You are on page 1of 7

TEMA-3-4.

pdf

Anónimo

Lengua Gallega

1º Grado en Maestro/a de Educación Infantil

Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte


Universidad de Vigo

Reservados todos los derechos.


No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
TEMA 3 e : O PRONOME PERSOAL

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
Os pronomes persoais designan os participantes do discurso e o obxecto do mesmo, ademais teñen
flexión de xénero, número e persoa. Diferéncianse dous tipos de pronomes persoais segundo a
tonicidade e a función sintáctica que desempeñen: os pronomes tónicos e os pronomes átonos.

PRONOMES TÓNICOS

Reservados todos los derechos.

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-7507126
Dialectalmente existen as formas tu, il e iles. A elección da forma normativa fíxose tendo en conta
que ti, el e eles xa se empregaban no galego escrito e xeográfica e demograficamente son as formas
maioritarias.

Hai que ter en conta que coas preposicións empreganse as formas oblicuas, libres, non reflexivas,
agás min que despois de entre, agás, excepto, fóra, menos e salvo leva a forma do pronome
suxeito, é dicir: eu. Min úsase logo de preposición ou como segundo termo dunha comparación.

As formas NOSOUTROS, NOSOUTRAS E VOSOUTROS, VOSOUTRAS teñen un significado que se


limita a un grupo establecido, pois delimita no contexto coñecido pola persoa interlocutora, deixando

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
fóra a todas as que non pertenzan a ela. Funcionan como pronomes de exclusividade, marcando as
diferenzas entre uns e outros. Pola contra nós e vós non establecen esta diferenza.

As formas ligadas de primeira e segunda persoa de plural non son obrigatorias. É dicir, poden
aparecer coa preposición con sen necesidade de iren ligadas: con nós e con vós. Connosco,
convosco son as formas tradicionais, preferibles a con nós ou con vós. Mais se o pronome leva
algún adxacente, as formas sintéticas non son posibles (viñeron convosco/ viñeron con vó-las dúas)

PRONOMES ÁTONOS
O pronome persoal átono precisa doutro elemento lingüístico en que se apoiar porque por si mesmo
non forma grupo fónico. Normalmente este elemento é un verbo.

Reservados todos los derechos.

Maravilloso Desastre, 14 de abril solo en cines ¡+Info aquí!


a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-7507126
As formas o, lo e no (cos correspondentes femininos e plurais) son variantes combinatorias, de
maneira que cada unha delas aparece nuns contextos fonéticos específicos en que non poden
aparecer as outras.
● O é a variante non marcada, polo que se emprega nos casos nos que non se require
ningunha das outras dúas variantes. (Cómprao se che parece que o vas usar)
● Lo úsase cando o pronome é enclítico dunha forma verbal (excluído o participio) ou
pronominal rematada en s ou r e tras o adverbio u. (Ámalo tal e como é)
● No emprégase tras as formas verbais que acaban en ditongo.(Faino sen que o saiba)

1. Colocación dos pronomes átonos

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
O pronome átono pode aparecer posposto (enclítico) ou anteposto (proclítico) ó verbo dependendo
de diversas circunstancias. Como regra xeral, o pronome posponse, posto que nunca pode empezar
unha frase. O pronome anteponse ó verbo cando existen elementos lingüísticos que obrigan a esta
situación:
● En enunciados negativos.
● Nas oracións introducidas por un exclamativo ou un interrogativo.
● Cando a secuencia vai iniciada por algúns adverbios e indefinidos como xa, acaso, ata, case,
quizais, sempre, só, moito, todo, tanto, mesmo, seica, algo, bastante, máis, tamén...
● Cando a oración vai introducida por algúns dos seguintes adverbios:
○ TEMPO e LUGAR: aínda, axiña, cedo, sempre, nunca, xa, tarde…
○ MODO: ben, mal, mellor, peor…,-mente
○ CANTIDADE: todo, nada, moito, pouco, bastante, case, incluso, só…

Reservados todos los derechos.


○ DÚBIDA: quizais, seica, talvez, acaso…
○ AFIRMACIÓN: si, tamén, mesmo…
● Hai adverbios polisémicos que, dependendo do significado, provocan a énclise ou próclise do
pronome (Logo nos dan as notas/Logo dannos as notas)
● Os adverbios aquí, aí, alí obrigan á anteposición do pronome átono cando se produce unha
deíxe moito máis marcada e unha entoación enfática.
● Nas oracións subordinadas, xeralmente, o pronome vai anteposto, agás que haxa moita
separación entre o nexo subordinante e o verbo.
○ Nas oracións subordinadas o pronome colócase antes do verbo excepto cando a
conxunción pois inicia unha subordinada causal
● Posibilidades de colocación cos infinitivos.
○ Con infinitivos antecedido dunha preposición.
○ Nas perífrases verbais
■ verbo+infinitivo ou xerundio. Se o infinitivo é suxeito, predicado nominal ou
aposto, o pronome vai despois do infinitivo (Fora mellor contarllo antes).
Senón pode ir en dous sitios: Voulle contestar axiña - Vou contestarlle axiña
■ verbo+nexo+infinitivo. Mesmo se pode intercalar entre o infinitivo e a
preposición/conxunción que o rexe (se é o caso): tras os verbos ou tras o
nexo (téñocho que dicir / teño que dicircho / teño que cho dicir)
○ Nos outros casos o pronome pode ir antes ou despois. Co infinitivo precedido de
preposición, pode ir enclítico ou proclítico (para lembrarnos / para nos lembrar).
● Cando un adverbio en mente vai situado antes do verbo a colocación do pronome depende
das pausas:
○ Se este adverbio se insire na oración sen ningunha pausa, o pronome vai proclítico:
Probablemente me dean as notas hoxe pola tarde.
○ Cando este adverbio esixe unha pausa, o pronome vai enclítico:
Comunmente, fariámolo como ti dis.

