanse en pés
• os pés en palabras fonolóxicas
• as palabras fonolóxicas en frases fonolóxicas

Unha unidade fonolóxica fundamental pero fuxidía.


• Unha sílaba tipicamente consiste dunha vogal... pero hai linguas en que as sílabas teñen
como núcleo unha consoante... [bᴧtn̩] ‘botón’ inglés
• precedida ou seguida dunha consoante. pero hai sílabas sen consoante anterior, sen
consoante posterior, ou con máis dunha consoante... as, casa, aí, tras, instituto

Nunca se encontrou unha definición completamente satisfactoria válida para tódalas linguas.
Constituíntes da sílaba
Ataque: segmento(s) que precede(n) a rima.
Rima: Conxunto de segmentos formado polo núcleo e a coda.
Núcleo: elemento fundamental que fundamenta a existencia da mesma sílaba.
Coda: segmento(s) situados á esquerda do núcleo.

As sílabas baséanse na sonoridade

Unha propiedade dos sons da fala imprecisa pero importante. Basicamente, canto menos
impedimentos teña a corrente de aire no tracto vocálico, máis sonoro é o son (Trask 1997: s.v.
sonority).
[a] > [i] > [l, r] > [n] > [z] > [s] > [d] > [t]
OLLO: POLO TANTO, NON SE DEBE CONFUNDIR VOZ E SONORIDADE

Algunhas tendencias que explican a estrutura da sílaba:


• O núcleo da sílaba debería ser sempre o segmento relativamente máis sonoro; canto máis
sonoro, mellor.
• As marxes deberían ser relativamente menos sonoras; canto menos sonoras, mellor. •
Sempre que poida haber un elemento que ocupe o ataque, debe situarse no ataque; mellor
sílabas con ataque ca sen ataque.
• A sonoridade debería aumentar canto máis nos achegamos ó núcleo e diminuír canto máis
nos afastamos.

Fonotáctica: algúns contextos fonolóxicos importantes en galego

Posición na sílaba
Posición nuclear: só hai vogais.
As consoantes e semivogais aparecen en:
Posición prenuclear interior de palabra: aparecen tódalas consoantes.
Posición prenuclear inicial absoluta: aparecen menos consoantes (non hai palabras que
comecen por [ɾ] ou por [ɲ].
Posición posnuclear: aparecen menos consoantes aínda.
Fonotáctica: algúns contextos fonolóxicos importantes en galego
Posición con respecto ó acento
Sílaba tónica: aparecen as sete vogais.
Sílaba pretónica: aparecen as sete vogais, pero tenden a fundirse as medias.
Sílaba postónica non final: non hai oposición dentro das vogais medias.
Sílaba postónica final: só aparecen as vogais /a/, /e/, /o/, moi reducidas nas súas realizacións.

• Neutralización e arquifonemas

Posición prenuclear Posición posnuclear


[ˈamʊ] amo a) [ˈmãŋ] man
[ˈanʊ] ano b) [ˈmãmbʊ] mambo, [mãn̪dʊ] mando,
[ˈaɲʊ] año [ˈmãṉṯʃʊ] mancho, [mãŋɡʊ] mango

Fonemas: /m/ [nasal, labial] Realizacións: [m]


/n/ [nasal, alveolar] [n]
/ɲ/ [nasal, palatal] [ɲ]

Arquifonema:/N/ [nasal] Realizacións: [m], [ɱ], [n̪], [n], [ṉ], [ɲ], [ŋ]

/N/ oponse a outras unidades fonolóxicas en posición posnuclear:


• /beN/ ‘ven’ vs. /beɾ/ ‘ver’, /beθ/ ‘vez’, /bes/ ‘ves’…
• /baN/ ‘ban’ vs. /baɾ/ ‘bar’, /bai/ ‘vai’, /bas/ ‘vas’...

Non se debe confundir a neutralización coa desfonoloxización.


• A neutralización é un estado sincrónico;
• a desfonoloxización é un proceso diacrónico.
• Neutralízanse oposicións distintivas nunha posición dada, pero as oposicións mantéñense
noutras posicións;

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Fonema escrito entre //; só trazos distintivos

/s/ fricativo alveolar


● Descrición do segmento: [z̺] pulmónico egresivo, voceado, oral, fricativo, apical,
alveolar, sibilante. Contexto: En posición posnuclear ante consoante voceada.
● Descrición do segmento: [s̺ ] pulmónico egresivo, desvoceado, oral, fricativo, apical,
alveolar, sibilante. Contexto: No resto dos casos.

*Alófonos, escritos entre [] tódolos trazos (distintivos e redundantes) Indicando o contexto.


Distribución complementaria*

Trubetzkoy (1939) distingue os significantes na fala, os sons da linguaxe os significantes na


lingua, os sons da lingua
• “O significante da lingua consiste nunha cantidade de elementos cuxa esencia reside no
feito de distinguirse uns dos outros”.
• “A tarefa da fonoloxía debe ser investigar cales son as diferenzas fónicas que, nunha lingua
dada, están ligadas ás diferenzas de significación, como os elementos de diferenciación (ou
marcas) se comportan uns con respecto ós outros, e de acordo con que regras poden
combinarse para formar palabras e oracións”.
• “Os sons do fonetista non coinciden coas unidades do fonólogo. O fonólogo ten que ter en
conta nun son só aquilo que cumpre unha determinada función na lingua”.
• “O principio de toda descrición fonolóxica consiste en descubrir as oposicións fónicas que,
na lingua de que se trata, serven para diferenciar as significacións, e para iso debe tomarse
como material e punto de partida o inventario fonético de dita lingua”.

“O lingüista interésase nos feitos fónicos na medida en que estes exercen unha función.
Espérase tamén da análise fonolóxica que agrupe os feitos que aseguran a mesma función,
incluso se son fisicamente diferentes, e, que se separe os que teñen funcións diferentes, aínda
que sexan materialmente análogos” (Martinet 1991: 81)

• A función dos fonemas é construír os significantes de distintas palabras;


• O que agrupa os alófonos nun só fonema é a súa función común á hora de construír o
significante dunha palabra.

[mãŋ] vs. /m/ vs.


[pãŋ] vs. /p/ vs.
[kãŋ] vs. /k/ vs.
[s̺ ãŋ] vs. /s/ vs.
[bãŋ / β̞ãŋ] vs. /b/ vs.
[dãŋ / ð̞ãŋ]... /d/

Todo sistema fonolóxico ten:


a) Un repertorio de unidades, fonemas e as súas realizacións fonéticas correspondentes
/a/ realizado como [a] e [ã]
/p/ realizado como [p]
/b/ realizado como [b] e [β̞]

b) Unha fonotáctica, “as regras que determinan que secuencias particulares de fonemas son
posibles nas palabras” (Trask 1997: 169). Cada lingua ten a súa fonotáctica.
*pneumático
*recto
*taxi (?)
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
● Desfonoloxización

Desfonoloxízase unha oposición entre fonemas, cando un elemento do par desaparece (e isto
pode afectar a definición do novo fonema resultante).

• Nun momento da historia, os segmentos fonéticos [a] e [b] poden aparecer no mesmo
contexto e distinguen palabras; son polo tanto realizacións dos fonemas /a/ e /b/,
respectivamente.
• Nun momento posterior, o fono [a] muda a súa articulación ata fundirse co fono [b]; os
segmentos fonéticos deixan de ser distintos.
• Antes, [a] e [b] distinguíanse polo trazo X; tralo cambio, [a] e [b] son idénticos e comparten
tódolos trazos.
• Agora os dous alófonos son idénticos e aparecen nas mesmas posición; xa non permiten
distinguir palabras.
• Xa non temos dúas realizacións distintas [a] e [b] de fonemas distintos /a/ e /b/; agora temos
un só fonema /b/ realizado co fono [b]: a oposición desfonoloxizouse.

Unha oposición que permite distinguir /y/ e /z/ nun contexto dado (por iso é distintiva e por
iso temos dous fonemas) non se pode verificar nun contexto distinto.
• Nun contexto 1 o fono [x], fono de /x/, permite distinguir palabras que teñen [y], fono de
/y/, nesa posición.
• Nun contexto 2, ben aparece [x], ben [y]. Nunca se pode comprobar que opoñan palabras:
hai neutralización.

