You are on page 1of 4

QUE

APRENDEMOS NO CAPITVLVM VIII?



No mundo antigo a xente facía as compras en mostradores que se alineaban nas rúas.
Os transeúntes só tiñan que deterse na beirarúa diante dunha tena e comprar o que
querían. Podemos estar seguros de que os tendeiros exhorataban os seus clientes con
gran elocuencia.

Neste capítulo prestamos atención particular a certos pronomes importantes que xa
fomos introducindo nos capítulos anteriores: o pronome interrogativo quis quae quid,
o pronome relativo quī quae quod e os pronomes demostrativos is ea id, hic haec hoc
e ille illa illud. Con respecto a estes dous últimos, hic haec hoc refírese a algo que está
aquí (lembra que hīc tamén é un adverbio que significa “aquí”), é dicir, preto do
falante, mentres que ille illa illud fai referencia a algo máis afastado do falante (galego:
“este” e “ese”/ “aquel”). Moitas veces verás que estes pronomes tamén se emregan
como adxectivos que califican a sustantivos: hic vir, haec fēmina, hoc oppidum (este
home, esta muller, esta cidade) e ille vir, illa fēmina, illud oppidum (ese/aquel home,
esa/aquela muller, esa/aquela cidade). En hic haec hoc o tema (raíz) invariable é
soamente o h-.

A continuación podes ver os cadros resumo das formas destes cinco pronomes:

PRONOME OU ADXECTIVO INTERROGATIVO: QUIS, QUAE, QUID (quen, cal)
CASOS SINGULAR PLURAL
Masc. Fem. Neutro Masc Fem. Neutro
quis (pr)
Nominativo quae quid (pr) qui quae
qui (det) quae
quod (d)
Acusativo quem quam quos quas
Xenitivo cuius quorum quarum quorum
Dativo cui
quibus
Ablativo quo qua quo

Exemplos de tradución: quis hoc fecit? à quen fixo isto?
quī vir hoc fecit? à que home fixo isto?
OBSERVAS A DIFERENZA ENTRE CANDO SE USA COMO
PRONOME E CANDO SE USA COMO ADXECTIVO?

O pronome interrogativo tamén se pode empregar como adxectivo diante dun
sustantivo: quī servus? quae ancilla? quod oppidum? : que escravo/cal escravo? que
escrava? que cidade? Neste caso debes observar que as formas adxectivais non son
sempre as mesmas que cando funciona como pronome (como puideches ver no cadro
indicado entre parénteses).


PRONOME OU ADXECTIVO RELATIVO: QUI, QUAE, QUOD (o cal, a cal, o cal)
CASOS SINGULAR PLURAL
Masc. Fem. Neutro Masc Fem. Neutro
Nominativo qui quae qui quae
quod quae
Acusativo quem quam quos quas
Xenitivo cuius quorum quarum quorum
Dativo cui
quibus
Ablativo quo qua quo

Cando o pronome relativo está usado sen antecedente1 ó que referirse coma en Quī
tabernam habet tabernārius est e Quī magnam pecūniam habent ōrnāmenta emunt,
débese traducir da seguinte maneira: o que ten unha tenda é un tendeiro/ Os que
teñen moito diñeiro compran xoias, é dicir, sobreentendendo un pronome
demostrativo antes: Is quī... / Iī quī...

PRONOME OU ADXECTIVO FÓRICO/DEMOSTRATIVO: IS EA ID (fai referencia a algo
antes expresado no texto. Debe traducirse por el, ela, iso ou ese, esa, iso)
CASOS SINGULAR PLURAL
Masc. Fem. Neutro Masc Fem. Neutro
Nominativo is ea ei, ii, i eae
id ea
Acusativo eum eam eos eas
Xenitivo eius eorum earum eorum
Dativo ei
eis, iis, is
Ablativo eo ea eo

A veces tamén se usa como adxectivo: is servus, ea ancilla, id ōrnāmentum: ese
escravo, esa escrava, esa xoia.






1 Acórdaste que o antecedente era aquela palabra á que se refería na oración principal? Por exemplo:
Iūlius, quī dominus est, baculum habet. “Xulio, que é o señor, ten un bastón”. O antecedente deste
relativo é Iūlius.
PRONOME OU ADXECTIVO DEMOSTRATIVO: HIC, HAEC, HOC (este, esta, isto)
CASOS SINGULAR PLURAL
Masc. Fem. Neutro Masc Fem. Neutro
Nominativo hic haec hi hae
hoc haec
Acusativo hunc hanc hos has
Xenitivo huius horum harum horum
Dativo huic
his
Ablativo hoc hac hoc

PRONOME OU ADXECTIVO DEMOSTRATIVO: ILLE, ILLA, ILLUD (ese/aquel, esa/aquela,
iso/aquilo)
CASOS SINGULAR PLURAL
Masc. Fem. Neutro Masc Fem. Neutro
Nominativo ille illa illi illae
illud illa
Acusativo illum illam illos Illas
Xenitivo Illius illorum illarum illorum
Dativo Illi
illis
Ablativo illo illa illo

Os verbos accipit e aspicit fan o plural en –iunt: accipiunt, aspiciunt e o imperativo en
–e, -ite: accipe! accipite! aspice! aspicite! Parecen seguir un modelo que non é o dos
temas consonánticos nin o dos temas en –ī. Isto obedece a que o tema destes verbos
remata nun –i breve: accipi-, aspici-, pero este i só aparece ante unha desinencia que
comece por unha vogal, como –unt: accipiunt, aspiciunt; polo demais estes verbos
compórtanse como verbos consonánticos e considéranse como pertencentes á
terceira conxugación.

En lugar de tam magnus e quam magnus empréganse os adxectivos tantus e quantus,
e tantus quantus toma o posto de tam magnus quam (tan grande como). Quam úsase
tamén en exclamacións: Ō, quam pulchra sunt illa ōrnāmenta! (Oh, que fermosas son
aquelas xoias!)

Observa o ablativo instrumental (sen preposición): fēminae ōrnāmentīs dēlectantur
(As mulleres deléitanse coas xoais); Fēminae gemmīs et margarītīs ānulīsque ōrnantur
(As mulleres adórnanse con xemas, perlas e aneis); Lydia tabernam Albīnī digitō
mōnstrat (Lidia amosa a tenda de Albino co dedo). Cos verbos emit, vēndit e cōnstat
(verbos de compra e venda) o prezo está en ablativo, chamado ablativo de prezo.
Exemplos: Hic ānulus centum nummīs cōnstat (Este anel custa cen moedas.);
ōrnāmenta quae parvō pretiō emuntur (As xoais que se venden por un pequeno
prezo); Albīnus... Mēdō ānulum vēndit sēstertiīs nōnāgintā (Albino véndelle un anel a
Medo por noventa sestercios).

No último exemplo, Mēdō está en dativo con vēndit. O dativo aparece agora tamén
con ostendit e mōnstrat. Sendo transitivos estes verbos teñen un obxecto en acusativo
(Obxecto ou Complemento Directo) e outro en dativo (Obxecto ou Complemento
Indirecto).

You might also like