You are on page 1of 5

OS DETERMINANTES

Son unha clase de palabras que compañan o substantivo para concretalo e limitar o seu
significado. Son determinantes os artigos, demostrativos, posesivos, indefinidos, numerais,
interrogativos e exclamativos.
O ARTIGO
Pode ser: determinado (o, a, os, as) ou indeterminado (un, unha, uns, unhas).
O artigo determinado contrae coas preposicións:

O A OS AS

A Ao/ó Á Aos/ós Ás

CON Co Coa Cos Coas

DE Do Da Dos Das

EN No Na Nos Nas

POR Polo Pola Polos Polas

O artigo indeterminado contrae coas preposicións:

UN UNHA UNS UNHAS

CON Cun Cunha Cuns Cunhas

DE Dun Dunha Duns Dunhas

EN Nun Nunha Nuns Nunhas

POSESIVOS
Os determinantes posesivos acompañan un nome e indican posesión, propiedade, pertenza ou
simple relación de correspondencia.
Formas

un posuidor varios posuidores


masculino feminino masculino feminino
singular plural singular plural singular plural singular plural
1ra persoa meu meus miña miñas noso nosos nosa nosas
2da persoa teu teus túa túas voso vosos vosa vosas
3ra persoa seu seus súa súas seu seus súa súas
Uso do artigo co posesivo

O posesivo cando vai diante dun nome ten que ir obrigatoriamente con artigo: o meu can; a
túa casa. Hai algúns casos que non é obrigada a presenza do artigo co posesivo:

 Cos nomes de parentesco pódese poñer ou non: miña nai/ a miña nai; nosos
irmáns/as nosas irmás.
 Nos vocativos nunca se pon: Meu pai, que estás no ceo, santificado sexa o teu nome

 Con nomes referidos a seres únicos ou a dignidades: Nosa Señora do Carme; Súa
Excelencia

 Nalgunhas frases feitas: meu dito, meu feito

Valores especiais

1. Os xiros: de meu, de teu, de seu, de noso, de voso, de seu úsanse para expresar a
pertenza exclusiva; así, a frase Antón vive na súa casa non quere dicir que a casa
pertence a Antón; mentres que se dicimos Antón vive en casa de seu, estamos a dicir
que a casa lle pertence a Antón.
2. Cualidade que se ten por propia natureza: O Carlos é bo de seu = Carlos é bo por
natureza.

3. Valor distributivo: as formas cadanseu/s, cadansúa/s empréganse para lle adxudicar


un obxecto a cada persoa, dentro dun grupo; ou cando se lles quere distribuír un
número igual ou semellante de obxectos a varias persoas. Vai sempre ao lado do
obxecto que se distribúe e nunca da persoa: regaleilles cadanseu balón ós meus
sobriños; repartín entre eles cadanseus caramelos

4. As formas da primeira persoa poden indicar familiaridade ou afectividade: o noso


Xoán está a vivir en Santiago; o meu Paco ten moi boa man para a cociña

5. os meus, os teus, os seus, os nosos, os vosos poden ter o significado de "a miña, a
túa ... familia": os meus veñen de vacacións en Xullo

6. Construción adverbio +posesivo feminino: pasou diante nosa (de nós), caeu enriba
súa (dela).
7. Valor de cantidade aproximada: Ata alí haberá os seus 200 km.
8. Acción habitual: Xa está coas súas tonterías de sempre.

DEMOSTRATIVOS

1. Formas: este, ese, aquel, estes, eses, aqueles, esta, esa, aquela, estas, esas,
aquelas.
2. Forma neutra: Son só pronomes: isto, iso, aquilo.
3. Contraccións: Todas as formas anteriores contraen coas preposicións DE e EN:
disto, naqueles, nesas, daquilo…
4. As formas masculinas e femininas dos demostrativos contraen co indefinido
OUTRO, OUTRA, OUTROS, OUTRAS. Así temos formas como: estoutro, esoutra,
aqueloutros. NON CONTRAEN AS FORMAS NEUTRAS: isto outro, aquilo
outro…
5. Todas as formas do punto 4 contraen coas preposicións De e En: nesoutra,
daqueloutros… Pero: diso outro, naquilo outro.

VALORES ESPECIAIS DOS DEMOSTRATIVOS:


a. A forma DAQUELA pode ser conxunción consecutiva: Chove, daquela non
vou; ou adverbio de tempo: Daquela non existían os ordenadores.
b. A forma AQUEL/AQUELA pode ter valor de substantivo con distintos
significados:
Ten moita aquela para a decoración.
c. Existen os verbos AQUELAR E AQUELOUTRAR cos significados de arranxar,
amañar pero tamén poden ter o significado oposto.
Rompeu a cisterna, a ver se a aquelas.

OS INDEFINIDOS

Determinantes presentadores que achegan un significado de imprecisión ou indeterminación.