• O comportamento das nasais posnucleares é un exemplo de neutralización:


Fonemas: /m/ [nasal labial] /n/ [nasal dental] /ɲ/ [nasal palatal]
Realizacións: [m] [n] [ɲ]

Arquifonema: /N/ [nasal]


Realizacións: [m], [ɱ], [n̪], [n], [ṉ], [ɲ], [ŋ]

• As orixes do seseo están na desfonoloxización dunha oposición:


Sistema Moderno Sistema Contemporáneo
(eu) cozo [ˈkosʊ] (eu) cozo A [ˈkosʊ] / A [ˈkosʊ]
(eu) coso [ˈkos̺ ʊ] (eu) coso B [ˈkos̺ ʊ] / B [ˈkos̺ ʊ]
/s/ [fricativo laminoalveolar] /s/ [fricativo alveolar]
[s] A[s] e B[s̺ ]
/s̺ / [fricativo apicoalveolar]
[s̺ ]

As nocións de fonema e arquifonema son problemáticas


• No distribucionalismo americano, o fonema adoita contemplarse como unha clase de sons,
un conxunto de alófonos en distribución complementaria: [b] e [β̞] son alófonos de /b/, no
sentido de que /b/ é como se chama o conxunto formado por [b] e [β̞]. O fonema é unha clase
de alófonos. Todo exemplar de [b] ou [β̞] pertence a /b/ e só a /b/. No distribucionalismo
americano non existen os arquifonemas.

• No estruturalismo da Escola de Praga, os fonemas son unidades formadas só por conxuntos


de trazos distintivos: /b/ en galego equivale a [oral, labial, voceado], e realízase unhas veces
como [b], [oclusivo]; e outras veces como [β̞], [aproximante]; os alófonos son realizacións
dos fonemas.

-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*
INTERACTIVA FONOLOXÍA
TEMA 4: A MORFOLOXÍA

Método para a identificación de unidades gramaticais:

Segmentación e conmutación no mesmo contexto


/paso/, /pasa/, /pano/
/baso/, /base/, /bato/
/kaso/, /kasa/, /kano/
/kaθo/, /kaθa/, /laθo/, etc., etc.

Contexto: conxunto de condicións e circunstancias en que aparece un ítem lingüístico. A


proba da conmutación só é válida se se mantén o contexto.

Gramaticalidade e unidades gramaticais


Igual cás fonolóxicas, as unidades gramaticais establécense polas probas de segmentación e
conmutación:
ámbito da sintaxe:
• [o] [neno] ve a tele
• [un] [neno] ve a tele
• [un] [home] ve a tele
• [el]/[o neno]/[un home] ve a tele
• o neno ve [a tele]/ ve[a]
• o neno [anda]/[vea]/[ve a tele]

ámbito da morfoloxía: nen-o, nen-a, nen-ez, nen-o-s, nen-a-s

Combinacións de unidades na sintaxe:


• *as nenas canta
• *as cantan nenas
• *as nena canta (PB popular, as meninha canta)
• *a nenas canta (Inglés, the girls sing)

Combinacións de unidades na morfoloxía:


• *nen-s, *nen-s-o, *nen-ba

As unidades que se agrupan deben producir secuencias aceptables.

Cada lingua ten as súas unidades, pero tamén diferentes requisitos para combinalas.
LAVAR (V) LOUZA (N)

• Lava a louza, lava esta louza


• Lava ti louza! (eu non teño ganas)
• Lava louza el (ela lava a roupa)

• O lavalouza serve para lavar a louza


• Os lavalouzas serven para lavar a louza
• Lavei (algo de, pouca, un pouco, moita) louza no lavalouza

• *teño un lavará-louza, *teño un lavaestalouza, *teño un lavaelalouza


• un lavalouza, *un lava ti a louza

Temos unidades que son frases


[[lava]V [louza]FN] FV
[[lava]V [a louza]FN ] FV
[[lavaba]V [aquela louza]FN] FV

Unidades que son palabras


[lavalouza]N >nome de xénero masculino
[lava]V >verbo sen xénero
[louza]N >nome de xénero feminino

E unidades que aparecen dentro de palabras (morfemas)


lav-a-, lav-o, lav-e-s, lav-e-i
prat-o-s, prat-iñ-o-s, prat-a (prato grande)
neno-a > nen-eir-o, fest-a > fest-eir-a, zapat-o > zapat-eir-o
labr-a-r > labr-a-dor-a, vend-e-r > vend-e-dor-es, viv-i-r > viv-i-dor

Definición de frase
“En sentido amplo, calquera secuencia (nunha oración) dunha ou máis palabras que
constitúen unha unidade sintáctica: un constituínte” (Trask 1997, s.v.)

Definición de palabra
????
Definición (tradicional) de morfema
“No estruturalismo, os morfes são definidos como formas linguísticas mínimas com conteúdo
e/ou “relevancia gramatical” [...]. Os morfemas, pelo contrario, são conjuntos de morfes de
conteúdo igual e em geral também semelhantes do ponto de vista do significante”
(Endruschat & Schmidt-Radefeldt 2015: 102).

A noción de palabra: a palabra ten unha estrutura propia, diferente da estrutura da


frase (hipótese lexicalista)

1) As palabras son entidades máis estables cás frases, pois teñen unha estrutura interna que
non varía, fronte á estrutura das frases e oracións, que poden ser modificadas e estendidas con
máis facilidade.
• frases: Pedro come queixo > come Pedro queixo (María pan) > come queixo Pedro (non
María)
• palabras: adaptar > adapt-a-ble > adapt-a-ble-mente, pero: *ble-adapt-a, *a-adapt-mente-ble
• frases: Pedro [come queixo] > [come máis queixo], [come algo máis de queixo], [come algo
máis dese queixo] > [come algo máis dese queixo tan rico]
• palabras: tirar/ croios: tiracroios > *tiraocroio, *tirabencroios <<< XÉNERO DE BRISAS
FEM

un croio, dous croios


un tiracroios, dous tiracroios

2) As frases adoitan manter interpretacións composicionais; nas palabras, esta interpretación


moitas veces aparece lexicalizada:

• Palabra: paga-ble, ordena-ble, adapta-ble vs. ama-ble, agrada-ble; fervellasverzas /


fuxefuxe.

Con todo, tamén hai frases lexicalizadas, cun significado imprevisible:

• Frase: tomar o pelo, caer o pelo, virlle ó pelo, traer pelo.

En galego, as palabras

3) En galego adoitan presentar unha sílaba tónica (aínda que hai palabras átonas coma os
artigos e algunhas preposicións).
• oART nénoN éV bóADX
• vóuV enPR cócheN

4) Adoitan ser o elemento final dun símbolo sintáctico (aínda que existen palabras que reúnen
dous símbolos sintácticos, coma as contraccións cun ou nesa):
• oART nénoN éV bóADX
• vóuV enPR cocheN
pero
• estáV [naPR+ART casaN]FP
• andaV [cunPR+ART homeN]FP

AS NOCIÓNS DE PALABRA E PARADIGMA

Cantas palabras hai na seguinte oración?

• Os tempos novos requiren un novo enfoque e unhas novas actitudes

¿son palabras distintas un e unhas?, ¿e novos e novas?


Lexema
“Unha palabra nun sentido abstracto; un concepto abstracto que representa o significado
central compartido por un conxunto de formas de palabra estreitamente relacionadas (e.g.,
lives, live, lived) que forman un paradigma” (Haspelmath & Sims 2010: 333).

“Aínda que debemos asignarlles nomes ós lexemas para sermos capaces de falar deles, os
lexemas son entidades abstractas que non teñen forma fonolóxica propia” (Haspelmath &
Sims 2010: 15).

“Unidade básica do vocabulario das linguas, definida polo seu significado léxico con
independencia das súas posibles variacións debidas ás diferentes categorías morfosintácticas
coas que pode combinarse” (González Pereira & Albertuz Carneiro 2000: 743... tamén 589).

• O verbo COMER = COMER V


• O adxectivo NOVO = NOVO ADX

IMPORTANTE
Os lexemas irán sempre escritos en maiúsculas e indicando a clase de palabra. Isto é
obrigatorio!!!

Pódese facer de varias maneiras, pero deben respectarse estas convencións.


o verbo COMER
V COMER
COMER V
COMER
V

Palabra morfosintáctica ou gramatical

“É unha concreción dunha palabra léxica (mellor, dun lexema) mediante unha selección de
valores correspondentes ás distintas categorías morfolóxicas admitidas por tal lexema”
(González Pereira & Albertuz Carneiro 2000: 589).
“Actualización dunha palabra léxica (mellor, dun lexema) mediante a inclusión dos valores
correspondentes ás distintas categorías morfolóxicas coas que pode combinarse” (p. 743)

• A Primeira Persoa Singular do Presente Indicativo do verbo COMER V[1SG.IND.PRS]


COMER
• O Feminino Plural do adxectivo NOVO = ADX[F.PL] NOVO

A palabra morfosintáctica é a vía que temos para podermos usar un lexema nunha estrutura
sintáctica. Os lexemas flexionables deben aparecer especificados coas súas propiedades se
queremos usalos nun enunciado. Non podemos usar un verbo en abstracto: temos que usalo
nun modo, número, persoa, etc. concretos.