Maravilloso Desastre, 14 de abril solo en cines ¡+Info aquí!


a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-7507126
2. Os pronomes átonos te e che

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
As formas te e che da serie átona na segunda persoa do singular presentan diferenciación entre
pronome de obxecto directo (acusativo latino) e pronome de obxecto indirecto (dativo latino),
correspondentemente. De modo dialectal hai zonas en que conflúen os seus usos, polo que se temos
dúbidas de se os empregamos correctamente podemos realizar as seguintes probas:
● Pasar a frase a terceira persoa
○ Se usamos o ou a será un obxecto directo, polo que en segunda persoa de singular
se debe empregar o te (Vinte o outro día / Vino o outro día)
○ Se empregamos lle é un obxecto indirecto e débese utilizar che (Vinche o embigo /
Vinlle o embigo.)
● Pensar en quen recae a acción do verbo. Tanto o CD coma o CI son funcións sintácticas que
indican en quen ou que recae a acción verbal, pero hai algunhas diferenzas. Existen verbos
en galego que admiten tanto CD coma CI, polo que poden aparecer as dúas funcións na
frase. Cando é así, podemos distinguir o CD do CI da seguinte maneira:
○ En vinte o outro día, podémoslle preguntar ó verbo «que fixo?» e responder
telegraficamente «ver a ti». Tamén o podemos facer con vinche o embigo, e a

Reservados todos los derechos.


resposta tamén será «ver a ti iso/algo». A acción do verbo recae realmente no
embigo, non en ti, polo que ese «a ti» é CI.
○ Facemos o mesmo con levoute no coche: «que fixo? Levar a ti». E con levouche o
libro?: «levar a ti algo/iso».
● Pasar a oración a pasiva, co que o obxecto directo pasaría a ser suxeito paciente ó tempo
que o suxeito pasa a ser complemento axente (Vinte o outro día / Ti fuches visto por min o
outro día.)

Tamén se debe ter en conta que hai algúns verbos que cambian de significado en función de con que
pronome se constrúan. Por exemplo:
● Pegarte = arrimarte/ pegarche = bater.dar golpes
● Servirte = ser o teu criado/ servirche = resultar útil

3. Dativo de solidaridade
De uso frecuente na fala coloquial, é unha forma átona que se emprega para implicar afectivamente
ó interlocutor na acción expresada polo verbo, cando se quere facer partícipe ao noso interlocutor no
que estamos a dicir. Trátase dun recurso oral e afectivo que procura a empatía do outro. Non engade
información. Só ten formas de segunda persoa ou de terceira que corresponde a unha segunda de
cortesía. O receptor non participa nos feitos, por iso se se elimina o pronome non cambia o
significado da oración (este neno éche simpático / este neno é simpático), o pronome de
solidariedade pode combinarse con outros pronomes átonos.

Un interlocutor Varios interlocutores

Tratamento familiar che vos

Tratamento de cortesía lle lles

4. Dativo de interese ( me, che, lle, nos, vos, lles.)


Ó igual que o de solidariedade, tampouco é un complemento indirecto típico. Emprégase para indicar
a persoa que ten un especial interese na acción porque recebe un beneficio ou prexuízo.. É
compatible co complemento directo propio, non sendo co da mesma persoa, e máis co pronome de
solidariedade. Non engade información. É frecuente na fala coloquial.
O neno moitos zapatos che me leva rachado
Esta Charo non se che nos coida nadiña

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-7507126
PRONOMES REFLEXIVOS

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
As formas reflexivas ocorren cando o pronome persoal representa a mesma persoa do suxeito (o
suxeito e o pronome teñen o mesmo referente). Non tiña escuma e afeiteime con xabón.

En galego non existe o «reflexivo de interese» polo que debemos evitar frases como:
*Cominme toda a empanada /Comín toda a empanada.

O pronome reflexivo ten a función de complemento directo, polo que non son posibles construcións
reflexivas nas que hai outro C.D. expreso (*laveime a cara /lavei a cara).

Hai verbos que son sempre pronominais, non se pode eliminar o SE ou o resultado é agramatical
(Aurora atrévese con todo / *Aurora atreve con todo).
Tamén hai verbos non pronominais. Gran parte dos verbos intransitivos (sen CD) non admiten nunca

Reservados todos los derechos.


a marca pronominal (Marchou lonxe / *marchouse lonxe).
Outros verbos conxúganse co pronome só nalgunha das súas acepcións ou usos. Se eliminamos o
pronome, prodúcese un cambio de significado (Acordaron pedirlle un favor / Acordáronse de pedirlle
un favor).

SE tamén é un pronome impersoal utilizado cando se descoñece ou non se quere manifestar quen
executa a acción do verbo (Neste restaurante cómeSE moi ben)

Maravilloso Desastre, 14 de abril solo en cines ¡+Info aquí!


a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-7507126

You might also like