You are on page 1of 6

Colexio Marista Santa María – Ourense

LGL- 1º ESO - 3ª Avaliación


O pronome. Pronome persoal tónico e átono

1. O PRONOME

1.1 Os pronomes persoais tónicos

Acabas de repasar que os demostrativos, posesivos, identificadores,


cuantificadores, numerais, interrogativos e exclamativos, non sempre
acompañan ós substantivos senón que os substitúen. Malia todo, hai outros
pronomes dos que aínda non falamos… Tamén serven para facer substitucións,
neste caso van aparecer no lugar das tres persoas do discurso:

1ª EMISOR/A

2ª RECEPTOR/A

3ª CONTEXTO EXTRALINGÜÍSTICO (O QUE NON É EMISOR NIN RECEPTOR, DO QUE


SE FALA)

Número Persoa Pronomes

Singular 1ª Eu, min (emprégase despois de


preposición ou conxunción
comparativa), comigo.

2ª Ti, vostede, contigo.

3ª - El/ela

- Si, consigo (empréganse


cando a persoa que
desenvolve a acción e a que
se beneficia ou sae
prexudicada é a mesma:
Estuda para si mesma; Do
enfadado que estaba, falaba
consigo mesmo).
Colexio Marista Santa María – Ourense
LGL- 1º ESO - 3ª Avaliación
O pronome. Pronome persoal tónico e átono

Plural 1ª Nós, nosoutros/nosoutras, connosco.


2ª Vós, vosoutros/vosoutras,
vostedes, convosco.

3ª - Eles/elas
- Si, consigo (empréganse
cando a persoa que
desenvolve a acción e a que
se beneficia ou sae
prexudicada é a mesma:
Traballan para si;
Enfadáronse consigo
mesmos).

OLLO! As formas de 3ª persoa cando levan diante as preposicións DE e EN


transfórmanse dando lugar a…
EL ELA ELES ELAS

DE del dela deles delas

EN nel nela neles nelas

OLLO! Existe un contexto no que non é obrigatorio realizar esta contracción. Acontece
cando a preposición depende dun verbo. Cando isto é así NON contraemos. Para
sabermos se depende do verbo a preposición “de” ou “en”, e non da 3ª persoa debes
situar a preposición en primeiro lugar, deixar o verbo a continuación e a seguir o
pronome de 3ª persoa. Se podes facelo, é porque NON tes que contraer. Fíxate:

De eles estudaren a tempo, non suspenderían > De estudaren eles a tempo, non
suspenderían. Como acabamos de comprobar, neste caso NON temos que contraer.
Colexio Marista Santa María – Ourense
LGL- 1º ESO - 3ª Avaliación
O pronome. Pronome persoal tónico e átono

*De elas herdou o seu carácter> *De herdou elas o seu carácter. Se te fixas, cando
facemos a comprobación a construción que xeramos é agramatical, co cal é
OBRIGATORIO contraer: Delas herdou o seu carácter.

OLLO! cando o pronome persoal tónico vai precedido da


preposición CON, esta pode ir libre ou ligada ó pronome

-MIN: sempre que vai precedido de CON convértese obrigatoriamente en


COMIGO.

-TI: sempre que vai precedido de CON convértese obrigatoriamente en


CONTIGO.

-EL/ELA: cando vai precedido de CON pode adoptar a forma CONSIGO ou ben
CON EL/ CON ELA.

-NÓS: cando vai precedido de CON pode adoptar a forma CONNOSCO ou ben
CON NÓS.

-VÓS: cando vai precedido de CON pode adoptar a forma CONVOSCO ou ben
CON VÓS.

As formas nosoutros/nosoutras e vosoutros/vosoutras:

Nalgunhas áreas de Galicia estas formas empréganse para facer referencia a un grupo
pequeno inserido nun grupo maior:

Nós (as xogadoras de baloncesto) gañamos nas competicións deportivas, mais


só vosoutras (as capitás da equipa) fostes recoller o premio.
Colexio Marista Santa María – Ourense
LGL- 1º ESO - 3ª Avaliación
O pronome. Pronome persoal tónico e átono

1. 2 O pronome persoal átono

1.2.1 Formas do pronome átono


Número Persoa Pronome átono

Singular 1ª ME

2ª TE/CHE

3ª O/A
- Se o verbo remata en ditongo, na/no.
- Verbo rematado en -r/-s, suprimo -r, -s> lo, la

LLE

Plural 1ª NOS

2ª VOS

3ª OS/AS
- Se o verbo remata en ditongo, -nas/-nos. -
Verbo rematado en -r/-s, suprimo -r, -s> los, las.
LLES

Cando emprego te e cando che?


Temos que traducir á 3ª persoa en castelán e atoparemos a nosa solución:
2ª PERSOA GALEGO (A TI) 3ª PERSOA CASTELÁN (A ÉL, A ELLA)

TE LO, LA, LE
Quérote (a ti) moito. Lo quiero mucho (a él).
La quiero mucho (a ella).
Le quiero mucho

CHE LE
Dígoche (a ti) a verdade. Le digo (a él/a ella) la verdad.
Colexio Marista Santa María – Ourense
LGL- 1º ESO - 3ª Avaliación
O pronome. Pronome persoal tónico e átono

Cando emprego o/a, os/as ou lle/lles?


Temos que traducir á 3ª persoa en castelán e atoparemos a nosa solución:
2ª PERSOA GALEGO (A EL, 3ª PERSOA CASTELÁN (A ÉL,
A ELA, A ELES, A ELAS) A ELLA, A ELLOS, A ELLAS)

O/A, OS/AS LO, LA, LE /LOS, LAS, LES


Quéroos (a eles) moito. Los quiero mucho (a ellos).
Les quiero mucho.

LLE, LLES LE, LES


Dígolle (a el) a verdade. Le digo (a él/a ella) la verdad.

1.2.3 A colocación do pronome átono

A situación habitual do pronome átono é despois do verbo e pegado a el


(énclise). Mais nalgúns caso debemos situalo antes do verbo. Imos ver en que casos
debemos mudar a súa posición, e aparecerá diante do verbo (próclise):
POR QUE, QUE (SUBORDINADAS, APARECEN ANTES DO
VERBO DO QUE DEPENDE O PRONOME PERSOAL ÁTONO)

MOI IMPORTANTE!!
UN PRONOME PERSOAL ÁTONO NUNCA PODE INICIAR UN ENUNCIADO!

You might also like