Variables:

un(s), unha(s) algún(s), algunha(s) ningún(s), ningunha(s)


pouco(s) –a(s) abondo(s) –a(s) moito(s) –as
bastante(s) demasiado(s) –a(s) tanto(s) –a(s)
todo(s) –a(s) outro(s) –a(s) mesmo(s) –a(s)
propio(s) –a(s) certo(s) –a(s) determinado(s) –a(s)
varios –as ambos -as entrambos –as
tal(es) cadanseu(s), cadansúa(s)

1. Algún só aporta significado positivo: non supón gasto *algún / non supón gasto ningún; non
ten semellenza *algunha / non ten semellanza ningunha.
2. Abondo: Amais de indefinido (teño flores abondas) pode funcionar como adverbio (estou
ben abondo/dabondo)

3. Mesmo (non *mismo): Amais de indefinido (a mesma historia de sempre, ti mesmo, hoxe
mesmo) tamén funciona como adverbio (“incluso”): mesmo lle indiquei a hora precisa, mesmo
ela se interesou; e con outros valores: atinoulle mesmo no ollo.

4. Ambos cando precede ao numeral dous/dúas esixe a presenza de artigo, co que podemos
realizar ou non a contracción: estaban ámbalas (ou ambas as) dúas latricando, levaron ambos
os (ou ámbolos) coches; fixérono ambos. O mesmo acontece con entrambos: fixérono
entrámbolos (ou entrambos os) dous.

5. Un, algún e outro contraen coas preposicións en e de: estará nalgunha caixa, falo doutra
cousa, falou duns problemas.
Non hai contracción coa preposición con: tanto falaba con un coma con outro; cada domingo
ía ao cine con unha distinta, nunca coa mesma.
Invariables:

algo, alguén, cada, cadaquén, calquera, quenquera, máis, menos, nada, ren ou res, ninguén,
o(s) a(s) máis, o(s) a(s) demais.

1. Cadaquén (“cada persoa”, “cada un”): cadaquén que se apañe, a cadaquén o seu.

2. Calquera (evitade o castelanismo *calquer, así como o hipergaleguismo *calqueira): puido


ser calquera, calquera día, calquera home.

3. Quenquera (“alguén”, “calquera persoa”): quenquera que fose, hamas pagar. Hai que evitar
o hipergaleguismo *quenqueira.

OS NUMERAIS
Son unha clase de palabras que indican a orde (ordinais) ou a cantidade
(cardinais) Algúns numerais:
Cardinais: catro, dezaseis, vinte e un, vinte e dúas, trinta, corenta, cincuenta,
cincocentos ou quiñentos…
Ordinais: primeiro, terceiro, cuarto, sétimo, oitavo, décimo primeiro,
vixésimo…
Múltiplos: dobre, triplo, quíntuplo…
Partitivos: metade, terzo, sétimo, onceavo…

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

EXERCICIOS

Localiza neste texto os indefinidos que haxa e clasifícaos en indefinidos determinantes e


indefinidos pronomes.
Deivos moitas oportunidades, creo que demasiadas; pero en ningunha ocasión conseguín
ningún resultado positivo. E díxenvos todas as veces que podía contestar calquera, pero non
houbo ninguén que dixese nada con xeito: uns porque non estaban atentos, outras seica non
entenderon a pregunta, algúns porque non sabían a resposta, algunhas disque non estaban
seguras… Polo tanto, que cadaquén vaia sacando as súas propias conclusión; pero eu
pregúntovolo por última vez: hai alguén que queira dicir algo?
OS DETERMINANTES

I. Escribe correctamente as seguintes frases facendo as contraccións dos


DEMOSTRATIVOS:
1. Este outro día veume visitar o teu pai para falar de aquelas vellas historias.
2 .Estes nenos fixeron o xantar e esas outras nenas fregaron os pratos.
3. En esta outra casa atoparon unhas moedas dos antigos donos.
4 . Non me fales de aquilo, en este momento quero descansar un pouco.
5 . E en esto apareceron os donos do can e levárono preso por unha corda.
6. Eses libros son de inglés, estes outros de matemáticas e aqueles outros de historia.
7. Cóntame algo de aqueles outros nenos que coñeciches na praia de Doniños.
8. Estas mazás metédeas en esas caixas, e en esas outras gardade as castañas.
9. Non me fales de iso outro.

II. Indica os valores especiais de demostrativos e posesivos nas seguintes oracións:


- Daquela non viviamos aquí.
- Meu amiguiño, que tes, ho?
- Gañaría os seus cinco premios.
- Aprobou toda, daquela disfrutará dun fermoso verán.
- Ten un aquel especial para tratar coa xente.
- Os meus son de Xixón.
- Andou os seus 12 quilómetros.
- Dende que ten piso de seu, non fala coa xente.
- Esta rapaza é traballadora de seu.
III. Traduce as seguintes oracións:
- Nadie usaba gafas.
- Cualquier niña puede llevar aros.
- El cuarto puesto lo ganó el señor que tenía sombrero.
- De aquellas otras personas me comentó que siempre llevaban guantes y
corbata.
- Enganchó el anillo en el cinturón de esta manera.
IV. Suma:
- De+aqueles+outros - En+isto +outro
- En +esas+outras - De+esa+outra
- Con+as - Con+ unha
- Con+os - De+algo
- Por+a
V. Pon o artigo diante do posesivo cando se poida e explica o seu uso en cada unha
das oracións:
- Miña amiguiña, canto tempo sen verte!
- Seu can ladraba todo o día.
- Meu irmán foi de excursión.
VI. Pon en letra:
4, 16, 21, 49, 51, 84, 540, 2.257 galiñas, x2, x5, 1º, 4º, 7º, 8º, 11º, 14º, 22º, ½, 1/3,
1/62

You might also like