Forma de palabra
Realización fonolóxica dunha palabra gramatical (mellor, dunha palabra morfosintáctica)
(González Pereira & Albertuz Carneiro 2000: 589).
“Unha secuencia de sons que expresa a combinación dun lexema e un conxunto de
significados gramaticais” (Haspelmath & Sims 2010: 346. na p. 15 di: “e un conxunto de
significados gramaticais (ou funcións gramaticais)”.
• /ˈkomo/
• /ˈnɔbas/

OLLO
Tanto o lexema coma a palabra morfosintáctica son unidades do contido, non da expresión:

como é unha forma de palabra, non unha palabra morfosintáctica; é unha forma de palabra
que expresa unha palabra morfosintáctica.

Forma de palabra: como


Palabra morfosintáctica: 1sg do Presente de Indicativo de V COMER

Paradigma: “O conxunto estruturado das formas de palabra dun lexema” (Haspelmath &
Sims: 2010: 337).

Paradigma (flexivo): “O conxunto de tódalas palabras gramaticais [morfosintácticas] (e as


súas correspondentes fonolóxicas [formas de palabra]) que concretan ou especifican un
mesmo lexema” (González Pereira & Albertuz Carneiro 2000: 590).

Cales son o lexema e o paradigma de...

MAR,
Lexema: N[M.__] MAR
Paradigma
o singular do nome masculino MAR: N[M.SG] MAR /mar/
o plural do nome masculino MAR: N[M.PL] MAR /mares/

FELIZ,
Lexema: Adx[__.__] FELIZ
Paradigma
o masculino singular do adxectivo FELIZ: Adx[M.SG] FELIZ /feliz/
o masculino plural do adxectivo FELIZ: Adx[M.PL] FELIZ /felices/
o feminino singular do adxectivo FELIZ: Adx[F.SG] FELIZ /feliz/
o feminino plural do adxectivo FELIZ: Adx[F.PL] FELIZ /felices/

Os lexemas represéntanse escribindo a súa forma de cita en maiúsculas acompañada da


abreviatura da forma de palabra.

• N[M] MAR
• V[...] CANTAR
• ADX[...] LISTO
• ADV HOXE

As palabras morfosintácticas poden escribirse indicando as propiedades morfosintácticas:

• N[M.PL] MAR ‘o plural do nome masculino MAR’


• V[2SG.PRT.IMPF.IND] CANTAR ‘a segunda persoa de singular do pretérito imperfecto de
indicativo do verbo CANTAR’
• ADX[F.PL] LISTO ‘o feminino plural do adxectivo LISTO’
• ADV HOXE ‘o adverbio HOXE’

As formas de palabra pódense representar en transcrición fonolóxica ou ortográfica en


cursivas:
• mares
• cantabas
• listas
• hoxe

TIPOS DE LEXEMAS:

a) FLEXIONABLES:
Teñen diferentes palabras morfosintácticas e diferentes formas de palabra
• N[M.SG] MAR mar ~ [PL] mares.
• ADX[M.SG] AMIGO amigo ~ [F.SG] amiga ~ [M.PL] amigos ~ [F.PL] amigas.
• V[1SG.IND.PRS] SEGUIR sigo ~ [2SG] segues.
• V[1SG.IND.PRS] FACER fago ~ [2SG] fas ~ [3SG.IND.PRT.PRF] fixo.

En galego son flexionables os nomes, os verbos, os adxectivos, os pronomes, os


determinantes.

b) NON FLEXIONABLES:
Non teñen máis ca unha palabra morfosintáctica e unha forma de palabra.
sobre, ante, onte, non

En galego son non flexionables as preposicións, os adverbios e as conxuncións.

TIPOS DE FORMA DE PALABRA

Polo número de radicais

a) palabras simples, só un radical ou un radical con afixos flexionais: en, mar, sol, comedes,
cancións.
b) palabras complexas, un radical e afixos derivacionais: leiteiras, pescador.
c) palabras compostas, cando menos, dous radicais: lobicán, lavalouza.

Polo número de morfos:

a) monomorfémicas, un só morfo, mal, sol, mar, pel


b) polimorfémicas, máis dun morfo: leite, quentar, envellecer, lobicán, lavalouza

NON SE CONFUNDA LEXEMA CON PALABRA NIN CON FORMA DE PALABRA

Ollo:
Unha forma de palabra simple ou monomorfémica non equivale a un lexema non flexionable

• o mar
• o sal
• a luz

OS MORFEMAS E OS ALOMORFOS

• Morfema como significado de signo mínimo: PL


• Morfema como significante de signo mínimo: /s/
• Morfema como signo mínimo: {/s/, PL}
Morfemas con alomorfos en distribución complementaria:

2Pl
Morfo contexto
/de/ Imperativo
/stes/ Pretérito Perfecto
/des/ no resto

Pretérito Imperfecto Indicativo


Morfo contexto
/ba/ C1
/a/ no resto (C2 e C3)

Os morfemas. Condicións na distribución dos alomorfos

Distribución fonolóxica

• home > homes /s/


• rei > reis /s/
• can > cans /s/
• sol > soles /es/
• muller > mulleres /es/
• paz > paces /es/
• fácil > fáciles /es/
• papel > papeis /is/
• azul > azuis /is/

Os morfemas. Condicións na distribución dos alomorfos.

Distribución gramatical
• bat-í-n
• bat-i-ches
• bat-e-u
• bat-e-mos
• bat-e-stes
• bat-e-ron
Distribución gramatical
• cant-e
• cant-e-s
• cant-e
• cant-e-mos
• cant-e-des
• cant-e-n

Distribución gramatical
• beb-a, part-a
• beb-a-s , part-a-s
• beb-a, part-a
• beb-a-mos, part-a-mos
• beb-a-des, part-a-des
• beb-a-n, part-a-n

Distribución léxica
• adverbio > adverbial
• medievo > medieval
• arcebispo > arcebispal
• ano > anal • catarro > catarral
• abismo > abismal
• astro > astral

• acento > acentual [acentuar]


• acto > actual [actuar]
• ano > anual [anuario]
• sexo > sexual [sexuado]
• caso > casual [casuísta, casuísmo]
• concepto > conceptual [conceptuar, conceptuoso]
• texto > textual

Problemas coa definición clásica de morfema (sgdo+sgnte)

• Alomorfia > varios morfos para un mesmo significado ou función; distribución


complementaria.
• Amálgama > un morfo inanalizable, varios significados conxuntos: cantabamos, /ba/
Pretérito, Imperfecto, Indicativo; /mos/ 1ª persoa e PL.
• Homonimia > un morfo que vale para diferentes significantes: /s/ 2SG nos verbos e PL nos
nomes.
• Sincretismo > tipo de homonimia, dentro dun paradigma, polo que dúas ou máis palabras
morfosintácticas comparten unha forma de palabra: bebemos, comemos, forte.
• Morfo /∅/ > morfo sen forma fonolóxica; dun significado que carece de significante
fonoloxicamente explícito dise que se expresa por /∅/: /bate/ + /∅/ 3SG.IND.PRS ou
2SG.Imperativo; nena, muller, can, mar > SG.
• Morfo baleiro > un morfo que non se pode ligar a un significado: cafe-t-ería.
• Morfo redundante > un significado exprésase por varios morfos diferentes ó mesmo
tempo: M n[o]v-o vs. F n[ɔ]v-a; c[ɔ]mes vs. c[o]mas.

Clasificación dos morfos

Palabras monomorfémicas → a) Morfos libres: algúns radicais coma mar, sol, de…
Palabras polimorfémicas → b) Morfos presos:
1. algúns radicais: hom-e, nen-o, cas-a…
2. os afixos
Os radicais (raíces) → Radical: “Morfo compartido por tódalas palabras integrantes dunha
familia léxica” (Ramallo et alii 2000: 745).

a) ¿Que é familia lexical?

Familia lexical “Conxunto de palabras que posúen un núcleo de significado léxico común
manifestado na presenza dunha raíz compartida por todas elas” (Ramallo et alii 2000: 745)

claro, aclarar, aclaración, claridade, clarificar, clarificación.

b) ¿Débese mencionar o significado?

