You are on page 1of 3

Colexio Marista Santa María – Ourense

LGL- 1º ESO- 3ª avaliación


Demostrativos

1.2 Os demostrativos

Distancia Número Masculino Feminino Neutro

I (Preto) Singular ESTE ESTA ISTO

Plural ESTES ESTAS NON EXISTE

II (Media Singular ESE ESA ISO


distancia)
Plural ESES ESAS NON EXISTE

III (Afastado, Singular AQUEL AQUELA AQUILO


lonxe)
Plural AQUELES AQUELAS NON EXISTE

OLLO!

Os demostrativos funcionarán como determinantes cando acompañen a un


substantivo (esta serie é a miña favorita), mais cando non modifica senón que
substitúe, funciona como pronome (esa é a túa favorita).

A maiores, as formas neutras só funcionarán como pronomes, nunca determinan


a ningún substantivo, xa que falan dunha realidade que non de define (iso xa cho
dixen eu).

0
Colexio Marista Santa María – Ourense
LGL- 1º ESO- 3ª avaliación
Demostrativos

Contraccións coas preposicións de e en

O demostrativo e o identificador outro

A demostrativo pode contraer coas formas outro/a, outros/as. Á vez, tamén pode facelo coas
preposicións en e de.

1.2.1 Usos especiais dos demostrativos.


Os demostrativos en certos contextos funcionan dun xeito distinto,
adquirindo diferentes significados, vexamos algúns:

● “Nestas” e “nisto” equivalen en certos contextos a “nese momento”:


Iamos camiñando e nisto apareceu ela.
● “Isto é” equivale en certos contextos a “é dicir”:
O elefante é herbívoro, isto é, aliméntase de follas e pólas das
árbores.
● “A iso de” equivale a “aproximadamente na hora mencionada”.
Chegaron a iso das tres da mañá

1
Colexio Marista Santa María – Ourense
LGL- 1º ESO- 3ª avaliación
Demostrativos

● “Daquela” equivale a “naquel momento”.


Daquela, cando eu era neno, non había tantas posibilidades.
● “Aquel” co significado de “encanto”.
Non lle desgustou a nova compañeira, dixo que tiña o seu aquel.
● “Aquelar” como forma verbal creada a partir de aquel, ten o
significado de “amañar”:
Teño o móbil estragado, a ver se mo aquelan.

You might also like