“O morfema nunha palabra que achega a maior parte do compoñente do significado da


palabra e que pertence a unha categoría léxica” (O’Grady et alii 1996: 728)

clarADX, marN , corpN , dedN , andV, corrV

Problemas con palabras coma:

recibir, concibir, percibir > concepción, recepción, percepción


transmitir, omitir, remitir > transimisión, omisión, remisión

c) ¿É invariable?

transmite só significado léxicos? Problemas con palabras coma:


c[o]mo, c[ɔ]mes, c[ɔ]me, c[o]ma
s[u]bo, s[ɔ]bes, s[ɔ]be, s[u]ba
quer-o/queir-a, pod-o/poid-a, sei/sab-es/saib-a/soub-en
Afixo: “Unha pequena peza de material gramatical que non pode estar en por si, senón que
debe ser ligado a outra cousa dentro unha palabra. Os exemplos inclúen re- en reescribir ou
–idade en felicidade e o expoñente de plural –s en gatos. Un afixo acostuma ser un morfema
simple, e é, claro está, un morfema ligado” (Trask 1997, s.v.).

“Habitualmente, cadea fónica asociada coa expresión de valores flexivos ou derivativos.


Distínguense diferentes subtipos de afixos en función do seu carácter continuo ou
descontinuo e da súa posición respecto da raíz da palabra” (González Pereira & Albertuz
Carneiro 2000: 724).

Clíticos
supoñen un desafío á noción de palabra e parécense ós afixos:

clítico: “Unha forma de palabra ligada —unha forma de palabra que é prosodicamente
dependente dun hospedeiro” (Haspeltmath & Sims 2010: 322).

“Un ítem que exhibe un comportamento intermedio entre o dunha palabra e o dun afixo.
Tipicamente, un clítico ten a forma fonolóxica dunha palabra separada, pero non pode ser
acentuado e está obrigado a ocupar unha posición particular na oración en que está
fonoloxicamente ligado a outra palabra a que se une, o seu hospedeiro” (Trask 1993: 46).

OLLO: Cando falamos de forma de palabra separada... non falamos de lingua escrita

• Véxoo, non o vexo


• Chámame, non me chama
Que o ou me se escriban separados nin implica que se pronuncien separados!!!!

Posición fixa na palabra (e comportamentos fonolóxicos especiais):

• nen-o / nen-eir-o
• leit-e / leit-eir-o
• filolog-o / filolóx-ic-o

Posición fixada pola sintaxe (pero comportamentos fonolóxicos especiais):


• cantamos
• cantámola
• no[n] a cantamos
• no[ŋ] a min
• canta[ŋ]
• canta[ŋ] aínda
• cánta[na]
• no[n a] cantan
• no[ŋ a] Rosa
Tres tipos de relacións morfolóxicas entre as formas de palabra

Flexión: relacións entre as formas de palabra dun mesmo lexema; as formas de palabra dun
paradigma. Están relacionadas coa estrutura sintáctica en que se insire unha palabra. novo,
nova, novos, novas

Derivación: relacións entre as formas de palabra dos lexemas dunha familia léxica. Implica
variacións no significante, no significado lexical ou na categoría lexical das palabras.

V cantar > N canto, N cantante, N canción


ADXfeliz > N felicidade, ADXinfeliz

Composición: xera novos lexemas combinando os radicais doutros lexemas:


Vparar, Nbrisa > Nparabrisas
V limpar, Nparabrisas > N limpaparabrisas
V sacar, N rolla > N sacarrollas

DIFERENZAS ENTRE FLEXIÓN E DERIVACIÓN

1) A flexión (a) nunca cambia a clase de palabra, a derivación (b,c) pode cambiala.

a) canto b) cantable c) incantable


cantas (un) canto
cantase

2) A flexión é un proceso que se aplica ás palabras despois da derivación. De feito, tras un


proceso derivativo pode producirse outro proceso derivativo ou flexivo, pero tras un proceso
flexivo non pode producirse nada máis. Na forma de palabra, os afixos flexivos adoitan
situarse nos bordes exteriores.

a) centroN > centralADX > central, centrais


b) centroN > céntric_ADX > céntrico, céntrica
c) centroN > céntric_ADX > excéntric_ADX > excéntrico, excéntrica

3) A derivación pode cambiar trazos semánticos ou gramaticais como [abstracto], [animado],


[contable], [axente] (i.e., crea novos lexemas).

a) leite [-contable, -animado] > leiteiro [+contable, +animado]


neno/a [+animado, +concreto] > nenez [-animado, -concreto]
b) leiteiro (o leiteiro, os leiteiros).

4) As regras de derivación (a) non son completamente produtivas, mentres que as regras de
flexión (b) si (salvo escasas excepcións).

a) andar > andada, andadura, *andación, *ando


cantar > cantada, *cantadura, canción, canto
voar > *voada voadura, *voación, voo

b)andar > ando, andara, andase


cantar > canto, cantara, cantase
voar > voo, voara, voase

5) A derivación produce lexicalización (a), con significado non composicional; a flexión non
produce lexicalización (b).

a) pagar, pagable vs. amar, amable


b)home, homes; neno, nenos; casa, casas

A FLEXIÓN. CATEGORÍAS E PROPIEDADES MORFOSINTÁCTICAS.

Trazo/propiedade morfosintáctico:

“Un trazo flexivo que é relevante tanto para a morfoloxía coma para a sintaxe” (Haspelmath
& Sims 335).
“Nocións que son relevantes para a morfoloxía e a sintaxe, tal coma o caso” (Aronoff &
Fudeman 2005: 240).

“Falamos da flexión como a expresión de información morfosintáctica, información


sintáctica que se expresa morfoloxicamente. Isto inclúe as categorías abstractas de tempo,
modo, aspecto, número e caso. Os valores específicos para estas categorías, tal coma pasado,
imperfectivo, plural ou xenitivo reciben xeralmente o nome de trazos ou propiedades
morfosintácticas” (Aronoff & Fudeman 2005: 151).

a) As categorías son clases de propiedades:


Categoría Xénero: propiedades M, F, (Ntr)
Categoría Tempo: propiedades Prs, Prt, Fut

b) As propiedades dunha categoría están en relación paradigmática:


Adx[M.Sg], [F.Sg],[M.Pl]

c) As propiedades de categorías distintas están en relación sintagmática, pois están


copresentes:
N[M.Sg] NENO /neno/

d) Cada categoría léxica require as súas propiedades:


Nome galego> Xénero e Número
Nome latino > Xénero, Número, Caso

e) As propiedades poden expresar contidos semánticos (‘macho’ ~ ‘femia’, ‘un’ ~ ‘máis


dun’) e teñen valor sintáctico:

o 1,2 neno1,2 bonito1,2 sempre está2 contento1,2


os1,2 nenos1,2 bonitos1,2 sempre están2 contentos1,2

-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*-*

INTERACTIVA MORFOLOXÍA

1.Nas seguintes “palabras” identifica o lexema, a palabra morfosintáctica e a forma de


palabra:

• Os homes pescaron estes peixes

lexema de os → o artigo definido


palabra morfosintáctica → masculino plural do artigo definido
forma de palabra → os

lexema de homes → o sustantivo (?????) HOME


palabra morfosintáctica → o masculino plural do sustantivo home
forma de palabra→ homes
lexema de pescaron → verbo PESCAR
palabra morfosintáctica→ 3ª persoa do plural do pretérito perfecto do indicativo do verbo
PESCAR
forma de palabra → pescaron

lexema de estes → demostrativo de proximidade: estes


palabra morfosintáctica → masculino plural do demostrativo de proximidade
forma de palabra → estes

lexema de peixes: sustantivo peixe


palabra morfosintáctica: sustantivo plural masculino da palabra peixe
forma de palabra: peixes

*OS LEXEMAS SON AS PALABRAS TAL E COMO AS ATOPAMOS NO


DICIONARIO.*

• As computadoras estragounas a humidade


• Chegaron os artistas

[fanse igual que a de arriba]

2.
a) [RAD +VT +SMT +SNP]
[cant +a +ba +mos]

b) [[RAD +VT]+[SMT +SNP]]


[[cant +a] +[ba +mos]]

1. ¿Que comparten estes modelos de representación? ¿En que se diferencian?


2. Representa doutro xeito estas estruturas, de modo que se vexan as relacións internas dos
elementos.
3. Identifica e define cada un dos constituíntes indicados.
4. ¿Que información ofrecen estes esquemas? ¿Cal falta?
5. ¿Cal é o lexema?, ¿Cal é a palabra morfosintáctica?
6. ¿Onde colocarías esta información?
3. Repara na conxugación do Presente de Indicativo dos verbos DEBER, BEBE e FACER.

debo bebo fago


debes bebes fas
debe bebe fai
debemos bebemos facemos
debedes bebedes facedes
deben beben fan

- Segméntaos en morfos e explica as diferenzas que encontres entre a conxugación


destes tres verbos.

deb-o beb-o fag-o


deb-es beb-e-s fa-s
deb-e-mos bebe-e-mos fac-e-mos
deb-e-n beb-e-n fa-n

be e bebe 2 radicais
- Cando hai alomorfia?
- En verbos coma BEBER, cales son as condicións da distribución complementaria no
radical?
- De que xeito nos ilustran estes verbos para que non confundamos radical e lexema?

4.
5. Nos seguintes exemplos hai casos de sincretismo e de amálgama. Identifícaos.

• Antes os artistas chegaban máis cedo.


• Cando comemos?
• Compramos tres lapis.

6. Analiza morfoloxicamente o indefinido e o demostrativo.

[ˈpãŋ ɛ ˈkejʃʊ] pan e queixo


[ˈɔmɪ ɛ muˈɟɛɾ ] home e muller
[ˈawɣ̞ɐ ɛ ˈ paŋ] auga e pan
[muˈɟɛɾ j ˈɔmɪ ] muller e home
[ˈpãŋ j ˈ awɣ̞ɐ] pan e auga

[ũŋ ˈlumɪ] un lume


[ũŋɐ ˈkas̺ ɐ] unha casa
[ˈaj ũŋ ˈlumɪ] hai un lume
[ˈbaj ũŋ ˈnẽnʊ] vai un neno
[ˈbãj ũŋɐ ˈnẽnɐ] vai unha nena
[ˈaj ũŋɐ ˈkas̺ ɐ] hai unha casa
[ˈis̺ tɪ ˈɛ luˈis̺ ] iste é Luís
[ˈes̺ tɐ ˈɛ luˈis̺ ɐ ] esta é Luísa
[ˈfaj ˈis̺ tɪ] fai este
[ˈbaj ˈ es̺ tɐ] vai esta

[ũŋˈɔmɪ j ɔ ̃ ŋɐ muˈɟɛɾ ] un home e unha muller


[ũŋɐ muˈɟɛɾ j ɔ ̃ŋˈɔmɪ] unha muller e un home
[ˈbãŋ ũŋ ˈnẽnʊ j ɔ ̃ ŋɐ ˈnẽnɐ] van un neno e unha nena
[ˈbãŋ ˈis̺ tɪ j ˈɛs̺ tɐ] van iste e esta
[ˈbãŋ ˈ es̺ tɐ j ˈ ɛs̺ tɪ] van esta e iste
TEMA 4: A SINTAXE

CUESTIÓNS PRELIMINARES

1. Que entendemos por lingua, por gramática e por sintaxe?

Depende de cómo concibamos a facultade da linguaxe. Danse dúas grandes concepcións:

• Desde unha perspectiva formal:

lingua = conxunto de oracións ben formadas.

gramática = código formal integrado por un conxunto finito de regras que permite xerar un
conxunto infinito de oracións. É previa á interacción social e independente dela.

• Desde unha perspectiva funcional:

lingua = sistema de comunicación/interacción social.

gramática = código semiótico social que permite a interacción comunicativa entre os


membros dunha comunidade. É asemade un produto emerxente desa interacción.

A gramática consta dunha sintaxe e (nas linguas con paradigmas de palabras) unha
morfoloxía.

A sintaxe é un complexo mecanismo que permite transmitir calquera mensaxe combinando


un número finito de palabras e de construcións consonte unhas regras. A morfoloxía, a través
de variacións paradigmáticas na forma das palabras, é unha potente ferramenta auxiliar da
sintaxe nas linguas flexivas.

2. Cal é a unidade central no estudo da gramática/sintaxe?

Unidade central = unidade a partir da cal se organiza o estudo da gramática / da sintaxe.

• Nas gramáticas formais: a oración (*)


• Nas gramáticas funcionais: o enunciado (unidade básica de comunicación)
(*) Nas gramáticas de constituíntes; a palabra nas de dependencias ou conexións

En definitiva:
As gramáticas formais organízanse á volta de unidades formais: as ‘unidades
sintácticas’ (son gramáticas centradas xeralmente na oración dado que conciben a lingua
como un conxunto de oracións ben formadas)
As funcionais en torno á unidade comunicativa básica: o enunciado (son gramáticas
centradas nunha unidade comunicativa dado que a función primaria que lle atribúen á lingua
é a comunicación).

3. Como se identifica un enunciado?

Non por unhas características formais (= un formato sintáctico) senón por presentar unhas
propiedades funcionais que o identifican como unha unidade comunicativa:

A) Autosuficiencia semántica (capacidade para formar mensaxe por si mesmo)


B) Independencia sintáctica (non mantén relacións sintácticas externas)
C) Deslindamento prosódico (delimitación entre pausas, entoación pechada)

Eses requisitos pode cumprilos calquera tipo de unidade — palabra, frase ou oración:

Porén os enunciados acostuman adoptar preferentemente o formato sintáctico de oración.

4. Que relación hai entre ser enunciado e ser oración?

-A maior parte dos enunciados son oracións, pero non todos. Enunciados non-oracionais:

Perigo. Estrada sen pintar. Socorro. Saída de emerxencia.

-Normalmente as oracións son enunciados, pero non sempre:

Aínda que sempre lle digo que respecte os límites de velocidade, nunca me fai caso.

A relación entre ser enunciado (unidade comunicativa) e ser oración (unidade formal) non é,
porén, circunstancial: a oración é un formato sintáctico deseñado especificamente para
optimizar a expresión de mensaxes.

O enunciado non-oracional responde a unha maneira de comunicar que cabe caracterizar


como primaria —e tal vez tamén primixenia. Os tipos de mensaxes que pode transmitir son
limitados e a súa interpretación é moi dependente do contexto en que se producen. Iso non
ocorre cos enunciados oracionais → menor risco de fracaso comunicativo (paso da
codificación en modo pragmático ao modo sintáctico –ou gramatical)
Café con leite (o mesmo enunciado adquire en distintos contextos de uso distintas
interpretacións)

Ponme un café con leite. Aí tes o café c/l. Isto é un café c/l. Esta máquina expende café c/l.
Manchei a camisa con café c/l. A miña cafeteira nova fai un café c/l. moi rico.

Pensa en contextos en que Café con leite poida expresar as mensaxes das oracións.

OBS. Aínda que limitados na súa 'comunicabilidade' e dependentes do contexto, os


enunciados non-oracionais séguense a usar porque, para mensaxes non-complexas producidas
en contextos de uso suficientemente informativos, resultan moi eficaces comunicativamente.

5. Cal é a estrutura do enunciado como unidade comunicativa?

Como unidade comunicativa que é, o enunciado organízase en termos de estrutura


informativa. Dúas funcións informativas relevantes na organización básica do
enunciado como mensaxe:
• Tema = aquilo do que dicimos algo • Rema = o que dicimos dese tema

Dous tipos de enunciados:


o Bimembres (os máis frecuentes): Tema + Rema [acerca disto / digo isto]
o Unimembres (sen Tema): Tema + Rema [acerca disto / digo isto]

Analiza a estrutura (T-R) dos seguintes enunciados (todos non-oracionais)

Un café con leite Camareiro, un café con leite! Eu, un café con leite; a nena, un mosto
O café, con leite Perigo! Estrada sen pintar Qué perigo! A estrada, sen pintar.
Socorro! Saída, ao fondo Saída ao patio
As mans, enriba da mesa Fulano, dimisión Liberdade para os detidos

A estrutura máis frecuente é a dun enunciado con Tema_FN e Rema_FV: un


enunciado-oración:

✔Tema_FN + Rema_FV ⇒ oración bimembre: Eu quero un café. A nena bebe un


mosto.
✔Tema_FN + Rema_FV ⇒ oración unimembre: Chove a mares. Véndese uva do
país.

OLLO COA ELIPSE…


… á hora de analizar un enunciado como oracional / non-oracional
unimembre / bimembre

A elipse é un recurso cohesivo que consiste na supresión, na expresión lingüística, de


información presente na predicación, a efectos de evitar que o texto sexa
excesivamente repetitivo, co que se gaña en eficacia comunicativa. A información
elidida recupérase de xeito inequívoco (non-conxectural) do propio texto (xeralmente
en anáfora). É por tanto unha operación gramatical, non pragmática.

Temos que recuperar os elementos elididos antes de analizar o enunciado.


Só despois poderemos avaliar se o enunciado é oracional / non-oracional
unimembre / bimembre

• Un café con leite! [enunciado dirixido ao camareiro para pedir o que queremos
tomar]
→ enunciado non oracional unimembre (é todo Rema)

• Un café con leite [resposta á pregunta Que vai tomar? que nos fai o camareiro]
→ enunciado oracional bimembre, con elipse do SU (eu) e do V (vou tomar)
(Tema = eu; Rema = vou tomar un café con leite)

• Quero un café con leite


→ enunciado oracional bimembre, con elipse do SU (eu), que é o Tema (Rema = o
resto)

6. De que niveis consta o uninciado como signo lingüístico?

Como todo signo lingüístico, un enunciado é unha asociación solidaria entre un significante e
un significado. Neste caso entre:

• Unha imaxe mental (conceptualización) convertida en material semántico que queremos


transmitir como mensaxe.

— Chamarémoslle predicación (lat. predicatio, lit. ‘o que queremos dicir a outros’).

• Unha expresión lingüística que, mediante un código sonoro ou gráfico, permite a


transmisión interpersoal desa imaxe mental.

— Chamarémoslle, en sentido estrito, o enunciado (<lat. enuntiare, ‘expresar, pronunciar’).


plano conceptual significado ⇨predicación
plano formal significante ⇨enunciado

7. Que estuda a gramática/sintaxe nun enunciado?

En principio (§5) a súa estrutura informativa [Tema/Rema], polo xeral moi simple na súa
codificación.

Alén diso, estuda a súa estrutura sintáctico/semántica, que pode chegar a ser moito máis
sofisticada e complexa. Porén, iso só adoita ser posible nos enunciados oracionais, sometidos
a unha maior codificación gramatical/sintáctica. (No que segue referirémonos sempre -salvo
indicación contraria- aos enunciados con formato de oración)

Máis alá da estrutura informativa, cómpre diferenciar dous planos complementarios de


estudo, consonte os dous niveis de que consta o enunciado (§6):

• Estrutura semántica da predicación [plano conceptual] → §§ 8-15

Exemplo: Imaxe mental dun rapaz alto que onte agasallou unha amiga cunhas flores

regalarV (d1X1: rapaz: alto)AX (imX2: flor)MET (i1X3: amiga)REC (y: onte)TEMP

• Estrutura sintáctica do enunciado (/da oración) [plano formal] → §§ 16-22

Exemplo: Enunciado: Aquel rapaz alto regaloulle flores a unha amiga onte

[[[AquelDET/Pron [rapazNUC/Subst altoMOD/Adx]NUC/FN]SU/FN [[regaloulleNUC/Vbo floresCD/FN]NUC/FV [aPrep


unhaDET/Art amigaNUC/Subst]CI/aFN]PRED/FV]O onteCCT/Adv]O

Este tipo de análise é o que se adoita considerar ‘a análise sintáctica’ stricto sensu. Pode ter diversas maneiras
de representación gráfica, entre as cales está moi xeneralizado o uso de diagramas arbóreos, moi claros na súa
visualización.
ESTRUCTURA SEMÁNTICA DA PREDICACIÓN

8. Constituíntes da predicación: predicador e participantes

A predicación é un esquema semántico abstracto constituído por un núcleo


predicativo (ou predicador) e uns participantes na predicación:

— O predicador é o elemento organizador da predicación, o que deseña o tipo de


participación das entidades que interveñen na predicación. E.g.: regalar, beber,
estar-enfermo ou ser-amigo.
— Os participantes son referentes de entidades dalgún mundo (como rapaz, leite,
flor, amigo, serea ou rato-Pérez) que participan dalgún xeito na predicación.

A predicación é o produto de aplicar un predicador aos participantes que desempeñan


algún papel no deseño do ‘estado de cousas’ que queremos transmitir:
a) regalar (rapaz, flores, amiga, onte)
b) beber (rapaz, leite, almorzo)
c) estar-enfermo (rapaz)
d) ser-amigo (rapaz, rato-Pérez)

O rol do predicador na predicación pode consistir en:


1) Designar relacións entre participantes. Por exemplo: (a), (b).
2) Designar propiedades de participantes. Por exemplo: (c).
3) Facer as dúas cousas asemade na mesma predicación. Ex.: (d).

Amigo é unha propiedade do participante rapaz que só é tal cando se pon en relación co participante
rato Pérez.

9. Accións, procesos, estados.

Nunha predicación ofrécese unha representación dun evento, dun estado de cousas
(EdC) que se quere comunicar ou sobre o que se quere preguntar. Aínda que os
eventos concretos que ocorren ou poden ocorrer na realidade son infinitos, na súa
codificación lingüística como predicacións cabe reducilos a tres grandes tipos básicos:

— Os estados son situacións non dinámicas que se manteñen inalteradas durante o


período de tempo ao que se fai referencia.
— As accións son transicións entre estados distintos presentadas como desencadeadas
por un axente responsable da mudanza.
— Os procesos son transicións entre estados vistas no seu propio acontecer, sen
considerar o elemento causante do cambio. A información céntrase na entidade que
experimenta a mudanza.

ACCIÓNS PROCESOS ESTADOS


Alguén queimou o monte O monte ardeu O monte está calcinado
Antón empuxou a Pepe Pepe caeu pola ventá Pepe está grave no hospital
A axencia baixou o prezo do piso O prezo do piso baixou O piso é barato
A chuvia mollou os rapaces Os rapaces molláronse Os rapaces seguen coma pitos
María visitou a Luísa Luísa alegrouse moito Luísa vive soa en Xapón
Rompín unha figura de porcelana A figura rompeu A porcelana rompe con facilidade
[≡ ‘É fráxil; é fácil de romper’]

A expresión de accións, procesos ou estados non é unha propiedade dos predicadores, senón
das predicacións, i.e., da interacción entre predicadores e participantes. Un predicador pode
expresar distintos EdC (mesmo os tres — vid. romper), pero sempre en distintas construcións,
con distintos participantes.
Observa que cada unha das columnas de enunciados da páxina anterior ten unha estrutura
semántica e unhas propiedades sintácticas de seu. Iso é mostra da relevancia lingüística da
división dos tres tipos de EdC.

10. Argumentos e adxuntos.

— Os argumentos son participantes seleccionados polo predicador, en tanto que


achegan informacións necesarias para definir o estado de cousas que ese predicador
etiqueta.
Os argumentos conforman a imaxe mental que construímos do evento designado polo predicador.

— Os adxuntos son constituíntes non seleccionados polo predicador que achegan


informacións complementarias acerca dun estado de cousas dado, xa definido polos
argumentos. Son especificacións adicionais e facultativas.
Os adxuntos non entran na imaxe mental nin (o que é o mesmo) na definición do tipo de evento
designado polo predicador, nin poden mudalo; tan só o detallan ou precisan.
Ex.: -Para definir o evento beber precisamos botar mar de dous participantes sen os
cales non se pode completar esa definición: quen bebe e o que se bebe. Eses son os
seus argumentos.
-Para definir o evento regalar precisamos tres: quen regala, que regala e a quen llo
regala. Eses son os seus argumentos.
-O receptor da acción é argumento de regalar pero adxunto de comer. Por que?
-A especificación do lugar onde se bebe e onde se regala é adxunto para ambos os
predicadores, pero é argumento para outros como vivir/residir ou agachar/esconder.
Por que?

A diferenciación entre participantes argumentais e adxuntos sitúase nun plano


semántico/conceptual. Non existen marcas formais inequívocas para diferenciar na
expresión lingüística un argumento dun adxunto. Porén, trátase dunha oposición moi
importante á hora de entender a estrutura sintáctica do enunciado.

11. O marco predicativo

A idea do predicador como elemento organizador da predicación e a súa capacidade para seleccionar
argumentos conducen ao concepto de marco predicativo.

O marco predicativo dun predicador é a información básica acerca de cómo construír


unha predicación a partir dese predicador. O nome alude a que esa información vén
ser un molde ou marco que nos limita e orienta no proceso de construírmos unha
predicación con ese predicador.

O marco predicativo achéganos tres tipos de información:

➱Número de argumentos seleccionados polo predicador (i.e., a súa valencia)


➱Restricións de selección semántica impostas polo predicador sobre os argumentos
➱ Roles ou funcións semánticas dos argumentos

12. A valencia do predicador

Chámaselle valencia dun predicador ao número de argumentos que este selecciona


para construír unha predicación mínima pero completa.
O termo ‘valencia’ é un préstamo da terminoloxía química: cfr. valencia dos
elementos químicos. Repara no fundamento do paralelismo entre ambos os conceptos.

Segundo o número de argumentos que requiren, os predicadores adoitan clasificarse


en:
-Predicadores de 0 lugares (ou avalentes) como chover, nevar, anoitecer...
-Predicadores de 1 lugar (ou monovalentes) como arder, morrer, espertar...
-Predicadores de 2 lugares (ou bivalentes) como querer, abrir, entrar...
-Predicadores de 3 lugares (ou trivalentes) como entregar, quitar, enviar...
-Predicadores de 4 lugares (ou tetravalentes) como trasladar, transferir...

Estas cinco clases valenciais de predicadores non se reparten de maneira uniforme no


fondo léxico da lingua, senón en forma de parábola, co maior número na zona central
e o menor nas laterais:

13. Argumentos latentes.

Os argumentos son posicións necesarias para a definición dun determinado estado de


cousas, pero case nunca é estritamente necesario que esas posicións sexan finalmente
ocupadas na expresión lingüística. Cando un argumento non se realiza na expresión
lingüística, segue actuando na predicación nun estado, por dicilo así, de latencia.
Chamarémoslles por iso argumentos latentes.

Dicimos que o argumento segue latente porque o receptor obtén información acerca
del, aínda sen estar verbalizada. Que información? —A restrición de selección que o
predicador impón sobre ese argumento.

Exs.: O can non bebeu en toda a tarde Enténdese x2 = líquidos


O pirata agachou o botín e marchou Enténdese x3 = nun lugar oculto
Véndese viño do país a bo prezo Enténdese x1 = algunha(s) persoa(s)

1) Non pode haber adxuntos latentes, porque os adxuntos non están incluídos no
marco predicativo.
2) Argumento latente vs. elíptico Non confundilos. O argumento latente déixase
baleiro na predicación. O argumento elíptico está lexicamente ocupado na
predicación, aínda que finalmente non aparece expresado no enunciado para alixeirar o
discurso, evitar reiteracións etc. —elipse como recurso cohesivo. Ex.:

Non bebín en toda a tarde x1 elíptico (= eu) x2 latente (= líquidos)


O pirata tiña presa. Por iso [x1 elipt = o pirata] agachou o botín [x3 lat. = nun lugar oculto] e marchou

3) Regra xeral para a realización argumental: só ten sentido ocupar con


información léxica as posicións argumentais dun predicador cando esa información
restrinxe a restrición de selección que o predicador impón sobre tal posición no marco
predicativo.

Antes de tomar a pastilla tes que estar dúas horas sen beber cfr. sen beber ? líquidos
Antes de tomar a pastilla tes que estar dúas horas sen beber alcohol

14. Restricións de selección e enunciados metafóricos.

As restricións de selección son filtros que seleccionan semanticamente os termos


léxicos que susceptibles de ocupar unha posición argumental. Ex.:

Beber x1: <inanimado> x2: <líquido>


Comer x1: <inanimado> x2: <alimento sólido>
Ler x1: <humano> x2:<texto>

Se escollemos para un argumento un termo que non se atén á restrición seleccional, o


enunciado será reinterpretado metaforicamente para encaixar a peza. Ex.:

Antón bebe os ventos por Luísa


A humidade come o ferro
É importante que o adestrador saiba ler o partido.

Analiza as metáforas e a reinterpretación dos enunciados.

Cando un uso metafórico se xeraliza vaise perdendo a consciencia da metáfora e


acaba xerando unha nova acepción básica, co seu propio marco predicativo. Ex.:

ComerV (x1: <Animado> )Ax (x2: <alimento sólido> )META

→ ComerV (x1: <xogador> )Ax (x2: <peza de xogo> )META (x3: <contrincante> )REC

15. Funcións semánticas dos participantes.

É difícil fixar un repertorio pechado das funcións semánticas. De feito existen


modelos gramaticais que postulan só dúas ou tres e outros que operan con ducias
delas ou ata varios centos. Ten en conta que son roles conceptuais, sen marcas
formais directas. Porén identifícanse polas súas repercusións formais indirectas: a
pertinencia de cada función baséase na existencia, nalgún nivel da estrutura sintáctica
dos enunciados, de diferenzas formais dalgún tipo asociadas a esa función semántica.

P.ex., se existen uns Axentes que aparecen nunha construción sintáctica e outros que non
poden aparecer nela, ou que aparecen tratados de forma distinta, habería que considerar
xebrar a categoría Axente en dúas funcións semánticas distintas (e.g.: Axente vs. Forza).
Repertorio aproximativo (simplificado):

FSem de 1º argumento (x1) Axente Experimentador Cero/Posicionador

FSem doutros args. (≠x1) Meta Receptor Referencia [outras habitualmente adxunt]

FSem habitualmente adxunt. Beneficiario Compaña Cantidade


Instrumento Maneira Calidade
Localización Tempo Causa

Definicións: vid. lectura de ampliación na A.V.

ESTRUCTURA SINTÁCTICA DO ENUNCIADO (/ORACIÓN)

16. En que consiste analizar sintacticamente un enunciado?

Hai moitos tipos de análises sintácticas, segundo os tipos de relacións gramaticais que
exploren:

— relacións constitutivas, funcionais, dependenciais


— modelos mixtos: constituíntes+funcións, funcións+dependencias, etc.

A análise coa que estamos máis familiarizados é constitutivo+funcional. Pasos de que consta:
1º -Identificar as partes que integran a secuencia lingüística → análise de constituíntes
2º -Identificar o papel que cada parte xoga na unidade superior → análise de funcións
3º -Identificar o formato sintáctico de cada parte → análise de tipos de unidades

A secuencia repítese sucesivamente ata chegar ao nivel da palabra (=unidade sintáctica


menor)

Nos diagramas ‘de árbores’ os constituíntes identifícanse mediante cadansúa póla. A función
e tipo de unidade de cada constituínte identifícase mediante etiquetas ao final de cada póla:

17. Relación entre constituínte, tipo de unidade e función.


Un constituínte dunha unidade sintáctica é unha parte desa unidade que forma unha nova
unidade sintáctica; é dicir, que se comporta unitariamente (en bloque) con relación a unha
serie de movementos e operacións sintácticas, tales como:

— desprazamentos (por tematización, focalización, etc.)


— cambios de construción (e.g. pasivización)
— elipses (substitución por cero)
— anáforas referenciais (substitución pronominal, clíticos, proformas)
— concordancia
— coordinacións, etc.

Que unha secuencia se comporte en bloque con relación a operacións sintácticas como estas é
indicio de que esa secuencia: a) desempeña unha función sintáctica (calquera)
b) constitúe unha unidade sintáctica (calquera)

En definitiva:

a) A función é o criterio fundamental para identificar constituíntes.


Desempeñar X unha función sintáctica calquera en Y é o que identifica X como un constituínte de Y.

b) Unha cadea lingüística que desempeña unha función será sempre unha unidade sintáctica
dalgún tipo, que cómpre identificar.

De aí que a análise consista sempre en recoñecer [constituínte ⇒ función + tipo de


unidade]

18. Cales son as unidades sintácticas: palabra, frase, oración

As unidades sintácticas son os tipos de secuencias lingüísticas que atopamos nunha análise
sintáctica. Os tipos de secuencias necesarias para describir o funcionamento da sintaxe dunha
lingua.

As unidades sintácticas son un subconxunto das unidades gramaticais. Ambas se organizan


en escala:

[fonema > sílaba >] morfema > palabra > frase > oración [> parágrafo > texto]

As cadeas lingüísticas que podemos atopar nunha análise sintáctica son, obviamente,
ilimitadas. Porén, todas elas responden a unha tipoloxía moi reducida, con só tres grandes
categorías:
o palabras como neno, alto, pan, novela, comer ou súa
o frases como o neno alto, a súa última novela ou comer pan
o oracións como O neno alto come pan ou A escritora presentou a súa última novela

Sinxelo, non? As cousas finalmente son bastante máis complexas porque:


-Cada tipo de unidade posúe numerosos subtipos, que cómpre identificar: ♦ Palabra →
substantivo, adxectivo, verbo, adverbio, artigo, pronome, etc. ♦ Frase → F Nominal, F
Verbal, F Adverbial, etc.

-As frases poden conter no seu interior novas frases: [come [pan [con queixo]FP]FN]FV e as
oracións conter dentro delas outras oracións: [O editor díxome [que a escritora quere [que lle
presentes o libro [que acaba de publicar]o]o]o]o. Teoricamente ata o infinito!

Este fenómeno recibe o nome de recursividade e as unidades recursivas frases ou oracións


complexas. Pensa por que as palabras xa non son unidades recursivas (ou o que é o mesmo,
por que non hai palabras complexas).

19. Criterios para a delimitación das unidades sintácticas.

Para que unha cadea lingüística sexa unha unidade sintáctica ten que cumprir un requisito
xenérico: desempeñar unha función sintáctica (calquera) na unidade superior en que se
integra.

Ex.: No enunciado A escritora presentou a súa última novela a cadea presentou a súa última novela é unha
unidade sintáctica (FV) porque desempeña unha función sintáctica (PRED). Por contra a cadea escritora
presentou a non é unha unidade sintáctica pois non desempeña ningunha función dentro do enunciado.
Relaciona este requisito xenérico co exposto en §17.

Se unha cadea lingüística non se integra nunha unidade superior, será necesariamente un enunciado, e daquela
tamén será unha unidade sintáctica, pois todo enunciado ten que ser unha unidade sintáctica (vid. §3).

A identificación do tipo concreto de unidade depende dun requisito específico: cada tipo de
unidade terá como constituínte inmediato unha secuencia cunha función que só se dá dentro
desa unidade:

o Unha oración terá necesariamente como constituínte inmediato un predicado.


o Unha frase terá necesariamente como constituínte inmediato un núcleo.
o Unha palabra é unha unidade cuxos constituíntes non desempeñan ningunha función
sintáctica.

En consecuencia:
— Non hai oración sen predicado, frase sen núcleo, nin palabra con función sintáctica no seu interior.
— Se unha oración ten só unha frase, será o seu predicado; se unha frase ten só unha palabra, será o seu núcleo.
OLLO COA FRASE PREPOSICIONAL… 🙌💣
Na abordaxe teórica que facemos aquí, toda frase ten que ter un Núcleo de frase. O Núcleo é
unha palabra léxica, que leva subordinados a ela complementos (Dets., Mods., Comps.) que
restrinxen o significado representativo dese Núcleo: Regalar → Regalar libros → Regalar
libros aos/ás fillos/as.

Núc FV = V; Núc FN = N, Núc FAdx = Adx, Núc FAdv = Adv ... Núc FPrep = Prep

Para ser Núc, a prep ten que ser unha palabra léxica: diferenza entre preposicións plenas e
baleiras

FPrep verdadeiras: teñen como Núc unha prep plena (identifica lexicamente a FSemántica):

O libro está sobre a mesa = O libro está enriba da mesa


Atacoume con un pau = Atacoume usando un pau
Este autobús vai a Vigo = Este bus vai en dirección a Vigo, dirixíndose alí

FPrep aparentes: a prep é marca gramatical da FSint da frase; carece de contido léxico:

Onte vin a María no cine = Onte vin unha amiga túa no cine
O libro consta de dúas partes = O libro ten dúas partes

(a María e de dúas partes son Frases Nominais introducidas por unha preposición, non FPrep)

20.Tipos de funcións: sintácticas, semánticas, informativas

A maioría dos modelos de gramática actuais diferencian tres tipos de funcións. Cada un deles
é relevante nun nivel de análise distinto, en paralelo:

o Funcións informativas (ou comunicativas ou pragmáticas): Tema, Rema, Foco… Son


relevantes na análise da estrutura do enunciado como mensaxe, como unidade de
comunicación (lembra §5)

o Funcións semánticas: Axente, Experimentador, Meta, Receptor, Tempo, Maneira… Son


relevantes na análise da estrutura semántica da predicación (lembra §§ 8-15)
o Funcións sintácticas: Suxeito, Complementos Directo, Indirecto, Preposicional… Son
relevantes na análise da estrutura sintáctica da oración (§§ 16-21)

A gramática tradicional adoitaba amalgamalos nunha única noción. Así por exemplo o
Suxeito definíase asemade como:

a) Aquilo do que se predica algo en realidade é a definición do Tema (FInfo)


b) O que realiza a acción expresada polo verbo en realidade é a definición do Axente (FSem)
c) O que concorda en número e persoa co verbo iso é o que en realidade é o Suxeito (FSint)

Cómpre distinguilos como tipos de relacións gramaticais distintas, pois frecuentemente se disocian.
Compara:

Os arqueólogos atoparon na escavación os restos dun dinosaurio


Su / Ax / Te
Na escavación foron atopados polos arqueólogos os restos dun dinosauro
Tema Axente Suxeito

21. Que son realmente as funcións sintácticas?

Fíxate nas tres definicións tradicionais de Suxeito que acabamos de ver: as dúas primeiras son
realmente definición de Tema (FInfo) e de Axente (FSem). A que queda para a FSint (o SU
stricto sensu) non é realmente unha definición, senón unha marca de identificación: non nos
di o que é un SU ou para que serve; dinos como facer para identificalo. O mesmo podería
dicirse das restantes funcións sintácticas — CD, CI, CP...

As FSint (vs. FSem/FInfo) non é que só se recoñezan polas súas marcas formais: é que só
son marcas formais. Agora ben: marcas formais de que? Porque terán que ter algunha
utilidade! Pola propia natureza do signo lingüístico, as marcas formais residen no plano da
expresión; polo mesmo, o que elas marcan ten que definirse no plano do contido → As FSint
serven para identificar FSem.

As chamadas FSint son marcas (polivalentes e indirectas) de identificación de funcións


semánticas.

• Marcas polivalentes: unha mesma marca serve para marcar de maneira inequívoca
múltiples FSem: Ex.: Conc. verbal NP (=SU) identifica o participante como Axente, Meta,
Experimentador, Cero...

• Marcas indirectas: a FSint identifica a posición do argumento no marco predicativo;


coñecida esta, podemos saber cal é a FSem do argumento.
Ex.: O SU identifica o primeiro argumento se o enunciado está en activa, o segundo se está en pasiva. Sabemos
cal é o predicador e coñecemos a información do seu MPred. sabemos cal é a FSem do argumento marcado
como SU.

22. Os constituíntes extraoracionais.

Chamamos constituíntes extraoracionais (CEO) certos elementos que aparecen dentro dos
límites formais dunha oración pero sen se integraren na súa estrutura e sen teren ningún papel
na predicación que esa oración transmite:

-Nin son argumentos nin adxuntos da predicación → non desempeñan ningunha FSem.
-Non se integran na estrutura sintáctica da oración→ non desempeñan ningunha FSint.

Aparecen sempre deslindados prosodicamente mediante pausas, antes da oración, despois


dela ou incrustados en calquera posición interior, pero sempre presentados de maneira
parentética.

Poden ser, basicamente:

o Temas externos, que non se integran sintacticamente na oración. Ex.:


Teu pai, eu estiven con el onte vs. Con teu pai estiven eu onte.

o Modalizadores do enunciado e outros complementos avaliadores. Ex.:


Sen dúbida, / probablemente, / por desgraza, / na miña opinión, / honestamente, isto non ten
amaño.

o Vocativos, iniciadores, marcadores fáticos (de contacto co interlocutor), de toma de


quenda… Ex.:
Amigo, / mira, / ben, / home, / sabes?/ a ver, eu non teño culpa do que che pasou.

o Conectores textuais. Ex.:


Non vou que chove. Ademais, non teño ganas. Ti, por contra, podes ir se queres. Mellor dito,
deberías ir. En resumo, que vas ter que ir ti soa. A viaxe é moi barata, por certo. Merca,
daquela, o billete canto antes.
18/10/2021

MORFOLOXÍA.
As unidades gramaticais igual que as fonoloxicas establecense polas probas de segmenacion e
conmutacion:
na fonoloxia atopamos realidades asociadas ao segundo modo de articulacion e na morfoloxia
atopamolas od primeiro modo

combinacions de unidades na sintaxe:


a nenas canta

LAVAR LOUZA
dependendo de como as conbinemos temos frases ou palabras (eu lavo a louza// lavalouza)

as palabras estan formadas x unidades menores que son os morfos (unidades minimas con
significado)
os productos das conbinacions tenhen propiedades distinas, os resultados e os medios para
combinar paabras e frases son distintos.

palabra morfostnitactica: lexema acompanhado por xenero numero….


o onxetivo da morfoloxia e analizar a estrutura das formas de palabra
lexxema identidade abstaracta que se realcionaba ca palabra pasa unidade lexical
lexema nun cntexto concreto: plabra morfosintactica
palabra morfisictatica prununciase como unha forma de palabra.
lexema unidade abstracta do lexico dunha lingua que se concretiza nun paradigma e está
constituído polo conceto, a nocion lexica, o significado principal e a clase de palabr.
propiedades morfosintacticas: singular, plural, presente… son esas pezas de informacion en
trazo flexivo que osn relevantes para a morfoloxia e para a sintaxe

as fromas de palabra van en cursiva ou sublinhadas e os verbos en maiuscula


como COMER

O PARADIgma de de neno ten o paradigna con 4 palabras morfosintactas neno nena nenos
nenas
DOUS TIPOS DE LEXEMAS
OS FELXIONABLES
diferentes palanras morfostintacticas e diferentes formasd e palarnas
OS NON FLEXIONABLES
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

You might also like